Efervesciencia
Efervesciencia
Where to listen?
Podcasts in the app
Replaio Radio →
Coming soon
Podcasts are coming to the app soon - install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Efer 742 (23-4-26): Minions, meigas e Hamlet: Cando os xenes saltaricos escangallan os cromosomas 10.07.2026 1:01:21
(2:56) A nosa sexóloga Laura Veiga preséntanos o seu libro “O mapa da túa sexualidade” para crianzas de 10 a 12 anos. O seu enfoque na diversidade e o autocoñecemento pode mesmo interesar a un público máis amplo. (14:52) Visitamos o grupo de Xenomas Móbiles no CIMUS, dirixido por José Tubío. Veñen de publicar en Science os mecanismos polos que os xenes saltaricos poden acabar escangallando os crom...
Efer 741 (2-4-26): De onde vés, I3/Atlas? 08.07.2026 55:38
(2:26) Terceira e última parte da dramatización sonora da obra de "divulficción científica" de Senén Barro "Algún día, quizais antes do que imaxinei". A temática da obra lévanos a conversar sobre ética e regulación da IA. (23:06) Maite Vence de Observer proponnos como ruta de turismo científico os socalcos e as vides da Ribeira Sacra. (28:51) Efeméride do 2 de abril do Calendario da Historia da Ci...
Efer 740 (1-4-26): Nova hipótese sobre a epidemia da miopía: non son as pantallas 04.07.2026 1:00:39
(2:21) Unha exposición na Biblioteca Pública de Nova Iorq deu lugar a que Peter Kuper elaborase a fascinante banda deseñada "Insectópolis". Ideal para os amadores dos insectos e tamén para os que renegan destes bichos. O noso experto en banda deseñada é Daniel Pizarro. (15:07) Segunda parte da nosa adaptación da obra de "divulficción científica" de Senén Barro "Algún día, quizais antes do que imax...
Efer 739 (31-3-26): O futuro do mexillón 24.06.2026 54:17
(2:09) Se collésemos os mexillóns que neste mesmo instante están pendurados nunha corda baixo as bateas das rías galegas e os repartísemos con cada un dos habitantes da terra, poderiamos darlle dous mexillóns a cada persoa, e aínda nos sobrarían un par de miles de millóns. Galicia é a terceira produtora de mexillón do mundo por detrás de China e mais Chile. O problema é que nas últimas campañas a...
Efer 738 (30-3-26): Tratar a ferida crónica e outros proxectos IGNICIA 14.06.2026 57:30
Monográfico dedicado a coñecer os proxectos "IGNICIA Proba de Concepto" da Axencia Galega de Innovación. (4:54) Conversamos con María Mayán (CINBIO, Universidade de Vigo) sobre SENPAD, unha terapia baseada en péptidos senoterapéuticos para frear a artrose atacando a raíz da enfermidade. (15:44) Óscar Pérez, CEO de KIUR, preséntanos esta spin-off de Gradiant que emprega intelixencia artificial para...
Efer 737 (26-3-26): Historia e ciencia das eclipses 09.06.2026 54:57
(4:17) A psiquiatra Iria Veiga debulla mitos sobre a ansiedade (14:31) Moncho Núñez vén de escribir o libro "Eclipses: Historia e ciencia da ocultación extemporánea do sol". Acompañado de Marcos Pérez Maldonado (director dos Museos Científicos Coruñeses) coñecemos como a humanidade foi interpretando e estudando as eclipses solares. (43:45) O xornalista científico Antonio Martínez Ron relátanos a a...
Efer 736 (5-3-26): Calvet en bicicleta 01.06.2026 56:03
Programa especial con público desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro "Calvet en bicicleta" ao vivo coas voces de César Goldi, Avelino González, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Rosa Pedrido e Estíbaliz Espinosa. Nos anos 30 do século XX, Fernando Calvet foi un catedrático de química innovador na docenci...
Efer 735 (12-2-26): Exoesqueletos no patio do colexio e neuroestimulación con imáns 31.05.2026 56:50
(3:41) Coñecemos as novidades do concurso de relatos científicos InspiraCiencia con Ana Yeste (CSIC-Delegación de Cataluña). Achegámonos á xornada “Neurotecnoloxía para a medicina” no CHUAC, organizada polo grupo Neurocom da Universidade da Coruña. (10:12) Conversamos con Elena García Armada (Marsi Bionics/CSIC), pioneira no desenvolvemento do primeiro exoesqueleto robótico do mundo para nenos e n...
Efer 734 (5-2-26): "A extinción de persoas e máquinas" con Senén Barro 21.04.2026 56:38
(3:36) Coñecemos todos os detalles do festival Coruña Comunica Ciencia con David Ballesteros de Ceo Aberto. (13:04) Efeméride do 5 de febreiro con Moncho Núñez. (14:31) Incorporamos á tripulación de Efervesciencia a Senén Barro, director do CITIUS e catedrático de Ciencias da Computación e a Intelixencia Artificial da USC. A partir de relatos do propio Barro, que adaptamos á radio, imos tratando...
Efer 733 (15-1-26): Luz, horarios e saúde 07.04.2026 58:56
(2:45) No Instituto de Estudos Miñoráns exhíbese "Ilustrando o Cambio Climático", unha mostra de infografías producidas por Illustraciencia e o Museo Nacional de Ciencias Naturais. Conversamos coa ilustradora especialista en visualización de datos Laura Castro Soto. (14:14) Marian Rol, directora do Laboratorio de Cronobioloxía da Universidade de Murcia, asistiu ao VI Encontro da Noite organizado p...
Efer 732 (8-1-26): Non é un pais para detectoristas furtivos, ciencia contra o expolio 22.03.2026 56:09
(3:28) César Muñoz Fontela (Instituto Bernhard Nocht, Hamburgo) achéganos as últimas novas sobre virus emerxentes en África. (9:02) No século XVII, unha febre do ouro levou ao expolio de milleiros de mámoas galegas na procura de tesouros que nunca existiron. Hoxe, a loita contra o saqueo do noso patrimonio arqueolóxico continúa, pero con novas ferramentas e unha lexislación inédita en Europa. Conv...
"As arquitectas da vida" con Alfonso Martínez Arias [Versión estendida] 22.03.2026 27:05
[Versión estendida] Conversamos con Alfonso Martínez Arias (Universitat Pompeu Fabra), quen nos propón mirar máis alá dos xenes para entender como as células organizan o desenvolvemento dos organismos. Este é argumento principal do seu libro "As arquitectas da vida". Descubrimos con el por que a gastrulación é o momento máis importante da nosa existencia biolóxica.
Consellos científicos para envellercer mellor de Isabel Fariñas e Ana Mª Cuervo 22.03.2026 15:59
Ana María Cuervo (Albert Einstein College of Medicine) e Isabel Fariñas (Universitat de València) comparten os últimos avances en autofaxía e células nai cerebrais, abrindo novas vías para comprender o envellecemento e a rexeneración neuronal. Coñecemento que comparten con consellos con evidencia científica para envellecer mellor.
Efer 731 (4-1-26): Os segredos das células: da orixe da vida ao envellecemento 16.03.2026 1:00:45
(2:28) Infiltrámonos no XXI Congreso da Sociedade Española de Bioloxía Celular, celebrado en Santiago de Compostela. Conversamos con Alfonso Martínez Arias (Universitat Pompeu Fabra), quen nos propón mirar máis alá dos xenes para entender como as células organizan o desenvolvemento dos organismos. Descubrimos con el por que a gastrulación é o momento máis importante da nosa existencia biolóxica. (...
Efer 730 (3-1-26): A ilusión de escoller: temos realmente a última palabra fronte á IA? 27.02.2026 56:09
(4:08) Pódese manter o exercicio físico en episodios de menorrea? Laura Veiga é xornalista e sexóloga, responsable do proxecto Pingando.gal. (17:46) Tes que decidir unha liberdade condicional e unha máquina xa che ofreceu a súa valoración: canto pode influír iso no teu criterio? Conversamos con Ujué Agudo, investigadora no laboratorio de psicoloxía experimental da Universidade de Deusto. A psicolo...
Efer 729 (1-1-26): Desde o Macondo outro ano de ciencia (Parte 2) 24.02.2026 56:50
Desde o pub Macondo da Coruña coa música ao vivo do piano de Juanjo Fernández realizamos o noso repaso á mellor ciencia do ano. Coa participación dos nosos colaboradores Marta Vila, Susana Ladra, Deborah García Bello, Estíbaliz Espinosa e Xabier Pérez Couto. Parte 2.
Efer 728 (30-12-25): Desde o Macondo outro ano de ciencia (Parte 1) 21.02.2026 57:35
Desde o pub Macondo da Coruña coa música ao vivo do piano de Juanjo Fernández realizamos o noso repaso á mellor ciencia do ano. Coa participación dos nosos colaboradores Marta Vila, Susana Ladra, Deborah García Bello, Estíbaliz Espinosa e Xabier Pérez Couto. Tamén conversamos con Manuel Díaz de Sotavento, que nos debulla o achado do ano. Parte 1.
Agasallamos con 100 entradas de balde para o "Coruña Comunica Ciencia" 09.02.2026 9:28
Do mércores 11 ao venres 13 de febreiro de 2026 terá lugar a segunda edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Eduardo Sáenz de Cabezón, Eva Cabanelas, Rocio Vidal (La Gata de Schrodinger), Patricia Barciela, Dosi Veiga, o cirurxián Diego González Rivas... Tamén se representará o espectáculo “Elemental”, haberá unha charla-concerto de mús...
Efer 727 (29-12-25): Estrelas masivas e a misión Euclid da ESA explicadas desde o Astrogalicia 06.02.2026 56:02
Visitamos a XI edición de Astrogalicia en Arzúa. (1:58) O radioastrónomo Ricardo Rizzo estuda as estrelas que viven rápido, morren novas e deixan un cadáver fermoso, as estrelas masivas que expulsan nun segundo 4000 veces a masa do Everest. Sergio Pereira impartiu un obradoiro de análise de datos da misión Gaia. (20:32) Francisco Castander, Instituto de Ciencia do Espazo-CSIC, preséntanos a misión...
Atopan hibridación en paxaros de dous xeneros separados hai 7 millóns de anos [Paxaros na cabeza] 05.02.2026 18:46
Nunha eclipse os paxaros cambian de comportamento e activan "o coro do mencer". Dous traballos publicados en Nature e Science estudaron este fenómeno na eclipse do 8 de abril de 2024 en Estados Unidos. Haberá que estar atentos na vindeira eclipse. Cóntanolo o noso ornitólogo Nacho Munilla. Tamén nos trae un exemplo onde a evolución converxe. Os especialistas quedaron pampos ao atoparen unha hibrid...
Efer 727 (25-12-25): Arqueoastronomía no Sáhara Occidental 02.02.2026 57:59
(2:11) Marcelino Veiguela desenvolveu unha investigación sobre o ensino STEM mediante miniproxectos experimentais no cárcere de A Lama. (12:01) De onde vén a escala de temperaturas que usamos todos os días? Nova efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (17:09) A arqueoastrónoma do INCIPIT Andrea Rodríguez Antón lévanos aos ceos do Sahara Occidental e a súa relación coa xente...
Efer 725 (20-11-25): Prismas comprometidos por un mundo mellor 24.01.2026 1:02:26
(2:20) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, debulla un novo mito en saúde mental: o suicidio. (11:58) Co director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, coñecemos os gañadores dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica. Falamos con Luis Alcalá, presidente do xurado; con Daniel Amatller, impulsor de "Més que ciencia", un proxe...
Efer 724 (13-11-25): Embarcamos co CIM 19.01.2026 56:53
Embarcámonos na xornada de portas abertas do CIM, o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, acompañados polo seu director Daniel Rey. Conversamos coa xenetista Paloma Morán sobre a reprodución do mexillón e a produción de mexilla (2:29) e coa especialista en criobioloxía de invertebrados mariños Estefanía Paredes (16:54). Con Jesús López do grupo EcoCost visitamos o visor submarino...
Mates e malabares con Pablo Reboleiro e Elena Vázquez [Versión estendida] 10.01.2026 40:13
[Versión estendida] Pablo Reboleiro é licenciado en matemáticas e en artes circenses. Vén de recibir o premio nacional de Circo con Pista 4. E tamén de estrear a produción do Centro Dramático Galego "A serie Clopen". Desde a facultade de matemáticas da USC falamos de malabares, matemáticas e fascismo xunto coa profesora de topoloxía Elena Vázquez Abal.
Efer 723 (16-10-25): Malabares e mates 10.01.2026 55:21
(4:09) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, estrea sección en Efervesciencia sobre mitos en saúde mental. (15:50) Efeméride do 16 de outubro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (16:55) O primeiro ordenador da historia non era tal. Nolo conta Javier Pedeira "Wicho". (28:10) Pablo Reboleiro é licenciado en matemáticas e en artes circenses. Vén de r...
About the podcast
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente.No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Author
Efervesciencia
Category
Podcast website
Language
GL
Episodes
916
Latest episode
10. jul 2026
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.