AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

5 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Nicolás Muller en Galicia 13.03.2025

Ata o 18 de maio pódese visitar en Vigo, no Museo do Mar, a mostra 'Nicolás Muller en Galicia'. A exposición reúne 50 imaxes deste fotógrafo documental nado en Hungría e nacionalizado español.  Fábricas de conservas, portos, lavadoiros aparecen nas imaxes, 34 delas inéditas, que retratan a Galicia traballadora dos anos 60 con mirada humanista. Escoitamos a súa filla, a tamén fotógrafa An...

Estreas de Mondra, Pamela Rodríguez e Pablo Lesuit 13.03.2025

Escoitamos con Tito Lesende 'Teño caldo quente', a nova canción de Mondra, segundo adianto do seu próximo álbum. Tamén temas recén saídos do forno de Pamela Rodríguez e Pablo Lesuit. E recordamos as datas dos próximos concertos de De Ninghures e de Erin Mackenzie.

A crónica deportiva 13-03-2025 13.03.2025

Álvaro Rubio non coñece a derrota no Zorrilla dende que é adestrador do Valladolid. No Dépor, o dianteiro Zakaria fala do alto nivel físico da Segunda. No Rácing, o lateral arxentino Insúa fala de sacar fachenda Previa da Copa da Raíña de balonmán feminino co Porriño e o Guardés.

'Ollos de vidro' Video 12.03.2025

“O diálogo entre vivos e mortos é un dos eixos da mostra” Comisariada por Germán Labrador Méndez, a exposición ‘Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia’, reúne 300 pezas para reler a historia galega dende a creación (contra)cultural nos últimos 150 anos. Na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia deica o 25 de maio

O periplo das camelias Video 12.03.2025

Raquel C. Pico lévanos polo camiño das camelias na súa chegada a Galicia aló polo século XVIII. Agora temos oito mil variedades!

Comeza a vixésima edición da MICE Video 12.03.2025

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, impulsada polo Museo do Pobo Galego, chega á súa vixésima edición. En 2006 naceu este festival de antropoloxía audiovisual, polo que pasaron nestas dúas décadas 800 cineastas e profesionais do cinema. Conversamos coa directora da MICE, Ana Estévez Lavandeira, e co guionista e historiador do cine Pepe Coira, que guiará unha conversa sobre o filme que pr...

Rosalía oculta nunha BD Video 12.03.2025

Paula Mayor, que gañou o premio Castelao con 'Rosalía oculta' Manel Cráneo preséntanos hoxe a gañadora do premio Castelao 2023, Paula Mayor, que acaba de publicar coa editorial Galaxia a súa obra 'Rosalía oculta'. 

A crónica deportiva 12-03-2025 12.03.2025

Primeiro aniversario de Claudio Giráldez á fronte do RC Celta. No Dépor Rafa Obrador fala da súa adaptación á categoría. No Lugo Guille Perero advirte do partido fronte a Unionistas. Nacho Moyano anuncia a súa marcha do BM Cangas a final de temporada.

'A burra, a mesa e o pau' 10.03.2025

“O pensamento máxico da clase traballadora é moi interesante” “Hai moito lobo enmascarado” ‘A burra, a mesa e o pau’, con dirección e dramaturxia de Lorena Conde, é a primeira estrea da temporada do Centro Dramático Galego. Trata dunha familia obreira galega nos anos 90, tempo no que era máis doado crer nos contos das avoas ca nas promesas dos patróns. Con música de Cibrán Seixo e Inés Salvado, qu...

Michu da Rocha 10.03.2025

Carlos Crespo tráenos a Michu da Rocha, o proxecto en solitario de Michu Malvar, que estrea no Diario Cultural o tema ‘Deputación’.

A Coruña das mulleres 10.03.2025

“Está feito de xeito colectivo e cooperativo”. Vituco Neira fala con M.ª Xosé Bravo, da AC Alexandre Bóveda, a propósito de ‘A Coruña das mulleres’, unha exposición e un roteiro sobre o fondo documental, gráfico e audiovisual que compilaron coa fin de recuperar a memoria feminina da historia da cidade.

Citas coa clásica 10.03.2025

Pablo Sánchez Quinteiro debulla as citas desta semana coa Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquestra Clásica de Vigo.

A crónica deportiva 10-03-2025 10.03.2025

O Celta, noveno clasificado, ten un calendario propicio para chegar a Europa. O Rácing segue en caída libre. O Deportivo, que está no posto 11, ten 6 de vantaxe cun Eldense que comprime a loita pola permanencia.

'O extravío ou a arte de perderse' 07.03.2025

A bailarina ourensá Nuria Sotelo fálanos do seu espectáculo "Extravío ou a arte de perderse", un só de danza dirixido por Ana Vallés

"Influencers" 07.03.2025

Afonso Becerra comenta "Influencers", unha comedia da compañía Negro López que ofrece unha ollada divertida e reflexiva sobre a cultura que rodea a creación de contidos nas redes sociais

Galegas na música 07.03.2025

“É unha reivindicación necesaria”. ‘Galegas na música’, de Isabel Blanco con ilustracións de María Lapido. O libro é unha escolma de biografías de galegas dedicadas á música, dende a primeira xograresa ata ascontemporáneas. Asemade é unha reivindicación da música tradicional do noso país, que, representada de xeito especial polas cantareiras e pandeireteiras, está presente en todas elas.

Cinco lecturas para o 8M 07.03.2025

Eva Mejuto recomenda lecturas para o 8-M: ‘A fotografía 51’, de María Canosa (Baia Edicións). Vida, dilemas e reflexións en primeira persoa da científicaRosalind Franklin ‘Eu tamén necesito amar’(O Faiado da memoria) Libro e documental de memoria oral sobre a muller na ditadura a partir de historias persoais. ‘Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX’ (Kalandraka). O legado de...

A crónica deportiva 07-03-2025 07.03.2025

Cita ligueira en Riazor. Ás 21:00h, Deportivo - Córdoba, con Javi Torres. Con Vítor López analizamos a previa do Celta - Leganés. Hugo Álvarez, con molestias, baixa de última hora. Este domingo, ás 12:30h, derbi pola permanencia na Liga Femenina de Baloncesto: Celta - Ensino Lugo

'Crear porvir' 06.03.2025

“No comezo o porvir era moi negro” Conversamos con Xosé Manuel Soutullo, director da Editorial Galaxia, co gallo dos primeiros 75 anos da empresa. Ao longo deste 2025 a editora pon en marcha a exposición itinerante «Crear porvir. 75 aniversario de Editorial Galaxia», que percorre a súa historia dende os inicios, en 1950, ata os nosos días. No Auditorio da Sede Afundación de Santiago de Compostela

'Lee Miller' e 'Mickey 17' 06.03.2025

Moncho Lemos comenta dúas estreas: * ‘Lee Miller’ o biopic dunha das primeiras fotógrafas de guerra, de Ellen Kuras * ‘Mickey 17’escrita e dirixida por  Bong Joon-ho .Comedia de ciencia ficción.

'Escándalo no escuro', segundo álbum de Amoebo  06.03.2025

Aaron Valle preséntanos 'Escándalo no escuro', o segundo LP de Amoebo, que inclúe cancións hedonistas e bailables e tamén pezas con solos de guitarras e temáticas máis reflexivas. O disco preséntase en directo na sala Garufa da Coruña con convidados como hydn, Filloas, French Riviera e integrantes de Leria e de Capital Voskov. 

Grande Amore, Alana e Víctor Aneiros 06.03.2025

No día da publicación de 'III', Tito Lesende guíanos polo terceiro álbum de Grande Amore. Ademais, escoitamos 'Añobres', a nova canción de Alana e a nova versión de 'Un tute á morte' de Víctor Aneiros, que anuncia xira para maio en conmoración de 25 anos de carreira musical.

A crónica deportiva 06-03-2025 06.03.2025

Fer López, o mellor de febreiro no Celta. Descenso virtual do Rácing, a 14 da permanencia. No Dépor, na previa de recibir ao Córdoba, Óscar Gilsanz recoñece que está caro xogar no equipo.

Arte contemporánea galega en Madrid 05.03.2025

“Levamos media ducia de artistas de Galicia” .Arranca en Madrid a Feira Internacional de Arte Contemporánea. Conversamos con Chus Villar, directora da galería Nordés, a única galega con stand propio en ARCO. Tamén con Nuria Blanco, de Moret Art, que acode a Art Madrid. “ Esta feira está orientada aos clientes particulares”

As primeiras películas galegas 05.03.2025

Raquel C. Pico fálanos hoxe das primeiras películas galegas de ficción, comezando por Miss Ledya, do ano 1916 e rodada en Pontevedra.

Luister naar de podcast Todos os podcast | A crónica deportiva in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds