AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
29 sep. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
Diario Cultural 28-10-2014 - Especial Begoña Caamaño 15.05.2026 45:47
Programa especial do "Diario cultural" en homenaxe póstumo á figura da escritora, xornalista e compañeira na Radio Galega, Begoña Caamaño.
Begoña Caamaño - Galicia por diante 31-10-2014 15.05.2026 23:27
Begoña Caamaño presenta no "Galicia por diante" da Radio Galega o seu libro "Morgana en Esmelle". A novela, gañadora de diversos premios, é unha fonda reflexión sobre a culpa, o destino e o papel das mulleres nun mundo dominado polo poder masculino. A fada Morgana chega á mítica Esmelle na busca de Merlín para comprender o seu pasado e a ruína da Táboa Redonda. A través dunha l...
Begoña Caamaño dende a óptica literaria 15.05.2026 13:06
Isabel Pichel conversa coa profesora e crítica literaria, Chus Nogueira, coautora ademais dunha biografía der Begoña Caamaño.
XII Escenas do Cambio 15.05.2026 10:23
Afonso Becerra fai balance da 12ª edición de Escenas do Cambio, desenvolvido na Cidade da Cultura cun total de once espectáculos “revelescentes”.
Begoña Caamaño para estudosas 15.05.2026 10:57
Isabel Pichel conversa con María López-Sández, académica da RAG, escritora e profesora de Didáctica da Lingua da USC, que estará á fronte do Simposio Begoña Caamaño o 21 de novembro no MARCO de Vigo.
Begoña Caamaño por Uxía Senlle 14.05.2026 14:16
Isabel Pichel conversa con Uxía Senlle, que homenaxea a Begoña Caamaño cun tema dedicado a ela no disco ‘Indómitas’ que, ademais, inclúe versións de cancións moi significativas para ‘Begoñísima’
A Compostela de Begoña Caamaño 14.05.2026 11:32
Isabel Pichel conversa con Encarna Otero, que asina un roteiro por Santiago á procura da pegada de Begoña Caamaño. Unha publicación de El Patito Editoral que inclúe un mapa de lugares no contexto das décadas dos anos 90 e 2000.
Unha escolma de novidades galegas 14.05.2026 12:59
A escolma de Tito Lesende pasa nesta Semana das Letras polas novidades de Xoán Fórneas, Tanxugueiras ou Lisdexia. E tamén falamos do vindeiro Choquiño Fest.
A penaltis 14-05-2026 14.05.2026 2:00:45
Na compaña de Alex Petxaromán, do Andorra, con Diego López, do Racing Club Vilalbés, Damián Noya, do Compostela e Brais Vidal, do Estradense.
Do Calvario a Coia: A infancia de Begoña Caamaño 13.05.2026 11:43
Isabel Pichel achéganos á infancia de Begoña Caamaño en Vigo da man da súa irmá Beatriz.
Dúas achegas necesarias para coñecer a Begoña Caamaño 13.05.2026 9:39
Malores Villanueva tráenos dúas obras arredor de Begoña Caamaño, imprescindibles para coñecer a autora: -‘Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño', de Ana Romaní e María Xesús Nogueira. -’Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía'. De Vigo a Compostela’, de María Xosé Porteiro. As dúas en Editorial Galaxia
Dous documentais para coñecer a Begoña Caamaño 13.05.2026 13:26
Isabel Pichel conversa cos directores do documental "Begoña Caamaño, navegar no pracer do azul", da RAG con guión e dirección de Damián Varela e Alba López. Tamén con David Mon, director de 'Reescribir para resistir', de Kaito Estudios
A penaltis 13-05-2026 13.05.2026 2:00:52
Falamos co xogador do Pontevedra Alberto Gil para coñecer as expectativas do equipo sobre un posible ascenso. Cuqui cóntanos por que deixa de adestrar o Lalín tras ascendelo a 3ª división. Saudamos outro adestrador, Diego Castro, que está a piques de ascender co Arzúa a Preferente. Conversamos co exxogador e agora adestrador Pedro García. Ademais comentamos con Abraham Martínez e Alberte Montes a...
Begoña Caamaño, xornalista en Vigo 12.05.2026 10:40
Isabel Pichel conversa con María Xosé Porteiro, xornalista, viguesa, feminista e compañeira de Begoña Caamaño, dos anos de traballo en Vigo da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas.
'A inesperada virtude da ignorancia' 12.05.2026 11:59
Carlos Crespo tráenos o novo de Filloas: ‘A inesperada virtude da ignorancia’.
'Atención plena' 12.05.2026 15:30
Mónica Maneiro lévanos ata a Fundación Granell, onde o domingo remata a exposición ‘Atención plena’ de Félix Fernández, con quen falamos.
Uuu-uuu Begoña! 12.05.2026 10:26
A Primavera das Letras presentou en Vigo a peza teatral Uuu-uuu Begoña!(teatro para a infancia) de An Alfaia con ilustracións de Laura Romero.
A penaltis 12-05-2026 12.05.2026 2:00:58
Programa post Celta-Levante con Dani Giménez, mister da Sarriana, Sergio Canosa, capitán do Pontevedra B e Ángel Landeira, do Estradense.
Navegar o pracer do azul 11.05.2026 14:52
Entrevista a Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega. Con el falamos de Begoña Caamaño, da súa ollada feminista e do convite a revisar a mitoloxía clásica que son as súas obras. A programación da RAG dedícalle o Pleno Extraordinario do Día das Letras, en Santiago, e mailo simposio monográfico que terá lugar o 21 de novembro no MARCO de Vigo, dúas cidades moi significativas na súa v...
Begoña Caamaño para a rapazada 11.05.2026 12:59
Andrea Jamardo repasa lecturas para a rapazada arredor da figura de Begoña Caamaño: -‘Begoña Caamaño. Pequena biografía’, de Tania Solla en Polo correo do vento. -‘Begoña e o pracer da amizade’, de Beatriz Maceda en Xerais. -Begoñísima, de Andrea Nunes Brións. En Cuarto de Inverno. -’Begoña Caamaño’, de Icía e Xosé Manuel Varela, en Edicións Embora -‘Begoña Caamaño. O transgredir das ondas’, de...
É o tempo de Begoña Caamaño 11.05.2026 11:12
Isabel Pichel conversa con Alba Mancebo e David Mon, creadores da campaña #éotempodebegoñacaamaño nas redes sociais. Con esta iniciativa a Real Academia Galega ofrece unha serie de petiscos sobre a vida e obra da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas.
A penaltis 11-05-2026 11.05.2026 2:00:57
Repaso a todo o acontecido na fin de semana cos protagonistas da xornada. Porra para o Celta-Levante.
Galicia en xogo motor 10-05-2026 10.05.2026 30:57
No espazo de motor escoitaron a tódolos protagonistas da oitava edición do Rally Mariña Lucense, terceira proba do CGR. Asimesmo falaron dous dos protagonistas da semana, o patrón de Recalvi Team Chema Rodríguez e o piloto alaricano Javi Pardo.
Diario cultural fin de semana 09-05-2026 09.05.2026 56:58
A orquestra folk Sondeseu celebra o seu 25 aniversario cun concerto no Auditorio Mar de Vigo. Falamos da historia desta formación con Begoña Riobó e Anais Barbieri. Alberto Ardid coméntanos a súa exposición "Hay un lugar", que introduciu no MARCO elementos característicos do rural galego. Conversamos con Vladimir Merino, comisario da exposición "E ademais debuxan", un conxunto...
Expreso de medianoite 7-11-2010 08.05.2026 1:50:20
Entrevista co teólogo e académico Andrés Torres Queiruga. O pazo de xustiza da Coruña acolle a exposición "As Pegadas da Xustiza" para celebrar o 80 aniversario do edificio. Repaso ás propostas da escena galega do outono. Na segunda parte do programa, unha nova visita á China.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds