AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
1 okt. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
'Ruar' 03.10.2025 9:32
Afonso Becerra lévanos de ruada co colectivo VACAburra, onde están Andrea Quintana e Gena Baamonde nun proxecto que xira arredor da creación escénica e coreográfica en clave contemporánea. Andan agora co espectáculo ‘Ruar’ como divertimento e xogo nas rúas con Davide Salvado
'Parecido a un asesinato' e 'La sospecha de Sofía' 02.10.2025 10:31
Moncho Lemos comenta dúas estreas: - ‘Parecido a un asesinato’, de Antonio Hernández. Baseada na novela homónima de Juan Bolea, aborda os misterios da conduta humana. - ‘La sospecha de Sofía’, de Imanol Uribe. Unha de espías que toma como base a novela de Paloma Sánchez-Garnika.do mesmo título
Podcast cultural 24. Poetas de garda e saúde mental 02.10.2025 18:51
O espazo cultural Río Lagares promove Poetas de Garda, un experimento sobre os efectos balsámicos da poesía. E no Museo do Pobo Galego as imaxes do Premio Luís Ksado
De ruta musical norteña 02.10.2025 11:42
Tito Lesende fai un percorrido norteño que comeza na Coruña, coa estrea do novo tema de Roura e segue por Cedeira con Guadi Galego. De aí a Asturias, cos novos traballos de Marisa Valle Roso e Rita Ojanguren. A ruta remata en Cantabria con Quique González, que saca disco mañá venres
'Vista chinesa' 01.10.2025 19:14
Malores Villanueva comenta ‘Vista Chinesa’, da brasileira Tatiana Salem Levy. Traducida ao galego por Mercedes Vaquero Granados e publicada por Xerais. A protagonista sofre unha violación e anos despois cóntallelo aos fillos nunha carta
Podcast cultural 23. Das lectoras e das revolucionarias. 01.10.2025 27:10
A SELIC muda de dirección e de datas. Falamos con Lorena Conde da novena edición. E a revolución das kurdas no documental que Olmo Couto estrea no OUFF.
A penaltis 01-10-2025 01.10.2025 2:01:00
Protagonistas do choque entre Bergantiños e Ourense CF. O debut de Dro Fernández no Barça con alguén que o coñece moi ben. Análise do Celta-Paok cun seguidor dos gregos.
Delasenda 30.09.2025 24:10
Carlos Crespo trae ás súas “descubertas o músico coruñés Delasenda, que debuta con ‘La Catedral’, un disco íntimo que reúne 12 cancións en castelán con influencias pop, da canción de autor e mais do afrobeat
Podcast cultural 22. Do underground a San Simón 30.09.2025 23:13
O underground como territorio e a palabra que materializa a ollada externa, "Plumass" no novo traballo de Bea Saiáns. E en San Simón o Obradoiro Internacional de Tradución “Con barqueira e remador”.
'Patria unifamiliar' 30.09.2025 18:34
“O que posuímos fala de quen somos”. Mónica Maneiro comenta a exposición de Alberto Ardid ‘Patria unifamiliar’ na galería Trinta de Santiago
A penaltis 30-09-2025 30.09.2025 2:00:32
Tamén conversamos co adestrador da SD Sarriana, Iván Carril; e conectamos cos capitáns do Alondras, que protagonizaron uns dos momentos máis sorprendentes da xornada en Terceira RFEF.
Tres curtas que pagan moito a pena 29.09.2025 9:21
Begoña Vázquez recoméndanos tres curtas de creadores galegos que se poden ver en Agalega.gal: -Matria, de Álvaro Gago. O xermolo da película homónima. -To bird or non to bird, de Martín Romero. Animación gañadora dun Goya. -30′ 70 60′ 120 Marta Valverde. Sobre a prostitución
Podcast cultural 21. Entre cátedras e aniversarios 29.09.2025 26:06
"Esperamos contra toda esperanza”, o lema que lembraba Ricardo Carvalho Calero abre conversa con Carlos Quiroga, director da Cátedra Institucional Carvalho Calero da USC. E achegámonos aos 25 anos na música de E. Rúa
Dous contos ilustrados e unha novela para adolescentes 29.09.2025 13:16
Andrea Jamardo tráenos unha novela de Antonio Manuel Fraga, ‘Ningunha estrela levará o meu nome’, de Editorial Santillana. A partir dos 14 anos. Tamén dúas propostas ilustradas: -‘Que precisa un gato pequeno?, de Natalia Shaloshvili, publicado por Kalandraka. -’Lola feroz’, de Juan Baquero e Pablo Carreiro, publicado por Cuarto de Inverno
A penaltis 29-09-2025 29.09.2025 2:01:00
Conversamos con Braulio Vázquez, exxogador do Deportivo e actual director deportivo de CA Osasuna. Falamos co exdefensor do Celta Carles Planas, que triunfa na Kings League de Piqué. E analizamos o tropezo do Dépor en Ipurua ante o Eibar.
Galicia en xogo motor 28-09-2025 28.09.2025 30:59
Na sección de motor desta semana escoitaron as valoracións dos pilotos que ocuparon o podio do rally de Llanes do SCER. Tamén repasaron o mellor do programa da TVG Trata de Arrancalo, con Jorge Cagiao e Luis Penido.
20 anos da ESADG 26.09.2025 11:15
Con Afonso Becerra festexamos o 20 aniversario da Escola Superior de Arte Dramática de Galica. Dela saíron compañías, actores e actrices ou directores e dramaturgas como A Panadaría, Melania Cruz, Tito Asorey, Vanesa Sotelo, Esther Carrodeguas, Manuel Vieites...e moitas outras figuras da escena galega
Podcast cultural 20. Cine de festival e teatro de premio 26.09.2025 18:38
Oitava edición do festival Intersección na Coruña. En Carballo, no FIOT, estrea de "Berenguela na gaiola" que gañou a cuarta edición do Premio Manuel María de Proxectos Teatrais.
'Una batalla tras otra' e 'Maspalomas' 25.09.2025 12:57
Moncho Lemos fálanos da estrea de 'Una batalla tras otra’, de Paul Thomas Anderson, adaptación da novela 'Vineland', de Thomas Pynchon sobre os movemientos radicais dos anos sesenta. Conta no reparto con Leonardo DiCaprio, Benicio del Toro e Sean Penn. Tamén de “Maspalomas”, de José Mari Goenaga e Aitor Arregi. Un drama sobre a vellez e a homosexualidade. Con Nagore Aramburu.
Podcast cultural 19 . De festivais. 25.09.2025 14:00
Falamos do FIOT34, a edición máis grande da historia do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. E en Ourense o OUFF30 estrea dirección.
Nadadora están de volta 25.09.2025 12:25
Tito Lesende pica a primeira canción do retorno do grupo grovense Nadadora, doce anos despois da súa despedida. Tamén repasa a axenda de festivais con The Lemonheads, León Benavente e Bala E o novo disco dos asturianos Alberto & García
'A pintora' e Canícula' 24.09.2025 12:59
Malores Villanueva comenta dous poemarios unidos pola memoria e a paisaxe: ‘A pintora’, de Lupe Gómez, publicado por Medulia Editorial. ‘Canícula’, de Sofía Ruvira, na editorial Laiovento
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds