AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal

Forfatter

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podkastens nettsted

agalegaaudio.gal

Siste episode

5. okt 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

Irving Penn 24.12.2024

Mónica Maneiro comenta a exposición sobre Irving Penn organizada pola Fundación Marta Ortega Pérez (Fundación MOP) no porto da Coruña

A crónica deportiva 24-12-2024 24.12.2024

Actualidade deportiva

Axudádeme a sentir...tamén polo Nadal 23.12.2024

‘O que está a pasar en Galicia é algo único no mundo’. Xabier Díaz e Adufeiras de salitre andan a xirar con ‘Axúdame a sentir’, o seu último traballo

Sun Iou 23.12.2024

Carlos Crespo tráenos a Sun Iou, rock melódico de raíz en feminino desde o barrio vigués de Teis. E unha estrea en primicia...

Cantares e contares 23.12.2024

Escolmando na memoria sonora: a importancia da oralidade. A banda de música tradicional Tres Pesos (Pepe de Calo, Xoán Porto e Felisa Segade) tocan e cantan no Diario Cultural pezas do seu disco novo ‘Cantares e contares’.

Chelo Loureiro e Ana Vallés, medalla de ouro das Belas Artes 23.12.2024

Chelo Loureiro, medalla de ouro ao Mérito nas Belas Artes ”É un recoñecemento inesperado para todo o audiovisual galego”. O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, destaca o traballo da cineasta á fronte da produtora Abano, que fundou en 2007. Chelo Loureiro xa ten catro premios Goya e na edición do ano que vén optará ao quinto pola curta "Lola, Lolita, Lolaza", de Mabel Lozano. Cómpre sali...

A crónica deportiva 23-12-2024 23.12.2024

As explicacións dos protagonistas trala derrota do Depor por 0 a 4. Óscar Gilsanz, Lucas Pérez e Pablo Vázquez. O Celta despide o ano con vitoria, boas sensacións e ilusión. Desastre na 1ª RFEF. Sen vitorias galegas. O Obradoiro xoga a ida de 4º da copa de España. 20:45h en Valladolid.

Cen anos da arracada de Vilar de Santos 20.12.2024

“É u nha peza excepcional” César Llana, director do Museo arqueolóxico de Ourense. Centenario da descuberta da arracada de Vilar de Santos Esta tarde, no salón multiusos do consistorio haberá unha xornada dedicada a esta alfaia do noso patrimonio castrexo e tamén se procederá a entregar unha arracada de honra á familia do seu descubridor

Imos ao circo 20.12.2024

Afonso Becerra lévanos ao circo de pista, de rúa, de pallasos...

Concertos de Nadal 20.12.2024

Opcións para desfrutar de música en directo de diferentes xéneros durante as festas. Músicos de rock vigueses promoven o concerto 'Wonder Christmas', Carlos Núñez leva a súa xira de Nadal por Ferrol, Pontevedra, Vigo e A Coruña e Fisión Atlántica unen a música de Haydn, as danzas de Reis e a prosa de Suso de Toro.

Lecturas de Nadal con música 20.12.2024

Eva Mejuto tráenos lecturas musicais para este Nadal. Cantacontos de Nadal converte catro panxoliñas en historias ilustradas por Fernando Martín. Agora que vén a noite, de Marcos Calveiro, conta unha historia adolescente de acoso e redención que formará parte do espectáculo 'Axudádeme a cantar', creado por Felisa Segade e Montse Rivera, dúas das compoñentes de Leilía.

A crónica deportiva 20-12-2024 20.12.2024
Arranca a XIX edición de Rebulir 19.12.2024

“Buscamos o abrazo das culturas” Arranca en Ourense o Festival Internacional Rebulir, que chega a súa edición número dezanove e, o seu directorAlexandre Sotelino, dános tódalas claves. O FIR 2024 é un espazo de convivencia intercultural con vocación pedagóxica que se fai latente nas múltiples actividades socioeducativas que integran o programa. Entre os premiados deste ano, a Asociación de Gaiteir...

'Cónclave' e 'Un lío de millones' 19.12.2024

Moncho Lemos recomenda dúas películas para a fin de semana: ‘Cónclave’, de Edward Berger, un thriller ambientado no Vaticano con Ralph Fiennes de protagonista. ‘ Un lío de millones’, comedia española de enredo dirixida por Susan Béjar.

Pava convértese en banda con 'Pava 3' 19.12.2024

O proxecto musical de Lucía Aldao é xa un grupo, o que asina e interpreta as cancións deste terceiro traballo, 'Pava 3', con títulos tan suxestivos como 'Catastro', ' O himno da lesión' ou 'Tremendamente coquetas'. A presentación en directo será o 5 de xaneiro na sala Mardi Gras da Coruña

Catro estreas galegas 19.12.2024

Tito Lesende pica novas cancións de proxectos musicais galegos de diferentes xéneros. Do 'Tradi' de Budiño á colaboración de Caamaño &Ameixeiras con Rodrigo Cuevas en 'Catro cousas', pasando por 'Déjà vu' de Dios ke te crew e 'Inercia, parte III' dos John Deeres.

A crónica deportiva 19-12-2024 19.12.2024

Analizamos con Javi Torres a previa do RCDeportivo - CD Castellón. Analizamos con Raúl Villares a derrota do Racing Club Ferrol. Última hora do RC Celta con Víctor López. Fran Hernández exerce de adestrador interino do Obradoiro.

Visitamos o coro orixinal do Mestre Mateo 18.12.2024

"Conseguimos moito, pero aínda queda traballo arreo". Unha investigación da USC reconstrúe virtualmente o coro do mestre Mateo da catedral de Santiago, desmontado no século XVII . Falamos con Francisco Prado-Vilar, investigador principal de  KosmoTech_1200

Resumo do trimestre 18.12.2024

Con Raquel C. Pico repasamos as curiosidades máis interesantes de cantas trouxo a este espazo semanal no último trimestre do ano.

BD en feminino plural 18.12.2024

Manel Cráneo analiza o aumento de autoras de banda deseñada e recomenda obras de Emma Ríos, Aldara Prado, Alicia Jaraba, Bea Gregores ou Ana Moreiras

A crónica deportiva 18-12-2024 18.12.2024

Ás 19:00h na Malata, Racing C Ferrol - UD Almería. Última hora con Raúl Villares. No RC Deportivo, Óscar Gilsanz analiza ao CD Castellón e fala dos ánimos dos seareiros en Tenerife. O Real Zaragoza acepta a dimisión de Víctor Fernández coma adestrador. No Obradoiro, o director deportivo Héctor Galán explica os motivos do cesamento de Gonzalo Rodríguez Palmeiro e recoñece como opcións a Félix Alons...

‘Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria’ 17.12.2024

“Son máis ca fotos. O discurso complétase con outras actividades artísticas”. Xa pode verse en Vigo ‘Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria’. O eixe narrativo da exposición  do fotógrafo Blas González é a nostalxia emocional que provocou na súa nai o desastre paisaxístico e medioambiental da desecación da Lagoa de Antela en 1958.

Os corpos fráxiles 17.12.2024

Dolores Vilavedra comenta ‘Os corpos fráxiles’, de Sofía Ruvira. A primeira novela da autora trata da relación entre unha neta e unha avoa. Sobre a descuberta da finitude, da fraxilidade.

'Ao meu pai' 17.12.2024

Mónica Maneiro comenta a mostra 'Ao meu pai', que o artista Teo Soriano expón na Galería Vilaseco da Coruña.  A exposición homenaxea o proxenitor do artista, defensor do legado artístico de Soriano desde o grave accidente que sufriu, e inclúe 12 obras, seleccionadas pola directora de Vilaseco, Miriam Pérez, e o artista Álvaro Negro. 'Ao meu pai' pode visitarse ata o 21 de febre...

A crónica deportiva 17-12-2024 17.12.2024

Hør på podkasten Todos os podcast | A crónica deportiva i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.