AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

30 sep. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

'Cáncara' 22.04.2026

Malores Villanueva fálanos de ‘Cáncara’, de Fran Alonso en Xerais Narrativa. A novela crea unha atmosfera metafórica, lendaria, onírica, mítica e humorística para reflexionar sobre o poder, a comunicación e a nosa relación co medio natural.

Cen anos dos grandes voos da aviación española 22.04.2026

Canda Moncho Lemos falamos co  tenente coronel Marcelino Sempere Doménech, que esta tarde dá unha conferencia en Santiago sobre o centenario dos grandes voos da aviación española, nos que salientan os efectuados polo pioneiro galego Joaquín Loriga e a Escuadrilla Elcano.

Portosanto 21.04.2026

Carlos Crespo tráenos a Portosanto, un grupo novo formado por Anaís, Andrés, Nuno (tamén Grande Amore), Simón e Xoel, é dicir, os mesmos integrantes da desaparecida banda Oh! Ayatollah. Mañá publican o álbum ‘Ten que haber un sitio para nós’ con Ernie Records. O sábado estarán en Pontevedra, no festival Galegote.

'Pero no pintar' 21.04.2026

Mónica Maneiro analiza a mostra 'Pero no pintar' do artista ferrolán Juan López. A exposición pode visitarse na galería Nordés da Coruña ata o 2 de maio.

A penaltis 21-04-2026 21.04.2026

Que sensación deixa o triunfo do Deportivo ante o Mirandés?. Con Álvaro Santos, do Peñafiel, Carlos Alonso, do Coruxo e Pablo Iglesias, pichichi do Chantada, que vén de ascender a Preferente.

'Virxinia e Castelao', 'Fauna' e 'A miña sombra' 20.04.2026

Andrea Jamardo tráenos ‘Virxinia e Castelao’, de Diego Bará, na colección Miudiños de Edicións do Cumio. Trátase dun álbum ilustrado que achega aos lectores máis novos á vida de Virxinia Pereira e Daniel Rodríguez Castelao, dúas figuras fundamentais da historia e da cultura galegas. Tamén a banda deseñada ‘Fauna’, de Iago Fernández e Damián Gómez, na colección Galopín de Antela Editorial. Un futur...

Galicia en xogo motor 19-04-2026 19.04.2026

Tódolos protagonistas da segunda cita do CGR

Diario cultural fin de semana 18-04-2026 18.04.2026

Conversamos con Ugía Pedreira sobre o seu docudisco "Basal", un achegamento ao universo creativo da artista no que adquire protagonismo a relación coa súa filla, que ten parálise cerebral, e o patrimonio sonoro e físico da súa Mariña natal. Pedro Reboleiro fálanos de "Sen patrón", malabares e humor da man da compañía Pista 4. Escoitamos "Un saber", o disco no que o tr...

Expreso de medianoite 3-10-2010 17.04.2026

Unha viaxe con Diego Ameixeiras para falar da súa nova novela, "Asasinato no Consello Nacional". A Orde de Malta en Galicia. Conversa con Fernando Abreu, do Cuarteto Caramuxo, sobre o seu novo disco "Tiruriru". Parada teatral no Festival de Galicreques e outras propostas escénicas.

Expreso de medianoite 2-10-2010 17.04.2026

Viaxe pola cinema con Enrique Nicanor, coordinador do Festival de Cine de Ourense. Tamén as estreas de carteleira e todas as citas de ocio e cultura. Última parada do tren para camiñar pola terra de Costa de Marfil.

Expreso de medianoite 26-09-2010 17.04.2026

Conversa co director Juan Pinzás, que vén de estrear a súa nova película "As imaxes perdidas". Bota a andar en Galicia o novo selo discográfico "Matapadre" cun traballo do Colectivo Oruga. Parada na tese sobre a autoría feminina das Cantigas de Amigo. Percorrido polo mundo das artes escénicas coa nova proposta de Carlos Blanco, "Orden e progreso". Debate sobre a decis...

Expreso de medianoite 25-09-2010 17.04.2026

Primeira parada no Festival de cine de autor de Lugo. Sarabela Teatro representa en Ourense "O incerto señor don Hamblet", de Álvaro Cunqueiro. Percorrido do Expreso pola terra de Chile.

Andando a Terra 25-07-2010 17.04.2026

Arxentina, a quinta provincia galega.

Andando a Terra 18-07-2010 17.04.2026

Andando a Terra descubre Albania e a súa historia Na segunda hora o camiño pasa por Australia, o país das segundas oportunidades.

Club Cultura 17-07-2010 17.04.2026

A Galicia mariñeira celebra as festas do Carme. Paradas na Mostra Internacional de teatro de Ribadavia e no Certame de Graffiti de Lugo. O camiño portugués pasa polo certame "Cultura quente" de Caldas. Achegamos una revisión da variada oferta do festival "Via Stellae", que multiplica concertos por todo o país, e tamén do "Pontejazz", a cita co blues e o jazz de Pontev...

‘Minor inter partes’ 17.04.2026

Afonso Becerra comenta ‘Minor inter partes’, de Teatro Ensalle, con dirección de Pedro Fresneda e Juan Navarro. Trátase dunha proposta innovadora da que o público fai parte de xeito natural. Tamén nos propón o Primavera en Danza de Carballo.

'Landa' e 'La mujer más rica del mundo' 16.04.2026

Moncho Lemos recomenda o documental ‘Landa’, dirixido por Gracia Querejeta e Miguel Olid, e a película ‘La mujer más rica del mundo’, de Thierry Klifa. A fita está inspirada en Liliane Bettencourt, a herdeira de L'Oréal e protagonista na súa senectude dun dos escándalos máis célebres de Francia.

A penaltis 16-04-2026 16.04.2026

Novidades no Deportido. O post do Celta-Friburgo, con Raúl Blanco, canterán celeste do Alcorcón e curmán de Iago Aspas, Migui Fernández, da U.D. Ourense e Cheri, do Ribadumia.

'As humidades' 15.04.2026

Malores Villanueva comenta ‘As Humidades’, a estrea literaria de Alba Tomé, finalista do premio Illa Nova de Narrativa 2025.

A penaltis 15-04-2026 15.04.2026
Tapa d'Orella 14.04.2026

Carlos Crespo tráenos a Tapa D’Orella, o novo proxecto musical de Willow GHZ e Pappaquino, que mestura música urbana, electrónica e unha estética moi ligada á cultura dixital do noso país. O dúo vén de publicar o seu segundo sinxelo, ‘Punto de Mira’.

'A natureza das cousas. CHEMA MADOZ' 14.04.2026

Mónica Maneiro comenta a exposición fotográfica 'A natureza das cousas. CHEMA MADOZ', comisariada por Oliva María Rubio na sede de Afundación en Santiago de Compostela. Ata o 29 de agosto.

A penaltis 14-04-2026 14.04.2026

O Deportivo galeguizará o seu nome. Hoxe acompáñanos o adestrador do Fabril-Deportivo, Manuel Pablo. Tamén con Fran Justo, Ander Vidorreta, do Pontevedra e Dani Pedrosa vs Áled Cabarcos na previa do Estradense-Somozas

Pantasmas e parchís 13.04.2026

Andrea Jamardo tráenos hoxe dúas propostas: a novela ‘Pantasmadas’, de Andrea García Martínez. De nove anos en diante, en Edicións Xerais; e o álbum ilustrado de primeiras lecturas: ‘ Parchís’, de María Girón. Traducido ao galego por Iago Nicolás para Kalandraka

A penaltis 13-04-2026 13.04.2026

A derrota do Celta e o empate do Deportivo con David Rochel, canteirán deportivista e ídolo en Tailandia como xogador, Sergio Benito, do Ourense CF e David Rosón, do Compostela.

Luister naar de podcast Todos os podcast | En xogo motor in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds