Radio Municipal de Tui

Informativos

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.ivoox.com

Auteur

Radio Municipal de Tui

Categorie

News

Website van de podcast

www.ivoox.com

Nieuwste aflevering

29 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Noticias 13.30 h | Martes, 20 de agosto de 2024 20.08.2024

Hoxe remata o ciclo "Coñece o noso patrimonio" cunha visita guiada polo historiador tudense Suso Vila. Está é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto ao avance das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que terán lugar en setembro en Tui. As citas para estes días e a crónica deportiva completan este tempo de información.

Noticias 13.30 h |Luns, 19 de agosto de 2024 19.08.2024

Abrimos Noticias 13.30 h dando conta de que o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, supervisou en Tui, xunto co alcalde, Enrique Cabaleiro, as obras de rehabilitación do edificio municipal na rúa Camilo José Cela. Por outra C21 apunta ao 2% cultural para completar o financiamento para rehabilitar o Teatro Principal. O balance da fin de semana e as citas que chegan esta semana, xunto a...

Noticias 13.30 h | Mércores, 14 de agosto de 2024 14.08.2024

Estamos ante unha longa ponte festiva na que as festas da Virxe do Camiño e San Roque en Tui, o Descenso Popular e a Festa Gastronómica, a Semana Cultural de Caldelas co Rocha Folk e o Aloia Festa marcan a axenda en Tui. Así o recollemos en Noticias 13.30 h xunto a outras novas da comarca, e a información do deporte.

Noticias 13.30 h | Martes, 13 de agosto de 2024 13.08.2024

A importante presenza de peregrinos e peregrinas neste mes de agosto en Tui, a recepción aos 3 nenos e a nena saharauí que pasan o verán en Tui onte no Concello son dúas das novas coas que abrimos Noticias 13.30 h . Recollemos tamén a actualidade da comarca, as citas e o deporte.

Noticias 13.30 h | Luns, 12 de agosto de 2024 12.08.2024

Abrimos Noticias 13.30 h deste luns, 12 de agosto, coa nova ordenanza de Urbanismo do Concello de Tui e coas características do sistema de control de aparcamento mediante cámaras que se vai implantar no centro urbano. A licitación pola Xunta da rehabilitación do edificio do nº 20 da rúa Bispo Castañón para dedicalo a alugueiro social, e as citas do día xunto ao deporte completan este tempo de info...

Noticias 13.30 h | Venres, 9 de agosto de 2024 09.08.2024

Miles de pesroas gozaron en xullo da programación en Tui que se consolida coma referente cultural. Nunha semana celebrarase na cidade a Festa Gastronómica. Así o recollemos en Noticias 13.30 h xunto ao incendio rexistrado esta noite nun palleiro en Frinxo, as citas da fin de semana e o deporte.

Noticias 13.30 h | Xoves, 8 de agosto de 2024 08.08.2024

En setembro será dixitalizado o Rexistro Civil de Tui. En Noticias 13.30 h damos conta das vantaxes que terá a implanción da apliación DIGIREC. A crónica de sucesos, o balance da 18ª edición de Música no Claustro xunto a todas as citas do día e a información deportiva completa este espazo.

Noticias 13.30 h | Mércores, 7 de agosto de 2024 07.08.2024

Hoxe remata, con concerto de Moser String Quartet, a 18ª edición de Música no Claustro. Esta é unha das novas que contamos en Noticias 13.30 h. Recollemos outras citas para esta xornada e para os próximos días en Tui e na comarca. No deporte pendentes do padeeiro uruguaio do Kaiak Tudense, Matías Otero, nos cuartos do K1 1000 m (actuación foi 2º co que o sábado estará na semifinal), pero tamén fal...

Noticias 13.30 h | Martes, 6 de agosto de 2024 06.08.2024

A entrega da Mención Honorífica Especial a Xabier Añoveros Trías de Bes polo Concello abre hoxe o noso tempo de información. En Noticias 13.30 h falamos tamén dos máis de 11.500 peregrinos e peregrinas que percorreron en xullo o Camiño Portugués dos que a metade saíron de Tui. As citas para hoxe en Música no Claustro e nas Festas do Monte na Guarda, e o deporte, completan este tempo de información...

Noticias 13.30 h | Luns, 5 de agosto de 2024 05.08.2024

Abrimos Noticias 13.30 h co programa de respiro familiar posto en marcha polo Concello de Tui e a Asociación Un Máis. Recollemos dúbidas amosadas polo grupo municipal do PP sobre a instalación de cámaras para controlar o aparcamento nas rúas do centro urbano de Tui. Repasamos as citas para hoxe como o concerto do Trío da Kali en Música no Claustro, e o comezo das festas do Monte na Guarda. No depo...

Noticias 13.30 h | Venres, 2 de agosto de 2024 02.08.2024

O paro subiu en 33 persoas no Baixo Miño no mes de xullo até as 2.573 persoas en situación de desemprego. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto ás obras realizadas polo Concello no CEIP de Caldelas, os destrozos rexistrados nas pistas de tenis de Areas, e todas as citas da fin de semana e o deporte.

Noticias 13.30 h |Xoves, 1 de agosto de 2024 01.08.2024

PSOE, BNG e C21 votaron a favor onte dos orzamentos municpiais para 2024 que superan os 11,5 millóns de €. En Noticias 13.30 h recollemos este outros asuntos tratados onte no pleno extraordinario do Concello de Tui. Na actualidade do día destaca ao 5º posto de Rodrigo Conde e Aleix García na final olímpica de 2x. O inicio de Música no Claustro co concerto de Lula Pena é outras das novas do día.

Noticias 13.30 h | Mércores, 31 de xullo de 2024 31.07.2024

Ás 20 h retransmitiremos o pleno extraordinario do Concello de Tui. En Noticias 13.30 h damos conta dos temas que figuran na orde do día. Amais recollemos o inicio das obras de rehabilitación de cinco vivendas en Caldelas para destinalas a alugueiro social por parte do Concello de Tui. O balance dos proxectos aprobados en 2023 pola AECT Río Miño, xunto as citas e o deporte completan este tempo de...

Noticias 13.30 h | Martes, 30 de xullo de 2024 30.07.2024

A 11,5 millóns de euros ascende o orzamento do Concello de Tui que mañá mércores irá a pleno, e no que o BNG votará a favor destas contas. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Recollemos a crónica de sucesos hoxe centrada no tráfico, as citas do día coma Noite Internacional do Miño e os obradoiros de artesanía en familia de Música no Claustro. No deporte destacamos que o remei...

Noticias 13.30 h | Luns, 29 de xullo de 2024 29.07.2024

Os orzamentos municipais do Concello de Tui irán a pleno este mércores 31. O BNG fixo público na fin de semana o acordo do PSOE para apoiar estas contas. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais falamos da Noite Internacional do Miño, visitas guiadas, as Galimpiadas, os descensos do Miño, entre outras citas, e os resultados deportivos.

Noticias 13.30 h |Mércores, 24 de xullo de 2024 24.07.2024

O inicio das obras de acondicionamento das vías situadas na contorna do enlace da autovía Tui-A Guarda coa A-55 e o polígono de Areas, o festival Música no Claustro e todas as citas para os próximos días centran hoxe o Noticias 13.30 h.

Noticias 13.30 h | Martes, 23 de xullo de 2024 23.07.2024

A presentación do Música no Claustro que vai celebrar a súa 18º edición baixo o título de "Catedral Atlántica" do 1 ao 7 de agosto abre hoxe Noticias 13.30 h. Amais damos conta da restauración de pezas da Catedral pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. A citas para estes días e as palabras o padeeiro do Kaiak Tudense Matías Otero antes da súa participació...

Noticias 13.30 h | Luns, 22 de xullo de 2024 22.07.2024

Abrimos Noticias 13.30 h co corte ao tráfico do cruce entre a Avenida de Portugal e a estrada da Guarda por obras de asfaltado. Amais recollemos a ordenación e toma de posesión do novo bispo da diocese de Tui-Vigo, D. Antonio Valín, así coma o éxito de público do IKFEM. A visita guiada aos petróglifos do Alto do Coello, xunto a outras citas do día, forman parte tamén parte deste tempo de informaci...

Noticias 13.30 h | Venres 19 de xullo de 2024 22.07.2024

A ordenación e toma de posesión do novo bispo da diocese de Tui-Vigo,D. Antonio Valín, as propostas do IKFEM para a fin de semana, as citas e deporte forman parte do Noticias 13.30 h deste venres, 19 de xullo.

Noticias 13.30 h | Xoves, 18 de xullo de 2024 18.07.2024

O próximo luns e martes o coñecido coma cruce da Guarda en Tui estará pechado ao tráfico por labores de asfaltado. Xunto a este aviso o comezo do IKFEM Festival e os concertos previstos hoxe e mañá centran os primeiros minutos do Noticias 13.30 h de hoxe. Amais recollemos a presentación en Tui dunha cadeira anfibia, as protestas dos traballadores de Correos, as andainas e citas para este cita, e o...

Noticias 13.30 h | Mércores, 17 de xullo de 2024 17.07.2024

En Noticias 13.30 h recollemos as palabras do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sobre a rehabilitación do Teatro Prinicipal e a licitación da apertura da rúa Ourense. A toma de posesión do novo bispo este sábado na Catedral de Tui, o inicio do IKFEM Festival hoxe co concerto de Salvador Sobral e Marco Mezquida, e a presentación dunha cadeira anfibia polo Club Naútico Inclusivo do Baixo Miño, son...

Noticias 13.30h | Martes, 16 de xullo de 2024 16.07.2024

Abrimos Noticias 13.30 h coas palabras do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro sobre os orzamentos e o aparcamento na cidade. Recollemos a contratación por parte da Xunta da rehabilitación dun edificio no conxunto histórico de Tui para a vivenda de alugueiro social. A apertura do Mercado de San Antonio en Tui, a festividade de Virxe do Carmen e outras citas e o deporte forman parte tamén deste tempo...

Noticias 13.30 h |Luns, 15 de xullo de 2024 15.07.2024

Abrimos Noticias 13.30 h dando conta da reapertura mañá martes da praza de abastos de Tui cos postos de peixe, carne e flores. Amais falamos dos showcookings do @ikfem_festival , recollemos a programación festiva e de visitas guiadas para hoxe e mañá, xunto aos éxitos deportivos da fin de semana con protagonismo destacado para o piragüismo, o ciclismo, o remo, o atletismo...

Noticias 13.30 h | Venres, 12 de xullo de 2024 12.07.2024

Comezamos en Noticias 13.30 h falando de infraestruturas para repasar despois todas as citas da fin de semana, dende o cinema desta noite no Paseo Fluvial de Tui, as festas, festivais, e citas diversas da fin de semana, e rematar coa información deportiva.

Ent. Andrés Díaz-Ripoll, comandante Naval do Miño - Festividade da Virxe do Carme 12.07.2024

O próximo martes terá lugar a tradicional procesión fluvial do Carmen, patroa da xente do mar e da Armada. Ás 19 h celebrarase a misa solemne na Catedral, logo comezará a procesión polas rúas de Tui até a Comandancia Naval, onde a imaxe embarcará no Cabo Fradera , para dar comezo ao percorrido fluvial. Tamén nos falou da presenza dos tres barcos do grupo de combate Dédalo estes días en Vigo e da d...

Luister naar de podcast Informativos in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds