Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.ivoox.com
Auteur
Radio Municipal de Tui
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
29 okt. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
Noticias 13.30 h | Xoves, 11 de xullo de 2024 11.07.2024 29:04
Coñecer as pegadas de diversos momentos históricos na configuración urbana de Tui será posible o luns na primeira visita de Coñece o Noso Patrimonio en Tui. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde recollemos as palabras de Nico Montes, voceiro do PP, sobre o último pleno e as negociacións sobre os orzamentos. Amais recolle o Selo Vida Saudable 2024 do CEIP nº2, falamos de percorridos nocturnos, de...
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui - Pantalla xigante para ver a final da Eurocopa 11.07.2024 1:40
O Concello de Tui instalará este domingo unha pantalla de 3x6 metros de tecnoloxía led no Paseo da Corredoira para ver a final da #Eurocopa España-Inglaterra. Situarase nas inmediacións da Oficina de Turismo, onde se colocarán 200 cadeiras. Así o confirmaba en Noticias 13.30 h o concelleiro de #Deportes, Rafael Estévez.
Noticias 13.30 h | Mércores, 10 de xullo de 2024 10.07.2024 25:01
Neste mércores, 10 de xullo, en Noticias 13.30 h recollemos as citas de lecer, rutas, festas, festivais,... que nos próximos días se van celebrar en Tui e na comarca.
Noticias 13.30 h | Martes, 9 de xullo de 2024 09.07.2024 24:57
Abrimos Noticias 13.30 h dando conta dos controis de velocidade que dende hoxe hai na rúa Antero Rubín de #Tui. Recollemos a valoración de Carmen Núñez do BNG do último pleno e a confirmación de que están a manter reunión co equipo de goberno sobre os orzamentos. A presentación do MUMI que avanzou hoxe os 12 showcases da edición que se vai celebrar do 12 ao 15 de setembro na Eurocidade Tui-Valença...
Noticias 13.30 h | Luns, 8 de xullo de 2024 08.07.2024 24:43
O CCPA de Tui que entrará en funcionamento nos próximos meses será o máis moderno dos 9 centros destas características que hai en España. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais fixemos balance do pleno de xuño con José Palacín, de C21, e recollemos o nomeamento de Nicolás Lorenzo Montes coma director territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. A Feira...
Noticias 13.30 h | Venres, 5 de xullo de 2024 05.07.2024 24:39
As obras do novo edificio do CCPA na Avenida de Portugal, a praza de Abastos e do edificio da rúa Camilo José Cela foron visitadas hoxe polo subdelegado do goberno, Abel Losada, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto a outras novas coma que en xuño Tui foi o primeiro punto de partida de peregrinos do Camiño Portugués e o terceiro de todas as vías xacobeas....
Noticias 13.30 h | Xoves, 4 de xullo de 2024 04.07.2024 27:39
Protección Civil de Tui recibiu hoxe unha tenda de campaña para emerxencias. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto a preinscrición na EOI en Tui, as últimas plazas para os talleres de IA para o comercio, e as actividades que chegan tanto para hoxe coma na fin de semana. No deporte hoxe protagonismo para o piragüismo, o remo e o kung fu.
Noticias 13.30 h | Mércores, 3 de xullo de 2024 03.07.2024 25:51
O X Campionato Ibérico de Kung Fu reunirá este domingo en Tui a máis de 400 deportistas. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde volvemos sobre os datos do paro do mes de xuño, falamos das visitas guiadas organizadas polo Instituto de Estudos Tudense, entre outras novas do día.
Noticias 13.30 h |Martes, 2 de xullo de 2024 02.07.2024 25:06
A aprobación, polo Consello da Xunta, do proxecto de trazado do desdobramento da estrada PO-552 en Figueiró, Tomiño, o manifesto asinado hoxe en Valença reclamando que o tren de alta velocidade sexa unha realidade en 2032 entre Porto e Vigo, e os datos do paro que baixou en 67 persoas até as 2.540 no Baixo Miño son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h |Luns, 24 de xuño de 2024 24.06.2024 27:06
Por segunda vez os orzamentos do concello de Tui foron rexeitados en pleno o pasado venres polos grupos da oposición. En Noticias 13.30 h escoitarmos parte das intervencións dos voceiros de C21, BNG e PP e do alcalde. Amais recollemos as últimas achegas aprobadas pola Deputación para Tui e A Guarda, falamos do Concurso de Patrullas da Brilat, da conferencia conmemorativa dos Xogos Florais en Tui,...
Noticias 13.30 h | Venres, 21 de xuño de 2024 24.06.2024 27:06
Hoxe en Noticias 13.30 h comezaremos repasando a orde do día do pleno extraordinario e urxente que ás 19 h se celebra no Concello de Tui. A programación #TuiVeránnaRúa, os premios Faro na Escola do @ceipn2detui, xunto a todas as cita da fin de semana con especial protagonismo para o San Xoán e o deporte, completarán o tempo de información.
Noticias 13.30 h | Xoves, 20 de xuño de 2024 20.06.2024 25:13
Os orzamentos de 2024 e a resolución do contrato de concesión de obra pública do aparcamento subterráneo son dous dos asuntos do pleno extraordinario e urxente que mañá venres, ás 19h, se celebra en Tui. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto a inauguración dos novos vestiarios do pavillón do CEIP de Guillarei, o premio Innovagal do CEIP nº1, as actividades polo Día das Persoas Refuxiadas, as ci...
Noticias 13.30 h | Mércores, 19 de xuño de 2024 19.06.2024 24:23
O borrador de convenio remitido polo ADIF ao concello de Tui para cubrir as vías do tren no centro urbano, a comisión organizadora dos actos do 800 aniversario da Catedral, e o balance que o PP de Tui fai do primeiro ano deste mando abren o Noticias 13.30 h de hoxe. Amais recollemos os actos polo Día das Persoas Refuxiadas previstos mañá en Tui, e o taller práctico de Intelixencia Artificial que m...
Noticias 13.30 h | Martes, 18 de xuño de 2024 18.06.2024 27:15
A constitución da Comisión Organizadora dos actos conmemorativos dos 800 anos da consagración da Catedral de Tui esta mañá é dunha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta do balance que o alcalde de Tui realizou das dúas primeiras reunións da Comisión sobre o Aparcamento. A doazón realizada por Ernesto Iglesias Almeida ao Concello de Tui e o taller de IA que este xoves terá...
Noticias 13.30 h | Luns, 17 de xuño de 2024 17.06.2024 32:22
En Noticias 13.30 h recollemos a valoración do alcalde de Tui do pleno ordinario de maio. Damos conta do incendio rexistrado na Avenida de Portugal en Tui e do accidente mortal rexistrado en Oia. Pero hai tamén moitas outras novas da actualidade local, comarcal e do deporte.
Noticias 13.30 h | Venres, 14 de xuño de 2024 14.06.2024 30:22
A apertura das piscinas municipais de Tui mañá sábado, xunto a ampla axenda cultural, de lecer e deportiva da fin de semana en Tui e no Baixo Miño recollómola en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h | Xoves, 13 de xuño de 2024 13.06.2024 30:23
160 alumnos de 6º de EP de sete centros educativos de Tui participan hoxe e mañá na Aloiada 2024. Así o contamos en Noticias 13.30 h, onde damos conta tamén dos actos de celebración do 50 anos do CEIP nº2 de Tui. A exposición que este sábado se inaugura en Tui, a XIX Feira de Cultivos do Baixo Miño, outras citas para estes días e o deporte completan este tempo de información.
Noticias 13.30 h | Mércores, 12 de xuño de 2024 12.06.2024 28:30
A rehabilitación do edificio do Náutico será un dos proxectos que se executen en Tui ao abeiro do proxecto Visit Río Miño Plus presentado onte. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde recollemos tamén o balance do pleno de maio do voceiro do PP Nico Montes. A presentación da Aloiada 2024, os Días Azuis do comercio, as citas para estes días, e o deporte co Campionato de Europa de Sprint de Piragüis...
Noticias 13.30 h | Martes, 11 de xuño de 2024 11.06.2024 27:56
En Noticias 13.30 h recollemos a presentación entre mediodía en #Tui do proxecto Visit Río Miño Plus, a valoración do BNG do pleno ordinario de maio en Tui,, e o premio proxecto de recuperación de fósforo en augas residuais que aplica a EDAR de Guillarei. Citas coma exposición de debuxo do alumnado de Maristas, e o roteiro polos muíños do Tripes, xunto ao deporte completan este tempo de informació...
Noticias 13.30 h | Luns, 10 de xuño de 2023 10.06.2024 32:48
Unha exposición e un acto na alameda de San Domingos conmemorarán o 25 aniversario do Monumento aos Represaliados en Tui. O programa foi presentado esta mañá e así o recollemos en Noticias 13.30 h . Damos conta do taller sobre IA que o xoves 20 terá lugar en Tui, recollemos outras novas de Tui e da comarca, e a ampla crónica deportiva da fin de semana.
Noticias 13.30 h | Venres, 7 de xuño de 2024 07.06.2024 30:17
O Concello de Tui recibirá 87.457 € do Plan + Provincia para o pavillón de Randufe. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde fixemos balance do Congreso EducODS que rematou hoxe e repasamos a ampla axenda desta fin de semana, con numerosas citas deportivas.
Noticias 13.30 h | Xoves, 6 de xuño de 2024 06.06.2024 24:55
A terceira xornada do congreso educativo EducODS que se celebra na Corredoira, e o balance da asemblea celebrada por ACITUI a semana pasada son dúas das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais falamos das citas do día e das andainas da fin de semana. Pechamos coa información deportiva.
Noticias 13.30 h | Mércores, 5 de xuño de 2024 05.06.2024 25:38
O paro baixou en 86 persoas no Baixo Miño en maio até as 2.607 inscritas nos servizos públicos de emprego. Así o contamos en #Noticias1330h. Recollemos a valoración de José Palacín de C21 sobre o pleno ordinario de maio, damos conta do último plenario da Cámara de Comercio, e seguimos a actualidade do congreso EducODS, entre outros asuntos.
Noticias 13.30 h | Martes, 4 de xuño de 2024 04.06.2024 23:44
Abrimos o Noticias 13.30 h deste martes 4 de xuño co IV Congreso Educods que até o venres se celebra no Paseo da Corredoira. Amais damos conta da apertura da ponte sobre o regato da Fonte do Febreiro en Paramos, do investimento do Plan Marco no Baixo Miño, e doutras novas de Tui e do Baixo Miño.
Noticias 13.30 h |Luns, 3 de xuño de 2024 03.06.2024 28:18
Os cursos de Dixitalización Aplicada que mañá comezan en Tui, o IKFEM 2024, e o congreso EDUCODS forman parte da actualidade deste luns, 3 de xuño. Así o recollemos en Noticias 13.30 h.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds