Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.ivoox.com
Auteur
Radio Valladares
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
29 sep. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
Xoves 16/06/2022 16.06.2022 2:02:06
Segundo día no IES Valadares… e hoxe foi en directo!!! As portas da radio estiveron abertas pasaron profes e estudiantes, contándonos a súa experiencia nesta Semana Cultural. Mañá, máis!
Mércores 15/06/2022 15.06.2022 2:01:17
As cousas do directo. O programa vai gravado, que marchou a luz no @IESValadares. Inda así falamos coa xente do instituto, profesorado, alunmos, poñentes… un pouco de todo. E o noso gran de area para a Semana Cultural, unha conversa con Carmen Piñeiro, investigadora do @IIM_CSIC que participou na primeira expedición española á Antártida.
Martes 14/06/2022 14.06.2022 1:59:18
Imos de museos, pero dos pequeniños e curiosos. Para os lambóns, o do chocolate en Parada do Sil, e para os que disfrutan cheirando, o Museo dos Aromas en Burgos. Na volta polo patrimonio descubrimos Barxacova, unha necrópole medieval.
Luns 13/06/2022 13.06.2022 2:01:42
Programa variado, que imos de luns. En Moaña están a celebrar a súa Comic-Con. Alonxándonos da costa falamos con Agrae Solutions, que estudaron os beneficios do pó sahariano para as colleitas. E dámoslle a noraboa a Ailén Kendelman, de A panadaría, Premio María Casares pola música de A Cazola de Lola. Aproveitamos para preguntarlle sobre a acollida da obra "As que limpan", que están representar en...
Venres 10/06/2022 10.06.2022 2:00:14
As obras do torreiro novo comezaron, por fin. E esta finde hai festa nel, O Cristo das Angustias. E o domingo á tarde recala no auditorio o XVIII Encontro Folclórico. Falaremos coa xente de ACF O Fiadeiro, un dos grupos participantes. Ah, e axenda, que hai moitos plans para a finde!
Xoves 09/06/2022 09.06.2022 1:59:13
Vigo acolle estes días o congreso da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias, SEMES, e entre as actividades do seu programa destaca un simulacro que van levar a cabo esta tarde no porto de Vigo. Falamos con Óscar Estraviz, o seu coordinador. Ademais, xa que andamos no mar a ver que nos contan dende a Asociación Piueiro, que xa volveu o volanteiro e está atracado en A Guarda. E co...
Mércores 08/06/2022 07.06.2022 2:01:22
A situación do oso na cordilleira cantábrica está mellorando e a súa presencia en Galicia é cada vez maior, tanto en cantidade como en ubicacións onde podemos atopalo. Falamos coa Fundación Oso Pardo, para que nos conte como vai. E xa que miramos ao leste, imos ata Asturias, onde organizan Una señora fiesta.
Martes 07/06/2022 07.06.2022 1:59:12
E se en lugar de facer o Camiño de Santiago facemos outra rutiña… desta volta percorreremos a Nacional VI, dende o kilómetro 0 en Madrid ata a costa coruñesa. Ademais, imos ata Pontevedra a coñecer o programa do encontro “As mulleres que opinan son perigosas”. E como é martes, patrimonio. Comparacións entre países. En que se diferencian a rexión do Loira (Francia) e a malla do patrimonio rural gal...
Luns 06/06/2022 06.06.2022 1:59:25
Así, a golpe de luns, tirámonos á piscina, coa xente de clubnatacion.com. Agora sabemos que os traxes de neoprenoa hai que adaptalos ó corpo. E hai un 'sastre de neoprenos'. Ademáis damos, unha voltiña polas alfombras de flores de Ponteareas, que estiveron por Italia nun encontro. E coñecemos os testolos, de ArtesAna Mirou. Unhas macetas con perniñas ben aqueladiñas.
Venres 03/06/2022 03.06.2022 1:59:31
Cando todo comenzaba a despegar en Patatas Fritas Jalys, internacionalizando a súa producción, chegou a pandemia… De como afrontaron eses momentos de crise e sairon adiante, conversamos con Pablo o fundador. Tamén coñecemos á xente de Pandarán, en A Lama. E acompañamos o venres cunhas propostas para a fin de semana!
Xoves 02/06/2022 01.06.2022 1:59:11
Proxectos asociativos, que buscan mellorar calidade de vida das persoas, aumentar a súa implicación… Coñecemos a 13 Editora e falamos do proxecto DoBarrio, que trouxo a Vigo a Rosa Silveiro, presidenta do Consello de Desenvolvemento do Barrio Santa Lucía (República Dominicana).
Mércores 01/06/2022 01.06.2022 2:00:24
De ben nacido e ser agradecido, por iso o CD Valladares despediu entre aplausos a Bruno e a Cristian, que se retiraron ao remate da tempada. Tamén conversamos co seu adestrador, Martín. Ademáis, charlamos con Ángel F. González, que foi nomeado presidente do Consello Asesor Internacional do Cefalópodo. E contamos como é ser membro dun xurado literario, dos premios de literatura xuvenil Merlín.
Martes 31/05/2022 31.05.2022 1:58:56
Martes, museos abertos… imos coñecer que nos propoñen dende o Museo Liste. 'Ancestros tecnolóxicos', dende a pedra de silex, o cuchilo da época, ata os móbiles, que son un 'de todo, gracias' (cámara de fotos, axenda, teléfono...). E de paso que ven Rebeda Comuna Nutritiva falar de gordofobia, conversamos co proxecto Outro Conto, que combina a oferta de menús a domicilio para toda a semana e o act...
Luns 30/05/2022 30.05.2022 1:59:59
O mar danos para moitas historias… coñecemos Ertha, que fabrica tablas de surf dende Porto do Molle. E tamén falamos con 13grados, a ver como se presenta o verán para observar os fondos submariños da ría. E proposta para estes días que ven chuvia, achegarnos a María Casares, protagonista da novela de Clara Fuertes: “Todas las horas del día”.
Venres 27/05/2022 27.05.2022 1:59:22
E outro finde que quedamos pola casa. Maio aínda non rematou así que seguimos con actividades celebrando as Letras Galegas. Hai concerto de Hugo Guezeta, pero tamén representación teatral, 'Mamaaá!!', da compañía Fénix Teatro Zamora, que ven invitada polo 50 aniversario do grupo Teatro Escoitade. Ademáis, toca Asemblea Xeral de Socios. Renovación da xunta directiva á vista!
Xoves 26/05/2022 26.05.2022 2:00:48
De feira en feira. Así anda a xente de Troula, que está de aniversario. Xa levan 20 anos de traballo! Ademais, falamos con Sito. Veciño de Coruxo que aínda utiliza aos bois no traballo do campo… no seu e no dos que o precisan, como por exemplo na Sementeira de Matamá. E tamén sabemos a que anda a xente da banda, que está a traballar na busca de canteira. E monta estes días o espectáculo 'Animalia'...
Mércores 25/05/2022 25.05.2022 1:59:42
Coñecedes a esgrima? Desta disciplina deportiva imos falar coa xente do clube Esgrima El Olivo de Vigo. Ademais, conversamos coa Panadería Da Cunha que está a recuperar o xeito tradicional de facer o pan… seleccionando os trigos do país, moendo en pedra… E de fariñas, pero de T.molitor, aprenderemos coa xente de Galinsect.
Martes 24/05/2022 24.05.2022 2:01:33
O Parque Nacional Illas Atlánticas ademais de ser un entorno natural privilexiado, garda moita historia. Adolfo Fernández, da UVigo, coordina o equipo que está a excavar en Ons. Ademais, imos ata Kassel (Alemania), onde se celebra o festival Documenta, un evento de arte contemporáneo. Entre as pezas expostas están unhas corozas que viaxaron dende Valladares!
Luns 23/05/2022 22.05.2022 1:59:42
HISTORIA… así en maiúsculas. Falamos con Santiago Posteguillo que presentou “Roma soy yo”, o seu primeiro achegamento a Julio César. Tamén conversamos con Darío Carrera, sobre como é ensinar esta materia hoxe en día. E seguiremos coñecendo o pasado de Matamá.
Venres 20/05/2022 20.05.2022 2:02:08
Ás portas da fin de semana seguimos celebrando as Letras Galegas. E nós, quedamos no Centro Veciñal e Cultural que o sábado acolle unha homenaxe a José Iglesias Ramilo, que foi director da banda e da coral durante os últimos 50 anos. O domingo pola mañá hai andaina polos montes de Vigo arredor do monte Alba e dos Pozos. E pola tarde no auditorio actúan Germán Son e Paco Barreiro, con quen tamén fa...
Xoves 19/05/2022 19.05.2022 2:01:35
O recunchiño da radio préstase para conversar e ás veces o directo non da para todo. Eso pasou con Denís Carballás e Pablo Vázquez, así que vai a continuación da conversa sobre o libro 'O Son da Cidade'. Ademáis subimos á volanteira, un barco tradicional da Guardia, coa Asociación O Piueiro. Vai camiño de Pasaia, no País Vasco, ao encontro de embarcacións tradicionais. E proposta para o domingo, V...
Mércores 18/05/2022 18.05.2022 1:59:21
Veña, que desta si que vai, falamos de fútbol, da tempada do CD Valladares. Tamén imos ata Oia para coñecer “Concilium”, a proposta de Realidad Alternativa para desfrutar dun xeito distinto o mosteiro. E como de historia vai a cousa, saberemos algo máis da de Matamá.
Luns 16/05/2022 15.05.2022 1:58:32
A Orquesta Clásica de Vigo actúa este martes en Pontevedra… eso non sería noticia de non ser porque o concerto é no Convento de Santa Clara e porque van tocar o órgano que se atopa na súa igrexa. Ademáis, falamos con MJ Perez, que actúa no acto central das Letras Galegas no Centro Veciñal (o martes a partir das 19:00). E escoitamos as historias de como se xestou o repertorio das cantareiras de Val...
Venres 13/05/2022 13.05.2022 2:00:45
Nunha fin de semana chea de actividades e propostas, o domingo pola mañá o San Isidro Labrador marcha de Valladares cara Zamáns. E a xente de Andoa actúa esa tarde ás 19h no Centro Cultural. Sen marchar moi lonxe, en Chandebrito o sábado estarán todo o día coa I Foliada Solidaria da Asociación Galega de Lupus.
Xoves 12/05/2022 12.05.2022 2:02:01
O saneamento das parroquias e a posta en marcha da depuradora marcaron un punto de inflexión na cidade. Como se acadou, canto traballaron dende as asociacións veciñais para deseñar o mellor trazado e as mellores condicións para os veciños.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds