Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodi

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Pury González

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

27 lug 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

A asociacion de xovenes empresarios convoca os premios deste ano 08.10.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Asociación de Xóvenes Empresarios da Provincia de Pontevedra ten xa aberto o prazo para a presentación de candidaturas aos premios Xoven Empresario e Xoven Emprendedor deste ano. O certame celebrarase o 31 de outubro ás 20:30 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra e o prazo límite para presentar a documentación remata o 27 deste mes. Ademáis, tamén se co...

O CODI DE VALGA DESENVOLVE UN PROXECTO PILOTO DE REPARACION DE MATERIAIS PARA DIMINUIR REFUGALLOS 08.10.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Centro Ocupacional para Persoas con Discapacidade de Valga, desenvolverá un proxecto piloto de reparación de materiais, promovido dende a Consellería de Medio Ambiente. Trátase da recuperación de elementos textís, de carpintería e electrónicos co fin de diminuir a acumulación de resíduos ao medio ambiente. De dar bo resultado, o proxecto extenderíase med...

MELLOR ILUMINACION E MENOR CONSUMO NO CAMPO DE AS CANTEIRAS EN CUNTIS 08.10.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O campo de fútbol de As Canteiras en Cuntis ten agora mellor iluminación cun menor consumo despóis dunha actuación realizada pola Xunta de Galicia a través do canon eólico. O proxecto consistiu na instalación de sete luces led en cada torre cun investimento de 38.000 euros. Nolo explicaban esta mañá o técnico municipal, Javier García, o alcalde de Cuntis,...

VILANOVA TEN AGORA UNHA ESCOLA DE TEATRO PROMOVIDA POLA COMPAÑIA TATANA 07.10.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilanova terá dende este mércores unha Escola de Teatro, promovida pola compañía Tatana en colaboración co Concello e aberta a calquera persoa interesada no mundo da interpretación e de calquera punto da comarca. O lugar da Escola será o Teatro Valle Inclán e, de inicio, haberá clases tres veces á semana: mércores de 19.30 a 22.00 para ensaios da Compañía,...

A BATUKADA VOLVE A CAMBADOS 04.10.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Escola de Batukada de Cambados abre o prazo de inscripción para participar no curso que comeza o vindeiro 5 de novembro. As clases terán lugar os martes de 20 a 21:30 horas no Salón Peña, cun custe de 10 euros ao mes e 30 prazas dispoñibles. Ademáis, como xa ven sendo costume, o obradoiro de batukada realizará a súa presentación oficial ante os veciños d...

O BNG DARA O SEU APOIO PROGRAMATICO A CAMBIO DE QUE SE ACEPTEN AS SUAS PROPOSTAS 04.10.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Tras quedar definitivamente rotas as negociacións para un posible goberno tripartito, as relacións entre as tres formacións de esquerdas entran nunha nova fase de negociacións. O BNG acudirá á reunión prevista para o día 16 co actual goberno para abordar a posibilidade do apoio programático da formación nacionalista ao longo da lexislatura. Sen embargo, Vi...

VILAGARCIA INAUGURA O OBRADOIRO DE EMPREGO LABORA XOVEN 04.10.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía inaugurou esta mañá o Obradoiro de Emprego Labora Xoven no que participan 16 xóvenes que se formarán nas especialidades de “Socorrismo en Espazos Acuáticos” e “Promoción Turística local e Información ao visitante”. Durante a apertura dos cursos, o xefe territorial da Consellería de Emprego da Xunta, Ignacio Rial, destacaba o amplo...

AHITUVI RECUPERA O OKTOBERFEST DO CLUB DE RUGBY OS INGLESES 03.10.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os hosteleiros de Vilagarcía recuperan o OktoberFest iniciado no seu día polo Club de Rugby Os Ingleses, como un xeito de desestacionalizar as actividades na vila. De tal xeito que, en colaboración co Concello e o patrocinio de Vepersa, Ahituvi volve a traer á cidade o ambiente da Festa da Cervexa alemana pero con características do país, xa que haberá tam...

O CURTAS ABRE ESTA FIN DE SEMANA SEIS EXPOSICIONS EN VILAGARCIA 03.10.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A 47 edición do Festival Internacional de Cinema e Cómic de Vilagarcía de Arousa, CURTAS 2019, que se celebra do 25 de outubro ao 3 de novembro, trae á localidade seis exposicións que poderán verse no Salón García e no auditorio municipal dende esta fin de semana. Un evento, o decano de Galicia, no que o pasado ano máis de 30 mil persoas visitaron o festiv...

COMEZAN AS OBRAS DA NOVA GLORIETA DE ACCESO A PRAIA DE AREAS, EN SANXENXO 03.10.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Consellería de Infraestructuras iniciou hoxe as obras da nova glorieta de acceso á praia de Areas na PO-308 ao seu paso por Sanxenxo. Unha zona na que existe un cambio de sentido con carril central de espera que non ten eliminado a accidentalidade da intersección. A actuación forma parte do proxecto de mellora da PO-308 entre o miradoiro da Granxa e o ac...

VILANOVA RETOMA O PROGRAMA SEMPRE XOVE NAS PARROQUIAS 02.10.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova retoma o programa de envellecemento activo “Sempre Xove” que se desenvolverá en todas as parroquias do municipio de luns a venres. Os detalles nolos conta a psicóloga do programa, Cecilia Cores.

CAMBADOS CELEBRA O TERCEIRO SIMPOSIO INTERNACIONAL LGTBI 02.10.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados ten preparado un amplo programa para a celebración do III Simposio Internacional LGTBI o día 28 de outubro. As actividades comezarán ás 10 horas e unha vez máis estarán presentes representantes de colectivos de Galicia, nacionais e internacionais que contarán a realidade da diversidade social en primeira persoa. Esta edición contará...

Avanzan as negociacions dun tripartito de esquerdas en cambados 02.10.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os grupos da esquerda de Cambados, PSOE, Somos e BNG, retoman esta tarde as negociacións para tentar acadar un goberno tripartito. Segundo a alcaldesa, Fátima Abal, nas anteriores reunións conseguíronse avances importantes e mesmo está solventado un dos principais atrancos das conversas: o reparto da concellería de obras no relativo á espazos e edificios p...

A xunta reforza o intecmar cun novo convenio entre mar e sanidade 01.10.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Xunta reforza o labor do Intecmar no control de calidade. A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, renovaron esta mañá en Vilaxoán o seu compromiso co Intecmar mediante a sinatura dun novo convenio de colaboración e coordinación entre ambos departamentos para “promover actuacións que contribúan a mellorar a...

O IES BOUZA BREI ABRE O CURSO DOS CICLOS DE VELA E BALONCESTO 30.09.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O IES Fermín Bouza Brei de Vilagarcía abriu esta mañá o curso 2019/2020 dos ciclos de Vela e Baloncesto. Seguindo a práctica de anos precedentes, a súa oferta educativa inclúe os ciclos formativos de grao medio e superior de baloncesto, e de grao medio técnico deportivo de vela con aparello fixo, aproveitando as instalacións do Centro Galego de Vela, adscr...

Cambados inicia o seu obradoiro para menores de 30 anos 30.09.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O concello de Cambados deu inicio esta mañá ao obradoiro de emprego "Cambados Emprendedor" no que 16 alumnos-traballadores menores de 30 anos recibirán formación en dous módulos: "Dinamización cultural infantil e xuvenil" e "Montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos". É o terceiro ano consecutivo que Cambados conta con esta formación para menores...

A EXPOSICION SOBRE O NAUFRAXIO DO SANTA ISABEL CHEGA A CAMBADOS 27.09.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A exposición itinerante "Santa Isabel, o naufraxio" chega a Cambados tras percorrer varias localidades da provincia. A mostra, que reúne información sobre o afundimento do navío acontecido en 1921 na Illa de Sálvora, poderase contemplar do 1 ao 20 de outubro no Salón de Congresos José Peña. Nela pódense contemplar máis de 180 fotografías da catástrofe, así...

VILAGARCIA ACOLLERA A ULTIMA ETAPA DA MARCHA DE SPECIAL OLYMPICS GALICIA 27.09.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilagarcía acollerá un ano máis unha das etapas da Marcha Ciclista Unificada organizada por Special Olympics Galicia para persoas con e sen discapacidade intelectual. A iniciativa chega a localidades das catro provincias galegas, cunha última proba en Vilagarcía de Arousa o 6 de outubro, que sairá ás 10 horas dende a Praza da II República Os ciclistas perc...

DURAN NON OPTARA A REVALIDAR A PRESIDENCIA DA MANCOMUNIDADE DO SLANES 27.09.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, referíase esta mañá á complicada e polémica situación da entidade comarcal. Durán confirmaba que non optará a revalidar o cargo e aseguraba sentirse “asqueado” do acontecido.

VILANOVA AUMENTA OS NEGOCIOS RELACIONADOS CO CAMIÑO DE SANTIAGO 27.09.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova seguirá apostando polo turismo de natureza e, sobre todo, pola promoción das distintas rutas do Camiño de Santiago que atravesan o municipio. Segundo o alcalde, Gonzalo Durán, o feito ata agora está dando moi bos resultados que, ademáis, veñen amparados na solicitude de licencias de obras relacionadas co sector. I é que nos últimos m...

A OBRA BERNARDA ABRE O CICLO DE TEATRO DE OUTONO DE VILAGARCÍA 26.09.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O ciclo de teatro de outono de Vilagarcía, en colaboración con Agadic, achega catro representacions galegas ao Auditorio municipal. A obra teatral que abrirá este segundo semestre do ano será "Bernarda" o sábado 19 de outubro as 21 horas no auditorio. Esta escenificación aborda a vida das mulleres da casa de Bernarda Alba trala morte de Franco. As pezas qu...

A APERTURA DA PISCINA DE CAMBADOS PENDENTE DOS ULTIMOS AXUSTES 26.09.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A piscina municipal de Cambados abrirá en breve, ainda que dende o goberno local non se aventuran a poñer unha data concreta. Segundo explicaba esta mañá o Concelleiro de Obras, Samuel Lago, é cuestión de días xa que únicamente quedan pendentes os últimos axustes. A obra está rematada, a piscina está chea e montadas todas as instalacións de spa e sauna. A...

CAMBADOS DISTRIBUE 120.000 EUROS EN AXUDAS PARA ENTIDADES E 18.000 EN BECAS DE ESTUDO 26.09.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados destina este ano 120.000 euros en axudas para entidades beneficoasistenciais, culturais deportivas, ocio e tempo libre e actividades populares. Os colectivos xa teñen aberto o prazo para solicitalas. Ademáis, o goberno local aprobou unha partida de 18.000 euros para as bolsas de ensino, cuxa convocatoria sairá publicada a vindeira se...

MELLORA DE SEGURIDADE NO PORTO DE SAN TOME EN CAMBADOS 26.09.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Xunta de Galicia está a realizar unha mellora de seguridade no porto de San Tomé, en Cambados, coa reconstrución dun espazo de 420 metros cadrados de firme adoquinado que estaba afundido no dique do porto. A actuación, valorada nuns 20.000 euros, inclue a retirada do adoquín afundido, a construción dunha lousa de formigón armado e a reinstalación dos ado...

A VENDIMA ENTRA NA RECTA FINAL CUNHA COLLEITA MENOR DA PREVISTA 25.09.2019

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A vendima entra na recta final. As adegas da D.O Rías Baixas levan recollidos 29,5 millóns de quilos de uva e a previsión é alcanzar os 31 millóns. Unha cantidade menor da estimada inicialmente e moi por baixo dos 38,6 millóns do ano pasado. I é que o rendemento por hectárea quédase nuns 7.500 quilogramos aínda que a uva é de gran calidade e parámetros exc...

Ascolta il podcast Podcast AROUSA SI RADIO su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici