AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
1 okt. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
'Con e de curcuspín. Cartas a las lenguas'’ 17.12.2025 11:58
Malores Villanueva comenta ‘Con e de curcuspín. Cartas a las lenguas’, de Mario Obrero Unha carta de amor á diversidade lingüística.
Podcast cultural 76. AGAPI SELLIER 17.12.2025 22:13
A Academia Galega do Audiovisual recoñece co premio José Sellier a traxectoria pioneira e o papel vertebrador de AGAPI. E ademais 'José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983'.
Queen Rendi 16.12.2025
Carlos Crespo tráenos a Queen Rendi, unha cantante urbana que fusiona o rap e o trap. Manchega de nacemento e galega de corazón, en outubro publicou o seu primeiro disco: ‘Zorra despiadada’
Podcast cultural 75. A forza da cor 16.12.2025
A intensidade cromática da paisaxe na exposición " Leopoldo Varela. A forza da cor" que acolle o Museo de Pontevedra. E ademais o novo disco de Donicelas.
Podcast cultural 74. Editio 15.12.2025
A Asociación Galega de Editoras reforza a celebración do Día da edición co premio Editio que galardoa á Libraría Cartabón de Vigo. E despois a restitución das esculturas do Pórtico.
‘O libro de Borboligón’ e ‘A adultez é un mito’ 15.12.2025 13:47
Andrea Jamardo tráenos novela infantil ‘O libro de Borboligón’, de Elena Gallego Abad, publicada por Edicións Xerais, e mais o cómic ‘A adultez é un mito’, de Sarah Andersen, traducido ao galego por Clara Barcia para Rinoceronte Editora.
Galicia en xogo motor 14-12-2025 14.12.2025 30:57
Na sección de motor desta semana o gran protagonista tiña que ser o silledente Cristian Costoya, tras ser seleccionado coma piloto MacLaren. Asimesmo, achégase a gran proba destas datas, o Dakar. Con Diego Vallejo debullamos o raid máis duro do mundo e as anécdotas que ten. E por último coñecemos máis do Inclusión-on-Track Rácing Team, da man de Alberto Fernández Boo.
Un 'panetone teatral' 12.12.2025 8:35
Afonso fálanos da adaptación que fixo do "Conto de Nadal" de Dickens a compañía de alumnos da ESAD Vicus Teatro, que dirixe Pablo Carrera. A obra, representada ao estilo da commedia dell'Arte italiana, escenifícase na Asociación de Panadeiros e Pasteleiros de Vigo,; de aí a cualificación de "panetone teatral"
Podcast cultural 73. Música e terapia 12.12.2025 24:27
O hospital psiquiátrico de Conxo acolle o primeiro concerto de Los Coquitos, un grupo musical composto por pacientes do centro.
'Frontera' e 'Los Goonies' 11.12.2025
Moncho Lemos comenta a película "Frontera", dirixida por Judith Colell. Un thriller histórico sobre un funcionario español que 1943 que decide axudar a refuxiados xudeus a escapar dos nazis polos Pirineos. E tamén a reestrea de ‘Los Goonies’
Podcast cultural 72. Rosalía en Madrid 11.12.2025
O investigador Luís Miguel Fernández revela novos detalles biográficos sobre os anos madrileños de Rosalía de Castro na "I Xornada Avances na biografía de Rosalía de Castro" que organiza a Cátedra Rosalía de Castro da USC
De Familia Caamagno a Pink Floyd 11.12.2025
Tito Lesende pica o novo de Familia Caamagno ‘Disco comarcal’ e de Sés co seu ‘Nadando na incerteza’. Tamén repasa os concertos vindeiros e recomenda o disco conmemorativo dos cincuenta anos do ‘Wish You Were Here’ de Pink Floyd, que sae mañá á venda.
A poesía é para sentir 10.12.2025 7:38
Malores Villanueva comenta os poemarios ‘CONTRA HUMANA PARTE’, de Pilar Pallarés e ‘Caligrafía das espigas’, de Carlos Negro
Podcast cultural 71. De estreas 10.12.2025
En “Así chegou a noite” un escultor afástase do ruído e procura no xesto da arxila o sentido da existencia. O terceiro filme de Ángel Santos clausura o festival Novos Cinemas que abría “As liñas descontinuas” de Anxos Fazáns.
Tona 09.12.2025
Carlos Crespo tráenos a Tona, que vén de publicar “Cruseiro”, o seu EP de debut. Tona é o novo proxecto do exTerbutalina Miguel Cernadas
Podcast cultural 70. Novos Cinemas 10 09.12.2025 18:39
O festival Novos Cinemas cumpre dez anos e celébrao reforzando os trazos que o distinguen. Xosé Cobas publica un ábum sobre a luz, “O soño dunha sombra”.
40 anos da galería Trinta 09.12.2025
Mónica Maneiro comenta a exposición que conmemora o cuadraxésimo aniversario da galería Trinta de Santiago. ‘Piezas que nunca debí haber vendido’ é unha homenaxe da galerista Asunta Rodríguez aos creadores e tamén aos coleccionistas.
Unha novela e un abecedario 08.12.2025 12:34
Unha novelae un abecedario Andrea Jamardo recoméndanos ‘Pernascochas’, de Ramón D. Veiga e Blanca Millán, e ‘ABC Seoane’ un abecedario que achega á rapazada o universo creativo de Luís Seoane, con textos de Piu Martínez, Cibrán Rico e Suso Vázquez.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds