AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
30 sep. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
A penaltis 19-03-2026 19.03.2026 2:00:58
Todo sobre o triunfo histórico do Celta na súa visita a Lyon, coa análise de Paco Jémez, , con Nico Rosas, o defensor arxentino do Silva, e roi Tato, dianteiro galego do Estepona
'Rastros' 18.03.2026 12:17
Malores Villanueva comenta ‘Rastros’, de Carlos Lixó, na editorial Rodolfo e Priscila. O autor percorre milenios e xeografías para construír unha arqueoloxía imaxinaria do desexo.
Podcast cultural 126. A pel do exilio 18.03.2026 22:19
“Xusto aí escribo, nesa brancura terrorífica”. Silvia Penas esculca a escritura poética no seu libro “A pel do exilio”. Unha obra publicada por Espiral Maior que recibiu o Premio de Poesía Concello de Carral. E despois a infancia de Begoña Caamaño no libro “A nena que perdeu o zapato na lama”.
A nena que perdeu un zapato na lama 17.03.2026 13:34
“Eu quixera que a súa figura se lembre por sempre” ‘A nena que perdeu un zapato na lama’, de Ramón Nicolás, mestura biografía e un toque de ficción para lembrar a nena que foi Begoña Caamaño. Se a infancia é a patria, a súa está no barrio vigués do Calvario.
Pastor eléctrico 17.03.2026 11:05
Carlos Crespo fálanos de Pastor Eléctrico, un grupo liderado por Diego Guerrero, a quen coñecemos polo seu percorrido por Galicia co programa Cos pés na terra, da TVG.
Podcast cultural 125. Coralinda 17.03.2026 24:26
“Coralinda”é unha comedia xestual sobre a inmigración e o medo ao diferente. O novo traballo escénico de Elefante Elegante é unha coprodución coa compañía portuguesa Trigo Limpo Teatro Acert
‘El mico blau’ 17.03.2026 7:34
Mónica maneiro comenta a primeira exposición individual en Galicia, na galería luguesa Néboa, de Edu Gil Alsina, ‘El mico blau’. Ata o 24 de abril.
A penaltis 17-03-2026 17.03.2026 1:59:25
Pendentes do que pasa na Champions con Rubén López, do Pontevedra, Jairo Arias, míster do Montañeiros e Borja Rey, porteiro do Boiro. Pensades que haberá mundial en Vigo? Que seleccións preferides?
Podcast cultural 124. Respira! 16.03.2026 24:10
Son nove e non van ser dez. Antón Lopo despídese da dirección do Festival que creou hai nove anos . ‘Alguén que Respira!’ IX Festival de Poesía para Corpo Principal, convoca 40 poetas arredor da memoria.
Unha avoa gánster e a xirafa Oriana 16.03.2026 11:42
Andrea Jamardo tráenos unha novela de misterio para a rapazada, ‘A avoa gánster ataca de novo!’, de David Walliams e traducida ao galego por Eva Almazán para Sushi Books. E, para os máis peques, un álbum ilustrado de Sabela Gil en OQO Editora. "A Xirafa Oriana".
A penaltis 16-03-2026 16.03.2026 2:00:55
Repasamos a xornada co ex do Dépor, Iván Pérez, tamén con Rubén Docabo, preparado para viaxar a Lión para ver ao Celta e con Denis López, do San Tirso
Galicia en xogo motor 15-03-2026 15.03.2026 30:55
Na sección de Motor desta semana foi tempo de repasar as dúas últimas citas desputadas en Galicia, o Rally da Coruña, do European Rally Trophy, e a cita inaugural do Campionato Galego, o Cocido de Lalín.
Teatro: Memorias dun neno labrego 13.03.2026 11:31
Afonso Becerra comenta 'Memorias dun neno labrego’, de Neira Vilas, adaptada e dirixida por Candido Pazó para o Centro Dramático Galego e Contraproducións.
Podcast cultural 123. O ceo aos meus pés 13.03.2026 17:38
O Colexio de Fonseca acolle ata o 18 de abril a exposición “O ceo aos meus pés”, da artista arxentina Luciana Rago Ferrón.
Podcast cultural 122. Atención plena 12.03.2026 23:18
Félix Fernández presenta en “Atención Plena” unha reflexión sobre a identidade e a propia existencia. A mostra articúlase a través do vídeo, a performance, a fotografía e o debuxo. E despois o Premio Fernando Rey de Rosa Moledo
O novo de Guillerme Zapata e Arrythmia 12.03.2026 12:03
Tito Lesende pica música do disco debut en solitario do vigués Guillerme Zapata: ‘Segredo’. Tamén do novo EP dos lugueses Arrythmia: ‘Cero’. E ademais repasa concertos de cara aos meses de verán, como Valeria Castro ou The Corrs
'Mazarelos' 11.03.2026 10:08
Malores Villanueva comenta ‘Mazarelos’, de Manuel Portas en Editorial Galaxia. O autor viaxa ás orixes do instituto Arcebispo Xelmírez e á organización do Banquete de Conxo no século XIX, xa que nel participaron algúns exalumnos do centro, como Aurelio Aguirre ou Eduardo Pondal.
Podcast cultural 121. 21MICE 11.03.2026 20:01
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico comeza vixésimo primeira edición con nova dirección e un programa que intensifica a súa dimensión de laboratorio creativo. E ademais o novo filme de Xacio Baño “Despois das cidades”
A penaltis 11-03-2026 11.03.2026 2:00:56
Con Gabi Barroso, xogador galego nos Estados Unidos, Dani Galán, adestrador do Lugo B e Marcos "Cani", do Atios
Lg1do 10.03.2026 14:12
Carlos Crespo fálanos de Lg1do (Saúl Rodríguez), un estudante de 2º de BAC de Santa Comba que mañá fará 18 anos e logrou meter o seu tema ‘Darche’, en colaboración co vigués Guzmen, entre os máis escoitados en Spotify España.
Podcast cultural 120. Imaxinaria 10.03.2026 20:10
Preto de 40 títulos en Imaxinaria. O programa coa maior presenza internacional e tamén a maior presenza galega das catro edicións do Festival Internacional de Cinema de Animación na Coruña. E despois “A constelación de Saxitario” de Fernando Buide
Ante a Lei 10.03.2026 12:19
Mónica Maneiro comenta a exposición de Lluís Hortalá no CGAC: ‘Ante a Lei’. A mostra, comisariada por Santiago Olmo, estará aberta ata o 31 de Maio.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds