Luzes
A actualidade está sobrevalorada
Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: luzes.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Trump, lodos e bulos 06.11.2024 39:18
O lodo non só está a cubrir rúas e casas en Valencia. Tamén cimenta carreiras políticas, en todas partes. Por exemplo nos Estados Unidos de Norteamérica, onde Donald Trump un candidato que renega da democracia liberal que é o tótem do país acaba de ser reelixido presidente, e coa maioría do voto popular. Os aquí presentes, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, te...
As traxedias 31.10.2024 39:58
A actualidade de fóra, por moi sobrevalorada que estea sempre, neste caso imponse. As riadas de Valencia, que tamén afectaron a Castela-A Mancha e a Andalucía, cobráronse unha cantidade de mortos aínda sen precisar, pero que todo indica que constituirán unha das maiores, se non a máis grande, en vitimas de todas as catástrofes ambientais no Estado. Catástrofe é tamén o asunto Errejón . Catástrofe...
Botamos de menos 'El Caso' 23.10.2024 39:23
Pois si, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro conversaron sobre como vai transcorrendo a vista oral pola morte de Samuel Luiz, e a súa repercusión en medios e redes, e chegaron á conclusión de que botaban de menos o xornal El Caso e aquelas outras publicacións de sucesos que servían como referente –negativo– para que os medios serios souberan a que estremos non de...
Falade galego (pero sen molestar) 17.10.2024 37:27
A ver. O número de galegofalantes diminúe como o cash dun mileurista, pero o problema «está aí fóra», segundo Alfonso Rueda. Como acontece co resto dos problemas reais, a Xunta non ten nada que ver. Da administración autonómica depende a educación, os medios de comunicación públicos (e, en boa medida, os privados-privados e as empresas que xestionan concesións públicas), a relación cos administrad...
Cartos e hostias 09.10.2024 36:11
Alfonso Rueda decidiu aforrar. Aforrar a súa exposición pública no Parlamento, cando menos, e substituír o tradicional debate do estado da autonomía por unha comparecencia na que vai contar que fai cos cartos. 1x2, ao contrario que as ofertas comerciais. Se queren saber onde vai meter o que saca dos nosos impostos terás que escoitar as explicacións detalladas de Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Mart...
Volvemos, pero non en tren 03.10.2024 37:11
Primeiro había que usar o tren a toda máquina, porque era máis racional e ecolóxico, e por iso daban os billetes de balde. Agora resulta que viaxamos en ferrocarril por riba das nosas posibilidades, e moi por riba das nosas expectativas de chegar puntuais. Así que A Actualidade Está Sobrevalorada volve -non era sen tempo– pero a cabalo dos micrófonos. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero May...
Os enganados de Palas de Rei e as cartas aurienses 31.05.2024 45:24
Tiña ou non tiña razón aquel que dixo que se podía enganar moito tempo a algunha xente, e a moita xente por un tempo, pero a toda a xente todo o tempo? É aplicable o dito á xente de Galicia, e en concreto a quen acudiu a manifestación contra Altri en Palas de Rei? 20.000 personas son moitas en Madrid e poucas en Palas? Debates cuánticos nos que se ensarillan, como é habitual cada semana, Ana Luísa...
Non é país para trens (nin para preguntas) 25.05.2024 26:50
Como era de temer desde que se comezou a falar do porto exterior erradamente chamado da Coruña, os cartos que custou facelo vannos ter que pagar os coruñeses, en cómodos prazos de terreos portuarios públicos. Todo iso despois de crearse mesas que elaborarán estudos e comisións que elevarán informes, o que fará que a débeda non baixe, pero o persoal e os periodistas estean máis entretidos, polo men...
Marta, ven en tren! 18.05.2024 38:04
Marta Otero Mayán, como Escarlata O’Hara, xurouse a si mesma que nunca madrugaría por home ningún. Pois rompeu a promesa a semana pasada, certo é que por un homazo de altura –cando menos física– como o ministro Óscar Puente . Segundo nos contou a Ana Luísa Bouza, a Antón Losada e a Xosé Manuel Pereiro tivo que poñer as pilas para estar na estación de tren de Ourense ás 9,30 da mañá, e facer a via...
Que contas as do Consello de contas 10.05.2024 39:21
Vd sabe en que se gastan os cartos na sanidade pública? Ou por que din que é máis eficiente desviar pacientes á sanidade concertada? Non haxa pena. Nin o sabe vostede, nin Ana Luísa Bouza , nin Marta Otero Mayán , nin Xosé Manuel Pereiro e nin sequera Antón Losada . Tampouco o sabe a Xunta de Galicia , que é quen administra todos eses cartos (case 5.000 millóns de euros, o 40% do presuposto da adm...
Quo Vadebas, Pedro? (Era isto?) 01.05.2024 48:01
Quo vadis, Pedro? Preguntabámanos no anterior episodio deste podcast. Era unha pregunta retórica. Ben sabiamos que a cousa acabaría nunha declaración –non rolda de prensa– na porta da Moncloa, como se pode comprobar pola carátula que puxemos a semana pasada. Desta vez, o que se preguntan Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro é cara onde ía Pedro Sánchez, como é que...
Quo Vadis, Pedro? 25.04.2024 43:21
Segundo a lenda cristiá, o apóstolo Simón Pedro, o mariñeiro, cando se fugaba de Roma para salvar a vida, atopouse co xefe, e preguntoulle Quo Vadis? «Onde vas?» (xa se debera de esquecer de falar arameo). Aquí é a sociedade española a que interroga a Pedro Sánchez : Que fas? De que vas? Que vas facer? O suspense manterase ata o luns 29, pero iso non impide que tododior, empezando polos nosos cha...
Os Pokémons, TikTok e a que se vai cabreada 18.04.2024 46:57
Xa temos goberno! E o que é máis importante: xa levan camiño de influencers! E por se fose pouco xa lles coñecemos os caretos, que non é cousa menor con eses apelidos de non destacar que teñen practicamente todos e todas. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro debullan as súas preferencias de estilos, outfits e actuación do novo gabinete. Exactamente igual que nos medios...
Vodas, investiduras e bautizos (e Ferrol) 11.04.2024 43:23
Alfonso Rueda por fin atopou un oco na axenda para investirse como presidente, e esta semana pasou o trámite de facer no Parlamento a súa oferta de goberno. En que consiste? Pois en crear unha dirección xeral para comprobar se o sanchismo vai polo rego constitucional ou non, segundo as conclusións quye sacaron Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro. Non parece moito...
Catro vodas et Altri 04.04.2024 39:54
Que lle regalará Alfonso Rueda , o presidente en suspensión da Xunta de Galicia, ao alcalde madrileño, José Luis Martínez Almeida, polo seu enlace matrimonial? Mentres Marta Otero Mayán –que xa lle botou un ollo á lista de voda– escollería a vaixela de La Cartuja (de Sevilla, non de Parma), Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro o que se preguntan é sobre que vantaxes políticas ou que...
Altri, vodas e bautizos 21.03.2024 44:56
Nos dous anos que leva a proposta roldando polos despachos, a Xunta xa sabía que o proxecto de Altri era un calote en forma de macrocelulosa, e deixou pasar, ou non sabía nada. Visto doutra forma: foi cousa de malicia ou de ignorancia? Cal das dúas opcións é peor? A Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro o asunto chéiralles mal –nunca mellor dito–. Tan mal como que...
A Galicia que non funciona e un tal Alberto 14.03.2024 41:08
Esta semana o noso equipo opinador de garda, Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro atende sen retraso e pasan unha ITV a Galicia para ver se funciona. Spoiler: sae mal. Porque pensabamos que da pandemia sairíamos mellores, mais non foi o caso para atención aos dependentes galegos, que reciben pouca e con retrasos, das peores do Estado. Quen disque saíu moito mellor...
A nova axenda feminista e o retraso ferroviario de sempre 07.03.2024 43:38
Este 8 de marzo reflectirá un feminismo consolidado, e máis ou menos libre do bombardeo mediático ao que estaba sometido cando estaba pilotado por Podemos. Ou polo menos iso é o que consideran os nosos podcasteiros Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro , que tamén se poñen co rebumbio das mascarillas, e porque nun sitio se compraron ben, e non fai falta mirar os pa...
Rueda, Besteiro, Ábalos e outros líos 29.02.2024 46:39
Comezará Alfonso Rueda a executar esas 872 medidas que prometeu se ganaba, ou empezará por executar os membros do seu -agora si- goberno? Sobre quen non teñen dúbidas Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro é sobre José Ramón Gómez Besteiro . O candidato do PSdeG-PSOE, seguiu o consello unánime que lle deron no pasado podcast, e queda. Quen tamén queda, pero non porq...
A análise definitiva do 18F 22.02.2024 42:49
Quen ganou? Quen perdeu? Alguén empatou? Se non ten claros os resultados, máis aló dos números, do 18F, este podcast de servizo público xa llo aclara. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro comentan non só o que pasou, senón por onde teñen que tirar Alfonso Rueda, Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro para que o país progrese adecuadamente. De nada.
Feijóo, ETA e outras cousas de votar 15.02.2024 41:20
As eleccións galegas sempre son unha cousa rara. Nestas do domingo que vén, por exemplo, o candidato real á reelección polo PP, Alfonso Rueda , está como metido na cama polo seu propio partido, e no seu lugar parece que se presenta Alberto Núñez Feijóo . E segundo os nosos medios públicos, Arnaldo Otegui debe concorrer con Ana Pontón nunha lista conxunta BNG-ETA nalgunha das catro circunscricións....
Debates, tractores e zorras 08.02.2024 42:02
Colea o #DebateTVG? Colea, para desgusto duns e alegría doutros. Se queren saber que e de quen, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro contaranlles como lles parece que lles foi a cada un. E a maiores, tamén se estrañaron de que non haxa tractoradas en Galicia, coa tradición que aquí hai, e de «Zorra», ese novo hit do pop petardo. Non perdan a versión que perpetra...
Arrinca a campaña! 01.02.2024 57:47
Nunha proba máis da estatalización da campaña, A Actualidad está Sobrevalorada canta en español! Ben, o equipo tertuliano habitual – Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro – non, pero si o fai a moderadora, Virginia P. Alonso que os invitou á súa casa: Público.es . Nun máis difícil aínda, o noso podcast favorito fai un crossover: poderáno ver (subtitulado ao castelá...
Todo o que querías saber sobre a enquisa do CIS 28.01.2024 41:04
Sabías que o 41% do electorado do PP son xubilados ou pensionistas? Que o 5% decláranse só galegos? Que o BNG é a súa segunda opción de voto? E que ten maior nivel de confianza <strong>Ana Pontón</strong> que <strong>Alfonso Rueda</strong>? Pois se non che apetece mergullar nas procelosas fileiras de cifras e porcentaxes do <a href="https://www.cis.es/gl/-/avance-d...
Todo o que entra, sae 12.01.2024 39:27
Todo o que contamina é tóxico? E viceversa? Todo o que entra, sae?, tal e como asegura o conselleiro mariño e experto dixestivo Alfonso Villares? E todo o que entra na rede é peixe? Ana Luísa Bouza Santiago, Antón Losada Trabada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro desquitan o tempo vacacional debullando como un só home e unha soa muller un tema tan complexo como o dos pellets/granulado que te...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.