Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.ivoox.com
Auteur
Radio Valladares
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
29 sep. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
Venres 05/08/2022 05.08.2022 2:01:13
Comezamos o finde cun caprichiño dulce, un vasiño dos que fan en Alicia’s Cake. Ademáis falamos de regueifa… mellor dito de payada arxentina, co musicólogo Matías Isolabella. E axenda cultural, que hoxe é a noite branca, son as festas de Matamá e a do xurelo en Chaín.
Xoves 04/08/2022 04.08.2022 2:04:28
Entre as festas do verán destacan as que teñen que ver coa comida… imos ata Burela falar da que lle adican ao bonito. Ademáis, damos unha volta polo mundo dos blogues de viaxes con Dani Keral de Unviajecreativo e coñecemos a proposta de Piano du Lac, que anda estes días por Mondariz e mais o Lago Castiñeiras.
Mércores 03/08/2022 03.08.2022 2:00:00
Xa no directo… entrevista gravada ;) Falamos coa corredora de ultratrails Aroa Sío, que anda adestrando por Francia e hoxe está de viaxe. Ademáis, conversamos con Samuel Diz sobre Música no Claustro, que se está a celebrar na catedral de Tui. E coñecemos o traballo de Creaciones Cascabel, que ideou unha pulseira con símbolos de Vigo.
Martes 02/08/2022 02.08.2022 2:02:36
Mais novas e toca unha volta polo pasado… vai unha de romanos e outra de irmandiños.
Luns 01/08/2022 01.08.2022 1:52:29
Veña, que hoxe houbo directo. Temos novas… depende dos xornais e depois un repaso polas historias que xa escoitamos sobre o Parque Nacional Illas Atlánticas. Falamos de fauna, de conservación… e das excavacións arqueolóxicas!
Venres 15/07/2022 14.07.2022 2:02:30
Coa fin de semana ás portas proposta infantil, co Dúo Vaguedades. Ademáis miramos ao mar, onde están a levar a cabo una nova campaña de estudio da distribución e abundancia de cetáceos nas augas atlánticas de toda Europa. Falamos con Camilo Saavedra, que está a bordo do Ramón Margalef. E axenda!
Xoves 14/07/2022 13.07.2022 2:01:47
Rescatamos historias da casa. Achegámonos á toponimia da parroquia, recuperada nun libro dirixido por Gonzalo Navaza, e falaremos con José Iglesias Ramilo dos inicios da Coral, e dunha figura clave no seu desenvolvemento, Rey Rivero.
Mércores 13/07/2022 13.07.2022 2:03:24
A Copa do Mundo de Triatlón chega a Pontevedra o vindeiro 23 de xullo. A organización está pechando os últimos detalles, pero ten un ratiño para falar con nós. Ademáis, imos ata o Chiringuito Deilán en Vilaboa, cunha historia ben xeitosa. E propostas de rutas para as fins de semana coa xente da Illa dos Ratos.
Martes 12/07/2022 12.07.2022 2:00:39
Alá foi unha nova edición do Festival Atlántica, a grande festa da narración oral en Galicia. Entre os máis de 40 narradores estivo Cris Collazo, falamos con ela da súa experiencia. Ademáis, coñecemos un invento moi práctico, o bolso Siesta. E como nos quedan folgos damos unha volta polos cañóns dun e doutro lado da raia do Miño.
Luns 11/07/2022 11.07.2022 2:02:06
Comezamos a semana cun sorriso ben grande. Paseo coa xente de Volta Montana, a ver que rutas nos ofrecen por Galicia. Ademais, un ratiño de conversa con Olga Brañas, camiño de recoller un premio ardeu o seu coche… e deulle por rir. E sobre os beneficios do humor charlamos con Naco Morán, membro de Paiasos sen fronteiras.
Venres 08/07/2022 08.07.2022 1:59:34
Primeira semana de xullo rematada… e con 150 nenos no campamento do Centro Veciñal e Cultural de Valladares. Tamén falamos de tatuaxes coa xente de Sputnik tattoo e traemos algunha proposta para a fin de semana!
Xoves 7/07/2022 07.07.2022 1:59:51
Plan de verán… ou de calquera outra época do ano, imos ata Bueu. Proposta gastronómica peculiar no Noite, tapas e petiscos. Falamos coa xente do SonRías Baixas, que se celebra o primeiro fin de semana de agosto e están ultimando detalles. E unha voltiña por Cabo Udra, da man de Fran Alonso.
Mércores 06/07/2022 06.07.2022 2:00:51
Vigo foi porto de saída para a emigración galega, e aínda segue sendo, pero tamén é o lugar no que van recalando os que chegan a Galicia, como o patinador Chevy Guzmán. Tamén traemos a historia de La Fabbrica del Gelato. E un pouquiño de música, con Laura LaMontagne e PicoAmperio.
Martes 05/07/2022 05.07.2022 1:59:20
Comezamos ao revés, primeiro patrimonio, que a xente de Campo Lameiro presentou as actividades deste verán no parque arqueolóxico. E despois unha historia curiosa: falamos co grupo Bajo+6, pero tamén de como chegamos a eles. Música por amor o arte e moi bo rollo.
Luns 04/07/2022 04.07.2022 2:00:35
As obras no torreiro… estarán a punto para San Campio? É unha boa pregunta. O certo é que teñen detrás unha longa historia. Ademáis, voltamos ao Vitruvia Café, que organiza un festival de jazz e música clásica na Alameda de Compostela nas noites desta semana. Esta finde estaba repleta de plans, como o Mar de Blues -A Guarda.
Venres 1/07/2022 30.06.2022 1:59:57
Inda nos quedan cousas por aprender das plantas, César Lema contounos algunha cousiña máis. E xa que no verán baixamos o ritmo, conversa pausada con César, o director da Unión Musical de Valladares. Un repaso pola súa traxectoria, dende os seus inicios na banda ata chegar á dirección. E algo de axenda cultureta.
Xoves 30/06/2022 29.06.2022 2:01:31
Sentamos un ratiño na terraza do Vitruvia, coñecer a súa historia, os proxectos nos que andan metidos, as exposicións que acollen… Ademais falamos de viño con Luis Congil, que escribiu da súa historia en Galicia, que se remonta a máis de 2000 anos. E celebramos os 35 anos de Atlántico Diario.
Mércores 29/06/2022 29.06.2022 2:00:54
Veña, que é mércores, e temos deportes. Falaremos de atletismo coa xente do Comesaña Sporting Club. Coñecemos a historia detrás de Hera Cider e imos ata Meder, onde se atopa unha alfareiría tradicional, Alfarería Añón.
Martes 28/06/2022 28.06.2022 2:00:23
O río Barxa, que nun tramo circula paralelo á estrada Clara Campoamor, garda un bo feixe de herbas silvestres. Das comestibles falamos co biólogo César Lema. Se preferides un libro e sentarvos a ler, imos ata Libraida, en Gondomar. E agora que estamos no verán, imos facer turismo, que xa os romanos tamén ían de vacacións! E hai un libro ben divertido para coñecer os seus destinos: 'Hotel Roma'.
Luns 27/06/2022 27.06.2022 2:00:17
Volve o verán que todos lembramos! E tamén as festas, como a do Alba, na que xa están a traballar. Ademáis, imos ver como van os campamentos que xa están en marcha coa xente de Inquedanzas. Aprendizaxe, saúde e natureza en Cans e mais en As Pedriñas (Tameiga). E logo, un paseo pola N-550. Un grupo de arquitectos revisan o urbanismo dende as súas peculiaridades, o que non lles ensinaron na escola d...
Xoves 23/06/2022 22.06.2022 1:59:31
San Xoán!!! Rituais co lume, hainos no inverno pero tamén no verán, explícanolo o antropólogo Rafa Quintiá. Pero as fogueiras… mellor respetando o medio ambiente. E para iso está en marcha o proxecto #sanxoansenlixo. Se preferides o monte, proposta en Freixo, que celebran ao patrón.
Mércores 22/06/2022 22.06.2022 1:59:57
Remata o curso… tamén as tempadas deportivas. Falamos de patinaxe con Tamara Valderrama sobre o CLUB Patinaxe Artística Valladares (xoves ás 19:30 fan exhibición no pavillón). Ademáis, achegámonos ata Beade, onde nos espera a plataforma Avibe, Afectados Vial Beade-Vigo. E a piques de chegar ao San Xoán, flores e plantas da man dun experto, Francisco Javier Silva, profesor do Centro de Investigació...
Martes 21/06/2022 21.06.2022 2:00:10
Un paseiño pola Fundación Sales, un recuncho onde escapar do ruido da cidade. Outra opción é ir de museos e, xa que nos gustan os pequeniños, imos ata o Museo Anfaco de la Industria Conservera. E despois… algunha pedra atopamos sobre a que falar, as da Catedral de Ourense.
Luns 20/06/2022 20.06.2022 2:00:04
Tocar un instrumento está moi ben pero, ás veces, toca esperar para entrar nas pezas… iso levou a Isabel Rubio a probar na dirección. A xente de Dance Academy Vigo cóntanos que tal por Alemaña e marchamos cara o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia que están de 20 aniversario.
Venres 17/06/2022 17.06.2022 1:59:49
Último día da nosa visita ao instituto. Hoxe celebraban o I Congreso Interxeneracional de Saúde e abriron as portas, non só a nós. Pola radio volveron profes e alumnos, pero tamén Carlos Spuch, neurocientífico e co-titor no StemBach ou Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga Alzheimer.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds