Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.ivoox.com
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
Proxecto MARCOS: concentración agraria sen impacto ambiental nin na propiedade 15.07.2015 10:01
O enxeñeiro agrónomo Iván Díaz López deseñou un modelo de concentración agraria e recuperación de terras abandonadas que evita o impacto da concentración parcelaria e escapa dos cambios de titularidade dos terreos. O proxecto MARCOS avoga por destinar terreo agrario a quen o precisa favorecendo tamén aos titulares das terras. Se queres coñecelo, só tes que premer para escoitalo!
Estratexias para recuperar terras de cultivo abandonadas 13.07.2015 10:01
O abandono e perda das terras de cultivo ou da superficie agraria útil en Galiza é un problema cada vez máis acuciante. No último seminario de verán da USC sobre medio rural debatéronse as distintas formas que existen hoxe en día de recuperar terras agrarias para a produción sen alterar a titularidade dos terreos. Hoxe coñecemos algunhas destas extratexias co membro do Laboratorio do Territorio da...
O impacto ambiental das fumigacións nas estradas 08.07.2015 10:01
Na última década a fumigación das beiras das estradas, chegada a primavera, xa é unha práctica habitual que preocupa, e moito, aos grupos ecoloxistas e aos defensores da saúde ambiental e das persoas. Neste programa de Radio Cerna abordamos esta problemática ambiental e os impactos derivados da fumigación masiva de estradas, que en Galiza ten unha especial relevancia. Facémolo co biólogo Cosme Dam...
A historia da balea vasca en San Cibrao 06.07.2015 10:01
O Museo do Mar de San Cibrao, dependente da rede museística da Deputación de Lugo, conserva a mellor colección de ósos desta especie xa extinguida. Neste espazo coñecemos a historia que envolve a balea vasca nos mares de Lugo, desde o século XIII, así como os vestixios que se conservan dese patrimonio nas instalacións do Museo do Mar.
Boletín informativo ambiental 03/07/15 03.07.2015 10:01
Neste espazo Cerna facemos repaso das novas ambientais máis destacadas acontecidas en Galiza na última semana. Escóitanos!
O polémico plan de conservación da Praia das Catedrais 01.07.2015 10:02
Hoxe entra en vigor o polémico plan de conservación da praia das Catedrais que tamén tratará de regular o acceso de visitas ao monumento natural. Desde Radio Cerna quixemos coñecer mellor que implica este plan e cales son os seus defectos e virtudes coas dúas partes protagonistas na polémica xerada arredor da súa aprobación: a Consellaría de medio ambiente e o concello de Ribadeo. Por motivos que...
Capacidade de acollida nos espazos naturais protexidos 29.06.2015 10:01
A capacidade de acollida de visitantes que teñen os espazos naturais protexidos convértese nun tema de actualidade con motivo da presión turística que están a sufrir enclaves naturais galegos como a Praia das Catedrais de Ribadeo. Neste espazo coñecemos a guía máis recente publicada no Estado español onde se determina o método e os aspectos a ter en conta para calcular a capacidade de acollida dos...
Boletín informativo ambiental 26/06/15 26.06.2015 10:02
Escoita unha nova xeira de actualidade no eido ambiental de Galiza. Neste espazo repasamos as novas ambientais da semana.
As consecuencias no ambiente do escuro TTIP 24.06.2015 10:01
O Tratatado Transatlántico de Comercio e Investimento entre a UE e os Estados Unidos pode acarrear prexuízos irreversible para o noso medio ambiente. A lexislación europea de carácter ambiental e de seguridade alimentaria podería quedar sen efecto con enormes consecuencias para a protección ambiental e tamén para a nosa saúde. En Galiza, Amigos da Terra está a abandeirar esta loita contra o TTIP c...
Lugoterra: o portal do turismo natural de Lugo 22.06.2015 10:01
Lugoterra.com é o primeiro portal web para o turismo natural da provincia de Lugo. Foi elaborado pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo en 2013 co obxectivo de concentrar nun único escaparate toda a oferta turística da provincia destinada a aqueles visitantes que queren gozar da paisaxe diversa e do inmenso patrimonio natural e cultural dos seus catro xeodestinos.
Boletín informativo ambiental 19/06/15 19.06.2015 10:01
Repasamos as novas ambientais de Galiza da última semana. Tan só en 10 minutos coñece o que está a acontecer no teu medio!
Experiencias sostíbeis no monte galego co porco celta 17.06.2015 10:01
Varias experiencias que se están a desenvolver no monte galego relacionadas co porco celta están a demostrar que son sustentables desde o punto de vista ambiental, social e económico. Neste espazo descubrimos en que consiste un método innovador de manexo de porco celta nos montes galegos promovido pola Asociación de criadores e produtores de porco celta, Asoporcel. Estas experiencias aparecen reco...
Experiencias sostíbeis no monte veciñal: Montes de Carballo e Paraños 15.06.2015 10:00
Neste espazo e no do mércores abordaremos varias experiencias que se están a desenvolver no monte galego que son sostibles e que escapan do modelo produtivo convencional do monte como produtor de madeira de crecemento rápido. Son algunhas das iniciativas recollidas na publicación "Experiencias sotíbeis no monte galego" promovida por ADEGA e outras 50 entidades, dentro da campaña "Cousa de Raíces"...
Boletín informativo ambiental 12/06/15 12.06.2015 10:01
Como todos os venres, hoxe repasamos as novas ambientais máis relevantes da última semana. Coñéceas!
Que lle pasa ao solo galego cando pasa de agrario a forestal? 10.06.2015 10:01
A esta e a outras preguntas quixo dar resposta unha tese desenvolta no Instituto de investigacións Agrobiolóxicas e Galicia e defendida recentemente na USC. Se ben, o cambio de forestal a agrario e a súa incidencia no medio edáfico está máis estudado, esta investigación despexa algunhas dúbidas relativas ao impacto que sofre o solo de cultivo galego logo da súa transformación en terreo forestal, e...
Boletín informativo ambiental 05/06/15 05.06.2015 10:00
Repasa con nós a información ambiental que deixa esta Semana Mundial do Medio ambiente en Galiza!
Cambio climático e enfermidades reumáticas 03.06.2015 10:01
O clima e o cambio climático inflúen nas doenzas das persoas. O INIBIC está a estudar como inflúe a mudanza climática nas enfermidades reumáticas. Segundo os expertos, segundo a doenza reumática que se teña, a influencia do quecemento global será positiva ou negativa. Escoitemos ao Dr. Francisco Blanco.
Canto valen os bosques? O caso de Menorca 01.06.2015 10:01
Unha enxeñaría ambiental deseña un método de cálculo para establecer canto valen os bosques, tanto polo seu valor produtivo, como ambiental ou social. A través desta metodoloxía determinou que os bosques de Menorca valen cando menos 540 millóns de euros, o prezo que suporía suplir todos os beneficios e servizos que reporta. Entrevistamos a un dos autores deste estudo.
Boletín informativo ambiental 29/05/15 29.05.2015 10:01
Neste espazo repasamos as novidades da actualidade ambiental desta semana no territorio galego. Non o perdas!
Unha nova Lei do Voluntariado discriminatoria e confusa 27.05.2015 10:00
O anteproxecto da nova Lei de Voluntariado de España xa chegou ao Congreso. Esta proposta substituiría, de ser aprobada, a antiga normativa procedente de 1996. Pese a que é un cambio moi demandado pola sociedade e o terceiro sector, principalmente, sufriu cambios con respecto ao borrador orixinal que resultan discriminatorios e confusos, segundo os colectivos sociais. Hoxe falamos coa entidade que...
ADEGA convoca a IV Limpeza simultánea de praias galegas 25.05.2015 10:01
Os días 6, 7 e 8 de xuño terá lugar a IV limpeza simultánea de praias que cada ano, desde hai catro, convoca ADEGA con motivo do Día dos Océanos. O obxectivo é concienciar á sociedade sobre a necesidade de manter limpos os areais de residuos, os cales que constitúen unha ameaza para a biodiversidade dos mares e océanos, ademais de poñer en risco a supervivencia dalgunhas especies protexidas que ha...
Boletín informativo ambiental 22/05/15 22.05.2015 10:01
Neste programa CERNA facemos repaso da actualidade ambiental da última semana.
A primeira guía de feísmo en Galiza 20.05.2015 10:01
Vense de publicar a primeira guía do feísmo en Galiza na que se establecen ata 34 tipoloxías diferentes de exemplos que perturban a paisaxe galega. Os promotores desta publicación dixital (Horreum, IBADER e o Observatorio Galego do Territorio) tentan concienciar á cidadanía sobre os impactos que determinadas intervencións humanas xeran no territorio, mesmo aquelas que foron presentadas por adminis...
Vía libre para a fumigación masiva de eucaliptos 18.05.2015 10:01
O Ministerio de Medio ambiente autoriza aos propietarios forestais fumigar cun tóxico perigos para as abellas a todos os eucaliptais afectados coa praga do gorgullo das provincias da Coruña, Pontevedra e nas comarcas do Ribeiro e a Mariña luguesa. Ecoloxistas e apicultores advirten dos perigos deste principio activo (taufluvalinato) para a cabana apícola,a contaminación ambiental e a saúde pública...
Boletín informativo ambiental 15/05/15 15.05.2015 10:01
A actualidade ambiental da semana en Galiza nun só clic! Escóitanos!
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.