Revista Morcego
A Gruta de Gizamaluke
O teu podcast sobre videoxogos en galego. Un falangullo onde repasamos a actualidade da industria, conversamos sobre títulos, analizamos xogos e, en xeral, estamos de parola.
Forfatter
Revista Morcego
Kategori
Podkastens nettsted
Siste episode
22. jul 2024
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
A Gruta de Gizamaluke - 4x14 17.12.2021 2:08:58
Logo dunha moi breve parada, volvemos con folgos —aínda que coa cabeza algo lenta— a entrar na Gruta de Gizamaluke na procura de conversa, novas e videoxogos. Intro Novas da semana Éche o que hai, con Diego Pazos O Cuarto do Moguri :: Viven os xogos demasiado rápido? A que estamos a xogar? Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - (4x13) 03.12.2021 1:50:41
Comezamos decembro con gana de falar, de rematar o ano, de despedir 2021 e tentar reiniciar, desta vez si, un pouco o mundo, a pantalla na que estamos e na que levamos xa un tempo. Intro Novas da semana Éche o que hai, con Diego Pazos O Cuarto do Moguri :: Viven os xogos demasiado rápido? A que estamos a xogar? Polo si ou polo non
Monográfico :: Elden Miyazaki 29.11.2021 1:36:12
A pregunta era? Teremos a cara de facer un monográfico dun xogo que aínda non está nin nas tendas. A resposta foi rápida e contundente: temos. Pablo Pesado e Carlos Pereiro tentan facer un exercicio de imaxinación, mais ao mesmo tempo de cabeza e sensación, logo de sairen os primeiros gameplays de Elden Ring, a futura obra de Hidetaka Miyazaki. O pai dous Souls volve a fantasía medieval escura e n...
A Gruta de Gizamaluke - 4x12 26.11.2021 1:56:48
Outro capítulo máis, último de novembro, pare rematar o mes e case o ano como debe ser, informando das últimas novidades do videoxogo, da súa industria e, por que non, palorando un pouco sobre a vida e algunha que outra cosa polo medio. Intro Novas da semana A Discord Opina O Cuarto do Moguri :: Que pasa cos Game Awards? A que estamos a xogar? :: Game & Watch: The legend of Zelda Ficción sonora ::...
A Gruta de Gizamaluke - 4x11 19.11.2021 2:14:54
Continuamos polo outono, camiño do inverno, nesta viaxe polas ondas dixitais. O equipo completo, de novo, reunido. Charlie, Sara, Juan e Ana fondan na actualidade do videoxogo. Intro Novas da semana (Con moito GOTY ao principio) Éche o que hai, con Diego Pazos A que estamos a xogar? :: Elden Ring, Babyllon's Fall Ficción sonora :: 110 Días Polo si ou polo non :: Spider-Man e o seu tráiler, series...
A Gruta de Gizamaluke - 4x10 11.11.2021 1:45:13
Imos asaltar de novo a actualidade do mundo do videoxogo como ben podemos, sen Sara, que xa bastante grave é, pero o trío formado por Ana, Juan e Charlie promete estar á altura. Intro Novas da semana (12m 14s) O Discord opina (55m 55s) O cuarto do Moguri :: Xefes finais que lembrar (1h 03m 30s) A que estamos a xogar? :: Forza Horizon 5 (1h 14m 09s) Ficción sonora :: 110 Días (1h 21m 56s) Polo si o...
A Gruta de Gizamaluke - 4x09 05.11.2021 2:20:27
Seguimos esta cuarta tempada, movéndonos pola cova chea de morcegos e pensando en prender xa as estufas. Intro Novas da semana Éche o que hai, con Diego Pazos O cuarto do Moguri A que estamos a xogar Ficción Sonora :: 110 Días Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 4x08 29.10.2021 2:24:54
De novo nas ondas dixitais, de novo nesta cova que tanto presta. Novas e titulares O Discord Opina O Cuarto do Moguri :: Battle Royale, ese xénero que estivo na moda A que estamos a xogar? Ficción sonora - 110 Días Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 4x07 22.10.2021 2:04:24
Volvemos! Como cada semana. Aquí estamos de novo, Charlie, Sara, Juan e Ana coa actualidade máis inmediata do mundo dos videoxogos. Intro Novas da semana (06m 40s) Éche o que hai, con Diego Pazos (01h 17m 16s) O Cuarto do Moguri :: Exclusivos? Por canto? (01h 20m 27s) A que estamos a xogar? :: Back 4 Blood (01h 34m 16s) Ficción Sonora :: 110 días - Capítulo 2 (01h 45m 09s) Polo si ou polo non (01h...
A Gruta de Gizamaluke - 4x06 15.10.2021 1:47:36
Seguimos facendo mergullo na actualidade do videoxogo, danzando entre novas, probando videoxogos e parolando sobre as nosas vidas tamén. Intro Novas da semana (08m 34s) O Discord Opina (46m 25s) O Cuarto do Moguri :: Débedas e tentacións (54m 27s) A que estamos a xogar? :: Back 4 Blood (01h 08m 23s) Ficción Sonora :: 110 días - Capítulo 2 (01h 15m 24s) Polo si ou polo non (01h 18m 50s)
A Gruta de Gizamaluke - 4x05 08.10.2021 2:10:48
Outubro, outono e outro programa. Coma sempre, tendes un resumo da actualidade do videoxogo que foi ocorrendo na última semana, un pouquiño de debate sobre as consolas e o seu futuro, algo de análise e, por último, parola cultural variada. - Intro - Novas e titulares (13m 55s) - Éche o que hai, con Diego Pazos (01h 02m 39s) - O cuarto do Moguri :: Son as transicións entre xeracións máis longas e m...
A Gruta de Gizamaluke - 4x04 01.10.2021 1:59:46
Estamos en outubro? Deus, que clase de cheat maligno é este que nos fai avanzar sen remedio cara a un novo Nadal? Como nada podemos facer, imos comentar a actualidade máis inmediata do medio, algo de parola, algo de opinión e algo de todo, para non faltar a cita. Novas e titulares O Discord Opina (01h 02m 31s) O Cuarto do Moguri :: Single vs Multiplayer? (01h 09m 48s) A que estamos a xogar? (01h 1...
A Gruta de Gizamaluke - 4x03 25.09.2021 1:59:39
Aquí estamos de novo! Seguimos falando de actualidade, de videoxogos, da vida e mesmo doutras historias. O outono agarda e non temos problema ningún con el, é máis, e a nosa estación, na que mellos argallamos. Nesta ocasión volve Diego Pazos, falamos de narrativas e mesmo de Dune no tramo final do programa. Un chisco de todo.
A Gruta de Gizamaluke - 4x02 17.09.2021 2:18:32
O prometido é debada: continuamos, unha semana máis, traendo actualidade, parola e algunha que outra brincadeira sobre videoxogos. Novas e titulares (13m 01s) O Discord Opina (56m 10s) O cuarto do Moguri :: PlayStation Showcase (1h 12m 09s) A que estamos a xogar? (01h 57m 06s) Polo si ou polo non (02h 03m 42s)
A Gruta de Gizamaluke - 4x01 09.09.2021 1:58:28
Comezamos, baixamos de novo polas galerías, abrimos a porta da cova, están os morcegos no teito, voando xa... Esta é a cuarta tempada da Gruta de Gizamaluke! Os de sempre, falando do de sempre. Videoxogos, parola e historias varias Novas e titulares Éche o que hai, con Diego Pazos O Cuarto do Moguri A que estamos a xogar? Polo si ou polo non
Especial Verán :: Novas desde Barosa (IV) 21.08.2021 17:25
Seguimos descansando entre pozas, traendo algo de actualidade cada dúas semanas. Di Charlie que con calma, aos poucos, que o verán, polo ceo, acaba de comezar. Quinte minutos e algo de novas e titulares, aínda que as vacacións tamén son practicadas na industria do videoxogo. Xa sabedes.
Monográfico :: Metal Gear Solid 13.08.2021 2:24:24
Pablo e Charlie falan dúas horas e media de Metal Gear Solid. E pouca máis se pode dicir, porque é moito tempo, son moitas cousas e é moito Kojima. Unha viaxe polo contexto do título, o seu lanzamento, as súas mecánicas, o seu director e a súa narrativa.
Especial Verán :: Novas desde Barosa (III) 06.08.2021 12:38
Seguimos coa programación de verán, retransmitindo desde as pozas de Barosa, con medio corpo dentro e medio corpo fóra. Resumiño rápido e tranquilo da actualidade do medio :) Para a semana toca monográfico e, aos poucos, vaise achegando a data de volver baixar pola Gruta.
Monográfico :: O Disparo 31.07.2021 1:46:10
Collemos as armas e apuntamos con elas, de xeito ficticicio claro, e de xeito analítico. Neste mnográfico de verán afondamos na idea do disparo no videoxogo. Falan Pablo Pesado e Charlie Pereiro. Ollo con tomar o sol moito, botade crema! Avanza o verán e nós con el.
Especial Verán :: Novas desde Barosa (II) 23.07.2021 26:29
Seguimos co corpo metido na auga, mais tratando de ter un ollo na actualidade da industria. Achégase agosto, ese deserto de información sobre videoxogos, as vacacións dos estudios e o descanso dos medios. Aquí, porén, seguiremos falando. Sobre? Steam Deck, por exemplo.
Monográfico :: O Salto 16.07.2021 1:55:15
Recuperamos este verán o sistema de monográficos, que non todo vai ser actualidade. Pablo Pesado e Charlie Pereiro tentan afondar nunha das mecánicas máis coñecidas, máis importantes e máis singulares do medio: o salto. Brincamos arriba, brincamos abaixo, de lado... Que ten? Que significa? Por que chegou aos videoxogos?
Especial Verán :: Novas desde Barosa (I) 09.07.2021 15:37
Pois iso, retransmitimos desde a Poza. Charlie aproveita as vacacións para ofrecer quince minutiños de actualidade, resumir os acontecementos máis importantes da industria e descansar un anaco entre auga. Si, aquí somos máis de río que de praia. Para máis información ou novas, coma sempre, Revista Morcego.
A Gruta de Gizamaluke - 3x43 02.07.2021 1:51:56
Chegou o final de tempada. Chegou o verdadeiro verán e chegan as vacacións. Volveremos en setembro con todas as novidades do mundo, cos folgos ben recuperados e moita, moita parola. Graciñas por estar neste camiño que é Morcego e a Gruta. - Novas da semana - O cuarto do Moguri :: Xogos de medo - A que estamos a xogar? - Que din os paxaros? :: Din Kojima
A Gruta de Gizamaluke - 3x42 25.06.2021 1:35:58
Penúltimo capítulo da tempada. Xa queda menos para as vacacacións e aquí queda un resumiño das novas máis relevantes desta semana. Tamén falamos un pouco da relación do verán cos videoxogos e comentamos, un chisco, con que xogos estivemos argallando. Graciñas por estar aí e non faltedes ao último programa da terceira tempada!
A Gruta de Gizamaluke - 3x41 (E3) 18.06.2021 1:40:46
A cousa é que era difícil facer un programa logo de E3 sen falar só do E3 e.. aquí está o resultado. Non é ui monográfico, pero case case. Biquiños e apertas! En sete días volvemos coma sempre e con todas as seccións e, agardamos, con todas as voces da Gruta ao completo!
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.