Radio Municipal de Tui

Día a Día

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.ivoox.com

Auteur

Radio Municipal de Tui

Categorie

News

Website van de podcast

www.ivoox.com

Nieuwste aflevering

30 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Ent. Patricia González, frautista | Concerto en Música no Claustro 30.07.2026

A tudense Patricia González volve "a casa" este sábado co concerto que vai ofrecer en Música no Claustro xunto a Samuel Diz. Volverá actuar no lugar onde estudaba frauta con 15 anos e onde actuou na primeira edición deste festival. Hoxe falamos con ela do especial deste concerto, do festival e tamén da súa traxectoria profesional. Este sábado poderemos gozar da súa interpretación con temas que teñ...

Ent. Natalia Lago, A Fada do Aloia | Rutas A Maxia das Libélulas e A Casa da Lontra para darlle a benvida a agosto 30.07.2026

A Fada do Aloia, Natalia Lago, propón dúas rutas para esta fin de semana para darlle a benvida ao mes de agosto. O sábado será A Maxia das Libélulas e o domingo A Casa da Lontra. As dúas comezarán ás 11 h. A inscrición pode facerse no 619 96 90 90. Natalia Lago deunos todos os detalles desta proposta.

Ent. Noemí Guisande do Cineclub Tui e Manuel Diz de Xuntanza | Proxección en Randufe 30.07.2026

“Mirani, historia da miña familia” e o título da película que o Cineclub Tui vai proxectar mañá venres, ás 21 h, na Casa Cultural de Randufe,en colaboración coa Asociación Xuntanza. A entrada terá un prezo simbólico de 2 euros. Noemí Guisande do Cineclub Tui e Manuel Diz da Asociación Cultural Xuntanza, explicaron como xurdiu esta colaboración, que volverán repetir no mes de setembro.

Ent. María Jesús Prieto e Marta Pereira de Martei - Exposición Arte co Telas en Caldelas 29.07.2026

"Arte con telas" é o título da exposición que dende mañá xoves, 30 de xullo, se poderá visitar no Balneario de Caldelas. A mostra reúne a obra de María Jesús Prieto e de Marta Pereira de Martei. María Jesús Prieto presentará gran variedade de pezas realizadas en patchwork e Marta Pereira a primeira colección da súa marca Martei xunto a complementos e outras creacións. Hoxe contáronnos coma xurdiu...

Ent. Iria Prol, ilustradora - Obradoiro en Música no Claustro 29.07.2026

Realizar un caderno con ilustracións, da catedral, de músicos, de instrumentos musicais... é a proposta do obradoiro que Iria Prol, ilustradora, artista mural e deseñadora gráfica vai impartir a próxima semana, do martes 4 ao xoves 6 dentro da programación de Música no Claustro. Hoxe contounos como se vai desenvolver o obradoiro, a quen vai dirixido, e tamén nos deu conta do mural que realizou en...

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa e música, e Javier Alonso Pérez, director da AMdOR | Mundial de bandas en Kerkrade 29.07.2026

Hoxe viaxa cara Kerkrade, nos Países Baixos, a Agrupación Musical do Rosal para participar este sábado, 1 de agosto, ás 19 h no World Music Contest,o Mundial de Bandas. Unha cita a que acoden con moita ilusión e cun esixente programa para interpretar nesta competición. Así nolo contaron Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal e música da banda, e Javier Alonso Pérez, director da AMdOR, a poucos minut...

Ent. Samuel Diz, músico e director de Música no Claustro | XX Festival de Música, patrimonio e creación 28.07.2026

Música no Claustro cumpre vinte anos e o fai celebrando o seu legado ao longo destas dúas décadas. Será dende este sábado 1 de agosto até o venres 7 de agosto. Sete veladas musicais nas que se darán cita artistas que xa estiveron no festival e que convidan a outros músicos a sumarse a esta celebración. Con Samuel Diz repasamos o programa previsto - dispoñible en musicanoclaustro.com - e conversamo...

Ent. Marta Cendon, catedrática e presidenta do IET - Visita á Catedral 28.07.2026

Hoxe martes ás 20.30 h comeza no pórtico da Catedral a visita “As pegadas de 800 anos de arte na catedral de Tui” dentro do ciclo "Coñece o noso patrimonio" que organiza o Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui. Marta Cendón, catedrática e profesora de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela e presidenta do Instituto de Estudos Tudenses, será a encarga...

Espazo Comercio - Administración de Loterías nº1 28.07.2026

No tempo do Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, hoxe conversamos con Mónica Giráldez, da Administración de Loterías nº1 de Tui, que conta cunha longa traxectoria. Ofrecer un trato próximo, asesorar ao cliente e que mercar lotaría sexa unha experiencia agradable son parte dos obxectivos deste establecemento.

Raíces e Vangarda | Luns, 27 de xullo d 2026 27.07.2026

Pechamos temporada de radio do espazo que cada luns dedicamos á gastronomía con Judical Romero. Hoxe en Raíces e Vangarda, antes do descanso estival, degustamos un café repleto de matices, e preparamos unhas filloas recheas de marisco. Judicael Romero deunos os seus consellos e trucos.

Ent. Pablo González e Alfonso González - XXIV Noite internacional do Miño 27.07.2026

O folclore de Indonesia, Francia, Perú, Letonia e Galicia será protagonista maña martes na XXIV Noite Internacional do Miño. Dende as 21.30 h o Parque do Laxal, en Rebordáns, acollerá esta cita xa clásica no verán tudense. Pablo González e Alfonso González explicaron na Radio Municipal de Tui os detalles da proposta cultural.

Ent.Fernando Mao, Alma Salazar, Minerva Ojeda e unha supervivinte |Libro "Boas prácticas en atención a vítimas de trata" 24.07.2026

O próximo martes 28 ás 12 h preséntase na aula da UNED de Tui o libro "Boas prácticas en atención a vítimas de trata". Unha publicación que reúne experiencias e aportes de especialistas internacionais para fortalecer as estratexias de prevención, asistencia e protección das vítimas. Hoxe coñecemos máis sobre esta situación con Fernando Mao, presidente da Rede Alto ao Tráfico e Trata de Persoas; co...

Ent. Natalia Lago | Ruta nocturna e para ver bolborestas coa Fada do Aloia 23.07.2026

Dobre proposta a que realiza para esta fin de semana A Fada do Aloia. O sábado pola noite realizará a Noite Máxica coa colaboración de Antón Paz, monitor Starlight e o doingo pola mañá a Ruta das Bolboretas coa colaboración de Saba González. Cada unha ten un prezo de 10 € para nenos e nenas e de 14 € adultos. A reserva pode facer no 619 96 90 90. Natalia Lago, A Fada do Aloia, contounos como serán...

Ent. Domingo González Lopo, codirector | XVII Leccións Xacobeas Internacionais 23.07.2026

As XVII Leccións Xaobeas Internacionales da USC, organizadas pola Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións estanse a celebrar desde este luns co título Patrimonio e Voces do Camiño de Santiago. As persoas participantes realizaron esta mañá o tramo do Camio Portugués entre Cerdal e Tui, e esta tarde visitarán a Catedral e outros puntos da cidade. Coñecemos que son estas Leccións Xacobeas...

Ent. José Mª Vázquez, responsable doazón e xestión de colecta de ADOS - Doazón de sangue en Tui 23.07.2026

“Un alento de vida” é o lema da campaña que este verán leva a cabo a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e que esta tarde chega a Tui. o dr. José Mª Vázquez, responsable doazón e xestión de colecta de ADOS, incidía na nosa sintonía nos obxectivos da campaña e importancia da doazón de sangue xa que cada día son precisas 400 doazóns garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos n...

Ent. Marta Alonso Tejada - Peza multidisciplinar Sofá 23.07.2026

Marta Alonso Tejada xunto a Pablo Reboleiro, presenta este domingo en Tui “Sofá”. Trátase dunha peza multidiciplinar con danza, teatro, música en directo… que aborda as relacións de parella A cita será este domingo ás 20 h na igrexa de San Domingo. Marta Alonso Tejada explicaba o especial desta peza e do escenario onde a van levar a cabo. O espectáculo forma parte da programación cultural do verán...

Ent. Ana Mª Fernández, presidenta da Comisión de Festas | Festas na honra a Santa María Magdalena 23.07.2026

Cunha sardiñada, porco ao espeto, pulpeiro e a primeira verbena comezan hoxe as festas na honra a Santa María Magdalena en Ribadelouro. Até o domingo está previsto un amplo programa festivo no que terán concerto da Banda de Música Popular de Tui, actuación do grupos folclórico Santa Columba de Ribadelouro, actos relixiosos, poxas, verbena e tradición. Así nolo contaba a presidenta da Comisión de F...

Ent. Xoán Piñón | Concerto do dúo Doa 22.07.2026

Susana de Lorenzo e Xoán Piñón conforman o dúo Doa que este sábado, 25 de xullo, ás 20,30 h vai actuar na igrexa de San Domingo dentro da programación cultural do verán e do ciclo Cultura no Camiño. Doa conta cunha longa traxectoria e múltiples formación en función do concerto. Aquí en Tui chegan en formato dúo e contarán co colaboración de Fran Castro e Carlos Castro.

Ent. Daniel Macua, de Grovias Fútbol Gaélico | Mundiais e próxima temporada 22.07.2026

Cinco xogadoras do Club Grovias Fútbol Gaélico participaron nos mundiais desta disciplina coa Selección Galega, que volveu con tres trofeos. Loreto logrou coa selección Galicia A a vitoria na Copa Shield da categoría International LGFA Division 1. Pola súa banda, Kary, Sara, Noa e María conseguiron coa selección Galicia B o triunfo na categoría International LGFA Division 2. Daniel Macua, do club...

Ent. Valentín Santos e Gerardo Fernández, membros da Comisión de Festas | Festas de Santiago Apóstolo en Malvas 22.07.2026

A orquestra espectáculo madrileña La Misión abrirá mañá xoves as festas na honra a Santiago Apóstolo en Malvas. Comezan así tres día de festas con verbenas, porco ao espeto, concertos, tradición, e tamén innovación como a tractorada. Así nolo contaron Valentín Santos e Gerardo Fernández, membros da Comisión de Festas.

Espazo Comercio | Ideas Artesanas 21.07.2026

Artigos para bebé, elaboración de produtos artesanais, confección de artigos personalizados, bordados... e moito máis é que o que podemos atopar en Ideas Artesanas, na rúa Rosa Bahamonde. Conversamos con María Jesús Pérez, de Ideas Artesanas, sobre a súa aposta por continuar coa súa actividade profesional en Tui.

Ent. Elsa Roldán, cantante tudense 20.07.2026

A tudense Elsa Roldán é cantante e violinista. Reside en Madrid, agora mesmo está a estudar na Escola Superior de Música Reina Sofía, e onte domingo ofreceu un concerto na Catedral de Tui, dentro do Festival IKFEM 2026. Hoxe conversamos con ela, coñecemos a súa historia e como chegou até onde hoxe está.

Ent. Santiago Vega e Iago Eireos | Obradoiro de fotografía na Catedral de Tui 20.07.2026

“Tres olladas á Catedral de Tui: Arquitectura, emoción e narración” é o título do obradoiro de fotografía que a próxima semana se vai celebrar na Catedral de Tui organizado por Tude, o Museo Catedralicio Diocesano. Será impartido polo artista multidisciplinar Iago Eireos. Celebrarase o mércores 29 pola mañá, e o xoves 30 e venres 31 en horario de mañá e tarde. Ten un prezo de 15€ e é preciso inscr...

Sección Raíces e Vangarda con Judicael Romero | Parrilada de verán 20.07.2026

Hoxe no tempo de Raíces e Vangarda Judicael Romero danos o secreto para unha boa parrillada de verán con chuletón e verduras, e amais cóntanos o truco para elaborar os nosos propios refrescos.

Ent. Helena Pousa, presidenta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño | Visita martes 20 20.07.2026

A praza do Concello será mañá martes, ás 20.30 h, o punto de partida da visita polo Lugares Democráticos de Tui que forma parte do ciclo Coñece o noso patrimonio que organiza o Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui. Helena Pousa, presidenta da Comisión pola recuperación da memoria histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña, será a encargada de guiar este percorrido. Hox...

Luister naar de podcast Día a Día in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds