RADIO NOVA

RADIO NOVA

News GL ↓ 2072 episodi

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

RADIO NOVA

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

14 ago 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Alberto Rodríguez en MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN 02.12.2016

Alberto Rodríguez, que esta tarde non pode presentar o programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVEN comentou o calendario de competicións para esta fin de semana na que participarán os principais equipos de fútbol das distintas categorías. Alberto Rodríguez volverá a estar en directo o vindeiro domingo, a partir das 16:30 horas, na retransmisión en directo desde o campo municipal de Racelo, na Lama...

Entrevista a Angélica Domínguez Muiños, presidenta da comisión de festas de Antas 02.12.2016

Angélica Domínguez Muiños, presidenta da comisión de festas de Antas, lembrounos que esta fin de semana terá lugar estes festexos que terán como prato principal a verbena da noite deste sábado que contará coa actuación da orquestra Olympus.

Entrevista a María Canda, sobre a casa niño na Lama 02.12.2016

María Canda Falcón, responsable da Casa Niño da Lama, explicounos o funcionamento deste novo servizo para as familias do municipio e que beneficará a nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos que poderán dispoñer deste servizo de luns a venres en horario de 7:30 a 15:30 horas, non sendo obrigado que estean nin todo o tempo. Tamén poderán recollerse aos cativos antes das 15:30 horas. O prazo para ins...

Entrevista a Cristina Quinteiro voceira da plataforma PO-234 02/12/2016 02.12.2016

Falamos con Cristina Quinteiro voceira da plataforma veciñal de Afectados pola estrada PO-234 quen valorou os últimos acontecementos en torno a esta polémica despois de que mantivera unha xuntanza a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, co alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e o presidente da xestora do Concello Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.

Entrevista a Patricia Amoedo, sobre comida para recaudación de fondos "Vacacións en paz" 01.12.2016

Mantivemos unha conversa con Patricia Amoedo, pertencente a unha das familias de Fornelos de Montes que acollen en xullo e agosto aos nenos saharauis do programa Vacacións en Paz, que está a organizar un xantar que terá lugar o sábado 10 de decembro en "Casa Chalán", nas Estacas (Fornelos) para recadar fondos para ese programa que cada ano trae a Galicia a 200 nenos e nenas que residen nos campame...

JORGE CUBELA SOBRE A REUNION COA CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS POLA PO-234 01.12.2016

O presidente da xestora do Concello Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, valorou moi positivamente a xuntanza realizada entre a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, o delegado da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, e o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, sobre a mellora da PO-234. Cubela propuxo que os arranxos comezaran por Laxoso si o Concello de Ponte Caldelas conseguía ceder os terreos...

ENTREVISTA EVA GIL RODRIGUEZ, XORNADAS COOPERATIVISMO FEMININO EN FORNELOS DE MONTES 01.12.2016

Conversamos con Eva Gil Rodríguez, responsable do programa Inserta da Deputación de Pontevedra no Concello de Fornelos de Montes, que organiza para os días 14 e 15 de decembro unhas xornadas de cooperativismo que terán lugar no Multiusos de Fornelos. Falou da importancia do cooperativismo para atopar unha saída laboral ás mulleres no entorno do rural e das subvencions coas que conta.

FUENCIS CEREZO MUÑOZ, INTEGRANTE GRUPO TEATRO ASOCIACION MULLERES RURAIS O VERDUGO 01.12.2016

Falamos con Fuencis Cerezo Muñoz, integrante do grupo de teatro da Asociación de Mulleres Rurais do Verdugo, de Ponte Caldelas, sobre o estreo da obra cómica "O Anel Máxico", de Carlo Goldoni, con guion adaptado por Cándido Pazó e que será estreada este sábado 3 de decembro na Casa do Pobo de Cuñas (Ponte Caldelas). O reparto está composto básicamente por mulleres que levan preprando esta obra des...

ENTREVISTA DOCTOR MANUEL CARRERA, DIA INTERNACIONAL SIDA 01.12.2016

No Día Internacional de loita contra a SIDA entrevistamos ao doctor Manuel Carrera, de Ponte Caldelas, quen nos falou desta enfermidade que lonxe de curarse cronifícase naquelas persoas que a padecen aínda que a eficacia dos retrovirais permiten que o afectado poda ter unha vida normal. Carrera alertou sobre a necesidade de tomar medidas de prevención durante as relacións sexuais e avogou polo emp...

CARLOS MANGUISI "MANGUI" CANCERBEIRO DO COTOBADE 30.11.2016

Alberto Rodríguez entrevistou a Carlos Manguisi "Mangui", porteiro do Cotobade, que se atopa lesionado por mor da rotura do radio durante un quecemento previso a un partido. Mangui analizou foi homenaxeado polos seus compañeiros e a xunta directiva do Cotobade no pasado partido nas Extremas onde lle brindaron os dous goles e a victoria do seu equipo.

Programa "Reboada de Sons" III 30/11/2016 30.11.2016

Entrevista a Andrea Vázquez no programa Reboada de Sons

ENTREVISTA CHELO PEREIRA, PROBLEMA COA MUTUA DA FEDERACION 30.11.2016

Chelo Pereira, nai dun xogador xuvenil do Pontecaldelas, denunciou en MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN, que lle cobraran 120 euros por unha consulta do traumatólogo despois de acudir ao Hospital Domìnguez co seu fillo por mor dunha lesión nun xeonllo mentras facía practica deportiva. Alberto Rodríguez comprometeuse a facer seguemento do tema e preguntar á Federación Galega si esta é unha práctic...

PÉSAME IRIA RIAL 30.11.2016

Alberto Rodríguez comezou o programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN solidarizándose coa xogadora do Pontecaldelas Feminino Iria Rial a quen lle morreu o seu pai vítima dun accidente de tractor en Gondomar. Rodríguez achegou o sentimento de pésame de RADIO NOVA e de tódala familia que compón o Pontecaldelas.

Programa "Reboada de Sons" II 30/11/2016 30.11.2016

Entrevista a María Ameal presidenta da Banda de Gaitas E Coro Domingo Fontán (Portas) no Programa Reboada de Sons

Programa "Reboada de Sons" I 30/11/2016 30.11.2016

Entrevista a María Pichel no programa Reboada de Sons

Entrevista a Gabriel Ares do SCD Ponte Caldelas Xuvenil en MUNDO DEPORTIVO 29.11.2016

Entrevista a Gabriel Ares do SCD Ponte Caldelas Xuvenil en MUNDO DEPORTIVO

Entrevista a Rafael Quintía, da Asociación Antropolóxica Galega, sobre os petroglifos 29.11.2016

Entrevistamos a Rafael Quintía, presidente da Asociación Antropolóxica Galega, sobre o posible significado dos petróglifos, da importancia da área arqueolóxica de Tourón e das similitudes culturais do noroeste de Europa onde máis se extenderon estas manifestacións do arte rupestre e tamén da aparición de grabados pétreos noutro lado do Atlántico, na Iberoamérica precolombina.

Entrevista a Lois Pérez Leira sobre Cuba, Fidel Castro e os galegos 29.11.2016

Entrevistamos a Lois Pérez Leira, historiador e escritor, sobre a figura de Fidel Castro, Cuba e a presencia dos galegos na Revolución cubana. Pérez Leira avogou por estreitar os lazos entre a colectividade galega e a nosa Comunidade Autónoma e falou da importancia que tiveron os galegos no movemento revolucionario cubano e na posterior construción do socialismo en Cuba.

Programa A Saúde na Despensa 29112016 con Cali Carabelos 29.11.2016

Programa A Saúde na Despensa 29112016 con Cali Carabelos

FRAN RODRIGUEZ CASAL, CAPITÁN DO PONTECALDELAS XUVENIL 29.11.2016

Fran Rodríguez Casal, capitán do Pontecaldelas Xuvenil foi entrevistado por Alberto Rodríguez no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN e comentou a boa marcha do seu equipo e a boa sintonía existente entre os xogadores, o adestrador e o primeiro equipo onde, cando é preciso, estes xogadores prestan os seus servizos.

SERGIO PÉREZ CELADAS, FICHAXE DA LAMA, S.D. 29.11.2016

Alberto Rodríguez entrevistou no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a Sergio Pérez Celadas, a última incorporación do A Lama, S.D. que axudou a darlle maior verticalidade e confianza ao equipo na súa recuperación de resultados.

ENTREVISTA JESUS MUÑOZ, DELEGADO PIENSOS ARION EN GALICIA 28.11.2016

Jesús Muñoz, Suso, veterinario e delegado en Galicia de Piensos Arioón, e o director do programa CAZA E NATUREZA en RADIO NOVA, Francisco Couselo, analizaron o fenómeno da parasitose e das complicacións que poden sufrir os cans si non son tratados axeitadamente dos problemas derivados da presenza de parásitos.

ENTREVISTA ÁLVARO LAGO, TENENTE DO SEPRONA, DA COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA 28.11.2016

Álvaro Lago, tenente do Seprona, da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, atendeu amablemente aos micrófonos de RADIO NOVA e foi entrevistado por Francisco Couselo no programa CAZA E NATUREZA. Trataron o problema do furtivismo e a necesidade dunha maior colaboración cidadá e dos cazadores para acabar con este problema que ameaza seriamente a práctica do deporte cinexético. Couselo agradeceu ao...

ENTREVISTA A ALVARO COSTAL E VENERANDO SAMPIL "NANDO" 28.11.2016

Francisco Couselo entrevistou no programa CAZA E NATUREZA, de RADIO NOVA, a Álvaro Costal, veterano cazador de Pigarzos-Xesta (A Lama) e á xoven promesa Venerando Sampil "Nando" que leva tan só ano e medio cazando. Con eles foron analizando o pasado, o presente e o futuro do Tecor de Xesta ao tempo que Álvaro Costal repasou a súa traxectoria como cazador, cando se tiña que facer el mesmo os cartuc...

ANGÉLICA DOMÍNGUEZ MUIÑOS, PRESIDENTA FESTAS DE ANTAS 28.11.2016

Falamos con Angélica Domínguez Muíños, presidenta da Comisión de Festas de Antas (A Lama) que recuperan a celebración das Festas de Santa Bárbara que terán lugar o vindeiro fin de semana (3 e 4 de decembro). O día grande será o sábado 3 coa actuación das orquestras Olympus e Unión y Fuerza. A Comisión porá unha gran carpa que cubrirá todo o recinto de festas e tamén un bar que tentará recadar fond...

Ascolta il podcast RADIO NOVA su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici