Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Boletín informativo ambiental 10/07/2026 09.07.2026 10:00
A Plataforma por un Monte Galego con Futuro presenta un manifesto no que reclama un cambio radical nas políticas de prevención e loita contra os incendios forestais. ADEGA-Lugo lanza a campaña de micromecenado "Río Rato sen cemento" fronte ao proxecto de urbanización das nacentes do río urbano máis emblemático de Lugo. O proxecto de ALTRI incumpre os seis obxectivos ambientais que establece o Regu...
Boletín informativo ambiental 26/06/2026 25.06.2026 10:00
Adiántase a tempada de incendios: no que vai de ano arderon oficialmente arredor de 1.700 hectáreas. En Ourense, as consecuencias dos grandes lumes do verán pasado están a facerse visibles agora coas fortes tormentas e riadas rexistradas nas últimas semanas. En materia eólica, ADEGA e a CIG ampliaron a denuncia presentada ante a Fiscalía por un presunto delito de prevaricación relacionado cos camb...
Boletín informativo ambiental 18/06/26 18.06.2026 10:00
Novo revés xudicial para a Xunta de Galiza na súa política sobre o lobo: desproxeter esta especie podería ser anticonstitucional. A polémica arredor da xestión dos litixios eólicos no Tribunal Superior de Xustiza da Galiza continúa medrando; e tamén en materia eólica, a Xunta emitiu unha declaración de impacto ambiental desfavorable para o parque eólico Navallos, promovido nos concellos de Castrov...
Boletín informativo ambiental 12/06/2025 11.06.2026 10:00
Unha mobilización percorrerá o mar e a terra da Illa de Arousa este domingo para esixir a denegación definitiva dos proxectos de Altri e da mina de Touro_O Pino. ADEGA denuncia a destrución dunha zona dunar da praia do Róbalo, en Aguiño, en plena época de cría da píllara das dunas. A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco recibe un importante revés. O Icomos pide anular os per...
Boletín informativo ambiental 05/06/2026 04.06.2026 10:00
A Fiscalía galega abre dilixencias de investigación polos cambios efectuados nas seccións do TSXG. Tamén nos tribunais, o Supremo estimou os recursos presentados pola Xunta, Greenalia e a Asociación Eólica de Galicia contra a sentenza do TSXG que anulara a autorización do parque eólico Bustelo. ADEGA-Lugo solicita a revisión da Declaración de Impacto Ambiental da liña eléctrica Ludrio–San Cibrao p...
Boletín informativo ambiental 29/05/2026 28.05.2026 10:01
A Illa de Arousa acollerá o vindeiro 14 de xuño unha manifestación nacional "pola defensa do Ulla e da ría de Arousa" e contra os proxectos de Altri e da mina de Touro-O Pino. ADEGA presenta alegacións ao informe da Xunta sobre o estado do lobo en Galiza e acusa o Goberno galego de manipular os datos para facer crer que a especie está nunha situación favorábel. Tamén ADEGA alerta de que a planta d...
Boletín informativo ambiental 22/05/2026 22.05.2026 10:00
Altri non desiste e presenta alegacións contra o arquivo provisional do seu proxecto de macrocelulosa en Palas de Rei. ADEGA leva ao Tribunal Supremo a destrución patrimonial ocasionada polas obras do parque eólico Acibal. A Xunta de Galiza sitúase á fronte dunha manobra insólita para tentar rebaixar o nivel de protección do lobo en Europa. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Boletín informativo ambiental 08/05/2026 07.05.2026 10:00
Diversas organizacións ecoloxistas convocan para este sábado, 9 de maio, unha concentración na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón con morte autorizado pola Xunta no río Ulla. A Xunta de Galiza pretende reactivar as minas de Corcoesto, San Finx e Santa Comba, e sacar a concurso máis de 100 dereitos mineiros caducados en todo o país. Bate...
Boletín informativo ambiental 01/04/26 30.04.2026 9:57
A Xunta inicia a tramitación do novo Plano Sectorial Eólico de Galiza sen marxe para se aprobar nesta lexislatura. Un total de oito entidades convocan unha concentración para o vindeiro sábado 9 na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón. Case tres de cada catro parroquias consideradas de alto risco de incendios en Galiza rexistraron algún l...
Boletín informativo ambiental 23/04/2026 23.04.2026 10:00
A Xunta da Galiza non recorrerá a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que dá a razón a ADEGA e obriga a recuperar a protección ambiental dos terreos previstos para a celulosa de Altri en Palas de Rei. Ao tempo, a Plataforma Mina Touro-O Pino Non denunciou tamén esta semana unha estratexia “intimidatoria” por parte da Xunta contra a veciñanza e os colectivos que se opoñen á reapertur...
Boletín informativo ambiental 17/04/2026 16.04.2026 10:01
Máis de 2500 sinaturas esíxenlle á Xunta que declare o salmón galego "en perigo de extinción". O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de desestimar o recurso presentado por ADEGA contra a Xunta pola xestión do parque eólico do Acibal, malia recoñecer críticas á actuación da Administración. ADEGA e Mariña Patrimonio alertan do risco inminente que sofren varios bens arqueolóxicos na zona de P...
Boletín informativo ambiental 10/04/2026 09.04.2026 10:00
Galiza entra en abril con incendios forestais en Ponteares e Carballo que prognostican un verán complicado. As industrias galegas emitiron en 2024 máis de 8 toneladas de benceno cerca de lugares moi poboados. ALCOA pretende volver ampliar a balsa de lamas vermellas en Xove sen ter sequera rematado a anterior ampliación. E na costa, as críticas do sector do mar e do ecoloxismo ao proxecto de dragax...
Boletín informativo ambiental 27/03/2026 26.03.2026 9:59
As plataformas Altri Non, Mina Touro-O Pino Non e En defensa da ría de Arousa impulsan unha recollida de sinaturas pola fin definitiva de Altri e da mina de Touro. Organizacións ecoloxistas piden a dimisión da conselleira Ánxeles Vázquez. O xuíz Luís Villares é apartado da sala do TSXG que trata os proxectos eólicos. O Parlamento galego admite a trámite unha ILP para crear Áreas de Restauración Ec...
Boletín informativo ambiental 13/04/2026 12.03.2026 9:59
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza denega á Xunta autorizar a caza do lobo e mantén paralizadas as batidas previstas en varios concellos galegos. E ao mesmo tempo, a Xunta aumentou nun 42 por cento o diñeiro que destina á Federación Galega de Caza na última década. ADEGA, PDRA, confrarías e organizacións de produtores reclaman ao Ministerio que non licite eólica mariña en Galiza sen concluír...
Boletín informativo ambiental 6/03/2025 05.03.2026 10:00
O salmón galego atópase en perigo da extinción. Entidades ecoloxistas lanzan unha campaña de recollida de sinaturas para que así sexa declarado oficialmente por parte da Xunta de Galiza. En materia eólica, o Tribunal Supremo revisa como de xustas son as expropiacións para a implantación de aeroxeradores. E ademais, ADEGA-Lugo vén de presentar alegacións contra o proxecto do parque eólico Ferroedo,...
Boletín informativo ambiental 27/02/2026 26.02.2026 9:59
Ante o anuncio de arquivo do proxecto industrial de Altri por parte da Xunta, a coordinadora "Altri Non" celebra a vitoria do pobo galego e advirte que aínda queda o golpe de graza. Chama á sociedade galega a non baixar a garda ante a posibilidade dun “arquivo en falso” que permita no futuro reactivar o proxecto. A organización ecoloxista ADEGA vén de presentar alegacións ao Proxecto de Interese A...
Boletín informativo ambiental 13/02/2026 12.02.2026 10:00
A poboación galega respira unha proporción maior de substancias contaminantes ca o resto do Estado. ADEGA denuncia o abandono institucional da Torre de Torés, no Concello das Nogais, declarada Ben de Interese Cultural. Un proxecto eólico na Terra Chá pon en risco a única poboación reprodutora de mazarico real na Península Ibérica. A Serra do Xistral pasa a fomar parte dunha exclusiva rede internac...
Boletín informativo ambiental 05/02/2026 05.02.2026 10:00
O futuro do mar galego volve ao debate coa apertura do proceso para poxar a eólica mariña fronte ás súas costas. Entidades ecoloxistas solicitan á Xunta de Galiza que se declare o salmón atlántico como “en perigo de extinción”. A rotura doutra balsa mineira no Monte Neme pon de novo o foco sobre as hipotecas ambientais da minaría “sustentábel” que promove a Xunta. Novo intento para instalar eólico...
Boletín informativo ambiental 30/01/2026 29.01.2026 10:01
A Xunta de Galiza pide ao Tribunal Superior de Xustiza que levante a suspensión cautelar da caza do lobo, un movemento que ADEGA interpreta como cortina de fume para tapar as súas políticas regresivas no rural. Doutra banda, o proxecto de central de bombeo de Meirama poñería en risco a auga potábel da Coruña. E outro proxecto, neste caso mineiro, prevé a explotación de caolín durante un período de...
Boletín informativo ambiental 22/01/2026 22.01.2026 10:02
A Fiscalía investiga unha canteira en Lugo por ocupar ata dez veces máis terreo do autorizado. ADEGA denuncia a fragmentación ilegal dun macroproxecto de biometano en Curtis e alerta de que é ambiental e economicamente inviable. En materia de residuos, a asociación considera un paso atrás a incorporación da Mancomunidade Serra do Barbanza a SOGAMA. O Parlamento Europeo decide paralizar o acordo de...
Boletín informativo ambiental 19/12/2025 19.12.2025 10:01
A lei "ómnibus ambiental" da CE consolida a política de territorios de sacrificio e atenta contra os dereitos humanos. Semana tamén de importantes mobilizacións: miles de persoas mobilizáronse o pasado domingo en Santiago de Compostela nunha multitudinaria manifestación contra a instalación da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei; e o martes, a Coordinadora Eólica Así Non concentrouse ante o Par...
Boletín informativo ambiental 12/12/2025 13.12.2025 10:02
Unha vintena de persoas voluntarias, coordinadas por ADEGA, participou esta fin de semana nun campo de traballo ambiental destinado a restaurar os montes queimados da aldea do Sexo, na Agolada. Galiza está chamada a volver colapsar Compostela este domingo para darlle a estocada final ao proxecto de macrocelulosa de Altri. E, ao tempo, a Coordinadora Eólica Así Non convoca unha concentración ás por...
Boletín informativo ambiental 05/12/2025 04.12.2025 10:01
A emerxencia cinexética da Xunta podería contribuír a espallar a peste porcina africana. ADEGA impulsa un novo campo de voluntariado para restaurar zonas queimadas na Agolada. Ulloa Viva, a PDRA e Mina de Touro-O Pino Non chaman a "poñer fin" á ameaza da macrocelulosa de Altri cunha masiva mobilización o vindeiro 14D en Compostela. O río Gafos, en Pontevedra, volverá á vida... Todo isto e máis, en...
Boletín informativo ambiental 28/11/25 27.11.2025 10:00
A sociedade público-privada Recursos de Galicia negocia con Acciona a adquisición de 26 parques eólicos. A Coordinadora Eólica Así Non convoca unha concentración ás portas do Parlamento de Galiza baixo o lema “por moita lei que cambien, non nos taparán os ollos”. aA Xunta investirá uns 62.000 euros en espadanas para crear unha zona húmida artificial destinada a reducir a acidez das augas que baixa...
Boletín informativo ambiental 21/11/2025 21.11.2025 10:01
O PP esquece tramitar a emenda para flexibilizar aínda máis a moratoria do eucalipto. A asociación ecoloxista ADEGA denuncia que Rueda mingua a tramitación ambiental para converter a Xunta nunha expedidora de permisos. Galiza é a autonomía que menos recicla de todo o Estado. A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) lanza unha campaña de micromecenado para continuar o proceso xudicial contra a prórr...
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici