AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

6 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Desvirgheitors e Cabodano 14.10.2024

Patty Castro segue descubríndonos a Galicia metaleira. Hoxe, con Desvirgheitors, banda de punk nada en Vigo en 1986 e cos composteláns Cabodano, que este ano editaron o seu segundo disco, 'É mellor matarse'. 

En xogo motor 12-10-24 12.10.2024

Sábado festivo sen competición que aproveitamos no tempo de motor do Galicia en Xogo para facer balance da temporada. Rodrigo Pérez entrevista aos pilotos Luis Penido e José Murado. Os rallies regresan o próximo sábado 19 de outubro, coa celebración en Lugo dunha proba clásica no calendario galego, o San Froilán.

Ceiba Rimas 2024 11.10.2024

Mañá ás cinco arranca en Pontevedra a cuarta edición do Ceiba Rimas, freestyle improvisado en galego. Connosco no estudio os dous gañadores do ano pasado: BIG MEU (Martín Represa) e MOG (Mauro Castaño) que rapean en directo.

Bipedestrución 11.10.2024

Afonso Becerra comenta "Bipedestrución" , de Disiden. Cia, coa viguesa Marcia Vázquez e Martín Los Arcos. Un espectáculo familiar de danza contemporánea con conciencia LGTBIQA+.

Marta Pazos e Pepe Barro 11.10.2024

Felicitamos a Marta Pazos e Xosé María Pérez Barro, gañadores dos Premios da Cultura Galega 2024 nas modalidades de Artes Escénicas e Artes Visuais respectivamente.

Voitres e Dila Crocodila 11.10.2024

Mónica Maneiro tráenos hoxe dúas propostas de banda deseñada. “Voitres”, de Miguelanxo Prado, para público xuvenil e “Dila Crocodila”, de Ana Gómez, para a cativada que se inicia la lectura.

Ortiga preséntanos "Obra social" 11.10.2024

“Gústanme a idea de comunidade e o merengue”. Ortiga preséntanos o seu terceiro álbum en solitario, Obra social, un traballo que redefine e agranda os sons da música popular e de verbena.

Galicreques 11.10.2024

“Estamos nun momento moi interesante para o teatro de bonecos e figuras en Galicia". Comeza Galicreques. O Festival Internacional de Títeres programa 60 funcións e 12 estreas en Santiago

Morrer en galego 10.10.2024

Vivir e perdurar na nosa lingua, unha iniciativa do Consello da Cultura Galega da que fai parte o lingüísta Bernardo Penabade “O nivel educativo e a maior presenza das mulleres na toma de decisións teñen moito que ver con que as lápidas estean en galego”. Jorge Balado, funerario “en galego son máis agarimosas”

Unha sátira gore e un documental 10.10.2024

Moncho Lemos comenta dende Sitges dúas estreas: -“La substancia”, protagonizada por Demi Moore. Unha sátira gore, explícita e con humor sobre a presión estética que sofren as mulleres. -“Super/Man: La historia de Christopher Reeve “, coa participación de familiares e amigos do actor.

De Rhome a Nick Cave 10.10.2024

Tito Lesende abre a súa colaboración co novo tema de Rhome, un talento noiés emerxente. Escoitamos música de Miriam Rodríguez e de Sabela, que actúan este sábado en Galicia e pechamos  co último disco de Nick Cave & The Bad Seeds, 'Wild God'.

Vertixe Sonora 12 10.10.2024

“Reivindicamos a posibilidade de volver a situar a cultura no centro". Vertixe Sonora 12 acolle máis de 20 estreas. Nova edición do festival de creación contemporánea en Vigo.

Tatán premio de honra de Galicreques 09.10.2024

“Entendo os premios coma un recoñecemento compartido con Tanxarina” O Festival Internacional de Títeres Galicreques, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde, vaille dar o premio de honra da súa 29ª edición a Eduardo Rodríguez Cunha 'Tatán', figura imprescindible da escena gaega en xeral e do teatro de marionetas en particular.

As vivendas de onte e as de hoxe 09.10.2024

Con Raquel C. Pico sabemos da evolución das nosas casas logo de visitar Creafogar. Hai grandes diferenzas entre o rural e o urbano? Está o salón apropiándose do corazón da vivenda en detrimento da cociña? Tamén nos propón visitar a Casa da Troia e o Pazo de Tor

Diego Ares toca as 'Variacións Goldberg' 09.10.2024

Conversamos con Diego Ares, un dos clavecinistas máis brillantes da súa xeración. O intérprete vigués está en Galicia para interpretar unha obra que marcou un punto de inflexión na súa carreira, as 'Variacións Goldberg' de Bach.

BD vs IA 09.10.2024

Manel Cráneo fálanos hoxe das consecuencias da irrupción da IA xenerativa no ámbito da ilustración e da banda deseñada.

Simultánea 08.10.2024

SIMULTÁNEA. Sete exposicións en sete cidades da Fundación Abanca. Cun total de trescentas cincuenta obras entre fotografía, pintura, escultura, videoarte e instalación, con máis de douscentas autorías, do século XIX ata hoxe. “Convidamos ao público a que visite estas sete mostras dunha dimensión inédita”, Paloma Vela comisaria.

Tras do ceo 08.10.2024

Dolores Vilavedra comenta Tras do ceo, de Manuel Rivas, que xa vai pola segunda edición.

Suso Basterrechea expón en Metro 08.10.2024

Mónica Maneiro comenta a mostra 'Tienes un gusto de mierda' que o artista Suso Basterrechea expón na galería Metro de Santiago.

Recoñecemento internacional á función de Barriga verde 08.10.2024

“Non queremos quedarnos nun traballo arqueolóxico". O traballo de recuperación de Barriga Verde recibe o recoñecemento internacional.

Novos imaxinarios 07.10.2024

“Novos Imaxinarios”, no CGAC. As novas formas do cinematográfico, dende as vangardas ata o cinema expandido. A mostra acolle propostas, inéditas ou presentadas por primeira vez en Galicia. No seu formato expositivo, cada cineasta articula novas obras que debuxan parábolas con propostas instalativas. Nicolás Combarro, comisario : “é o retrato dunha xeneración”. Oliver Laxe :”permite traballar dout...

Peter Petrowski 07.10.2024

Carlos Crespo tráenos un adianto de “All stars”, o último do músico e produtor porriñés Peter Petrowski “busco ser un catalizador”

A OSG e a Real Filharmonía de Galicia inician temporada 07.10.2024

Pablo Sánchez Quinteiro fálanos hoxe do arranque de temporada da OSG e da Real Filharmonía de Galicia. Esta última incorpora ao repertorio obra de mulleres e contemporáneos, como é o caso de Raquel García Tomás.

Rodrigo Cortés, Calpurnia de honra 2024 04.10.2024

“Hai moita pegada galega en min, como a retranca” Rodrigo Cortés recibe esta noite a Calpurnia de honra do OUFF. O cineasta e escritor, de raíces ourensás, ten pendente de estrea a súa última película “Escape”, producida por Martin Scorsese.

Elixir de amor 04.10.2024

Afonso Becerra comenta L'èlisir d'amore, ópera cómica en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto de Felice Romani

Luister naar de podcast Todos os podcast | En xogo motor in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds