AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
30 sep. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
A tarde 01-03-2024 01.03.2024 3:57:58
Falamos de libros adaptados para persoas con dificultade na lectura e tamén da nova novela de Inma Rubiales 'Todos los lugares que mantuvimos en secreto'. Coñecemos moito da nosa toponimia coa colaboración do latinista Xosé Antonio López Silva e con Agustín Vázquez debatimos sobre a necesidade de taxas turísticas. Pechamos o programa falando de peregrinar con autocaravana.
A tarde 29-02-2024 29.02.2024 3:57:58
Que fai que non fixemos o ferro ou que, aínda que tomemos lácteos, esteamos baixos de ferro? Preguntámosllo á nosa nutricionista de confianza, Rosana Alonso. Falamos dos cestos que fai Luis do Río e de todo o que aprende de seu avó. Na Tribo con Raquel Rosa comentamos o sono infantil e mitos asociados ao mesmo e con Miguel López Crespo de varios asuntos, como a suba do IVE da luz a un 21%. Pedro V...
A tarde 28-02-2024 28.02.2024 3:57:58
Falamos con BEFLAMBOYANT porque son unha marca de calzado vegano que resulta que fai os produtos con produtos alimenticios como as sobras das mazáns e demais. Volvemos charlar con Alexandre Soteliño, escollido de novo coma un dos mellores docentes de España. Falamos do atentado da discoteca Clangor de Compostela con Moncho Lemos e Carlos Jiménez, a propósito do documental que vén de sacar 'Hi...
A tarde 27-02-2024 27.02.2024 3:57:55
Pasan polo programa o famoso dj Rokiño e María Kilate para presentar o seu novo tema 'Hai que dalo todo'. Charlamos con Jacobo Diz, o único galego que vai competir polo mellor cordon bleu de España. Con Ana Camiño falamos de seguros de fogar e con Maxi Pérez seguimos repasando todo o relevante nas estradas.
A tarde 26-02-2024 26.02.2024 3:57:58
Marcus Fernández fálanos das tendencias en telefonía e falamos tamén das galletas Persuriñas, que chegan en toneladas a Bélxica. Seguimos repasando criterios de ciberseguridade con Iván Carril, coñecemos o insomnio de man de Norberto Proupín e falamos de retoques estéticos.
A tarde 23-02-2024 23.02.2024 3:54:19
Visítanos Sofía Espiñeira para adiantarnos máis do seu traballo. Desta vez é 'Herba de namorar'. Na 'Vía Clásica' falamos de humor na Antiga Roma con Xosé Antonio López Silva. Descubrimos o 'Libro secreto da filosofía' de José Carou.
A tarde 22-02-2024 22.02.2024 3:57:58
Homenaxeamos a Rosalía mediante unha actividade feita nun centro de Vilagarcía, no que o alumnado adaptou poemas da escritora a cancións de Feid ou Bad Bunny. Charlamos sobre bebés e mascotas e como adaptar uns aos outros con Raquel Rosa. Coñecemos, ademais, a Laura Pego, coñecida como Lau Panicanela, unha moza ribeirenseque acaba de sacar novo sinxelo: 'Jatabela'.
A tarde 21-02-2024 21.02.2024 3:57:57
Falamos con Sofía, creadora dunha ONG que axuda a nenos e nenas en Ghana a poder saír adiante. Leva escolas, orfanatos e pozos creados para eles. Tamén coñecemos a Salomé e o seu traballo de venda de tecidos e patróns para facer gancho. Pasa tamén polo programa Carlos Ares para presentarnos o seu novo traballo: 'Peregrino'. Con Moncho Lemos falamos do novo documental de Raffaela Carrá e...
A tarde 20-02-2024 20.02.2024 3:58:00
Descubrimos o importantes que son os límites bioxeográficos, como é ver por primeira vez un cadáver sendo estudante de Medicina, onde están os límites da liberdade de expresión con Ana Camiño e cales son as teimas dos condutores con Maxi Pérez.
A tarde 19-02-2024 19.02.2024 3:57:58
Falamos con Paula González, unha rapaza que fai de todo e, de feito, ten live show do seu podcast o próximo 1 de marzo na Coruña. Tamén descubrimos as portas de deseño para as estruturas dos mobles de IKEA. Ademais, Mikel Santiago está presentando ‘El hijo olvidado’, a súa última publicación e conversamos con el. O doutor Norberto Proupín fálanos da rotura de cadeira e o formador en ciberseguridad...
A tarde 16-02-2024 16.02.2024 3:57:18
Falamos da exposición 'Unha vida viquinga' única en España e que está en Galicia e tamén de publicidade en TikTok. Ademais, falamos de malos hábitos que podemos corrixir para evitar caer en certas enfermidades. Viaxamos a China e á antiga Grecia e Roma e disfrutamos da música en directo de Luis Fercán.
A tarde 15-02-2024 15.02.2024 3:57:58
Descubrimos o plaiting, falamos da moda de compartir menús nos restaurantes, do skincare en crianzas con Raquel Rosa, de maxia, de exportar para Marrocos e moito máis.
A tarde 14-02-2024 14.02.2024 3:57:58
Atopamos a diferenza entre cárdigan, chaqueta, blazer, americana e moitos tipos máis de chaquetas coa especialista en moda Inés Peleteiro. Tamén coñecemos a leucemia nos gatos, que é un retrovirus e non un cancro e que debe preverse, pois é especialmente común. Moncho Lemos tráenos distintos clásicos románticos do cine, ademais do máis novo neste eido que vén dende Turquía: 'Ceniza'. Fal...
A tarde 13-02-2024 13.02.2024 3:57:57
Microblading, transplante de pelo... o retoque das cellas ten cada vez máis importancia á vista do incremento de establecementos que fan estes traballos. Así que descubrimos todo o que podemos facer nelas. Falamos do que significa PEC e do uso que fai a xente nova de siglas, normalmente para crear comunidade. Ademais, outro tema moi ao día é a infantilización dos nosos gustos alimenticios: comemos...
A tarde 12-02-2024 12.02.2024 3:57:57
Celébrase o Entroido nas residencias de maiores? Pois descubrimos que si, pero que teñen que adaptar estas festividades dependendo de como estea cada persona física e psicoloxicamente. Tamén falamos de disfraces e estereotipos e dos límites que hai para que un disfraz sexa unha falta de respecto. Tamén damos cabida a un concepto pouco coñecido: a navalla de Okham, unha regra filosófica que nos di...
A tarde 09-02-2024 09.02.2024 3:58:57
Falamos cunha empresa que fai máis de 50.000 hamburguesas á semana, do que reciclan os universitarios e incluso de se existía o Entroido na antiga Roma. Viaxamos con Agustín Vázquez a lugares coma Brasil, onde estas datas son as máis especiais do ano. Viaxamos tamén en moto, polo que comentamos todo o preciso para portar obxectos nestes vehículos. Conectamos coa Gala dos Goya e incluso falamos de...
A tarde 06-02-2024 06.02.2024 3:57:57
Falamos cun laboratorio clínico especializado en análises de sangue de cans e gatos, polo que tede en conta que eles tamén deben facer unha analítica ao ano. Tamén charlamos sobre por que os españoles e galegos dormimos tan mal e precisamos de axuda farmacolóxica. Con Ana Camiño, avogada en dereito civil e de consumo, falamos sobre desaloxos e a propiedade. Maxi Pérez, pola súa banda, fálanos de p...
A tarde 05-02-2024 05.02.2024 3:57:01
No ano 2022, Estrella Galicia lanzou un proxecto de recuperación das nosas festas máis tradicionais e este ano volve ao ataque! Falamos do proxecto. Comentamos o novo tema de Fillas de Casandra xunto co navarro Zetak, comentamos os problemas de acne con Norberto Proupín e mesmo falamos co mellor docente do mundo!
A tarde 02-02-2024 02.02.2024 3:58:01
Enrique Ramil dá un concerto este sábado en Ferrol e, ademais, vai ser o representante español no Festival de Viña del Mar, polo que falamos con el das súas influencias. Coñecemos máis da medicina no mundo clásico, da falta de mecánicos nos talleres, de tendencias en viaxes e do ukelele coa Ukestra do Medio.
A tarde 31-01-2024 31.01.2024 3:57:51
Coñecemos os ximnasios boutique, o libro 'Os madrileños non sempre veñen en agosto', da miopía nos nenos e nenas e da influencia das pantallas no comportamento e rendemento dos cativos. Ademais, Moncho Lemos tráenos a Carlos Jiménez para falarmos de dúas series: 'El turista' e 'Las gotas de Dios'. Mentres, Xiana Albor fálanos do negro e o branco na natureza, xa que ho...
A tarde 30-01-2024 30.01.2024 3:57:58
Xa levamos días falando de orellas, de filloas, entón hoxe falamos de disfraces e das tendencias deste ano. Como non, Barbie é un dos disfraces que triunfa. Tamén falamos do galego que se emprega no Bierzo e das súas particularidades. Coa avogada Ana Camiño descubrimos as listaxes de morosos e que facer se estamos nunha e con Maxi Pérez soubemos os coches que máis valor perden co paso dos anos e m...
A tarde 29-01-2024 29.01.2024 3:57:58
A mellor tortilla de patacas de Galicia faise en Lugo, non en Betanzos! Falamos coa súa cociñeira. Comentamos as iniciativas de bailes para xente maior que se organizan en varios centros cívicos da Coruña. Iván Carril cóntanos todo o que debemos saber sobre os asistentes virtuais e Norberto Proupín sobre as varices. The Rapants preséntanos o seu novo tema 'Blaster W4u' e José María Paz G...
A tarde 26-01-2024 26.01.2024 3:57:57
Falamos coa creadora de contido Sara Seco sobre o boom da cosmética coreana e con Correos para ver a canto nos sae mandar o lacón, os chourizos e todo o preciso para facer un lacón na outra punta da península. Falamos da medicina antiga co latinista Xosé Antonio López Silva, sobre augardentes e os seus acompañantes e moito máis!
A tarde 25-01-2024 25.01.2024 3:55:45
Como se organiza a Festa da Filloa de Lestedo? Descubrímolo hoxe. Ademais, coñecemos a Braulio, Nube, Dora, Paco e Pepa, unhas auténticas estrelas e influencers. Iso si, son gatos! Raquel Rosa cóntanos un conto na Tribo, Agustín Vázquez lévanos a Fitur (a Feira Internacional de Turismo) e na sección de consumo falamos de pólizas de seguros con Rocío Arnoso. Para pechar o programa poñemos un pouco...
A tarde 23-01-2024 23.01.2024 3:57:58
Na Estrada están creando unha liña de ventás ao estilo xaponés: coa madeira queimada, pois protexe á madeira natural da humidade e mesmo do sol. Tamén comentamos con Eva Porto, influencer, o peor que podemos facer nunha entrevista de traballo. Coa nosa colaboradora Ana Camiño descubrimos mellor a profesión de avogada e con Maxi Pérez charlamos sobre os coches con máis accidentes e mesmo que facer...
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds