AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: agalegaaudio.gal
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
A tarde 10-01-2025 10.01.2025 3:56:54
Virtudes e as fotos familiares na casa. Francis Heybrook y Diana Díaz dirixen 4 Elements Galicia, un proxecto de campamentos de inmersión lingüística en plena natureza. Efemérides musicais, mesa de actualidade e moito máis
A tarde 09-01-2025 09.01.2025 3:56:54
Falamos de deportes de aventura con Luis Fernández, xerente de Amextreme. Pedímoslle a Borxa González, de "Orgullo galego", a súa opinión sobre a iniciativa de aprobar unha lei en Asturias para "protexer os sons e os cheiros do rural". O mago lugués Rafa explícanos por que vai levar o seu espectáculo aos campamentos de refuxiados no Sahara. Saberemos en que consiste o proxecto...
A tarde 08-01-2025 08.01.2025 3:56:54
Ante a inminencia do pico de incidencia da gripe falamos co doutor Juan Gestal. Abel Vázquez, de Iluminaciones Santiaguesas, explícanos o proceso de retirada das luces de Nadal. Abordamos como é a vida do opositor en conversa co socio fundador de Nós Oposicións, Alfonso Villares. O nutricionista Anxo Carreira enumera as bondades da dieta mediterranea. Repasamos as conclusións dun estudo da Fundaci...
A tarde 07-01-2025 07.01.2025 3:56:52
No Día Internacional do Selo Postal falamos sobre a vixencia do correo e sobre a decadencia dos estancos. A avogada Ana Camiña ilústranos sobre a lexislaciónrelativa ao segredo das comunicacións. Coñecemos ao deseñador gráfico vigués David Lago, que creou un "Taller máxico" onde combina artesanía e tecnoloxía. Preguntámoslle ao dermatólogo Alexandre Docampo se serve para algo o uso de cr...
A tarde 02-01-2025 02.01.2025 3:56:52
Que facer coas sobras das comidas de Nadal? Preguntámosllo á mellor cociñeira galega de 2024, Begoña Vázquez. Comentamos as transmisións por televisión das badaladas con Alejandra Tojo. Entrevistamos á presidenta de "Slow food Compostela", Rocío García. Coñecemos a Lucía Casal, unha influencer que describe o seu dia a dia nunha explotación gandeira. Bieito Romero cóntanos como vai celebr...
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici