AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: agalegaaudio.gal
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
A tarde 19-03-2025 19.03.2025 3:56:55
No día do Pai preguntámonos como cambiou o rol dos homes dende que se instaurou esta celebración en España. Axúdanos a sabelo o educador ambiental Miguel Pardellas. Que é un "festival de lás"? Explícannolo Leila Álvarez e Susana Diéguez, as organizadoras do Ovillo Fest de Monforte. Falamos cunha das afectadas polo retraso na entrega de medio cento de vivendas construidas en Ames. Explora...
A tarde 18-03-2025 18.03.2025 3:56:54
A cociñeira Begoña Vázquez danos consellos para utilizar o microondas. Daniel Pena preséntanos a súa aplicación "MiniTales", que nos permite dispor dun conto novo cada dia para lerllo aos meniños. Outro creador galego, Emilio Neira, explícanos en que consiste "Sintaxe", o método que ideou para aprender gramática. Coñecemos a Rubén Rodríguez, o ourensán designado mellor vendedor...
A tarde 17-03-2025 17.03.2025 3:56:02
A profesora de sicoloxía social, Cristina Gómez, explícanos porque proliferan as pedidas de man en público e en lugares "singulares". Coñecemos a Uxío Rodríguez un surfista de Viveiro que acaba de competir en Hawai. O economista Venancio Salcines oriéntanos sobre o futuro das pensións. Planificamos unhas vacacións en caravana coa axuda de David Abelenda. No capítulo musical, Mondra traen...
A tarde 14-03-2025 14.03.2025 3:56:02
Cada vez máis persoas teñen problemas para durmir. Sobre iso falamos con Lorenzo Armenteros, médico da Alianza polo Sono. A gaiteira María Pérez cóntasnos como se gaña a vida tocando pola rúa. Botamos a ollada atrás para lembrar como foi o confinamento. Imos ata a mercería pontevedresa Dokar, que pecha despois de 70 anos de funcionamento. A arquitecta Eva María Rodríguez explícanos como se limpan...
A tarde 13-03-2025 13.03.2025 3:56:53
As conservas de peixe que pasan moito tempo na lata son consideradas unha delicatessen en moitos lugares. A experta Genma Fontán explícanos por que e dinos que precaucións debemos gardar para consumilas. Falamos cos participantes no Hackathon de Navantia, un reto para estudantes de enxeñería. Coñecemos as previsións meteorolóxicas da AEMET para a primavera. Visitamos as obras de reconstrución do m...
A tarde 12-03-2025 12.03.2025 3:56:53
O xerente do 112 en Galicia, Marcos Araujo, fálanos das chamadas que reciben no servizo e non corresponden a urxencias reais ou son maliciosas. Queremos saber máis sobre varios eventos que se desenvolven en Galicia conversando cos seus organizadores: María Vital, do Congreso de Artomaterapia, e Laura Sueiro, do Congreso de Estudantes de Podoloxía. Preguntamos polo prezo dos pisos novos en Santiago...
A tarde 10-03-2025 10.03.2025 3:56:53
Falamos das herdanzas que se rexeitan e tamén das que van parar ás institucións. O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, explícanos como aumentou o patrimonio municipal con herdanzas recibidas de veciños. Coñecemos o Museo Pequeno da Coruña falando coa súa directora, Mar Abella. Quique Magdalena vai buscar grelos á praza de abastos de Compostela. Celebramos os 25 anos de vida da asociación Vai polo...
A tarde 07-03-2025 07.03.2025 3:56:53
Na véspera do Día da Muller falamos cvon Nanina Santos, a historiadora que creou a primeira organización feminista en Galicia. Coñecemos a unha empresaria pioneira, Ana María Suáñez, fundadora dunha empresa loxística na Coruña. Probamos o lacón con grelos en Cuntis convidados polo técnico de turismo do Concello, Manuel Martínez. Agustín Vázquez cóntanos a onde viaxarán os galegos esta Semana Santa...
A tarde 06-03-2025 06.03.2025 3:56:52
O responsable da empresa Yema de Oro, Andrés Almazán, cóntanos curiosidades sobre a producción de ovos. Recollemos as queixas sobre a proliferación de pintadas en Compostela. Sabemos máis sobre a procesionaria do piñeiro falando con Íñigo García. O profesor de ioga Segundo Rego infórmanos sobre o festival de ioga que se vai desenvolver na Coruña. O escritor Santiago Ogando preséntanos o seu libro...
A tarde 05-03-2025 05.03.2025 3:56:56
A fotógrafa Adriana Castro explícanos como sair favorecido nas fotos do DNI. Falamos co investigador Adolfo Cordero da recuperación do sapoconcho en Corrubedo. A logopeda Iria Varela fainos ver a importancia da atención temperá para o desenvolvemento correcto da fala nos nenos. Verónica Souto ensínanos a secar e preservar as flores. O antropólogo Rafael Quintiá analiza as semellanzas entre as dist...
A tarde 04-03-2025 04.03.2025 3:56:46
Afondamos nos segredos do entroido tradicional galego con Borxa González. Participamos no entroido de Cobres e degustamos os mazapáns da Lourenzá. Preguntámoslle a Rebeca Fernández, de Correos, por que a empresa traduciu ao chinés a súa páxina web sobre o camiño de Santiago. Mergullámonos no mundo da camelia con Beatriz Riveiro. Najla Shami preséntanos o seu novo traballo "Pulsando". A a...
A tarde 27-02-2025 27.02.2025 3:56:53
Falamos de piropos cos oíntes e con Sara Martínez Ferreiro. O alcalde de Navia de Suarna, José Fernández, convídanos á Festa da Androlla. Viaxamos a Verín para participar no Xoves de Comadres. Abrimos o consultorio de Nusca Chousa e recibimos a Felix Caramés para que nos informe sobre a calidade das operadoras de telecomunicación. Ademáis, vivimos a fin de etapa do Gran Camiño.
A tarde 26-02-2025 26.02.2025 3:56:54
Debatemos cos oíntes sobre as propinas. Son necesarias? Cando hai que deixalas? Que cantidade é a axeitada? Carlos del Amor preséntanos a súa novela "Una dama desconocida". Falamos coa oftalmóloga Yerena Muiños da importancia das pestanas na saúde ocular. Abrimos páxina de entroido visitando a mostra de traxes do Museo Etnográfico Liste de Vigo, conversando co artesán Rubén Herbella, que...
A tarde 25-02-2025 25.02.2025 3:56:49
Falamos sobre nomes raros de persoas co académico da RAG Antón Santamarina. O vigués Andrés Casal danos a coñecer a sua APP para pedir comida caseira a domicilio. Coñecemos a outro vigués, Marcos González, o mellor barista de España. Escoitamos as queixas dos hostaleiros coruñeses sancionados por exceso de ruído nos seus locais. Marcus Fernández cóntanos que podemos agardar este ano do Congreso Mo...
A tarde 24-02-2025 24.02.2025 3:56:53
Programa especial do programa A Tarde co motivo do 40º aniversario da Radio Galega. Facemos un percorrido polos 40 anos de historia a través das voces de sempre.
A tarde 21-02-2025 21.02.2025 3:56:54
Programa especial realizado dende a Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Cimag Gandagro, en Silleda. Ademáis de percorrer o certame e falar con organizadores e participantes preguntámoslle á ciruxá Chusa álvarez sobre as "falsas" terapias antienvellecemento, coñecemos os preparativos do Domingo Corredoiro en Verín e da danza de madamas e galáns en Santa CXristina de C...
A tarde 20-02-2025 20.02.2025 3:56:49
Procuramos saber todo sobre a vida dos gatos conversando coa veterinaria Pilar Gómez. Icía Alcalde lévanos a un hotel de Vigo onde se admiten mascotas. Explicamos en que consiste o proxecto "Let's sing together" do CEIP Tarrío de Culleredo. Entrevistamos ao pianista ourensán Fabio Álvarez. Mónica Castelao, de Cruz Vermella, fálanos do seu programa de acollemento familiar. Coñecemos...
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici