Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.ivoox.com
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
Os camiños do oso pardo en Galiza 04.11.2015 10:01
A Universidade de Vigo determina cales son os camiños predilectos de paso para o oso pardo en Galiza. O obxectivo desta investigación, dirixida polo profesor de Enxeñaría forestal Enrique Valero, é favorecer a protección da especie coidando e preservando, ao mesmo tempo, as súas zonas de paso e evitando puntos sensibles nos que se poida ver ameazada. Coñecemos o proxecto a fondo co seu director.
Boletín informativo ambiental 30/10/15 30.10.2015 10:02
Aquí vai unha nova entrega do boletín informativo ambiental de Galiza que repasa a actualidade relacionado co noso medio natural.
Conclusións científicas sobre os impactos do eucalipto nitens 28.10.2015 10:01
A bióloga María Calviño, da Universidade de Vigo, explica cales son os impactos do eucalipto nitens segundo consenso da comunidade científica. Esta investigadora participou na valoración e ditame final sobre os impactos do viveiro deste tipo de planta que Ence prevía desenvolver na ría de Navia, en Asturias. Este proxecto foi descartado recentemente por unha sentenza da Audiencia Nacional polos se...
Unha sentenza prohíbe plantar eucalipto niptens en espazos públicos 26.10.2015 10:01
Unha sentenza da Audiencia Nacional prohíbe a plantación de eucalipto niptens en espazos públicos. O fallo derivou dun recurso da filial asturiana de Ence, Ceasa, contra o rexeitamento administrativo dun proxecto que pretendía a plantación de 4 millóns de plantas de eucalipto niptens en territorio de dominio público marítimo-terrestre. A raíz desta sentenza, a Alianza rural galega, conformada por...
Boletín informativo ambiental 23/10/15 23.10.2015 10:01
Acompáñanos nesta viaxe pola actualidade do medio ambiente galego. Coñece a realidade ambiental de Galiza!
A loita contra a avespa asiática non avanza 21.10.2015 10:01
"A loita contra a avespa asiática non avanza", así é como o manifestan os apicultores que reclaman a atención da Xunta para mellorar o protocolo de control e promover un equipo de investigación que deseñe medidas efectivas contra a propagación desta praga. Xesús Asorey, secretario de AGA, explícanos como está a evoluír a loita contra a avespa invasora e as demandas dos apicultores galegos ao respe...
A avespa autóctona, prexudicada pola loita contra a avespa asiática 19.10.2015 10:01
ADEGA chama a atención sobre os danos colaterais que está a sufrir a avespa común e europea (crabro) por mor da loita contra a invasión da avespa asiática. O colectivo denuncia que moitas accións de eliminación de niños están a actuar contra niños de avespa autóctona ante o descoñecemento polo persoal executor das diferenzas coa avespa velutina. Demanda que se informe á cidadanía e a todo os axent...
Actúa contra o uso do glifosato! 14.10.2015 10:01
A plataforma fumigacionsnon.org e Rural contemporánea lanzan a campaña #libresdeglifosato para que a cidadanía presente mocións nos seus concellos para a prohibición do uso do glifosato na fumigación de espazos públicos. Neste espazo de Radio Cerna coñecemos a campaña e as ferramentas que nos ofrece para facer cumprir o noso dereito a non ser fumigados con este tipo de químico tóxico, que se aplic...
Boletín informativo ambiental 09/10/15 09.10.2015 10:01
Repasamos neste espazo a actualidade ambiental da semana en Galiza.
Avaliando o estado de conservación da píllara das dunas 07.10.2015 10:02
Este venres, ADEGA coa colaboración da Consellaría de Medio Ambiente, dará a coñecer a situación ou estado de conservación da píllara das dunas. Convoca a toda a cidadanía a asistir a unha xornada de divulgación sobre esta ave protexida que terá lugar no Centro de Visitantes do PN das Illas Atlánticas. Expertos e coñecedores da píllara estarán presentes para reflexionar e propoñer actuacións de me...
Camiño do Sol: mobilización dos estafados no investimento en enerxía fotovoltaica 06.10.2015 10:01
"Camiño do Sol" é como se chamou á marcha de persoas investidoras en enerxía fotovoltaica que chegou hai poucos días a Santiago para reivindicar un novo modelo enerxético que prime ás enerxías renovables e que non endebede aos seus investidores. Os protagonistas desta mobilización séntense estafados polo Estado que, nun principio animou á sociedade a investir en enerxía fotovoltaica, pero que nos...
Boletín informativo ambiental 02/10/15 02.10.2015 10:01
Neste boletín informativo recollemos as principais novas acontecidas nesta semana no eido ambiental galego. Non o perdas!
Spallanzani e morcegos en Galiza 30.09.2015 10:01
O biólogo galego Roberto Hermiga publica un libro de curiosidades sobre morcegos que amosa o lado máis divertido e enigmático destes animais nocturnos, ademais de achegarnos á figura do científico Lazzaro Spallanzani. Neste espazo de Cerna falamos desta publicación e tamén abordamos a siutación dos morcegos en Galiza.
Galiza e a contaminación lumínica 28.09.2015 10:01
A ONU declarou 2015 como o Ano da Luz e das tecnoloxías relacionadas coa luz. Por iso a USC vén de realizar un curso sobre contaminación lumínica para formar a expertos na materia que deseñen baixo a óptica da sostibilidade os alumeados públicos. Salvador Bará, coordinador deste curso e profesor de física aplicada na Universidade compostelá, fala hoxe para Radio Cerna sobre a contaminación lumínic...
Boletín informativo ambiental 25/09/15 25.09.2015 10:01
Escoita o repaso da actualidade ambiental en Galiza da última semana, aquí en Radio CERNA!
VIII limpeza simultánea de ríos galegos 23.09.2015 10:01
Este domingo, 27 de setembro, ADEGA e Proxecto Ríos de voluntariado de custodia fluvial, convídanos a unha nova edición da Limpeza simultánea de ríos galegos na que está previsto que participen máis de 40 colectivos e entidades voluntarias para a recollida de residuos que foran depositados nas marxes ou leitos dos nosos efluentes. Para coñecer máis sobre esta actividade, escoita este espazo...
Masterterra: Por unha nova xeración de xestores do territorio 21.09.2015 10:01
A USC e o Laboratorio do Territorio convocan a VI edición de Masterterra, o máster de xestión sustentable da terra e do territorio. O obxectivo é formar a futuros profesionais da xestión do territorio baixo a perspectiva da sustentabilidade e a multidisciplinariedade. Neste espazo entrevistamos ao coordinador de Masterterra, o profesor David Miranda, quen nos explica cal vai ser o tipo de formació...
Boletín informativo ambiental 18/09/15 18.09.2015 10:01
Coñece as novas ambientais da semana máis relevantes en Galiza!
A pobreza enerxética en España 16.09.2015 10:01
Neste espazo de Radio CERNA coñecemos o informe "Pobreza enerxética en España" do ano 2014, elaborado polo Instituto Economics for Energy para determinar como está a afectar a pobreza enerxética no conxunto da sociedade española. Os prezos da enerxía, a situación da vivenda ou o desemprego son algunhas das causas que determinan que unha familia estea a sufrir a "pobreza enerxética". Tamén analizam...
A toniña, cetáceo en perigo de extinción? 14.09.2015 10:01
O proxecto Phocoeval tratará de coñecer en profundidade o estado de conservación da toniña, unha especie de cetáceo que actualmente está catalogada como vulnerable. Pero investigadores da CEMMA consideran que a súa categoría de protección debería ser maior xa que cren que se atopa en perigo de extinción. Para poder comprobalo e instar ao Ministerio a que eleve o rango de protección da toniña, a CE...
Boletín informativo ambiental 11/09/15 11.09.2015 10:01
Como todos os venres, repasamos a actualidade ambiental galega da última semana.
Tiburóns ou quenllas en Galiza 09.09.2015 10:00
Con Toño Maño, afeccionado ao mundo das quenllas e autor do blog "tiburonesengalicia.blogspot.com.es", achegámonos ao coñecemento básico destes animais mariños que tamén están presentes en Galiza. Saberemos se son perigosos e que características teñen os que se achegan ás costas galegas.
Impacto ambiental dos novos saltos de Ferroatlántica no Xallas 07.09.2015 10:01
ADEGA leva á Fiscalía unha denuncia sobre os impactos ambientais que están a supoñer para a Devesa de Anllares e a súa contorna as obras dos tres novos saltos de Ferroatlántica no río Xallas. Once investigadores das tres universidades ratifican coa súa sinatura un informe no que se poñer de manifesto a agresión a especies ameazadas, vulnerables, en perigo de extinción e endemismos. ADEGA pide á Fi...
Boletín informativo ambiental 04/09/15 07.09.2015 10:01
Retomamos o espazo de Radio CERNA dos venres no que repasamos a actualidade galego no ámbito medioambiental. Preme para escoitar que pasou nos últimos días!
O mexillón invasor pigmeo nas Rías Baixas 07.09.2015 10:01
O cambio climático está a modificar as condicións das especies mariñas autóctonas e a favorecer a propagación de especies invasoras. Unha destas especies é o mexillón pigmeo de Nova Zelanda que xa está presente nas rías de Vigo e Pontevedra e que preocupa polo seu carácter invasor. Un estudo da Universidade de Vigo detecta un aumento destas poboacións invasoras nas rías baixas e fai unha primeira...
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.