Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6533 episoder

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.ivoox.com

Forfatter

Radio Municipal de Tui

Kategori

News

Podkastens nettsted

www.ivoox.com

Siste episode

26. okt 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo de Tui | Actividade eclipse no Monte das Penizas 06.08.2026

A eclipse solar do próximo mércores, 12 de agosto, vivirase de forma especial no Monte das Penizas en Paramos, coa actividde organizada polo Concello de Tui en colaboración coa Comunidade de Montes de Paramos. Dende ás 18 h haberá música con Botz, gastronomía...e o concello agasallará gafas homologadas para a observación da eclipse. Así nolo contou a concelleira de Turismo, Ana Núñez.

Ent. Guadi Galego, cantante, e Samuel Diz, director de Música no Claustro | Concerto no festival 06.08.2026

Guadi Galego ofrece hoxe xoves ás 21 h no Festival Música no Claustro o seu único concerto en Galicia deste verán. Faino despois de transitar un periodo de reflexión, no que foi artellando e coñecendo o que nestes momentos quería expresar a través da música. Volver así ao festival para ofrecer unha proposta intimista, na que sentará ao piano e na que estará acompañada de Vic Moliner, produtor dos...

Ent. David Fernández, ciclista | Campus de Ciclismo 06.08.2026

Xogos de equilibrio, frenadas, zig zag, relevos, obstáculos, os cambios, ou puntos a revisar antes de saír en bici, serán algún dos aspectos que aborde o Campus de Ciclismo organizado polo ciclista tudense David Fernández para as dúas últimas semanas deste mes de agosto en horario de 10 a 14 h. Vai dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos, desenvolvéndose na praia fluvial de Areeiros, en Guillarei,...

Ent. Eugenia Roix, soprano; e Silvia Márquez, organista | Salve regina, en Música no Claustro 05.08.2026

Un concerto para deixarse envolver na Catedral de Tui, con voz e órgano e con obras de G. F. Haendel, John Dowland, F. Correa de Arauxo, J. S. Bach, J. Haydn e F. Mendelssohn. Así será o concerto de hoxe mércores ás 21 h no Festival Música no Claustro. A organista Silvia Márquez regresa ao festival xunto á soprano Eugenia Boix para presentar Salve Regina.

Ent. Esther Amado, presidenta do Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia | Recomendacións eclipse 05.08.2026

O próximo 12 de agosto está xa marcado no calendario para vivir unha cita histórica co eclipse solar total. Son miles as persoas que observarán o ceo para poder desfrutar deste fito, e quixemos coñecer cales son as recomendacións a ter en conta para facelo con seguridade. Esther Amado, a presidenta do Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia, confirmou que o máis importante é observalo con gafa...

Ent. Silvia Leiras, xogadora de balonmán | Fichaxe no Atlético Guardés 05.08.2026

A tudense Silvia Leiras vén de fichar polo Atlético Guardés despois de dúas temporadas no Ikasa Boadilla, en Madrid. Hoxe conversamos con ela sobre esta fichaxe, a súa traxectoria profesional e os seus inicios.

Ent. Samuel Diz, director de Música no Claustro | Programa Resonancias 04.08.2026

As actividades abertas do programa Resonancias do Festival Música no Claustro comezaron onte luns na Catedral de Tui e continuará con máis actividades e talleres. Mañá mércores a cita será sobre saúde mental e o xoves sobre o proxecto "Guitarra: o son da madeira galega". Amais aínda quedan prazas para os tres talleres que se impartirán sobre mantemento de instrumentos musicais e ilustración. Samue...

Ent. Eva Ara, do Club Penedo | Torneo Virxe da Rocha 04.08.2026

Este sábado celébrase na Lagoa de Caldelas o VIII Torneo Virxe da Rocha de Kaiak Polo. Contará coa participación de 70 deportistas. Eva Ara, do Club Penedo, organizador do evento, deunos todos os detalles.

Espazo comercio | Consellos no comercio electrónico 04.08.2026

Os comercios e establecementos que venden produtos a través de internet deben cumprir unha serie de obrigas de cara a garantir un comercio seguro e fiable. Por exemplo, ofrecer información sobre cambios e devolucións, sobre a composición dos produtos ou sobre como contactar coa marca. Hoxe Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI, ofreceu no Espazo Comercio consellos e recomendacións para cumprir...

Ent. Natalia Jorge, historiadora | Premio Xesús Ferro Couselo 04.08.2026

A historiadora tomiñesa Natalia Jorge Pereira foi gañadora do Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo. Por primeira vez dende que estes galardóns se celebran, unha mesma persoa obtivo o primeiro premio nas dúas modalidades: Traballos de Investigación e Becas de Estudo. Os proxectos recoñecidos foron “Pasaron polos ollos, pasaron polas mans. O contrabando no Miño” e “Fame na Valga da posguerra?...

Ent. Sara Tui, futbolista tudense | Balance temporada e seguintes competicións 03.08.2026

Temporada a histórica a de Sara Tui e o seu equipo o Higicontrol Melilla: gañaron a Liga, a Copa, a Supercopa e o Europeo. Agora encaran o reto de gañar o Mundialito de Turquía, en outubro. Sobre estes fitos, a Selección Española de Fútbol Praia e o seu proxecto de Fútbol 11 en Melilla conversamos hoxe con Sara Tui.

Ent. Bea Pichel de Planstur e Jose Diz de Nött | Desfile de moda 03.08.2026

Este venres, ás 21 h, celébrase no Nött en Tui un desfile de moda de La Tortoisse e Iván Cross. Será un evento que combinará non só a presentación da colección final de verán senón tamén música en directo coa actuación de D'Crooners, e o sorteo dunha viaxe a Exipto. A entrada será libre. Así nolo contaron Bea Pichel de Planstur e José Diz de Nött.

Ent. Jaime Estévez, Hugo Lomba, Sira Pellicer e Miquel Flores | Concerto de Lítore Quartet en Música no Claustro 03.08.2026

Jaime Estévez, Hugo Lomba, Sira Pellicer e Miquel Flores, conforman Lítore Quartet, o cuarteto que hoxe ás 21 h actuará en Música no Claustro. Hoxe van interpretar un programa pensado especialmente para o festival, no que recollen obras do arquivo da Catedral, do mestre Matías García Benayas, pero amais van realizar a estrea absoluta de Lux Glaciei, unha obra da compositora Irene Cantos.

Ent. Samuel Diz, Joanthan Alvarado, Begoña Riobó e Anxo Pintos - Musica No Claustro 31.07.2026

Música no Claustro é máis que un festival, é un “espazo nutritivo”, feito a escala humana, e o seu ADN insértase no ADN da cidade. Así nolo contaron esta mañá Samuel Díz, Jonathan Alvarado, Begoña Riobó, e Anxo Pintos, que xunto a Patricia González ofrecerán mañá sábado ás 21 h o concerto de apertura do festival que celebra a súa edición número vinte. Será unha tardiña cargada de emoción, de músic...

Ent. Katia Rocha e Vanesa Alonso do Centro Cultural San Fins - Romaría de San Fins 31.07.2026

A parroquia tudense de Rebordans celebra esta fin de semana a Romaría de San Fins. Comezarán xa mañá sábado á tardiña no entorno da capela, e o domingo realizarán a tradicional procesión dende o Centro Cultural até a ermida, na que participarán tractores e chimpíns. Déronnos todos os detalles Katia Rocha e Vanesa Alonso do Centro Cultural San Fins.

Ent. Carlos Fer - Premio na Bienal de Arte de Cerveira 31.07.2026

O tudense Carlos Fer recibiu hai uns días o Prémio Revelação IPDJ – Instituto Português do Desporto e Juventude na XXIV Bienal Internacional de Arte de Cerveira (@bienaldecerveira) pola súa obra “Além do Álveo”, que foi adquirida pola Fundación da Bienal. Trátase dunha videoinstalación formada por 225 pezas impresas en 3D inspiradas nos deseños de azulexos das dúas beiras do Miño sobre as que se p...

Ent. Rebeca Blanco-Rotea, arquelólog- Balance Fortalezas de Fronteira 2026 31.07.2026

O proxecto Fortalezas de Fronteira realizou nas últimas semanas unha segunda intervención no complexo das Torres en Tomiño. Coa directora da iniciativa e arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea coñeeimos o balance da actuación na que se despexaron algunhas incógnitas e na que se abriron novos interrogantes. Obtiveron máis de 700 piezas arqueolóxicas e atoparon evidencias dun gran incendio en época medieval...

Ent. José Antonio Rodríguez, presidente da Mancomunidade de Montes do Baixo Miño - Ollos no Monte 30.07.2026

Máis de 200 persoas voluntarias de todas as idades están a participar en "Ollos no Monte" unha iniciativa da Mancomunidade de Montes do Baixo Miño que se leva a cabo por segundo ano consecutivo. Hoxe coñecemos en qué consiste, como se desenvolve, a situación dos montes da comarca, e tamén os novos proxectos nos que a traballa a Mancomunidade co seu presidente José Antonio Rodríguez.

Ent. Patricia González, frautista | Concerto en Música no Claustro 30.07.2026

A tudense Patricia González volve "a casa" este sábado co concerto que vai ofrecer en Música no Claustro xunto a Samuel Diz. Volverá actuar no lugar onde estudaba frauta con 15 anos e onde actuou na primeira edición deste festival. Hoxe falamos con ela do especial deste concerto, do festival e tamén da súa traxectoria profesional. Este sábado poderemos gozar da súa interpretación con temas que teñ...

Ent. Natalia Lago, A Fada do Aloia | Rutas A Maxia das Libélulas e A Casa da Lontra para darlle a benvida a agosto 30.07.2026

A Fada do Aloia, Natalia Lago, propón dúas rutas para esta fin de semana para darlle a benvida ao mes de agosto. O sábado será A Maxia das Libélulas e o domingo A Casa da Lontra. As dúas comezarán ás 11 h. A inscrición pode facerse no 619 96 90 90. Natalia Lago deunos todos os detalles desta proposta.

Ent. Noemí Guisande do Cineclub Tui e Manuel Diz de Xuntanza | Proxección en Randufe 30.07.2026

“Mirani, historia da miña familia” e o título da película que o Cineclub Tui vai proxectar mañá venres, ás 21 h, na Casa Cultural de Randufe,en colaboración coa Asociación Xuntanza. A entrada terá un prezo simbólico de 2 euros. Noemí Guisande do Cineclub Tui e Manuel Diz da Asociación Cultural Xuntanza, explicaron como xurdiu esta colaboración, que volverán repetir no mes de setembro.

Ent. María Jesús Prieto e Marta Pereira de Martei - Exposición Arte co Telas en Caldelas 29.07.2026

"Arte con telas" é o título da exposición que dende mañá xoves, 30 de xullo, se poderá visitar no Balneario de Caldelas. A mostra reúne a obra de María Jesús Prieto e de Marta Pereira de Martei. María Jesús Prieto presentará gran variedade de pezas realizadas en patchwork e Marta Pereira a primeira colección da súa marca Martei xunto a complementos e outras creacións. Hoxe contáronnos coma xurdiu...

Ent. Iria Prol, ilustradora - Obradoiro en Música no Claustro 29.07.2026

Realizar un caderno con ilustracións, da catedral, de músicos, de instrumentos musicais... é a proposta do obradoiro que Iria Prol, ilustradora, artista mural e deseñadora gráfica vai impartir a próxima semana, do martes 4 ao xoves 6 dentro da programación de Música no Claustro. Hoxe contounos como se vai desenvolver o obradoiro, a quen vai dirixido, e tamén nos deu conta do mural que realizou en...

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa e música, e Javier Alonso Pérez, director da AMdOR | Mundial de bandas en Kerkrade 29.07.2026

Hoxe viaxa cara Kerkrade, nos Países Baixos, a Agrupación Musical do Rosal para participar este sábado, 1 de agosto, ás 19 h no World Music Contest,o Mundial de Bandas. Unha cita a que acoden con moita ilusión e cun esixente programa para interpretar nesta competición. Así nolo contaron Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal e música da banda, e Javier Alonso Pérez, director da AMdOR, a poucos minut...

Ent. Samuel Diz, músico e director de Música no Claustro | XX Festival de Música, patrimonio e creación 28.07.2026

Música no Claustro cumpre vinte anos e o fai celebrando o seu legado ao longo destas dúas décadas. Será dende este sábado 1 de agosto até o venres 7 de agosto. Sete veladas musicais nas que se darán cita artistas que xa estiveron no festival e que convidan a outros músicos a sumarse a esta celebración. Con Samuel Diz repasamos o programa previsto - dispoñible en musicanoclaustro.com - e conversamo...

Hør på podkasten Día a Día i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.