AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

5 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

"Salvaxe, salvaxe" e "Los aitas" 20.03.2025

Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana: * “Salvaxe, salvaxe”, un ensaio de Emilio Fonseca rodado entre Galicia e Portugal que explora a relación entre o lobo ibérico, a natureza e as persoas. * “Los aitas”, unha comedia de  Borja Cobeaga que transcorre no Bilbao de finais dos 80’s e revisa o papel dos pais daqueles anos.

'De rota raposa' 20.03.2025

Celebración do Día da Poesía 2025: De rota raposa. Poesía escénica con Silvia Penas e Samuel Merino Ás 19:30 no Centro Cultural Municipal do Porriño.

Hibernarse con Fillas de Casandra 20.03.2025

Tito Lesende pica a nova canción de 'Fillas de Cassandra', 'Hibernarse', primeiro tema do EP que irán publicando nas próximas semanas, no que se revolven contra a velocidade imposta polo sistema, tamén na creación. Escoitamos tamén a Ortiga, que presenta en directa a súa 'Obra social' o 27 de marzo na sala Capitol de Santiago, e a Monoulious Dop, que continúan co seu...

A crónica deportiva 20-03-2025 20.03.2025

O Numancia demanda perante o Comité de Competición aliñación indebida do Pontevedra CF pola entrada de Yelko Pino no céspede cando estaba no banco de suplentes. Analizamos o Celta Fortuna 1 - CD Lugo 2 e o Compostela 0 - Fabril 3. Escoitamos a Epi, Casimiro e Moncho López nas previas do baloncesto galego. 

'Poscoito' 19.03.2025

“Trata sen tabús un tema universal” Xa está en AGalega.gal  ‘Poscoito’, unha webserie premiada nos Mestre Mateo que explora o que pasa despois do sexo. O director, Héctor Rodríguez e Isabel Garrido, unha das actrices, concordan en que máis alá do corporal o que buscan é afondar nas emocións.

A Xeración Doente 19.03.2025

Con Raquel C. Pico pescudamos na chamada ‘Xeración doente’, integrada por Jenaro Carrero, Ovidio Murguía, Ramón Parada e Xaquín Vaamonde. Catro pintores galegos que morreron de tuberculose cando rondaban os 30 anos arredor de 1900.

'Virxilio inédito', no centenario do seu nacemento 19.03.2025

Conversamos con Gabriela Fernández, comisaria da exposición 'Virxilio inédito (1925-2025)' e filla do pintor ourensán, finado en 2011. Coincidindo co centenario do nacemento de Virxilio, un dos integrantes do grupo de artistas plásticos que Vicente Risco bautizou nos anos 60 como 'Os artistiñas', a mostra recupera un cento de obras non expostas anteriormente, de óleos en acríli...

BD e institucións. Alejandro Casasola, presidente da Sectorial do Cómic 19.03.2025

Conversamos con Alejandro Casasola, presidente da Sectorial que agrupa dezasete entidades da banda deseñada en España.  Voz do sector na relación coas institucións, Casasola comenta fitos como a creación do Día do Cómic e do Tebeo, a presenza de España como país convidado en Angoulême ou as inminentes axudas públicas para a creación de banda deseñada. 

A crónica deportiva 19-03-2025 19.03.2025

Damián Rodríguez aconsella a Fer López para o Fortuna -CD Lugo. O ponteareán repasa a actualidade celeste. Citas destacadas na 2ª rfef, Pontevedra CF - Numancia e SD Compostela - Fabril. No Dépor, Rafa Obrador sofre unha escordadura no xeonllo. Varias semanas de baixa.  No Rácing, Fran Manzanara disposto a continuar o ano vindeiro

'Poemas realistas' 18.03.2025

Dolores Vilavedra comenta "Poemas realistas" de Daniel Salgado, unha obra comprometida, de carácter fondamente social, que propón unha nova idea da beleza e a desolación.

'El oro de los akan. Tesoros reales del África occidental' 18.03.2025

“Os akan identificaban o ouro co sol”  Na Coruña pode visitarse ata xullo a exposición “El oro de los akan. Tesoros reales del África occidental.”  Hai máis de 300 pezas orixinarias de Ghana  e  Costa de Marfil, propiedade dun coleccionista austríaco. Guíanos pola mostra o responsable de cultura da Fundación Barrié, Diego Rodríguez.

Xabier Deive, Premio de Honra Marisa Soto 18.03.2025

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia concédelle o premio de honra Marisa Soto a Xabier Deive, actor en múltiples producións audiovisuais e tamén no teatro. Recordamos o intérprete naronés coa súa filla, Irea Deive, e os intérpretes e amigos Ricardo de Barreiro e Paula Morado

'A hierro', de Irene Grau 18.03.2025

Coñecemos a última mostra de Irene Grau en conversa coa artista e con Mónica Maneiro. 'A hierro' reúne pinturas cuxo proceso de creación ten que ver coa reflexión sobre a intervención humana nas paisaxes e o impacto ambiental da minería extractiva nos ríos. A exposición pode visitarse na galería Vilaseco da Coruña ata o 16 de maio. 

A crónica deportiva 18-03-2025 18.03.2025

Empate do Dépor con polémica en Castellón. Rafa Sáez gaba a Claudio Giráldez e pensa en Europa. Toni Seligrat analiza ó Celta Fortuna na previa de visitar Balaídos.  Iago Iglesias, na previa de recibir ao Numancia: "Pontevedra merece unha alegría"

Conversamos con gañadores dos Mestre Mateo 17.03.2025

“A ficción é moi importante para aprender a empatizar”.Debullamos con Moncho Lemos a festa do cine galego, que o sábado retransmitiu a TVG. Da gran triunfadora ,‘Rapa’, conversamos co seu director, Jorge Coira. Tamén con Sonia Méndez, premiada pola película ‘As Neves’ e con Zeltia Outeriño polo documental ‘Filmei paxaros voando’.

Eris Mackenzie 2 17.03.2025

Carlos Crespo fálanos de Eris Mackenzie, o artista que versiona éxitos do pop español en galego pasándoos pola electrónica.

Dismal e Cruzeiro 17.03.2025

Patty Castro segue descubríndonos a historia da música metal en Galicia. Hoxe, cos pontevedreses Dismal, pioneiros do death metal no país, e mais  cos coruñeses Cruzeiro, que destacan no ámbito do stoner doom metal. 

A crónica deportiva 17-03-2025 17.03.2025

Hoxe xoga o Deportivo. Ás 20:30h, en Castalia, co Castellón. O Celta presenta a súa candidatura á competición europea. Iago Iglesias subliña que o Pontevedra - Numancia non será definitivo. Luisito non dá coa tecla na SD Compostela. 

«Gonzalo Torrente Ballester, a travesía dun creador» 14.03.2025

“Buscamos a maneira visual de percorrer a vida e obra do escritor” «Gonzalo Torrente Ballester, a travesía dun creador» pode visitarse en Ferrol deica o 30 de abril no centro cultural que leva o seu nome. A exposición está comisariada por Darío Villanueva e Carmen Becerra. A mostra inclúe copias orixinais das súas  novelas, primeiras edicións e fotografías, moitas delas tomadas por el.

‘PESSOA – SINCE I’VE BEEN ME’ 14.03.2025

Afonso Becerra comenta ‘PESSOA – SINCE I’VE BEEN ME’ de Robert Wilson. Teatro de xeometrias e aparicións máxicas que empastan co pensamento dun Fernando Pessoa interpretado por María de Medeiros.

Premio Princesa de Girona para o galego Manuel Bouzas 14.03.2025

“Entendo a profesión doutra maneira. Busco a sostibilidade” Premio Princesa de Girona para o galego Manuel Bouzas Manuel Bouzas Barcala acaba de recibir o premio Princesa de Girona Arte 2025. O xurado concedeulle o galardón por unanimidade pola súa reflexión sobre "o poder transformador da arquitectura, o deseño de espazos cidadáns e a defensa da arquitectura e a sostibilidade". Este arq...

Máis lecturas LIX para o 8M 14.03.2025

Eva Mejuto segue propoñéndonos lecturas feministas para o público infantil e xuvenil, hoxe no ámbito da banda deseñada. 'Erea e as agullas máxicas' é a ópera prima no ámbito do cómic de Sarai Lorenzo, publicada por Antela Editorial. 'Basta! Guía de autodefensa feminista' é unha tradución ao galego do orixinal francés de Maria Kronsky e Marion le Muzic, publicada por Hércules. 

A crónica deportiva 14-03-2025 14.03.2025

O Baxi, recibido en Ferrol tras clasificarse para a final da Eurocup. Luis de la Fuente segue confiando no céltico Mingueza. Breogan e Leyma Coruña mídense na matinal do domingo con traxectorias e obxectivos distintos

III 13.03.2025

Na véspera de que arranquen xira, recibimos a visita de Nuno Pico, que presenta ‘III’ (Ernie Récords), o traballo novo de Grande Amore. Distorsión, ruído e máis rock e diversión. Mañá no Torgal en Ourense e o sábado na Jagger de Lugo. E logo Murcia, Alacant, Madrid...

'Wolfgang' e un avance dos Mestre Mateo 13.03.2025

Moncho Lemos comenta Wolfgang (Extraordinario), de Javier Ruiz Caldera e nos fala da gala dos Mestre Mateo, que terán lugar o sábado en Lalín e poderá seguirse a través da TVG

Luister naar de podcast Todos os podcast | A crónica deportiva in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds