Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.ivoox.com
Forfatter
Radio Municipal de Tui
Kategori
Podkastens nettsted
Siste episode
20. okt 2026
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
Ent. Uxía Hermida, humorista | Monólogo na Semana Cultural de Randufe 03.09.2026 5:43
Hoxe xoves ás 21.30 h a humorista tudense Uxía Hermida ofrece un monólogo de comedia na Casa Cultural de Randufe, dentro de Semana Cultural que organiza a Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza. Uxía Hermida avanzou hoxe a temática do seu espectáculo.
Ent. Fernando. Suárez, pte. Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia | Volta ao colexio 02.09.2026 12:16
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia incide na volta ás clases na necesidade de que o sistema educativo ensine ao alumnado a utilizar a tecnoloxía “con criterio, autonomía e pensamento crítico”. Nolo explicaba Fernando Suárez, presidente do Colexio, quen profundou tamén na convivencia coa Intelixencia Artificial.
Ent. Suso Vila, historiador | Presentación libro Os castelos de Tebra. Microhistorias dun val transfronteirizo 02.09.2026 7:32
O historiador Suso Vila presenta mañá xoves en Tebra o seu libro "Os castelos de Tebra. Microhistorias dun val transfronteirizo", unha obra editada polo Concello de Tomiño. A presentación será ás 21.30 h na praza de Santa María de Tebra. Hoxe conversamos co historiador, quen avanzou que neste libro hai moitas historias e nomes de mulleres que foron esenciais na protección da fortaleza.
Espazo Comercio | El Armario Curvy 01.09.2026 7:13
El Armario Curvy estende a súa temporada de rebaixas até o 15 de setembro, con liquidación ao 50%. Hoxe no noso Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, coñecemos os detalles destes descontos con Quina González, de El Armario Curvy.
Ent. Rafa Cid, Carlos Carrera e Xurxo Estévez | O río que nos move 31.08.2026 25:41
En 1985 cinco mozos do Baixo Miño emprenderon unha aventura: descender o río Miño na súa totalidade, sen ningún equipo de apoio e en canoas construídas por eles mesmos. Percorreron os seus 317 kms, e agora, 40 anos despois, a exposición "O río que nos move" é testemuña desta aventura. A mostra inaugúrase en Tui este mércores día 2 ás 19 h na Sala Municipal de Exposicións, onde tamén haberá un colo...
Ent. Eloy Carrera, da Escola da Banda de Música Popular de Tui | Curso de pilates e de pandeireta e canto popular 28.08.2026 4:42
A Escola da Banda de Música Popular de Tui, en Guillarei, organiza dous cursos que comezarán o próximo mes de setembro: un curso de pilates e outro de pandeireta e canto popular. Para ambos están abertas aínda as inscricións, no teléfono 886 29 28 51 ou na páxina web da Banda de Música Popular de Tui. Deunos hoxe a información o director da Escola, Eloy Carrera.
Ent. Sabela Vázquez, do A.D. Carballal | Final Copa Galicia feminina 28.08.2026 6:47
A tudense Sabela Vázquez compite este domingo co A.D. Carballal na final da Copa Galicia de balonmán 2026, nun partido no que se enfrontarán ao Helvetia Saeplast Cañiza ás 11 h no pavillón Gustavo Rodríguez. Case 10 anos despois volve ao pavillón no que comezou a xogar nunha final que, segundo explicaba hoxe, é moi especial.
Ent. Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán | Copa e Supercopa Galicia 28.08.2026 5:51
O balonmán de élite dáse cita este domingo no pavillón Gustavo Rodríguez, en Tui, coa celebración das finais da Copa e Supercopa de Galicia. Serán catro os encontros que durante toda a xornada poderán vivirse na cidade, e hoxe o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, destacaba que esta será a competición máis importante do balonmán galego. Avanzou amais que a próxima semana celé...
Ent. Gerardo Giráldez e Bibi Vila, da Comisión de Festas | Porco ó espeto e Festas na honra á Virxe da Guía en Randufe 28.08.2026 4:16
Mañá sábado ás 20 h celébrase a I Festa do Porco ó Espeto no adro da Guía, en Randufe, organizada pola Comisión de Festas 2026. Con esta cita ábrense dúas semanas con actividades, até chegar ao 7 de setembro, coa celebración das Festas na honra á Virxe da Guía. Hoxe déronnos os detalles desta festividade Gerardo Giráldez, vicepresidente, e Bibi Vila, secretaria, da Comisión de Festas.
Ent. José Fernández e César Pérez, membros da Comisión de Festas | Festa da Virxe da Rocha en Caldelas 28.08.2026 5:40
Deporte, música, actos relixiosos e gastronomía forman parte da programación das festas na honra á Virxe da Rocha que dende mañá sábado e até o martes se celebran en Caldelas. Así nolo contaron hoxe José Fernández e César Pérez, membros da comisión de festas.
Ent. Esteban González, presidente da Comisión de Festas | Festas da Virxe Peregrina, en Estás 27.08.2026 7:05
A tradicional danza da Virxe Peregrina, con máis de 300 anos de historia, é un dos momentos singulares da programación das festas na honra á Virxe Peregrina, que esta fin de semana se celebran en Estás, Tomiño, O presidente da Comisión de Festas, Esteban González, explicounos como esa esa danza que se acompaña cun vals, e detallou todo o programa.
Ent. Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño | Festa do Viño do Condado do Tea 2026 27.08.2026 7:47
Salvaterra prepárase para celebrar a Festa do Viño do Condado do Tea coa participación de 29 adegas. Dende mañá venres e até o domingo desenvolverase un amplo programa de actividades, tal e coma explicaba a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel.
Ent. Maya Moledo, do Helvetia Saeplast Cañiza; e Pablo Gándara, do Bueu Atlético Balonmán | Copa Galicia 27.08.2026 9:10
A fase final da Copa Galicia de balonmán xógase este domingo 30 no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui. Maya Moledo, xogadora tudense, participa nesta final co Helvetia Saeplast Cañiza, e enfrontarase ao A.D. Carballal o domingo ás 11 h. O tamén tudense Pablo Gándara competirá nesa final co seu equipo, Bueu Atlético Balonmán, contra o Teucro Lintel, ás 13 h. Conversamos con eles sobre as perspectiva...
Ent. Alba Álvarez e Andrea Docampo, do Centro Anarela | Malestar emocional durante as vacacións 27.08.2026 21:54
Cando pensamos nas vacacións, habitualmente pensamos en descanso, desconexión e felicidade, pero non sempre é así. Hoxe conversamos sobre o malestar emocional que pode xurdir nos períodos vacacionais, con Alba Álvarez e Andrea Docampo, do Centro Anarela.
Ent. Sandra González, Pedro Villarroel, Juan Antepazo e José Piedra | Concerto da Agrupación Musical de Goián e Astarot 26.08.2026 11:57
Máis de 60 músicos e músicas actuarán este venres ás 22 h no concerto de verán da Agrupación Musical de Goián. A praza do Seixo, en Tomiño, acollerá esta cita anual, que este ano contará coa participación do grupo galego Astarot. Coñecemos os detalles deste concerto con Sandra González, alcaldesa de Tomiño; Pedro Villarroel, director da Agrupación Musical de Goián; e Juan Antepazo e José Piedra, i...
Ent. Agustín Martínez, presidente, e Jacobo Gregores, director técnico do BM Tui | Final da Copa e Supercopa Galicia 26.08.2026 7:27
O pavillón Gustavo Rodríguez de Tui acolle este domingo 30 a fase final da Copa e Supercopa Galicia 2026 de balonmán. Durante toda a xornada o balonmán será protagonista, con catro partidos de élite. Na final da Copa Galicia enfrontaranse o Teucro e o Bueu na categoría masculina, e o Carballal e Cañiza na feminina. Pola tarde, na Supercopa, os encontros serán Cangas contra O.A.R. Coruña e Atlético...
Ent. Majo González e Diego Pons | Semana Cultural Xuntanza de Randufe 25.08.2026 7:37
Coa Carreira Popular de Randufe comeza este domingo a programación da Semana Cultural Xuntanza de Randufe. Sairá o domingo ás 10 h do adro da Guía para as categorías superiores cun percorrido de 8 kms. A inscrición está aberta até mañá mércores en Cronotec.es Ao longo da Semana terán música, humor, playbacks, maxia, obradoiro... tal e coma hoxe nos contaron Majo González e Diego Pons, da Asociació...
Espazo Comercio | Campaña Remata as vacacións cun sorriso 25.08.2026 5:49
Co mes de setembro chega a nova campaña de ACITUI "Remata as vacacións cun sorriso", que estará activa dende o 1 ao 15 do próximo mes. Con Pepe Míguez, presidente de ACITUI, coñecemos hoxe no noso Espazo Comercio este sorteo da volta á rutina.
Ent. Raimundo Martínez, 'Rai', escultor tudense | Escultura do peregrino na r/ Olímpicos Tudenses 25.08.2026 10:30
Un peregrino esculpido en pedra coroa dende o mes de xuño a rúa Olímpicos Tudenses, dando a benvida ás persoas camiñantes que percorren a ruta até Santiago. Esta escultura é obra do tudense Rai, e é filla da situada ne Veiga do Louro. O escultor explicaba hoxe na nosa sintonía que hai detrás desta obra e como escoita o que a pedra lle quere contar.
Ent. Rafael Sánchez Bargiela do IET | Remata o ciclo Coñece o noso patrimonio 25.08.2026 3:24
Esta tarde remata o ciclo Coñece o noso patrimonio promovido polo Instituto de Estudos Tudenses que ao longo dos meses de xullo e agosto brindou visitas guiadas e unha conferencia. Hoxe será un percorrido pola igrexa de San Francisco, da man do historiador da arte e membro do instituto, José Ramón Fernández. Unha visita que sorprenderá pola importancia dos retablos barrocos do templo e pola súa hi...
Ent. Agustín Martínez, Jacobo Gregores e xogadores | Campamento de Balonmán 25.08.2026 5:56
O Club Balonmán Tui vai celebrar un Campamento de Balonmán gratuíto os días 1, 2, 3, 4 e 7 de setembro de 9 a 14 h no pavillón Gustavo Rodríguez para nenos e nenas nadas entre os anos 2013 e 2020. Coñecemos todos os detalles desta actividade con Agustín Martínez, presidente, e con Jacobo Gregores, director técnico. Tamén falamos con algúns xogadores e xogadoras Hugo, Diego, Martín, Hugo, Lía e Ant...
Ent. Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui | 3x3 Cidade de Tui 24.08.2026 4:28
Hoxe remata o prazo de inscrición para o 3x3 Cidade de Tui que se vai celebrar este sábado organizado polo CB Tui. Xógase cunha soa canasta e partidos rápidos de 10 minutos a partir das 10 h e durante toda a xornada. As persoas interesadas poden inscribirse até hoxe nas redes sociais do CB Tui ou no correo clubtui@gmail.com. Así nolo contou Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui.
Ent. Ana Núñez, concelleira e María Ferreiró, técnica da Área Rexurbe | Axudas adquisición de vivenda no conxunto hº 24.08.2026 12:28
As persoas que teñan adquirido unha vivenda no conxunto histórico de Tui, en Área Rexurbe, dende o 15 de outubro de 2025 poden solicitar unha axuda de 15 mil euros dentro da convocatoria para a adquisición de vivenda protexida e en conxuntos históricos realizada pola Xunta de Galicia a través do IGVS. A información sobre esta convocatoria pode ampliarse na sede electrónica da Xunta, na web do IGVS...
Ent. Iago Piñeiro, presidente do Entroido de Goián | Estrea do documental 100 anos de troula 21.08.2026 7:04
O Entroido de Goián é centenario e conta cunha longa historia e tradición. Así se recolle no documental 100 anos de troula que se vai estrear mañá sábado ás 21.30 h. Co gallo da estrea desta peza audiovisual artellaron unha programación festiva que se celebra até este domingo. Con Iago Piñeiro, presidente do Entroido de Goián, coñecemos máis detalles das actividades e do documental dirixido por Su...
Ent. Tania Fernández e Manu Garrido, padexeiros do Kaiak Tudense | Descenso Internacional do Miño 21.08.2026 13:57
Os padexeiros do Kaiak Tudense Tania Fernández, en K1, e Manu Garrido, en C1, competirán mañá no 55 Descenso Internacional do Miño. Unha cita deportiva especial tal e coma explicaba na nosa sintonía, e á que chegan tras clasificase para o Campionato do Mundo de Maratón que se celebrará en Arxentina a finais de outubro. Con eles falamos dos seus inicios do piragüismo e tamén desta regata do Miño.
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.