Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.ivoox.com
Forfatter
Radio Municipal de Tui
Kategori
Podkastens nettsted
Siste episode
20. nov 2026
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
Ent. Baltasar Garzón, xurista e presidente da Comisión da Verdade | Xornadas de memoria histórica de Tomiño 20.11.2026 22:15
O xurista Baltasar Garzón dará comezo hoxe venres ás Xornadas de memoria histórica que organiza o Concello de Tomiño en homenaxe a Francisco Rodríguez, Otero, Paquiño de Figueiró. Será cunha conferencia aberta ás 19 h no auditorio de Goián. Conversamos hoxe con Baltasar Garzón, presidente da Comisión da Verdade, sobre o que é a memoria democrática e sobre a importancia de desenvolver iniciativas l...
Ent. Natalia Lago | Ruta do outono da Fada do Aloia 19.11.2026 5:04
Este domingo ás 16 h a Fada do Aloia celebra a ruta do outono. Unha proposta para descubrir as cores, curiosidades e flora desta época do ano no Parque Natural. Vai dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos, e o prezo é de 8€ para as crianzas e 10€ para persoas adultas. A cuota inclúe agasallos para os nenos e nenas e os seguros, segundo indicaba hoxe Natalia Lago na nosa sintonía.
Ent. Marisa Giráldez e Miguel da Rocha, do Club Bádminton Tui | Torneo recreativo e cambio na presidencia 19.11.2026 7:10
Este sábado celébrase no pavillón do IES San Paio o torneo recreativo que un ano máis organiza o Club Bádminton Tui. Serán preto de 80 os nenos e nenas que participan a partir das 10 h neste torneo. Miguel da Rocha, presidente do club tudense, deu hoxe os detalles desta actividade. Conversamos hoxe tamén con Marisa Giráldez, quen vén de deixar a presidencia do Bádminton Tui. Con ela falamos sobre...
Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade de Tui | 25 N 19.11.2026 17:55
O Concello de Tui vén de lanzar "Sé parte da solución", a súa campaña polo 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller. A programación inclúe sete xornadas de actividades e comeza o próximo luns 23 coa primeira das dúas xornadas formativas "A violencia que se esconde tras a pantalla". Ana Núñez é a concelleira de Igualdade de Tui, e hoxe deu conta na nosa sintonía do p...
Ent. Xonqui, músico 18.11.2026 7:21
Xonqui é músico, de Salvaterra de Miño, e vén de lanzar o seu primeiro EP con cinco cancións que hoxe presentou na nosa sintonía. Unha delas, Eco de las estrellas, recibiu o Premio á Mellor Composición en Canción Indie nos Premios Talento Latino 2026.
Ent. Bárbara González, responsable de comunicación e marketing de Plaintec | II Fase Cero 18.11.2026 10:47
O Teatro Municipal de Tui acollerá este venres ás 20 h a segunda edición de Fase Cero, un evento de divulgación organizado pola empresa tudense Plaintec. Un conxunto de persoas expertas compartirán as súas experiencias, coñecemento e reflexións arredor da construción baixo o lema “Cada vez que o mundo cambia, alguén ten que aprender a construílo”. As ponencias estarán dispoñibles nas próximas sema...
Ent. Julio Llamazares, escritor | Visita a Tui no programa de actividades do 800 aniversario da consagración da Catedral 18.11.2026 12:15
O escritor Julio Llamazares, Premio Nacional de Narrativa 2026, estará mañá xoves en Tui dentro do programa de actividades conmemorativas do 800 aniversario da consagración da catedral de Tui. Ás 19 h, na Capela das Reliquias, participará nunha tertulia sobre o seu libro "Las rosas de piedra" no que o segundo capítulo está dedicado ao templo tudense. Xa ás 20.30 h participará no Espazo Sociocultur...
Espazo comercio | Nattex Tui 17.11.2026 11:12
Nattex Tui é unha tenda dedicada ao descanso. Hoxe coñecemos os produtos que podemos atopar neste establecemento da rúa Martínez Padín, en Tui, e tamén as ofertas activas na campaña promocional do Black Friday. Facémolo no Espazo comercio, en colaboración con ACITUI, con Loli Pazos, directora e xerente de Nattex Tui.
Ent. Ana Paula Xavier e Sonsoles Vicente | I Encontro Senior Tranfronteirizo Tui-Valença 17.11.2026 7:37
Este xoves 19 terá lugar o I Encontro Senior Tranfronteirizo Tui-Valença que reunirá a un centenar de persoas maiores de 60 anos dos dous municipios. O obxectivo desta xornada de convivencia é abordar a situación actual deste colectivo poboacional e darlle voz. Así, está programado un conxunto de actividades que se van celebrar na Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença. As persoas mai...
Ent. Iria Márquez, intérprete de lingua de signos e profesora | Clases no Centro Anarela 16.11.2026 8:39
O Centro Anarela, en Tui, ofrece diferentes cursos para aprender lingua de signos española. A súa profesora, Iria Márquez, deu conta na nosa sintonía das diferentes modalidades que ofrecen e da importancia que ten adaptar a cultura ou o ocio á LSE.
Ent. Juan González e Cristina Pazo, de Protección Civil de Tui | Venda de rifas en favor da AECC 16.11.2026 7:14
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui ten en marcha un ano máis unha iniciativa solidaria. Nesta ocasión o obxectivo é recadar fondos para a Asociación Española contra o Cancro, e comezaron xa a vender rifas para o sorteo de 500 € ao número que coincida co primeiro premio da Lotería Nacional do 4 de febreiro. Así nolo contaron hoxe Juan González e Cristina Pazo, de Protección Civi...
Raíces e vangarda | Arroz con leite cremoso con cítricos e crocante de caramelo 16.11.2026 13:50
Hoxe no programa Raíces e vangarda cociñamos arroz con leite cremoso con cítricos e crocante de caramelo, receita do chef Judicael Romero. Deu tamén consellos e trucos para mellorar a hixiene na cociña e limpeza dos alimentos.
Ent. Eloy Carrera, director da Banda M. Popular de Tui| Concerto de Santa Icía Recordado a Nino Bravo con Serafín Zubiri 13.11.2026 9:15
A Banda de Música Popular de Tui ten preparado un concerto moi especial para celebrar a festividade da súa patroa, Santa Icía, xa que será unha homenaxe a Nino Bravo no que contarán coa participación de Serafín Zubiri. Será o sábado 21 ás 19 h no Teatro Municipal de Tui. As entradas están á venda de forma anticipada ao prezo de 10€ e no despacho de billetes terán un prezo de 15€. Falamos deste con...
Ent. Ismael Felgueiras e Sheila Rodríguez de Amigos da Festa de Rebordáns - Actividades 13.11.2026 4:39
Mañá sábado Amigos da Festa de Rebordáns inicia a temporada de bingos que van realizar todos os sábados ás 21 h no Centro Cultural San Fins de Rebordáns. Haberá servizo de ludoteca para os nenos e nenas. Así nolo contaron Ismael Felgueiras e Sheila Rodríguez de Amigos da Festa de Rebordáns. Avanzaron amais que o domingo 29 no Centro Cultural San Fins terán unha festa gastronómica de carné ao calde...
Ent. Uxía Hermida - Estrea do espectáculo cómico "Curviland" 13.11.2026 6:21
A tudense Uxía Hermida estrea mañá sábado o seu espectácuo cómico “Curviland”, unha viaxe polo mundo das influencers na que non faltará a interacción co público. A cita será ás 21 h no Espazo Sociocultural con entrada libre. Con Uxía Hermida falamos hoxe do espectáculo.
Ent. Xron, director da obra | Chévere con "Ictus (Anatomía de “A Derradeira Leición” de Castelao” 13.11.2026 9:57
Chévere chega hoxe ao Teatro Municipal de Tui para representar "Ictus (Anatomía de “A Derradeira Leición” de Castelao” cun cheo no patio de butacas. Sobre o escenario estarán Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Borja Fernández, Gema Santos, Marcos Pereira. A dirección e a dramaturxia da obra corresponte a Xron, responsable tamén da dramaturxia da obra. Con el falamos desta obra accesible que se e...
Ent. Conchi Martínez, farmacéutica | Día Mundial da Diabetes 12.11.2026 16:55
Este sábado 14 de novembro é o Día Mundial da Diabetes. Con este motivo hoxe conversamos con Conchi Martínez, farmacéutica, sobre esta enfermidade. En concreto hoxe profundamos na diabetes tipo 1, máis descoñecida que a de tipo 2, e nos síntomas que pode presentar.
Ent. Ana Soutelo, de A Insua de Caldelas | San Martiño 12.11.2026 6:52
A partir de mañá venres Caldelas celebra festas na honra a San Martiño organizadas pola asociación A Insua. Música, gastronomía e tradición estarán presentes con tres días de programación que se desenvolverá a carón da igrexa parroquial. Ana Soutelo, de A Insua, daba conta hoxe na nosa sintonía de que terán recinto con carpa e castañas de balde.
Ent. Miguel Abreu de Baile Pasos | Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença 12.11.2026 8:08
O baile deportivo será protagonista esta fin de semana na Eurocidade Tui-VAlença coa celebración do Trofeo de Baile Deportivo no pavillón de Valença que vai reunir a máis de 500 bailaríns de España e Portugal para participar nas distintas competicións previstas. Así nolo contou hoxe Miguel Abreu de Bailes Pasos, organizado do evento xunto á Eurocidade.
Ent. Laureano Alonso, tradutor | Tradución de "Adivinación a través do sono", de Francisco Sánchez 10.11.2026 8:16
“Adivinación a través do sono” é a cuarta obra do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez que Laureano Alonso traduce do latín ao galego. É a primeira tradución deste texto que se realiza en España. O libro, editado polo Concello de Tui e que inclúe tamén unha tradución dun tratado de Aristóteles, será presentado o próximo luns, ás 20 h, na Sala Municipal no Edificio Francisco Sánchez.
Espazo comercio | La Gran Manzana Lounge Bar 10.11.2026 6:17
Cada martes La Gran Manzana Lounge Bar organiza unha noite de xogos coa actividade "Adiviña a canción". A partir das 21 h as súas portas estarán abertas para que grupos de entre 3 e 8 persoas desfruten dunha noite divertida e chea de música. Así nolo contaron hoxe Yaiza Vila e David Palhares no Espazo comercio que semanalmente abrimos en colaboración con ACITUI.
Ent. Manuel Rivas, experto en ciberseguridade | Prepárate para un Nadal Ciberseguro 10.11.2026 9:50
Como evitar unha estafa en internet, que debemos ter en conta á hora de realizar unha compra en liña, ou que debemos ter en conta nos dispositivos conectados a internet, son algunha das cuestións que se abordarán este xoves no obradoiro "Prepárate para un Nadal Ciberseguro" que de 17 a 18.30 h terá lugar na aula CEMIT de Tui. Será impartido polo experto Manuel Rivas. Con el falamos deste obradoiro...
Ent. Loli Estévez, de As rutas de Suso | II Papanoelada moteira en Tui 09.11.2026 5:32
O domingo 13 de decembro Tui acollerá a segunda edición da Papanoelada moteira que o ano pasado encheu as rúas da cidade e das súas parroquias de maxia, alegría e motor. Será a partir das 16 h e non é necesario inscribirse previamente. Ao remate haberá chocolatada. A cita será solidaria en favor de SOS Tomiño Baixo Miño, coma hoxe contou na nosa sintonía Loli Estévez, de As rutas de Suso.
Raíces e vangarda | Rape ao estilo Etxebarri 09.11.2026 10:57
Hoxe na sección Raíces e vangarda o chef Judicael Romero deu unha receita de rape ao estilo do Asador Etxebarri, o restaurante vasco que a pasada semana foi escollido como Mellor Restaurante do Mundo.
Ent. Luz Ruibal, de SETA | 130 aniversario 09.11.2026 13:50
SETA cumpre 130 anos de historia en Tui. Un camiño de compromiso, responsabilidade e convicción de ser un servizo público e necesario. Hoxe conversamos con Luz Ruibal sobre os inicios da empresa, sobre curiosidades destes 130 anos, o presente e a celebración deste aniversario.
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.