AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal
Forfatter
AGalegaAudio
Kategori
Podkastens nettsted
Siste episode
5. okt 2026
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
A crónica deportiva 07-01-2025 07.01.2025 30:00
Protagonismo competitivo para a última hora das Copas de fútbol, baloncesto e fútbol sala con participación galega nesta xornada.
Machetazo e Dioivo 06.01.2025 12:25
Patty Castro lémbranos a traxectoria dunha banda mítica do deathgrind, os coruñeses Machetazo. Tamén falamos do poder crerativo do dúo vigués Dioivo.
"Cousas que soan" 03.01.2025 11:19
A valenciá Sandra Gómez presentou dias atrás en Vigo o seu espectáculo de danza contemporanea "Cousas que soan". Afonso Becerra descríbenos esta peza que pon o foco na sonoridade da relación entre persoas e obxectos.
Libros para pedirlle aos Reis 03.01.2025 12:58
Moitos pais están pensando en que entre os agasallos dos Reis para os pequenos da casa haxa tamén libros. Eva Mejuto fainos varias propostas: "Nadalario", de Rena Ortega; "Soño de neve", de Eric Carle; e o calendario de Rosa de Cabanas "O mundo na cabeza".
"Herexe" e "A luz que imaxinamos" 02.01.2025 16:25
Moncho Lemos fálanos de "Herexe", unha película de terror de Scott Beck e Bryan Woods, cunha loubada interpretación de Hugh Grant. Tamén comentamos "A luz que imaxinamos", unha produción india, premiada en Cannes, e que opta aos Glovos de Ouro.
Discos galegos para 2025 02.01.2025 7:55
Tito Lesende avanza os próximos lanzamentos dalgúns músicos galegos como Carlos Ares, Heredeiros da Crus, Carla Lourdes ou De Ninghures.
A crónica deportiva 02-01-2025 02.01.2025 30:00
A renovación de Iago Aspas. A previa do partido Breogán-Manresa
O Lanzarote de Jesús Madriñán 31.12.2024 9:18
anzarote' recolle parte do traballo que o fotógrafo Jesús Madriñán realizou nesta illa canaria durante 2024. Unha mirada á identidade do lugar no que conflúen persoas migrantes e turistas, a través de imaxes e bodegóns elaborados con residuos. A mostra pode visitarse ata o 31 de xaneiro na Galería Trinta de Santiago.
Resumo do ano clásico e metaleiro 30.12.2024 18:28
Pablo Sánchez Quinteiro e Patty Castro resúmennos o ano no metal e na música clásica en Galicia. Soan cancións Zënzar e Brutal, obras de Beethoven e Johan Strauss, e falamos da historia do metal galego, do auditorio Fuxan os ventos e da Orquestra Vigo 430.
Resumo do ano clásico e metaleiro 30.12.2024 18:28
Patty Castro e Pablo Sánchez Quinteiro resúmennos o ano no metal e na música clásica en Galicia. Soan cancións Zënzar e Brutal, obras de Beethoven e Johan Strauss, e falamos da historia do metal galego, do auditorio Fuxan os ventos e da Orquestra Vigo 430.
40 anos da OCV 27.12.2024 8:33
“Queremos poñer en valor o traballo desenvolvido” A Orquestra Clásica de Vigo celebra o seu 40 aniversario sendo a decana das formacións orquestrais de Galicia. Conversamos co seu director técnico, Manuel Martínez. O domingo ofrecerán un concerto extraordinario de Nadal co Teatro Afundación cheo a rebentar para escoitar obras de Tchaikovsky e Rachmaninov
O mellor das artes escénicas 27.12.2024 14:24
Afonso Becerra tráenos o balance do ano no ámbito das artes escénicas, que ten coma nome propio o de Ana Vallés, medalla de ouro ao mérito nas Belas Artes. E tamén escolle a súa obra teatral favorita deste 2024...
9Louro debuta con 'Nove Noves' 27.12.2024 16:01
O muradán Martín Louro publica o seu primeiro disco con só 20 anos. 'Nove Noves' é un percorrido por diferentes formas de expresión musical dentro do ámbito das músicas urbanas.
Un ano de lecturas LIX 27.12.2024 11:52
Eva Mejuto resume o 2024 no ámbito da literatura infantil e xuvenil en Galicia. Álbums ilustrados, BD, teatro, poesía... De Manuel Rivas e Ledicia Costas ás traducións de Heartstopper, Pippi Mediaslongas ou David o gnomo
A crónica deportiva 27-12-2024 27.12.2024 29:58
Fer López fala do debut co Celta e da súa lesión de nocello. No Racing, catro partidos de sanción a Cristóbal Parralo. No Básquet Coruña, Diego Epifanio explica a saída de JL Figueroa. No Breogán, Luís Casimiro, feliz con Dae Dae Grant.
Jaime Pena, un home de cine 26.12.2024 12:43
Jaime Pena, director da Filmoteca de Galicia “Afronto este labor con ilusión, ambición e responsabilidade. O coruñés leva tres décadas coma programador na institución, e dende novembro está á fronte do arquivo fílmico galego, que restaura, recupera e dixitaliza o noso patrimonio cinematográfico.
'Nosferatu' e 'Sin instrucciones' 26.12.2024 11:51
Moncho Lemos comenta dúas películas que xa están nos cines: “Sin instrucciones”. A última de Paco León, dirixida por Marina Seresesky. Un remake da cinta mexicana de 2013 'No se aceptan devoluciones', de Eugenio Derbez. “Nosferatu”, de Robert Eggers. Nova versión da película homónima de 1922 de F.W. Murnau, baseada na novela 'Drácula', de Bram Stoker
2024 en cinco cancións 26.12.2024 15:40
Tito Lesende escolle cinco cancións de 2024 para resumir o momento que vive a música galega. Da consagración de The Rapants ao retorno de Berto con Resaca Emocional, os novos discos de Baiuca e Carlangas, o renacemento da Pedreira e a estrea de Carlos Ares.
A crónica deportiva 26-12-2024 26.12.2024 29:58
O Racing ratifica a Cristobal Parralo. Balaídos, escenario da renovación de Iago Aspas e da pedida de man de Gabri Veiga. O Burela FS xoga mañá en Santa Coloma de Gramanet.
A Gramola Gominola 24.12.2024 14:00
Xa vén o Apalpador! A Gramola Gominola presentan o libro-disco e tamén espectáculo ‘O Nadal da avoa Fina’. Paula Romero e Anxo Sánchez debullan connosco os temas rockeiros para toda a familia que fan parte deste novo traballo.
'Ben mantidos' 24.12.2024 11:33
Dolores Vilavedra comenta e recomenda ‘Ben mantidos’, de Xabier Castro Pérez. Un percorrido polos maiores e máis ilustres protagonistas da nosa gastronomía, dende o cocido e o caldo ata o polbo ou as empanadas.
Tocan panxoliñas!!! 24.12.2024 15:06
“Para que unha tradición siga viva ten que ser do pobo”. Conversamos de panxoliñas con Gustavo Couto: do tradi ao rock pasando polos clásicos angloxasóns.
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.