Radio Municipal de Tui

Día a Día

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.ivoox.com

Auteur

Radio Municipal de Tui

Categorie

News

Website van de podcast

www.ivoox.com

Nieuwste aflevering

23 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Ent. Rubén López, director Conservatorio de Tui | Inicio curso escolar 16.09.2026

210 alumnos e alumnas realizarán estudos musicais no Conservatorio e na Escola de Música de Tui neste curso escolar 2026-27. Este luns comezaron as clases no centro. Do inicio do curso falamos co director do Conservatorio, Rubén López.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Turismo, e Eva Gil de Galicia Suroeste - Espazos Efémeros 2026 16.09.2026

O edificio da praza da Inmaculada en Tui acollerá do 9 ao 12 de outubro Espazos Efémeros. É unha iniciativa de Galicia Suroeste, en colaboración co Concello de Tui, que busca dar a coñecer iniciativas vinculadas ao territorio coa presentación e venda de produtos e servizos. A inscrición está aberta até o 24 deste mes en galiciasuroeste.gal. Coñecemos todos os detalles con Ana Núñez, concelleira de...

Ent. Adrián Besada, organizador | SIBE 2026: Territorios sonoros 15.09.2026

A xornada “SIBE 2026: Territorios sonoros: identidad, poder e resistencia, que organiza a Sociedade de Etnomusicoloxía” celebrarase o 5 e 6 de decembro en Tomiño e Cerveira. Hoxe coñecemos que é este evento e como se vai desenvolver con Adrián Besada, organizador do mesmo. As propostas poden enviarse até o 1 de outubro. Toda a información en sibetrans.com

Espazo Comercio |Campaña "Remata as vacacións cun sorriso" 15.09.2026

Un total de 55 establecementos participan na campaña de promoción do comercio local "Remata as vacacións cun sorriso" que conclúe no día de hoxe. Teñen xa distribuídas máis de 3000 papeletas para o sorteo de de 5 vales de 30 € a consumir nos establecementos participantes. O sorteo realizarase o martes 29 na nosa sintonía. Así nolo contou Pepe Míguez, presidente de ACITUI.

Raíces e vangarda | Carpaccio de figos 14.09.2026

Hoxe inauguramos unha nova temporada da sección Raíces e vangarda, onde o chef Judicael Romero trae receitas tradicionais e de raíz con toques modernos. Ademais de aportar consellos e trucos para optimizar tempos na cociña e conseguir un plato de restauración. Este luns cociñamos carpaccio de figos.

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Programación setembro 11.09.2026

Oito son as proxeccións que durante este mes de setembro teñen programadas dende o Cineclub Tui. Dúas xa se celebraron nesta primeira semana, e agora haberá citas os martes 15, 22 e 29; os venres 18 e 25; e o xoves 17. Coñecemos os detalles con Noemí Guisande, do Cineclub Tui.

Ent. David Gómez-Casasnovas, director IES San Paio | Inicio Curso Escolar 2026-27 11.09.2026

583 alumnos e alumnas ten o IES San Paio este curso, cunha pequena baixada con respecto ao ano pasado. Así o confirmaba David Gómez-Casasnovas, director do centro. Destacaba as novidade deste ano, sobre o control do uso no dispositivos electrónicos ou un novo sistema de puntos.

Ent. Andrea Martínez, directora do CRA Mestra Clara Torres | Inicio curso escolar 2026/27 11.09.2026

O curso está xa tamén en marcha no Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres que conta neste momento con 4 aulas en Areas, Baldráns, Pexegueiro e Ribadelouro. Como novidade está a implantación da aula matinal e aula tardíos, grazas á implicación das familias, para facilitar a conciliación. Andrea Martínez, directora do CRA Mestra Clara Torres, fixaba como obxectivo poder seguir crecendo en alumna...

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño, Ana Forneiro, homenaxeada | Acto cívico do Alivio 11.09.2026

O Concello de Tomiño homenaxea este ano no acto cívico das Festas do Alivio a Ana Isabel Forneiro González, matrona do Centro de Saúde de Tomiño desde 1986 que acompañou durante catro décadas a varias xeracións de mulleres e familias do municipio. Será nun acto mañá sábado ás 21 h na praza do Seixo. Hoxe conversamos coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e coa homenaxeada, sobre este acto e a s...

Ent. María Urrutia, instrutora de taichí | Curso no Centro Sociocomunitario de Tui 10.09.2026

A partir do mes de outubro o Centro Sociocomunitario de Tui vai acoller un curso de taichí, impartido pola instrutora María Urrutia. Será os luns ás 18 h e o prezo son 20 euros por mes. As prazas son limitadas, e é necesario inscribirse no propio centro. María Urrutia detallou hoxe cales son algúns dos beneficios desta arte marcial, e que necesitamos para poder practicalo.

Ent. Dani Méndez, de Vórtice Dance | Clases de baile moderno no Liceo Casino de Tui 10.09.2026

Este mes de setembro comeza o curso de Baile Moderno no Liceo Casino de Tui. Unhas clases impartidas por Dani Méndez, de Vórtice Dance. El deu conta hoxe da información necesaria para inscribirnos neste curso, así como o balance do pasado ano. Contounos que comezarán a competir a nivel galego.

Ent. Esteban Areses, farmacéutico 10.09.2026

Dende 1850 a familia Areses Vidal leva unida á Farmacia. Este ano, Esteban Areses tomou a decisión de emprender un novo rumbo e vender o seu establecemento en Tui. Hoxe coñecemos con el a historia desta farmacia e os novos comezos que se abren agora na súa vida.

Ent. Fernando Pérez-Lozao, director IES Indalecio Pérez | Inicio Curso Escolar 2026-27 10.09.2026

O IES Indalecio Pérez Tizón estea este curso unha nova FP Básica de Auxiliares de Comercio. O centro conta este ano con arredor de 400 alumnos e alumnas entre ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Este ano centraranse no benestar emocional dos alumnado como liña de traballo e seguir mellorando os resultados académicos e a formación cívica, tal e coma indicou o seu director, Fernando Pérez-Loza...

Ent. Eduardo Rodríguez, profesor da Escola de Música do Conservatorio de Tui | Xornada de portas abertas 10.09.2026

Mañá venres ás 17 haberá unha xornada de portas abertas en Iniciación á Música no Conservatorio de Tui. Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas con idades entre os 5 e 6 anos. É unha actividade de balde na que aprenderán música a través do xogo, o baile e o canto. Un dos profesores que guiarán a xornada é Eduardo Rodríguez, quen deu hoxe os detalles da mesma.

Ent. Silvia Rodríguez, directora do CEIP de Caldelas | Inicio curso escolar 2026/27 10.09.2026

O CEIP de Caldelas rexistra este curso récord de alumnado con 117 matrículas en Infantil e Primaria. Este ano traballarán sobre o Bosque Autóctono, entre outros proxectos. Así nolo contou a súa directora Silvia Rodríguez.

Ent. Paulo Vaz, presidente do Hoquei Clube Valença | 12º Torneo de Hóckey Eurocidade 10.09.2026

400 deportistas participan esta fin de semana, dende mañá venres até o domingo, no 12º Torneo de Hóckey Eurocidade Tui-Valença, que organiza o Hoquei Clube Valença. Serán 14 os equipos participantes, 10 portugueses e 4 españois. Así nolo contou o presidente do club organizador, Paulo Vaz.

Ent. Verónica Martín, directora do CEIP Pazos de Reis | Especial Volta ao cole 2026-27 09.09.2026

O CEIP Pazos de Reis inicia o novo curso con 124 alumnos e alumnas. Do inicio do curso falamos coa súa directora, Verónica Martín, quen destacou que o obxectivo é "crear un lugar seguro para toda a comunidade educativa".

Ent. Paula Lima, directora do CEIP de Guillarei | Especial Volta ao cole 2026-27 09.09.2026

91 alumnos e alumnas estudarán este curso no CEIP de Guillarei. A súa directora Paula Lima deu a benvida ás clases na nosa sintonía e explicou as novidades deste curso no centro.

Ent. Carmen López, directora do CEIP Nº2 | Especial Volta ao cole 2026-27 09.09.2026

O CEIP Nº2 de Tui contará este curso con 300 alumnos e alumnas. Coñecemos este inicio de curso coa súa directora Carmen López.

Ent. Sandra González, directora CEIP Randufe | Especial Volta ao cole 2026-27 09.09.2026

O curso escolar 20256/27 comeza no CEIP de Randufe con 120 alumnos e alumnas. Sandra González, directora deste centro educativa explicaba como se inicia este novo curso.

Ent. Nerea Castro, directora CEIP de Rebordáns | Especial Volta ao cole 2026-27 09.09.2026

O CEIP de Rebordáns contará este curso escolar 2026/27 con 99 alumnos e alumnas, mantendo a cifra do ano pasado. A súa directora Nerea Castro, explicou como se presenta este inicio de curso.

Ent. Nuria Garabal, directora CEIP Nº1 | Especial Volta ao cole 2026-27 09.09.2026

O CEIP Nº1 de Tui contará este curso con 188 alumnos e alumnas. Coñecemos este inicio de curso coa súa directora Nuria Garabal.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade | Inicio do curso escolar 2026/27 09.09.2026

Hoxe, mércores 9 de setembro, comeza o novo curso escolar, en Tui con máis de 2.100 alumnos e alumnas. Abordamos este inicio coa concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente. Deu conta das obras realizadas durante o periodo estival, e tamén os desexos dun bo curso escolar. Refereiuse tamén á situación do CEIP de Pazos de Reis.

Ent. Elvira Somoza e Patricia Pérez de Idades | Curso de Atención Sociosanitaria 08.09.2026

Do 21 de setembro ao 4 de novembro vaise impartir no Centro Municipal de Formación e Emprego do concello de Tui en Guillarei un curso de “Atención Sociosanitaria no domilicio”. Celebrarase de luns a xoves e 16.30 a 20.30 h, cun total de 150 horas lectivas das que 100 será teóricas e 50 de prácticas en empresa. O curso promovido pola empresa Idades coa colaboración do Concello de Tui. O curso vai d...

Espazo Comercio | María Lamas, de Dequip Tui 08.09.2026

Todo preparado para a volta ás clases e a rutina en Dequip Tui. Este establecemento, situado na súa Casal Aboy, ofrece todo tipo de produtos de cara a este novo comezo: zapatillas, roupa deportiva, complementos... Ademais de ofrecer descontos a persoas socias de diferentes ANPAS. Así nolo contou hoxe María Lamas, de Dequip Tui, no noso Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI.

Luister naar de podcast Día a Día in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds