Luzes
A actualidade está sobrevalorada
Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: luzes.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Unha bispa e dous santos 25.06.2025 36:39
Temos unha bispa nova na oficina! Cristina Moreira vén de ser designada bispa pola Association of Roman Catholic Women Priest , un colectivo católicas, apostólicas e romanas que reivindican o papel da muller dentro da Igrexa de toda a vida. Exercerá na Coruña, na Comunidade do Home (vaia!) Novo, aínda que non comprobamos se os seus actos litúrxicos de poden chamar misas ou non. Marta Otero Mayán...
Uber, agresións e Koldo 18.06.2025 40:53
Legalidade? Que é iso de legalidade? Unhas compañías de transporte comezan a desplegarse na Coruña e Vigo sen os correspondentes permisos dos respectivos concellos. Persoal sanitario e educativo (agora non, porque rematou o curso) sofren agresións, e a Administración ten que lembrar que facelo é un delito. E por último Koldo , ese home, que non soamente as facía, senón que as gravaba. Reguleros de...
Madrid pon orde en Ourense 11.06.2025 36:19
O que non conseguira Xénova (a rúa) cos Baltar, parece que o vai conseguir un grupúsculo de retórica comunista e ideas de estrema dereita que apareceron, procedentes de Madrid polo barrio ourensán d'O Vinteún para anunciarlles aos veciños preocupados pola inseguridade cidadá que a única xustiza que existe é a que hai nun bate de béisbol (na parte contraria á que se agarra en concreto). Non sab...
Os conselleiros, ai os conselleiros! 05.06.2025 46:06
Non foi unha semana fina para a nosa clase dirixente. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares , dimite (entre aplausos!) ao ser notificado que está investigado por agresión sexual. E a Xunta fai un fiscal-xeral-do-estado ao revelar presuntamente a identidade da denunciante. E o conselleiro de Educación, Román Rodríguez , líase na explicación dunha circular aos institutos sobre como manter a neutral...
As Guerras Médicas e unha recepción impresentable 29.05.2025 46:48
Volven os 80 e as súas tolas desputas localistas? Marta Otero Mayán , secundada por Ana Luísa Bouza, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro explica que non, que a pretensión do rector da UDC, Ricardo Cao , de impartir Medicina vai máis alá do clásico «culo veo, culo quiero». Para ver se concordan ou non, terán que escoitar o podcast. Tamén para entender a postura de Alberto Núñez Feijóo e do PP sobre...
Mondariz Balneario, Avión e unha absolución 23.05.2025 49:38
Que pasa no Balneario? Parece o titulo dunha clásica novela de misterio británica, pero é a historia real duns 300 migrantes refuxiados no concello máis pequeno de Galicia (700 habitantes) que acabaron sendo atendidos pola poboación ata que a Xunta e/ou o Goberno os expulsa. Do mesmo xeito que se foi (do partido, pero non do cargo) a concelleira de Vox en Avión, Lilian Cerdeira a única que tiña en...
Xente que se vai, xente que vén 14.05.2025 33:51
Ademais de Pepe Mujica (ao que Xosé Manuel Pereiro se empeña en chamar « Mújica «, como Mújica Laínez ou Múgica Herzog , a diferenza de Ana Luísa Bouza e Xosé Hermida ) e noutro moi distinto nivel, foise (só do cargo) a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, María del Carmen Martínez Ínsua , presunta madriña da idea de pintar de verde a futura cheminea de Altri para convertila en icona g...
Eleccións alí arriba e aquí ao lado 08.05.2025 32:17
A tal hora, o Espirito Santo e o electorado portugués están convocados a escoller os próximos dirixentes no Vaticano e no Palacio de São Bento. Parolini ou Luis Montenegro?, Cristóbal López ou PedroNuno Santos? Terán opcións a extrema dereita de André Ventura ou o filipino Pablo Virgilio David? Unhas eleccións tan apretadas que Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pere...
O Día dos Transistores (e do Traballo) 01.05.2025 47:06
Onde estabas ti ás 12,33 do 28 de abril de 2025? Cóntannos aquí a súa peripecia persoal Ana Luísa Bouza (na casa) , Marta Otero Mayán (na ducha) , Xosé Hermida (no Congreso, que había luz) e Xosé Manuel Pereiro (teletraballando) pero as horas seguintes todos, como a maioría da xente, coa orella pegada ao transistor, como os futboleiros de antes as tardes de domingo. Pero no episodio actual de A A...
Cónclave no Hórreo 24.04.2025 39:53
O balance de xestión e promesas no Parlamento Galego non foi tan ameno como o Estilo Galicia da semana pasada na Cidade da Cultura, pero tamén nos deu que falar. O presidente Alfonso Rueda está decidido a marcar paquete político propio e pedir permisos as competencias de dar permisos para todo: para Altri, para plantar eucaliptos, para construír no litoral… De doce anos de seca de traspasos a medi...
Estilo Galicia, HEY! 16.04.2025 39:35
Que a toma de posesión de Trump foi un espectáculo televisivo? Pois aquí un evento non menos mundial como o I Ano Triunfal de Rueda non foi para menos. A Xunta tirou a casa pola ventá (a TVG) e fixo un reallity show daqueles do xénero do exhibicionismo emocional no que a xente do común ía dar testemuño das súas alegrías e os seus pesares nas pantallas. Neste caso, das súas alegrías, gracias á «Dio...
Altri, Sargadelos, as transferencias e un bolseiro 11.04.2025 38:10
Unha empresa que ameaza con irse se non lle dan cariño e 250 millóns de euros, e un empresario que di que pecha ou non, segundo lle dá o aire. Non puidemos escoller mellor ocasión para volver ás súas orellas, e presentarlles, de paso, a unha nova promesa da opinión. Escoiten e xulguen.
Live in Lugo!!! 03.03.2025 45:11
Conseguimos un dos nosos soños: actuar en directo (aínda que sexa nun cárcere). Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Manuel Pereiro e Lois Pérez (no papel de Antón Losada) estivemos rodeados dun público amigo e rebuldeiro e dunha chea de Castelaos (que resultaron ser os concelleiros do BNG). Comparamos os cárceres, as estacións de buses obsoletas e o falamos de dous fenómenos misteriosos: a A...
O ano que ruedamos perigosamente 19.02.2025 42:19
Vai para un ano que subimos, a maioría do electorado que acudiu ás urnas, ao bus do PP que conducía Alfonso Rueda. Que pasou desde entón? Que cambiou no goberno (a maiores duns funcionarios medoñentos que foron substituídos por outros afoutos que son quen de dicir amén ás pretensións dos xefes)? E na(s) oposición (s)? Porque no País parece que pouco, que os problemas seguen a ser os mesmos, pero m...
Independencia, salarios e alerta cinexética 12.02.2025 41:18
Non, a alerta cinexética da que avisa a conselleira de Medio Ambiente?, Ángeles Vázquez , non é a dos partidos de esquerda contra a presenza no nomenclator de vilas e cidades do nome do exministro de Franco e expresidente da Xunta, Manuel Fraga . É sobre que hai xabarís soltos na Autoestrada do Atlántico. Un caso máis de apenovismo, porque os xabarís andaron ceibos de toda a vida, e por todas as e...
Louzán, as urxencias e a connivencia 06.02.2025 42:09
Galicia, unha vez máis pioneira. Neste caso, na xurisprudencia administrativa. O Tribunal Supremo absolveu a Rafael Louzán do delito de prevaricación porque se é ben certo que o hoxe presidente da RFEF e daquela da Deputación de Pontevedra inventou un concurso público para darlle uns cartos a unha empresa determinada, foi para pagar unhas obras acordadas mediante «connivencia» (sic) dos involucrad...
«El palacete, el palacete»! 30.01.2025 39:52
Que pasou co Palacete de París que a Gestapo lle incautou aos vascos e que o PP tiña a firme convicción de que debería seguir sendo propiedade do Patrimonio Público do Estado? (Tan firme que mesmo votou en contra da suba das pensións, as axudas aos afectados da DANA e aos usuarios do transporte público para que pasase a mans dos «aprovechateguis»[© Miguel Tellado ] do PNV). O que tampouco saben An...
Europa, sé forte! 22.01.2025 38:11
Despois da pompa e circunstancia da toma de posesión de Donald Trump e seu séquito de tecnooligarcas, e a teor de a que líderes convidou ao aplaudirlle, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e mesmo Xosé Manuel Pereiro teñen claro os obxectivos deste segundo mandato do magnate e presentador televisivo: vai por Europa. E non precisamente a facerlle as beiras e tirarlle fichas. Tan claro...
Socialistas, privatizacións e un senador veloz 16.01.2025 38:24
Que vai querer ser o PSdeG de maior? Esa é a pregunta que parece formularse no día a día. Rompe co BNG en Foz, sométese á cuestión de confianza na Coruña e anda en liortas consigo mesmo en Santiago. E mesmo hai quen sigue cuestionando o liderado de José Ramón Besteiro. Que tampouco é que sexa moita novidade na historia do PSdeG, que leva disparándose no pé toda vida sen necesidade de xuntarse en A...
Manifestación, competencias e a señora Scrooge 19.12.2024 46:41
Esta semana acumúlansenos os sucesos históricos. Abríase xa o domingo coa masiva manifestación contra a instalación da factoría de produción de pasta de celulosa pola compañia Altri, na que entre 50.000 e 100.000 persoas, (máis outros cantos en espírito que non estiveron por problemas de axenda) e sen deixar tempo para unha reacción proporcionada da Xunta chegou, case por sorpresa, unha nova cesió...
Altri, Alcoa e outras formas de aparvar 12.12.2024 40:11
Como se pretende instalar Altri na Ulloa ou como quere ficar Alcoa na Mariña? As dúas multinacionais e os seus socios locais usan a mesma táctica, aparvarnos a ver se cansamos. Esa é a teoría que manexan Ana Luísa Bouza , Antón Losada , Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro no noso episodio de hoxe, no que fan un chamamento a manifestarse o domingo 15 de decembro en Santiago contra a celulosa e...
Remataron a Asemblea e o Congreso, queda Jácome 04.12.2024 43:20
Contra o prognóstico dos diarios de referencia, o BNG saiu indenme e radiante da súa XVIII Asemblea, con Ana Pontón tan pimpante como portavoz, e o PSdeG foi a excursión a Sevilla e non só non perdeu unha silla, senón que ganou unha: foi con cinco representantes e volveu con seis. Menos dá unha Pedra (Sánchez). Mentres, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome , decidiu que o seu é a verdade sen...
Un veredicto, unha conselleira, unha asemblea 28.11.2024 39:22
A deliberación máis extensa dun xurado deu froito por fin, e a nós –e a todo o mundo– nos pillou en finde, pero iso non impide que Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro debullen o resultado e dean a súa opinión arredor o veredicto sobre o asasinato de Samuel Luiz . Tamén comentan o sorprendente ataque destroy da conselleira de Igualdade, Fabiola García , ao siste...
Luces en Vigo, sombras en Muface e no PPdeG 21.11.2024 48:13
Vigo inaugurou o Nadal no planeta e máis alá co encendido das luces. É bo ou malo para a veciñanza? Para o alcalde Abel Caballero , desde logo, é inmellorable. Os que están máis a escuras son os afiliados a Muface, os funcionarios que teñen asistencia sanitaria a través das aseguradoras e que non saben a tal hora se desde o 1 de xaneiro do ano que vén seguirán atendidos polo seu seguro habitual ou...
Feijoo non vai ao Parlamento, pero queda en Twitter 14.11.2024 43:31
Unha semana máis o mundo non deixa de sorprender a Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro , o que fala bastante da súa capacidade para o asombro, porque hai cousas que son máis predecibles que o guión dunha peli de tarde. Por exemplo as maneiras pouco democráticas e nada deliberantes do grupo parlamentario do Partido Popular de Galicia, que xa non perde o tempo nin...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.