AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

1 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

'Onde nacen as bestas' 27.05.2025

Dolores Vilavedra comenta ‘Onden nacen as bestas’, de Pedro Feijoo. Unha historia de violencia ancestral, silencios familiares e identidades ocultas

Os Carecos debutan co disco 'Foula' 27.05.2025

Os Carecos debutan co disco 'Foula'

'O retorno do máxico' 27.05.2025

Mónica Maneiro comenta a exposición 'O retorno do máxico', no Colexio Fonseca

Kid Mount 26.05.2025

Carlos Crespo tráenos a ‘neno do monte`, ou o que é o mesmo, o músico de Xinzo Kid Mount. Acaba de sacar “NeoAmor”

Óliver Laxe: "O noso principal medo non ten que ser morrer, senón enganarnos" 26.05.2025

Conversamos co cineasta Óliver Laxe e o actor Sergi López, protagonista de 'Sirat', filme que acaba de conseguir o premio do xurado no festival de Cannes. A película comeza nunha rave do deserto na que un pai busca a súa filla desaparecida, e enfronta os seus personaxes con experiencias extremas que os obrigan a mirar cara adentro. Para Laxe, "en Sirat plásmase a miña cosmovisión, a...

A banda de Paradela 23.05.2025

A banda de música de Paradela está de aniversario. 152 anos de traxectoria que repasamos co director do conservatorio de Lugo, Borja Durán; a presidenta da banda, Marisol Arias; e Julio Varela, de 93 anos, que aínda se retirou hai dous.

Adeus á Panadaría Teatro 23.05.2025

Con Afonso Becerra repasamos os 12 anos de traballo de A Panadaría Teatro. Despídense dos escenarios porque as súas tres integrantes emprenden proxectos novos

Adeus a Piti Sanz 23.05.2025

O mundo da cultura chora a perda de Piti Sanz, De orixe andaluza pero afincado en Lugo, foi membro de bandas como Los Contentos e Di Elas e un prolífico autor de música para teatro, cine e televisión.

BD para toda a familia 23.05.2025

Hoxe con Eva Mejuto lemos banda deseñada: ‘Noa e a cidade sen maxia’, de Angie Roca; ‘O destino de Kameko’, de Jorge Campos e Abel Alves; ‘A busca de Muncho’, de Tiago Delgado; ‘Herba’, de Keum Suk Gendry-Kim; e a serie ‘Hilda & Twig’, de Luke Pearson

Indala 22.05.2025

“Queremos ocupar o oco que deixaron as grandes bandas de folk dos 90” “A industria non está ao nivel de canto se produce en Galicia” Con máis de dúas décadas de traxectoria e un nome recoñecido dentro e fóra de Galicia, Xosé Liz presenta o seu proxecto propio, ‘Indala’ , que nace da súa experiencia como músico e docente. Trátase dunha proposta íntima sobre a música tradicional galega e o protagoni...

'Misión imposible' e 'Antes de Nós' 22.05.2025

Moncho Lemos comenta dúas estreas para esta fin de semana: Misión imposible. Sentenza final, de Christopher McQuarrie e con Tom Cruise como protagonista absoluto. Antes de Nós, de Ángeles Huerta, sobre o Castelao máis íntimo

De Carlos Ares a Restinga 22.05.2025

Tito Lesende pica temas de Carlos Ares, Chungo Pastel, Christian Silva e Restinga

'Future stories' 21.05.2025

“Sentímonos afortunados de participar nesta residencia artística”, “Aprendemos moitísimo de fotografía de moda” A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) ten aberta a exposición colectiva ‘Future Stories’, con obras de catro creadores galegos emerxentes recén chegados de Milan: Alba Chan, Sofía Dagá, Lucía Novais e Adrián Ramos. Con estes últimos conversamos.

O café 21.05.2025

Raquel C. Pico cóntanos curiosidades do café e a súa historia. Sabiades que as primeiras cafetarías galegas datan de comezos do século XX?

Estréase 'Antes de Nós' 21.05.2025

“Nesta película coñecemos ao matrimonio Castelao, a súa vertente humana e persoal”. O Castelao máis íntimo chega aos cines. Estréase ‘Antes de Nós’, de Ángeles Huerta, con Xoán Fórneas no papel protagonista e Cris Iglesias como a súa dona Virxinia.

‘Galicia Design Week’ 20.05.2025

O festival de deseño ‘Galicia Design Week’, que está a ter lugar na Coruña, fai da cidade a capital do deseño por sexto ano. Está codirixido por Álex Rico, con quen falamos da manchea de actividades que programan, todas de balde. Tamén conversamos con Daniela Arias, coordinadora, que vai moderar a USUAL SUMMIT este xoves

'Os seráns en Vilancosta' 20.05.2025

Dolores Vilavedra comenta ‘Os Seráns en Vilancosta’, de Santiago Cortegoso. Unha homenaxe dramatúrxica a Avelina Valladares, pioneira da literatura galega e unha das primeiras mulleres en publicar artigos de opinión na prensa do século XIX

'Sophie non é o meu nome de guerra' 20.05.2025

“É unha oportunidade de tomarmos conciencia das políticas de fronteira” Redrum estrea este venres na Coruña 'Sophie non é o meu nome de guerra', un espectáculo teatral a partir do texto homónimo de Roberto Pascual, que narra a viaxe obrigada da protagonista dende o seu Camerún natal ata Galicia, unha vida atravesada polas políticas migratorias, o racismo e a escravitude sexual. A peza, d...

'Mulleres, traballo, memoria' 20.05.2025

Mónica Maneiro  comenta 'Mulleres, traballo, memoria', a mostra de Mar Caldas no CGAC, que remata esta semana

'Fillos do vento: A rapa" 19.05.2025

“Queriamos que o público sinta que está aí” ‘Fillos do vento: A rapa’, de Brais Revaldería, sitúa o espectador dentro da rapa das bestas de Sabucedo, grazas a unha proxección 270°. Estes días exhíbese no Festival de Cannes na sección “Competición Inmersiva”.  

XMaseda65 19.05.2025

Carlos Crespo tráenos o primeiro disco profesional do viveirense Xosé Maseda Calvo (XMaseda65): ‘ Pontes’

22ª edición do Festival de Cans 19.05.2025

“Queremos manter a escala humana por riba de todo”."En Cans vaise vendo ano a ano a construción dos cineastas" Alfonso Pato, director do festival de Cans, debulla connosco a programación da súa 22ª edición, que principia mañá.

Música clásica en Lugo, Ferrol e Santiago 19.05.2025

Pablo Sánchez Quinteiro trae hoxe no repertorio o Festival de Música Cidade de Lugo, a programación da Sociedade Filharmónica Ferrolá e o peche de temporada da Real Filharmonía de Galicia. Con obras de Barbara Strozzi, Shostakovich e Beethoven. 

As cantareiras como motor da pervivencia da lingua 18.05.2025

O día das Letras Galegas dedicado ás cantareiras ten moito traballo detrás. O das asociacións que moven a tradición e por toda Galicia

O presidente da RAG convida a celebrar as Letras Galegas en comunidade, "a través da música, cunha pandeireta na man, cantando..." 17.05.2025

Series documentais como "Se canto é porque quero", proxectos como "Primavera das letras", e distintos contidos divulgativos, súmanse ao acto central, un pleno extraordinario da RAG, hoxe, en Malpica de Bergantiños.

Luister naar de podcast Todos os podcast | En xogo motor in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds