AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
8 okt. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
Prefiro condenarme 23.08.2024 30:55
Pendente da súa estrea en salas, a última película de Margarita Ledo "Prefiro condenarme", puido verse no Festival de Locarno. Con ela falamos
Experiencias inclusivas nas artes escénicas 23.08.2024 30:55
Con Afonso Becerra falamos de experiencias inclusivas na danza, as performances ou o teatro, como é o caso de "Nada se sabe" do CDG
Festival dos eidos 23.08.2024 30:57
Dende esta tarde e ao longo de toda a fin de semana, a Fundación Uxío Novoneyra celebra no Courel unha nova edición do Festival dos eidos. Poesía, música e rutas ornitolóxicas conviven nun programa callado de actividades. Falamos coas poetas Luz Pichel e Brenda Mondelo.
Lecturas no ferragosto 23.08.2024 30:57
A nosa prescriptora de lectura neste verán recoméndanos ler "Pel de cordeiro", de Ledicia Costas e "Ninguén queda", de Brais Lamela. Tamén nos fala das tendencias globais, coma o romantsy ou a saga Blackwater
Estreas españolas do verán 22.08.2024 30:55
Comentario das películas "A illa perdida" e "Odio o verán"
Estar nas nubes 21.08.2024 11:34
Tomamos o Café con Ardora con Estíbaliz Espinosa.
As que non faltan nos festis 21.08.2024 10:10
Carlos Crespo, dará pistas sobre as mellores cancións galegas do verán, as máis solicitadas en festas e festivais.
Os oficios das mulleres na Galicia medieval 20.08.2024 10:28
Hai quen pensa que na Galicia medieval as mulleres só se dedicaban a atende-lo fogar, á crianza dos fillos e aos labores no agro. O historiador Miguel García Fernández desvélanos que desenvolvían diversos oficios como parteiras, lavandeiras, panadeiras, albergueiras, tecedoras e incluso boticarias.
Toponimia internacional 20.08.2024 11:22
O máis curioso da topinimia galega con Vicente Feijoo.
A carballa da Saínza 19.08.2024 10:58
Soledad Felloza convídanos a desprazarnos á comarca da Limia para visitar a carballa da Saínza, unha árbore de máis de cincocentos anos fonte de lendas e berce de tradicións. Un bo momento para coñecela será en setembro, cando se desenvolva a romaría da Saínza.
Catro concertos ben variados 19.08.2024 11:40
O mellor da música clásica galega con Luís Miguel Crespo.
Literatura de non ficción 16.08.2024 15:51
Recomendación literarias de verán con Raquel C. Pico.
Discos á volta da esquina 15.08.2024 12:34
Novedades musicais con Tito Lesende.
A figura de Alien 15.08.2024 12:07
Con Moncho Lemos rememoraremos a figura de Alien. Pasaron 45 anos da estrea do filme 'Alien, o oitavo pasaxeiro' de Ridley Scott, unha obra mestra tan tenebrosa como angustiante que segue xerando réplicas. A última estreouse onte en cines. Titúlase 'Alien Romulus'.
Desentrañando cousas da nosa estirpe 14.08.2024 9:27
Tomamos o Café con Ardora con Estíbaliz Espinosa.
Falsos amigos 13.08.2024 10:36
Hoxe Vicente Feijoo nos descobre uns cantos casos de 'falsos amigos' entre os nomes galegos de lugar. Da Baralla a Cariño pasando por O Allo e A Cebola.
Abadesas fuxidas e encasteladas 13.08.2024 13:21
O noso historiador de cabeceira neste verán, Miguel García-Fernández, que hoxe vai falar de abadesas fuxidas e abadesas encasteladas na Idade Media.
Música dende A Mariña á Coruña 12.08.2024 14:01
Luís Miguel Crespo debulla a programación de música clásica desta semana, con dous grandes focos de atención: o Festival Bal y Gay na Mariña e o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia nas festas da Coruña.
Princesas e gallardas 12.08.2024 13:01
A nosa contadora de lendas, Sole Felloza, traénos hoxe unhas historias que nos levan ata o Castro de Viladonga.
Tres lecturas viaxeiras 09.08.2024 11:43
Recomendación literarias de verán con Raquel C. Pico.
O traballo de Suevia Rojo Moure 09.08.2024 14:31
Na súa intervención de hoxe Afonso Becerra quere resaltar o traballo de Suevia Rojo Moure, unha bailarina de Ames, de 23 anos, que presentou hai uns días un espectáculo no Abanea, o festival de danza e movemento.
Festival Noroeste e Rock in Cambre 08.08.2024 14:06
Novedades musicais con Tito Lesende.
Na trampa de Night Syamalan 08.08.2024 7:54
Moncho Lemos fálanos dunha das estreas destacadas do verán: o último filme de Night Syamalan 'A trampa'. O cineasta indo-estadounidense saca nova película coincidindo co 25 aniversario da chegada ás salas da súa produción máis famosa: 'O sexto sentido'.
Emerxencia 07.08.2024 13:04
Tomamos o Café con Ardora con Estíbaliz Espinosa.
Versións e perversións 07.08.2024 13:04
O noso experto en música, Carlos Crespo, trae hoxe ‘versións e perversións’ de cancións ben famosas. Hits que grupos galegos versionaron na nosa lingua.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds