Manuel Vicente

Efervesciencia

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.efervesciencia.org

Auteur

Manuel Vicente

Categorie

Science

Website van de podcast

www.efervesciencia.org

Nieuwste aflevering

13 sep. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Efer 509 (4-3-20): Ciencia e diversidade sexual 07.03.2020

1. Que dia a ciencia da diversidade sexual? Existen sesgos no estudo da naturez? Hai discriminación na comunidade científica das persoas LGTBIQ+? Conversamos con Javier Armentia @javierarmentia @PRISMAciencia @EEEPCompostela (2:55) 2. A RAGC anuncia a convocatorio dos Premios á Transferencia. Con Fernando Pérez (27:38) 3. O filósofo da ciencia Mario Bunge visto a ollos de Avelino Muleiro (34:41) A...

Efer 508 (26-2-20): Os nenos da varíola chegan ao teatro 27.02.2020

1. Recibimos a "Pérez & Fernández", Victoria e Manuel, antes da estrea no Salón Teatro de Compostela da adaptación na novela de María Solar "Os nenos da varíola" en coprodución co CDG. (2:30). 2. O académico Pedro Merino preséntanos a fascinante vida do enxeñeiro Comerma, homenaxeado no Día da Ciencia 2020 da Real Academia Galega de Ciencias. (18:11) 3. Na Guía do Ceo de Irene Baspino e Martin Paw...

Efer 507 (19-2-20): No lab dos minions, xenes saltaricos e volcáns 27.02.2020

Efer 507 (19-2-20): No lab dos minions, xenes saltaricos e volcáns A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Efer 506 (12-2-20): Un 11-F coas enxeñeiras do CITEEC [versión estendida] 26.02.2020

Visitamos a Agrupación Estratéxica do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil) da Universidade de A Coruña durante a xornada do 11 de febreiro, Día Internacional de Muller e a Nena na Ciencia. Realizamos un percorrido sonoro polas instalacións do CITEEC, coñecemos que é a enxeñería civil e debatemos en torno ao papel da mulleres científicas e tecnólogas. Coa parti...

Efer505 (5-2-20): Galaicos, un pobo entre dous mundos 16.02.2020

1. Galaicos, un pobo entre dous mundos (2:45) Como eran os pobos que viviron no que agora é Galicia desde o ano 1500 antes da nosa era ata chegada dos romanos? Como eran os habitantes da que logo se chamaría Gallaecia que se atopou Décimo Xunio Bruto no ano 137 antes de cristo cando atravesou o río do esquecemento, o río Limia posiblemente? Ata hai non moito os expertos coidaban que os habitantes...

Efer 504 (29-1-20): Monográfico aire limpo [versión estendida] 03.02.2020

Versión estendida do monográfico sobre a calidade do aire ao fío do proxecto europeo @trafairproject. Conversamos con José Ramón Ríos Viqueira (CITIUS, USC) e Jose Antonio Souto (Escola Técnica Superior de Enxeñería USC – CRETUS). Contamos tamén con declaracións de Mª Jesús Cruz Carmona, xefa do grupo de investigación de enfermidades respiratorias no Instituto Vall D’Hebron e coordinadora do progr...

Efer 503 (22-1-20): Curandeiros. Cloro. Ceo 23.01.2020

1. Os non moi lonxanos tempos do cólera en Galicia e a cloración da auga con @Moises_Canle 2. A loita contra as pseudoterapias chega aos xulgados con @FernandoCervera @apetp_ 3. Gañadores do premio @CeosGalegos 2019 de astrofotografía A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Efer 502 (15-1-20): O teu cerebro non son (só) neuronas 20.01.2020

1. Onde están as exolúas? Exocometas con Isabel Rebollido @Yollevoreloj [Baixo cúpula] (2:30) 2. As descoñecidas células de glía do teu sistema nervioso con Fernando de Castro @FdeCastroS (13:23) 3. A proba da Crew Dragon e outras novidades aerotrastornadas con @wicho (33:16) A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en htt...

Efer 501 (8-1-20): Heroes científicos 09.01.2020

Continuamos contando e cantando a mellor ciencia do ano desde o Paraninfo da USC acompañados co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores. César Muñoz Fontenla traballa nun laboratorio de máxima seguridade P4 en Hamburgo e tamén sobre o terreo en África. Este virólogo galego investigador do Instituto Bernhard-Nocht de Medicina Tropical analiza para nós os avances contra o ébola. O químico...

Efer 499-500 (1-1-20): Especial programa 500 03.01.2020

Programa especial dobre no que celebramos as 500 edicións en antena de Efervesciencia na Radio Galega. Desde o Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela coa música en directo do piano de Juanjo Fernández. Repasamos a mellor (e peor) ciencia do ano 2019 con @pawley @CesarGoldi @Estebanfmoreira @castoriva @dosiveiga Nacho Munilla, Irene Baspino e Rosa Pedrido. A nosa web oficial www.eferve...

Efer 495 (27-11-19): Diálogos de plástico con Touriñán e Gago 01.01.2020

Se xuntamos ao actor e cómico Xosé Antonio Touriñán xunto co investigador do Instituto Español de Oceanografía Jesús Gago a falar sobre os plásticos so pode pasar que o pasemos ben e aprendamos unha chea de cousas. Isto aconteceu na sede da Fundación en Santiago por iniciativa da Unión de Consumidores de Galicia. E polo medio estivemos os de Efervesciencia. Tamén coñecemos os casos de transferenci...

Efer 494 ( 20-11-19): O secuestro Prismático 01.01.2020

A Avoa de Einstein secuestrou no Ágora de A Coruña aos gañadores dos Premios Primas Casa das Ciencias á Divulgación. Conversamos con Jaume Villalta, Sergio Ferrer, Amparo Garrido, Sara Gil, Emilio García, Susana Escudero, Natalia Ruiz Zelmanovitch, Josemi Álvarez, Manuel González, Lluis Montolliu, Javier Salas, Marta Palomo, César Lopez y José Edelstein. @joseedelstein @Suescudero @sagilca @Palomo...

Efer 493 (13-11-19): Cánnabis, temos dereito á felicidade química? 23.12.2019

No mundo real, se existe un felicidade química, esta é o cánnabis. Nos últimos 20 anos o contido en principio activo, THC, do cánnabis consumido en España ten pasado do 5% ó 20 %. Iso quere dicir que un porro dos da agora equivale a fumarse 4 hai dúas décadas. Pra coñecer o que di a ciencia sobre o consumo do cánnabis en nenos e adolescentes estaremos no II Congreso Internacional sobre Cannabis e...

Efer 492 (6-11-19): A lei psicofísca que permite roubar galletas reformulada, con José Pardo 06.12.2019

Recomendamos escoitar este episodio con auriculares 1.- Se temos que comernos unhas galletas dun prato sen que se note sempre escolleremos a que mais galletas ten. Isto ten que ver coa lei de Weber. Jose Pardo é investigador no grupo Neurocom da Universidade de A Coruña, e ven de publicar o seu traballo dos últimos anos nos que reformula esta lei psicofísica. [2:18] 2. Segunda parte da campaña pro...

Efer 491 (30-10-19): 20 anos da Asociación Astronómica Sirio e conversa coa exoplanetóloga Zaira Modroño 26.11.2019

Desde o observatorio astronómico de Cotobade celebramos os 20 anos de andaina da Asociación Sirio con David Filgueira, Igor Piñeiro e Emma [2:13]. Elena Mora adiántanos a Semana da Ciencia no Instituto Galego de Fïsica de Altas Enerxías, IGFAE [22:18] A astrofísica Zaira Modroño Berdiñas da Universidade de Chile debúllanos a metade do premio nóbel de física 2019 que recibiron Michel Mayor e Didier...

Efer 490 (27-10-19): Tiburóns e plásticos nas praias 27.10.2019

1. Asistimos ao IV Encontro Internacional de crebeiros no CEIDA. Conversamos con Carles Vales (Ceida), Isabel García (Retoque Retro), Xosé Manuel Barros (Mar de Fábula) e Margarita Cimadevila (Ars Ciencia). (1:56) 2. A oceanógrafa Debora Iglesias traballa na Universidade de California-Santa Bárbara foi testemuña do caso de varias quenllas varadas na praia. Gonzalo Mucientes do IIM-CSIC cóntanos o...

Efer 489 (16-10-10): [Versión estendida] Un cabaliño do demo en Titán e outras historias do Astrogalicia 21.10.2019

[Versión estendida para podcast] Programa monográfico no Astrogalicia 19 en Castrelo de Miño. En compaña dos nosos amigo astrónomos viaxaremos nun vira a vira ó xélido Titán montados nun cabaliño do demo, faremos unha excursión por Marte e inmortalizaremos fotograficamente un burato negro. Con Alejandro Sánchez de Miguel da Universidade de Exeter, Marcos Álverez Merinero (Sociedad Astronómica Astu...

Efer 489 (16-10-10): Un cabaliño do demo en Titán e outras historias do Astrogalicia 21.10.2019

Programa monográfico no Astrogalicia 19 en Castrelo de Miño. En compaña dos nosos amigo astrónomos viaxaremos nun vira a vira ó xélido Titán montados nun cabaliño do demo, faremos unha excursión por Marte e inmortalizaremos fotograficamente un burato negro. Con Alejandro Sánchez de Miguel da Universidade de Exeter, Marcos Álverez Merinero (Sociedad Astronómica Asturiana), Matin Pawley, Scot Rafkin...

Efer 488 (9-10-19): A xanela ao universo de Forcarei cumpre 10 anos 19.10.2019

Visitamos o observatorio astronómico de Forcarei da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura para celebrar o seu 10 aniversario e coñecemos aos gañadores dos Premios de Investigación 2019 da Real Academia Galega de Ciencias. 1. As castañas de hoxe "creáronse" antes de Colón. Con Santiago Pereira (USC) Premio Investigadores Sénior RAGC (1:44) 2. Desde o observatorio astronómico de Forcarei, 10 anos ollando...

Baixo cúpula con Héctor Socas 06.10.2019

Conversa baixo a cúpula da Casa das Ciencias co astrofísico do IAC-CSIC e divulgador, e alma márter de @pcoffeebreak Héctor Socas A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Efer 487 (2-10-19): Cerebroides, neuronas en adultos e improvisación [Especial Neurociencia SENC19] 04.10.2019

Infiltrámonos no congreso 18 congreso da "Sociedad Española de Neurociencia" celebrado en setembro de 2019 en Santiago de Compostela. Descubrimos unha feixe de temas apaixonantes: - Cerebroides en placa petri - Curar cegueira restaurando conos na retina con optoxenética - Existe o libre albedrío? - Polémica sobre a neuroxénese de neuronas en humanos adultos - En ratiños de laboratoio os efectos po...

Efer 486 (26-9-19): VII Noite Efervescente e baixo a cúpula con Héctor Socas 26.09.2019

1. As vacacións da avoa de Einstein. Inicio da tempada 13 (0:00) 2. Carlos Fernández @AcuArchitects ten 16 anos e vén de gañar o concurso de vídeo científico para escolares Ciencia Clip cunha peza sobre arquitectura. (3:17) 3. VII Noite Efervescente desde Castrelo de Miño e Festival Divulgación. Un ano mais organizamos unha observación pública e inclusiva do ceo nocturno. Acompañáronnos os amigos...

A promo da tempada 13 02.09.2019

Retornamos ao noso horario habitual dos mércores ás 24 horas. Seguiremos a emitir o mellor dos últimos capítulos ata a chegada do outono. O 25 de setembro iniciaremos a nova tempada efervescente. Férvenos a mente! A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Carmen Burgués e Claudi Alsina, unha vida nas matemáticas 21.08.2019

Unha vida ensinando a aprender matemáticas: Carmen Burgués e Claudi Alsina. A nosa visión da JAEN celebradas en A Coruña organizadas por AGAPEMA. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

O graffiti tamén ten a súa ciencia, con @deborahciencia 21.08.2019

A arte contestataria do graffiti tamén ten a súa ciencia, con @deborahciencia A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Luister naar de podcast Efervesciencia in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds