AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
30 sep. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
Emigrason 2026 26.02.2026 12:37
Tito Lesende debulla o cartel da cuarta edición do Emigrason, un festival musical que a diáspora galega organiza en Bruxelas esta fin de semana. Escoitamos a colaboración de 9Louro e Ortiga, un dos remixes do último disco de Baiuca e o último avance do novo álbum de The Rapants.
'Tortura branca' 25.02.2026 13:23
Malores Villanueva comenta ‘Tortura branca’, da Premio Nobel da Paz Narges Mohammadi. No libro, catorce mulleres (a autora entre ellas) comparten as súas experiencias de encarceramento en Irán: acosadas, golpeadas, illadas e privadas de calquera estímulo sensorial. Traducido ao galego por Fe González para Hércules de Ediciones.
Podcast cultural 111. Exuvia e saliva 25.02.2026 19:43
A escritora Lorena Souto esculca a identidade e a perda, a reconstrución e a linguaxe no libro de poemas de "Exuvia e saliva", publicado por Chan da pólvora
A previa dos Goya 25.02.2026 11:17
Facemos unha previa dos Goya con Moncho Lemos
Dani Cornes 24.02.2026 10:30
Carlos Crespo tráenos ao grovense Dani Cornes, sresidente en Barcelona, que publica o seu segundo disco o 27 deste mes : “Aquí sempre tes casa”, a través de dotbeat.
Podcast cultural 110. Portalén 24.02.2026 18:56
Treixadura publica novo traballo discográfico. Portalén é un disco que dialoga coa historia do grupo e coa tradición que sempre o acompañou, pero que mira cara adiante con novos camiños sonoros.
' Arrieire no camiño Arrieire no lughare se che arrieire morre que camiño has de levare' 24.02.2026 10:37
Mónica Maneiro comenta a exposición ' Arrieire no camiño Arrieire no lughare se che arrieire morre que camiño has de levare' de Sergio Marey, que pode visitarse na Fundación Granell, en Santiago, ata o 5 de abril.
'Chichi e mais eu' 23.02.2026 4:03
Begoña fálanos da estrea en Agalega.gal de "Chichi e máis eu", o documental no que Nico Campos retrata ao seu pai, unha figura case esquecida da cultura galega, militante comunista, humorista e galerista. Tamén fala de "Contou Rosalía", unha película protagonizado por Melania Cruz que narra a vida da poeta e escritora en madrid.
Podcast cultural 109. Monte 23.02.2026 18:51
Laboratorio Escénico estrea o espectáculo de música e danza “Monte”. E ademais a tradución de "Noites brancas".
De Jane Austen a un elefante multicolor 23.02.2026 11:30
Andrea Jamardo comenta ’O mundo de Jane Austen’, unha obra de Raquel C. Pico publicada por Sushi Books. O libro aborda de maneira accesible a vida e obra da escritora inglesa e está dirixido tanto a público adolescente coma adulto. Tamén nos fala do álbum ilustrado ‘Elmer e as baleas’, unha aventura do elefante multicolor creado por David McKee. A tradución ao galego é de Xosé Manuel González e e...
Galicia en xogo motor 22-02-2026 22.02.2026 30:57
Na sección de motor desta semana lembraron a conversa cun campión de España de sim-racing de Oia, co actual presidente da FGA, Toño Troitiño, e co alma máter do circuito de Forcarei e copiloto Jose Murado.
‘Quando ven a taciturna de limiar en limiar o presente frágil’ 20.02.2026 10:06
Afonso Becerra comenta o espectáculo de danza ‘Quando ven a taciturna de limiar en limiar o presente frágil’, unha creación de Joana von Mayer Trindade e Hugo Calhim Cristóvão. Estreouse este mes no marco do GUIdance, en Guimarães, e o 30 de maio estará no Rosalía de Castro da Coruña.
Podcast 108. New Fashion 20.02.2026 22:23
O Centro Galego de Arte Contemporánea organiza o curso New Fashion de moda experimental e perfomance
Begoña no Calvario 19.02.2026 6:08
Begoña Vázquez fala con Ramón Nicolás, docente no centro e autor de 'A nena que perdeu un zapato na lama'
'As liñas descontinuas' e 'El agente secreto' 19.02.2026 14:53
Moncho Lemos fálanos de ‘As liñas descontinuas’, de Anxos Fazáns, e adiántanos que mañá estará no Galicia por Diante a súa protagonista feminina, Mara Sánchez. E outra estrea, ‘El agente secreto’, unha película brasileira de Kleber Mendonça Filho.
Podcast 107. Rosalía 19.02.2026 22:58
Percorrido pola programación do Día de Rosalía na conmemoración do 189 aniversario do nacemento da escritora Rosalía de Castro.
Dúas primicias e varias citas para a fin de semana 19.02.2026 13:45
Tito Lesende traénos dúas primicias de artistas galegas que publican disco, Agoraphobia e Antía Muíño. E, ademais, os concertos vindeiros en Santiago de Pastor Eléctrico, Muaré e Anabel Lee.
Descifrando o Entroido 18.02.2026 14:39
Malores Villanueva comenta ‘Descifrando o Entroido. Manual básico para entender o Entroido galego’, do antropólogo Rafael Quintía. En Ab Origine Edicións, un libro de divulgación para sabérmolo todo desta festa.
Podcast 106. A derradeira lección. 18.02.2026 20:54
“Que pasa coa nosa memoria colectiva?” Chévere estrea “Ictus. Anatomía da derradeira lección de Castelao”, un espectáculo sobre como se constrúen as narrativas da memoria. E despois a rodaxe de “As augas”
Los Jinetes del Trópico 17.02.2026 14:21
Carlos Crespo tráenos a Los Jinetes del Trópico e o seu segundo disco: ‘A calor é un dereito’. Ritmos latinos en galego dende hai unha década.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds