AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
1 okt. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
A tarde 15-12-2023 15.12.2023 3:57:57
Marcos Mella presenta novo traballo fotográfico despois de captar coa súa cámara uns fermosos golfiños. Ademais, descubrimos a marca de galletas Tataraboas, cuxos produtos son artesanais, feitos nas terras do Ulla e con nomes do máis chulos: 'Túas', 'Súas' e 'Miñas'. Descubrimos a Exeria e a súa peregrinación con Xosé Antonio López Silva e debullamos o libro 'O b...
A tarde 14-12-2023 14.12.2023 3:57:58
Sae un novo xogo de mesa en galego co protagonismo da Illa de Sálvora e o afundimento do transatlántico Santa Isabel. Presentamos tamén o documental 'Desfacendo barrio' sobre a turistificación e o seu efecto no barrio de San Pedro de Compostela. Máis de 100 artistas dos anos 60 e 70, reúnense nun proxecto discográfico cun fin solidario 'Todos juntos por el Rock and Roll' dirixi...
A tarde 13-12-2023 13.12.2023 3:57:58
Apurade para coller cita para o Nadal na vosa perruquería porque non pinta fácil. Tamén nos dan as chaves para levar ben as reunións familiares, de empresa e de amigos e amigas: non sacar temas que xeren controversia.
A tarde 11-12-2023 11.12.2023 3:57:52
Descubrimos o Reino Suevo, moitos consellos para coidar as nosas plantas en inverno nas casas (lonxe sempre da calefacción, por favor) e descubrimos as zocas de pasarela de Alberto Geada. Con Norberto Proupín charlamos sobre a ansiedade, que adoita diagnosticarse cando se descarta todo tipo de patoloxías e que adoita non ser aceptada como diagnóstico real por parte do paciente. Con María Lara e La...
A tarde 08-12-2023 08.12.2023 3:57:58
Sube o prezo do alcol, os espazos de ocio nocturno están xa a tope e coñecemos a María Foscaldo, a xornalista que encarna a Virtudes, a nosa compañeira. Descubrimos que é xornalista, que tivo que crearlle unha árbore xenealóxica á personaxe e moito máis.
A tarde 07-12-2023 07.12.2023 3:57:58
Charlamos con Nacho Carretero sobre a súa tía Chus. Chus tiña síndrome de Down e, naquela época chea de estigmas cara esta enfermidade, seus pais fixeron unha grande labor visibilizadora. Tamén lle preguntamos a un urólogo se é positivo que os homes fagan pis sentados; e analizamos a trazabilidade da roupa que doamos.
A tarde 05-12-2023 05.12.2023 3:57:58
Repasamos todos os doces de conventos: suspiros de monxas e todo tipo de manteigados, ao fío da ExpoConvento. Damos tamén un anuncio: doade sangue, que nestas datas de inverno e preto das festividades fai moita falla. Con Ana Camiño, avogada en dereito civil e de consumo, repasamos métodos para deixar constancia de que compartimos décimo con outra persoa. Pechamos o programa celebrando os 80 anos...
A tarde 01-12-2023 01.12.2023 3:57:58
Celanova sigue sendo finalista para que lle poñan a iluminación de Ferrero Rocher, así que non sabemos se gañou. Pero quen gañou foi Alexandre Soteliño, profesor de Educación e Pedagoxía na USC, volvendo colocarse entre un dos mellores docentes de España. Quen tamén gañou foi Alba García, alumna do grao en Xestión Industrial da Moda que recibiu un dos premios do concurso de startups ‘JF64 Emprende...
A tarde 30-11-2023 30.11.2023 3:56:43
Falamos das novas máquinas de depilación de luz pulsada e de que o parchís é unha actividade interxeracional. De feito, en Guitiriz están facendo un torneo que mistura todas as idades! Tamén reparamos nos xoguetes que estimulan a visión dos nenos e nenas: de cores vistosas, grandes e para pensar. Tamén chamamos á colaboración de mulleres que sufriran cancro de mama ou o estean a sufrir para poder...
A tarde 28-11-2023 28.11.2023 3:58:00
Falamos de seguridade en todos os eidos: ciberseguridade, dispositivos de emerxencias, de autoridades, de bombeiros e mesmo revisamos tipos de ambulancia.
A tarde 24-11-2023 24.11.2023 3:57:57
Dende 'Fresco y del mar' fan a campaña AntiFriday, que reivindica que o mar non pode baixar os prezos neste día de saldos. Mentres, no mundo do turismo si que se está levando a cabo esta campaña de aforro e ofertas, polo que falamos de destinos baratos con Agustín Vázquez. Tamén charlamos con UNICEF pois está desenvolvéndose a semana do neno; e co centro de acollida de violencia machista...
A tarde 23-11-2023 23.11.2023 3:57:19
Aplicacións no teléfono sempre sobran porque sempre hai algunha que xa non usamos ou que a usamos moi pouquiño. Tamén nos preguntamos por que os fármacos son das formas que son, de cores e demais. A resposta témola clara: para diferenciarse das demais. Con Raquel Rosa charlamos sobre se debemos ir ou non ao xinecólogo previo a querer ser nai.
A tarde 17-11-2023 17.11.2023 3:57:58
Vamos a Silleda á ExpoBus. Descubrimos que existe un máster na Universidade de Valladolid para xestionar frota de autobuses, tamén que hai alcolímetros instaurados nos buses e mesmo softwares de envío de buses baixo demanda. Ademais, falamos con Autocares Cuíña e con Autocares Lázara, dúas empresas de autobuses históricas e con decenas e decenas de anos en activo. Tamén nos explican as probas do c...
A tarde 16-11-2023 16.11.2023 3:57:58
Para defenderse de posibles agresores, as mulleres non precisan entrenar. Só necesitan coñecer con que obxectos cotiás se poden librar. Explicanolo na Tarde Manuel Herbón, encargado dos cursos da Federación Galega de Loita. Falamos das tendencias nos xoguetes de Nadal: inflúe a televisión. Na colaboración de Raquel Rosa, A Tribo, comentamos que cada vez é máis común a adicción dos adolescentes aos...
A tarde 15-11-2023 15.11.2023 3:57:58
O odontólogo Simón Pardiñas fálanos das moas de xuízo: por que hai unhas persoas que as teñen e outras que non? É cuestión de evolución? Por que doen? Tamén falamos con Lamasdulce, unha marca de galletas personalizadas do máis curiosas! Comentamos tamén a serie arxentina de éxito 'Nada', co noso colaborador Moncho Lemos na súa sección 'Sen Butacas'. Ademais, parámonos a pensar...
A tarde 14-11-2023 14.11.2023 3:57:58
Segue habendo cafés a un euro que leven tapa? Pois si, en Ourense, e falamos con quen os fai. Tamén falamos da exposición 'Botamos un baile', da Cidade da Cultura e que reivindica as orquestras de Galicia. A nosa colaboradora Ana Camiño, especializada en dereito civil e consumo, vennos falar de feitos que eximen de responsabilidade penal. A cantante Silvia Penide vennos presentar o seu n...
A tarde 10-11-2023 10.11.2023 3:57:58
Falamos con Belacolmea na primeira hora do programa porque esta firma de cosmética feita íntegramente en Galicia con Mel de Galicia é un dos oito finalistas a nivel nacional nos “Premios de Inspiración Agraria y Rural” Aria 2023. Tamén falamos coa marca Somosoceános sobre a moda dos calcetíns e todo tipo de deseños que fan. O noso colaborador Xosé Antonio López Silva que nos vén falar do San Marti...
A tarde 09-11-2023 09.11.2023 3:57:58
Falamos moito dos nenos e nenas: dos ECOcomedores que crean menús con produtos locais, de temporada e ecolóxicos; dos atrasos polo uso das pantallas; e dos abortos respectados na sección A Tribo de Raquel Rosa. Celebramos o Día das Librarías e aproveitamos para preguntarlle á libraría Moito Conto da Coruña polos mellores libros para agasallar neste Nadal. Tamén falamos sobre vales de compras, devo...
A tarde 08-11-2023 08.11.2023 3:57:58
Falamos da carpintería de ribeira da ría de Muros e Noia. E tamén nesta primeira hora consultamos con Antonio Pedrero González, presidente da Sociedade Española de Acústica, sobre problemas de audición nos máis novos. Na sección de Moncho Lemos, Sen Butacas, comentamos a nova película española de Netflix, 'Nowhere'. Falamos tamén con Oriana Severino sobre a súa nova publicación: 'Co...
A tarde 06-11-2023 06.11.2023 3:57:55
Falamos sobre o proxecto galego e asturiano que pretende chegar á Lúa e facer alí vida! Ademais, Francisco Narla, escritor, falounos da orixe da bandeira galega: resulta que o deseño vén dado por unha queixa da armada rusa. O noso colaborador, formador da Garda Civil e especialista en ciberseguridade, Iván Carril, explicounos os límites da Intelixencia Artificial e como se está a empregar para cre...
A tarde 03-11-2023 03.11.2023 3:58:03
Falamos con Uxía Lambona e a Banda Molona sobre a súa actividade e tamén quixemos saber como se organizan no barrio do Mesorio na Coruña cun wallapop que teñen montado en Telegram, por onde venden e ofertan de todo! Na sección Vía Clásica, co colaborador latinista Xosé Antonio López Silva, falamos do tempo e de como se medía antes de que existisen todos os sistemas actuais. Ademais falamos de Elen...
A tarde 02-11-2023 02.11.2023 3:58:03
Falamos coa voz do jazz éuskaro, Irati Bilbao, e co grupo que mellor imita a Sinatra: Sinatra & Jobim. Tamén falamos na colaboración A Tribo coa doutora María Salmerón sobre os cativos e cativas e o uso de pantallas. Ademais, propoñémosvos unha nova lectura de ton feminista: 'Irene, a porteira'. E non nos esquecemos de traervos a Miguel López Crespo, especializado en consumo, para fa...
A tarde 30-10-2023 30.10.2023 3:58:01
Falamos de lentes de fantasía para disfrazarnos no Samaín e o Colexio de Ópticos deunos moitas advertencias; e tamén comentamos as tendencias nas flores para os cemiterios nestes días. Ademais, charlamos con Laura Veiga, de pingando.gal, das novidades sobre o Satisfayer, ese vibrador para persoas con vaxina. Mentres, o doutor Norberto Proupín, colaborador do programa, falounos de atragoamentos.
A tarde 27-10-2023 27.10.2023 3:57:58
Falamos de remedios con herbas naturais das nosas hortas con María Frá e tamén de cando nos mollamos máis ao chover, pero dando unha perspectiva física con Jorge Mira. Falamos do Samaín na época clásica co noso colaborador latinista Xosé Antonio López Silva. Ademais, visitou a Radio Galega Juan del Val para presentarnos a súa nova novela 'Bocabesada'. Tamén tratamos co noso especialista...
A tarde 26-10-2023 26.10.2023 3:57:52
Charlamos sobre a nova Barbie que emula a Celia Cruz, das cancelacións en experiencias por mal tempo co colaborador Miguel López Crespo, da Santa Compaña con Francisco Narla, da alimentación dos máis cativos coa colaboradora e xornalista Raquel Rosa, preséntanos Natalia Monje a súa nova novela e falamos de bebés no cine cunha das produtoras de 'O Corno'! Un programa do máis completo!
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds