AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

8 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Encontro de mulleres artistas 15.04.2024

Este martes desenvólvese en Santiago a terceira xornada do  Encontro de Mulleres Artistas, na Casa das Crechas. Entre as paricipantes estarán Alba Domínguez, Helena Egea, Isa Beltrán, Oliva Ben Prantada,Lúa Pagán, Sony Soprano, Taty Zisca,Tinta Ceive e Noela Babuxa.

En xogo motor 13-04-2024 13.04.2024

Tras competir a temporada pasada cunha montura do Grupo 2, un R5 co que chegou a gañar de maneira absoluta algunha proba do Supercampionato, o alaricán Javier Pardo pasou polo Galicia en Xogo Motor para explicar os pormenores do seu 2024 pilotando un Renault Alpine do equipo Recalvi. Na primeira proba, desputada en Sierra Morena, acumulou sensacións positivas e incluso un scratch no último treito...

A construción do son 12.04.2024

A Asociación Labra organiza en Compostela o Encontro que reúne aos profesionais da luthería galega. Falamos con Ana Fariña e Pablo Sánchez

Danza para seguir na loita 12.04.2024

Con Afonso Becerra abordamos as dificultades dos artistas emerxentes para facerse un oco en modalidades marxinadas como a danza contemporánea. Facémolo a través da obra 'Nova Dança', coproducida e estreada polo Teatro Diogo Bernardes.

Cancións tristes de Maine nun pazo de Silleda 12.04.2024

Max García Conover é un músico estadounidense con raíces pontevedresas que visita por primeira vez Galicia. Conversamos con el no pazo da Viña, na localidade silledense da Bandeira. Alí está a gravar o seu próximo disco co selo barcelonés Son Canciones, impulsado pola galega Mabel Alonso e o belga Lieven Scheerlinck. 

Tradescola 12.04.2024

Falamos con Felisa Segade e Xaneco Tubío do obradoiro intensivo de percusión tradicional de man desta fin de semana en Lugo, organizado por Tradescola

Poética das interconexións 11.04.2024

O Legado Berta Cáccamo doa ao Museo de Pontevedra o arquivo documental da artista. Cadernos, diarios, obxectos, correspondencia que se presentan na exposición que se inaugura no edificio Castelao. Falamos con Juan de Nieves e Xosé M Alvarez Cáccamo

Jaime de Armiñán e 'O salto' de Benito Zambrano 11.04.2024

Lembramos a figura do director Jaime de Armiñán, falecido esta semana. Por outra banda, afondamos na última película de Benito Zambrano: 'O Salto'.

29ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense 11.04.2024

As rúas, o auditorio, o Teatro Principal, o campus, e diversos locais de Ourense reciben á MITEU con música, danza, circo, maxia, cine e teatro.

Os actos e as profecías: o público no centro 10.04.2024

“Tod@s abandonamos persoas e principios no camiño marcado para o éxito, para chegar”. O CDG estrea a obra central do seu 40 aniversario, Os actos e as profecías. Falamos con directora, Tamara Canosa e cunha das intérpretes, Mónica Camaño.

Novelas visuais 10.04.2024

Luz Castro explícanos en que consisten as novelas visuais, un xénero de videoxogos de aventura conversacional. "Ti Primeiro" foi a primeira novela visual en galego, creada por Roberto Alvite e producida e publicada por Melgo Cinema.

Arte e creatividade da man da SGAE 10.04.2024

Un encontro deseñado para que a cultura, a comunicación e a empresa dialoguen nas voces de profesionais da cultura, a comunicación, a empresa e o compromiso. Referentes da cultura como Nerea Barros, Teo Cardalda, Sabela Maneiro, Mercedes Peón, Tonhito de Poi ou Sabela Ramil comparten as súas experiencias con comunicadores como Déborah Ciencia, Esther Estévez ou Tamara García

Cinema, rexistro vivo da nosa memoria 09.04.2024

“Queremos poñer en valor grandes títulos que non están no canon cinematográfico”. Victor Paz fala do ciclo Cinema, rexistro vivo da nosa memoria

VII Son Cervexeiro de Ortigueira 08.04.2024

Con Emilio Españadero repasamos o cartel do VII Festival Son Cervexeiro de Ortigueira, con nomes destacados como os Ailá ou Os Carecos.

En xogo motor 06-04-2024 06.04.2024

O Campionato Galego de Ralis desembarcou en Lalín para desputar a súa segunda cita, co mítico Rali do Cocido que, nesta 28ª edición, regresaba ao calendario autonómico. Cunha metereoloxía variable e treitos deslizantes, a proba viviu un novo trunfo de Vítor Senra, que co seu Citroëm C3 WRC sumaba a segunda vitoria da temporada. Coa mesma montura rematou segundo Alberto Otero. Pechaba o podio o de...

E Touriñán dixo: "Aquí tou!" 05.04.2024

Xose Antonio Touriñán continua xira por Galicia co seu monólogo 'Aquí tou!', no que realiza un percorrido polos momentos clave da súa vida, nunha mestura de realidade e ficción en clave cómica. Con el conversamos sobre o espectáculo, a súa traxectoria... e dános unha primicia sobre 'Somos criminais'!

A solidariedade a través do 'NOSO' 05.04.2024

Afonso Becerra tráenos un chisco de solidariedade co 'NOSO' d'Os Náufragos Teatro. Con texto e dirección de Gustavo del Río, trátase dunha obra que conxuga o posesivo do pobo, da comunidade e do territorio.

Os 50 anos dunha "revoluçao" imborrable 04.04.2024

En colaboración coa Cinemateca Portuguesa, entre o 24 de abril e o 3 de mayo proxéctanse unha serie de documentais filmados nos días da revolución portuguesa. Tamén se proxectan ficcións que retratan á xente nas rúas e as manifestacións, así como o proceso de reforma agraria. Falamos con Jaime Pena, responsable de programación.

Álvaro de la Vega inaugura en Fonseca “Xéneros e números” 04.04.2024

O escultor presenta dous conxuntos grupais integrados por 38 elementos que suxiren a densidade como idea vertebral da mostra.

En Compostela hai moitas cidades 03.04.2024

María Villamarín e Óscar Senra fálannos do ciclo "A aldea desmedida", organizado Numax en Santiago e comisariado por Maos Innovación Social. O que pretende é precisamente botar unha pensada a esta cidade dende distintos puntos de vista e entender o lugar que habitamos.

O foco en Anton Bruckner 03.04.2024

Anton Bruckner centra os concertos desta semana da Orquestra Sinfónica de Galicia. Afondamos na vida do compositor austriaco con Luís Miguel Crespo.

O coidado social para outro tempo 03.04.2024

“Os custos que supón o coidado están recaendo nas mulleres. Hai que ir a un coidado social”. Cristina García Sainz fala de “Os tempos sociais do traballo cunha perspectiva de xénero” na Semana Galega de Filosofía en Pontevedra.

'Ubasute' 02.04.2024

A nosa experta Dolores Vilavedra fainos unha pequeña reseña de 'Ubasute', unha obra de Paula Carballeira editada por Galaxia.

O pensamento de Hanna Arendt abre a Semana Galega de Filosofía 02.04.2024

“Hai que repensar unha relación co pasado”. A filósofa Fina Birulés fala de Hanna Arendt na Semana Galega de Filosofía en Pontevedra e na Universidade de Santiago.

Trala talla de Francisco Asorey 01.04.2024

Co gallo do “Día das Artes Galegas 2024” deu comezo na Coruña un ciclo composto por catro conferencias dedicado ao escultor Francisco Asorey, un dos renovadores da arte galega, cunha obra espallada por toda Galicia.

Luister naar de podcast Todos os podcast | En xogo motor in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds