AGalegaAudio

Todos os podcast | A tarde

Society GL ↓ 700 episodi

A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: agalegaaudio.gal

Autore

AGalegaAudio

Categoria

Society

Sito del podcast

agalegaaudio.gal

Ultimo episodio

6 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

A tarde 30-12-2025 30.12.2025

Mónica Rojo oriéntanos sobre como preparar a mesa para eventos especiais como a cea de fin de ano. Viaxamos ás Pontes para ver os queixos de máis de cen kilos que preparan en Queixerías do Eume. A concelleira de Cultura de Vilagarcía, Sonia Outón, convídanos á festa de fin de ano que o Concello organiza a mañá do día 31. Pasamos por Xuvenlugo, unha feira de lecer para nenos. Julio Gómez dinos que...

A tarde 29-12-2025 29.12.2025

A xornalista Elena Martín danos chaves para que poidamos distinguir as noticias verdadeiras das falsas. Iván Carril advírtenos da proliferación de calotes coa venda de medicamentos adelgazantes. Escoitamos unha das pezas finalistas do certame de Teatro Radiofónico organizado pola SGAE e a Radio Galega. Visitamos a exposición conmemorativa dos 50 anos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da C...

A tarde 26-12-2025 26.12.2025

Explicamos como utilizar elementos pirotécnicos este Nadal de forma legal e con seguridade coa axuda de Alejandro Martínez, director xeral da Fundación Eroski. Javier Pastoriza, da asociación de comerciantes do Obelisco, na Coruña, cóntanos como facemos os galegos as compras de Nadal. A compositora Sara Galiana fixo da novela "Assur" unha sinfonía que pronto se interpretará en Lugo. O es...

A tarde 23-12-2025 23.12.2025
A tarde 22-12-2025 22.12.2025
A tarde 19-12-2025 19.12.2025
A tarde 18-12-2025 18.12.2025

O asesor fiscal Francisco Lens explícanos como vai controlar Facenda os pagamentos por Bizum. A sicóloga Natalia Ruiz de Cortazar, integrante da asociación Experientia, preséntanos Walkinar, unha terapia diferente. A presidenta de Radio Taxi de Vigo, Nuria Fernández, fálanos da iniciativa de levar aos anciáns das residencias da cidade a ve-las luces de Nadal. En Ourense visitamos a exposición de B...

A tarde 17-12-2025 17.12.2025

Neste programa imos dar unha volta por Vigo. Paramos nun salón de peiteado para que Beatriz Moreda nos conte que tendenzas se levan nestas festas. Tamén falamos con Rubén Misa e Chus de Prado, uns radioafecionados empeñados en difundir o Nadal vigués a través das ondas. E ademais coñecemos o "Proxecto 0-3". O seu impulsor, David Suárez, explícanos como xurdiu esta iniciativa que consiste...

A tarde 16-12-2025 16.12.2025

Por que en España termos uns horarios de comida diferentes aos doutros paises? Son os máis convenientes para o noso modo de vida? O sociólogo e antropólogo Carlos Diz responde a estas preguntas. Imos a Monfero para coñecer o segredo dos grelos do Val de Xestoso. Falamos dos programas de inclusión que desenvolve a asociación Poten100mos coa súa fundadora, Cristina De La Puente. Probamos os turróns...

A tarde 15-12-2025 15.12.2025
A tarde 12-12-2025 12.12.2025
A tarde 11-12-2025 11.12.2025

Seguimos percorrendo os melores Beléns de Galicia e paramos no de Valga, declarado de Intertese Turístico. Amósanolo Sito Barros, da Asociación de Amigos do Belén. Unha funeraria de Barbadás sortea unha "cesta" de Nadal na que os agasallos están dentro dun cadaleito. Falamos co autor da iniciativa, Arturo Varela. Carla Queijo, cantante do grupo Charlie, preséntanos este novo proxecto mus...

A tarde 10-12-2025 10.12.2025

Coñlecemos a "Los Coquitos", un grupo musical formado por pacientes do psiquiátrico de Conxo. O blogueiro de viaxes Pablo Vázquez fálanos de destinos turísticos masificados e de alternativas para eles. Brais Palmeiro ofrécenos na Coruña vestidos de noiza a 399 euros. O empresario Ghaleb Jaber Ibrahim recibe o premio Talento na Gala da Academia de Televisión e das Ciencias e as Artes Audi...

A tarde 09-12-2025 09.12.2025
A tarde 08-12-2025 08.12.2025

Continuamos o noso percorrido navideño visitando o "ecobelén" instalado na praza dos Valeiros, en Pontecesures, e o que ten no garaxe da súa casa de Ribeira María Teresa González. Icía Alcalde lévanos unha casa do barrio vigués de Teis que causa sensación polo seu alumeado e o antropólogo Rafael Quintía fálanos da árbore de Nadal e doutras tradicións galegas relacionadas coas árbores. A...

A tarde 05-12-2025 05.12.2025
A tarde 04-12-2025 04.12.2025
A tarde 03-12-2025 03.12.2025

Chegou a Galicia a moda de mercar "paquetes sorpresa" procedentes de devolucións de compras a empresas de venda en liña. Explícanos como funciona este sistema Vlad Pysmeniuk, dono da tenda Stock Galicia. Cando debemos recorrer a axuda dun psicólogo? Contesta o especialista José Manuel Fariña. Visitamos Galiocio, unha empresa que ofrece en Pereiro de Aguiar 4 mil metros cadrados de xogos...

A tarde 02-12-2025 02.12.2025

O podólogo Nabor Pereira explícanos os problemas que podemos sufrir se non levamos un calzado axeitado. Óscar Villar, xerente do centro Xestión Ética do Abandono, advírtenos das precaucións que debemos ter coas nosas mascotas durante as festas de Nadal. Anxos Padín lévanos a proba-los ducias de variedades de turrón que ofrece en Vigo La Formigueta. Andrés Díaz preséntanos a carreira San Silvestre...

A tarde 01-12-2025 01.12.2025

Gonzalo Gómez, da floristería Fiuncho, danos ideas para decorar a casa no Nadal. Visitamos no Páramo a gandería Quintián, onde se elaboran queixos artesanais e leite sen homoxeneizar. O trío Sumrrá presenta novo disco, "Revoluti8n", e del nos fala o contrabaixo Xacobe Martínez Antelo. Imos á administración de lotaría La Favorita da Coruña para saber como van as vendas de Nadal. O respons...

A tarde 28-11-2025 28.11.2025

Comezamos a xornada bailando coa directora de Unidance Vigo, Alexandra Teixeira. Xoan Taboada explícanos como se traballa en Meteogalicia. A presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca, cóntanos a que se dedica esta organización. Falamos cos promotores das xornadas "V de viñetas", Óscar Pérez e Francisco Barreiro. Pulsamos o ambiente do Venres Negro na Coruña. Facemos unha escapada ao ba...

A tarde 27-11-2025 27.11.2025

Somos agradecidos? Preguntámosllo aos nosos oíntes. O profesor na escola de negocios OBS, Eduardo Irastorza, explícanos por que España é un dos paises que máis diñeiro gasta no Venres Negro. Cúmprense dez anos do pasamento de Xosé Neirta Vilas. Lembramos a vida e obra do escritor coa axuda de Dolores Vilavedra e Fernando Redondo. Pasamos por varias administracións de lotaría para saber como van as...

A tarde 25-11-2025 25.11.2025

Prestamos atención ao Día Internacional de Eliminación da Violencia da Muller. Falamos cunha vítima de malos tratos e co policía que a protexía sobre os erros do sistema Cometa que controla a aplicación de as ordes de alonxamento dos agresores. Conversamos coa directora do Centro de Información á Muller de Coirós, Raquel Montero. Juan Bonhome explícanos como se conciencia aos escolares sobre a nec...

A tarde 24-11-2025 24.11.2025

As celebracións de Nadal chegan cada ano con máis anticipación. Que opinan os nosos oíntes sobre esta moda de adiantar as festas? Ademais falamos cun instalador de alumeado navideño, Abel Vázquez, e cunha familia de Vigo que decorou unha árbore de 20 metros de altura para reivindicar que o Concello coloque alumeado navideño na súa parroquia, Comesaña. Coñecemos a Mingos, o derradeiro zapateiro de...

A tarde 21-11-2025 21.11.2025

Falamos en directo con Papa Noel en Vigo. Descubrimos en Silleda as novidades da Feira do transporte de Viaxeiros por Estrada, Expobus. Despedimos a Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, as actrices da Panadaría, antes da derradeira función da compañía. Comentamos co economista Venancio Salcines a afirmación de Elon Musk de que nun futuro próximo o traballo será opcional. O presidente do...

Ascolta il podcast Todos os podcast | A tarde su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici