Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
5 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Noticias 13.30h - Xoves, 14 de xullo de 2022 14.07.2022 22:00
Actualidade de hoxe xoves en #Noticias1330h onde falamos do inicio das obras da estrada EP-2502 Cerquido - Ribadelouro que presentaron hoxe o alcalde de Tui e a presidenta da Deputación de Pontevedra. Tamén o inicio das Xornadas Xurídicas no Teatro Municipal, a última hora dos incendios no Alto Minho portugués e o despliegue da nova fibra óptica da compañía Avatel.
Noticias 13.30h - Mércores 13 de xullo de 2022 13.07.2022 23:02
Actualidade de hoxe mércores en #Noticias1330h marcado pola calor que segue asolando Galicia e a comarca do Baixo Miño. Recordamos as recomendacións ante esta vaga e tamén as datas do festival de cine Play-Doc, das Xornadas Xurídicas e da próxima concentración en defensa da sanidade pública no Rosal.
Noticias 13.30h - Martes, 12 de xullo de 2022 12.07.2022 24:49
Actualidade de hoxe martes en #Noticias1330h. Recordamos as recomendacións sanitarias ante a vaga de calor que asola Galicia e especialmente o Baixo Miño, en risco laranxa. Tamén os detalles do proxecto Commerce Inside en Tui e falamos con turistas que se achegan á cidade nestes días estivais.
Noticias 13.30h - Luns, 11 de xullo de 2022 11.07.2022 22:28
Actualidade de hoxe luns en #Noticias1330h. Damos conta da presentación dos obxectivos da Axenda Urbana de Tui ante a Cámara de Valença. Tamén recollemos o remate das obras do lavadoiro de Fontenla polo Obradoiro de Emprego Revaloriza Tui, a derradeira xornada das festas en Baldráns e os resultados deportivos da fin de semana.
Noticias 13.30h - Venres, 8 de xullo de 2022 08.07.2022 25:02
Actualidade de hoxe venres en Noticias 13.30h onde falamos da posta en marcha das bicis trasfronteirizas, das distintas reformas que se están a acometer na comarca do Baixo Miño e da axenda cultural e deportiva para esta fin de semana.
Noticias 13.30h - Xoves, 7 de xullo de 2022 07.07.2022 21:43
Actualidade de hoxe xoves en Noticias 13.30h onde recollemos a apertura das piscinas municipais e a súa posterior reforma tras o verán, a realización de entrevistas entre a veciñanza para a elaboración da Axenda Urbana e propostas de visitas guiadas para este verán en Tui.
Entra en funcionamento o servizo transfronteirizo de préstamos de bicicletas 06.07.2022 29:08
As Eurocidades Tui-Valença, Tomiño-Cerveira e Salvaterra-Monçao aposta por unha mobilidade sustentable. Hoxe foi inaugurado o e-bike, o servizo transfronteirizo de préstamos de bicicletas. Un percorrido simbólico dende a estación de tren de Valença até a antiga alfándega en Tui atravesando a vella Ponte Internacional, deu hoxe o pistoletazo de saída a esta oferta tranfronteiriza. É unha informació...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde - Tui Premio Mellor Pobo Cultural 06.07.2022 3:17
Tui foi o gañador na categoría de Mellor Pobo Cultural, nos Premios Pobo do Ano que convoca Prensa Ibérica. O alcalde, Enrique Cabaleiro, recollía este mediodía no acto celebrado en Vigo o premio no que se recoñece a “ inmensa riqueza patrimonial e cultural que ten o municipio de Tui”. Enrique Cabaleiro amosaba a súa satisfacción por este galardón e lembraba a todos os que fixeron posible que hoxe...
Noticias 13.30h - Mércores, 6 de xullo de 2022 06.07.2022 29:08
Actualidade de hoxe mércores en Noticias 13.30h onde recollemos os avances no Plan de Dinamización da Área Rexurbe Municipal, o lanzamento do novo servizo de préstamo de bicicletas transfronteirizo entre Eurocidades e o galardón como Mellor Pobo Cultural, outorgado á cidade de Tui.
Noticias 13.30h - Martes, 5 de xullo de 2022 05.07.2022 27:06
Actualidade de hoxe martes en Noticias 13.30h onde recollemos os datos do paro, a oferta cultural de Tui, Tomiño e A Guarda e a presentación do novo servizo de préstamo de bicicletas trasfronteirizo.
Noticias 13.30 h - Luns, 4 de xullo de 2022 04.07.2022 25:56
A actualidade informativa deste luns, 4 de xullo, en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h - Venres, 1 de xullo de 2022 01.07.2022 24:51
A actualidade deste venres en Noticias 13.30 h. Hoxe recollemos os asuntos aprobados onte en pleno, a autorización do consello da Xunta ao convenio para a rehabilitación do cárcere vello, as citas para a fin de semana e o deporte.
Noticias 13.30 h - Xoves, 30 de xuño de 2022 30.06.2022 27:48
A actualidade deste xoves en Noticias 13.30 h. Damos conta do pleno extraordinario que ás 20 h celebra a corporación municipal, a campaña "Rexurbe, Gañas tí, gaña Tui" presentada este mediodía, e das citas do día coma a charla sobre educación en diversidade que ás 20.30 h se celebra na Aula da UNED. en Deportes falamos da fichaxe de Eduardo Sousa polo Deportivo e do Dirt Track que se celebra esta...
Noticias 13.30 h - Mércores, 29 de xuño de 2022 29.06.2022 24:35
A corporación municipal de Tui celebra mañá pleno extraordinario de marcado carácter económico. Esta é unha novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h xunto á concentración convocada este venres ás 20.30 h diante do centro de saúde e outras novas da xornada.
Noticias 13.30 h - Martes, 28 de xuño de 2022 28.06.2022 23:03
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste martes, 28 de xuño de 2022. Damos conta dos asuntos que a corporación municipal de Tui tratará este xoves en pleno extraordinario, e da conmemoración do Día do Orgullo, entre outras novas.
Noticias 13.30 h - Luns, 27 de xuño de 2022 27.06.2022 29:04
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade local e comarcal deste luns, 27 de xuño. Hoxe públicase no BOE o anuncio de licitación da obra de humanización da Avenida de Portugal, falamos de investimentos do Plan Concellos en Tui e na Guarda, e dos actos previstos con motivo do Día do Orgullo. Tamén os resultados deportivos da fin de semana.
Tradicións na noite de San Xoán 23.06.2022 2:48
Despois de dous anos de parón, as festas na noite de San Xoán volven marcadas por unha climatoloxía pouco favorable. A que se coñece como a noite máis curta do año é unha das festividades máis populares no territorio galego polas súas infinitas tradicións. É unha reportaxe de Tania Romero.
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Licitación obras Avenida de Portugal 23.06.2022 3:57
O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana vén de licitar a obra da Avenida de Portugal, por un importe superior aos 600 mil euros. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, lembraba que é unha actuación longamente agardada. dicía que é unha obra prioritaria moi necesaria e importante porque é a prinicipal porta de entrada de Portugal en España e Camiño de Santiago.
Noticias 13.30 h -Xoves, 23 de xuño de 2022 23.06.2022 29:22
A actualidade deste xoves, 23 de xuño de 2022, en Noticias 13.30 h. Damos conta da licitación da obra de humanización da Avenida de Portugal, da conmemoración dos Xogos Florais de Galicia mañá en Tui, da celebración do San Xoán, as citas para estes días e o deporte.
Tui acollerá este domingo o Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade 22.06.2022 6:01
Tui acollerá este domingo o Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade . Participarán uns 350 deportistas de España e Portugal e un total de 80 serán locais. Este evento deportivo foi presentado este mediodía no Concello de Tui e así o contamos en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h - Mércores, 22 de xuño de 2022 22.06.2022 28:08
A actualidade deste mércores, 22 de xuño de 2022, en Noticias 13.30 h. Entre as novas do día está a Oficina Acelera Peme Rural con que vai contar Tui, a presentación do Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, a reelección de Carmen Núñez coma candidata do BNG nas eleccións municipais de 2023, ...
Noticias 13.30 h - Martes, 21 de xuño de 2022 21.06.2022 27:20
A actualidade informativa deste martes, 21 de xuño de 2022, en Noticias 13.30 h. Recollemos o balance de tres anos de mandato realizado polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, damos conta das reunións en Pazos de Reis e co alumnados dos institutos tudenses e do CEIP nº2 do equipo redactor da Axenda Urbana dentro do proceso participativo, entre outras novas da xornada.
Hoxe, 20 de xuño, é o Día Internacional das Persoas Refuxiadas 20.06.2022 2:55
Nos dous últimos anos 110 persoas de 11 nacionalidades distintas teñen estado no centro de acollida de refuxiados de Diversidades Acoge en Tui. Para dar a coñecer a realidade das persoas refuxiadas este centro organiza unha exposición no Centro Sociomunitario de Tui que foi inaugurada este mediodía.
Noticias 13.30 h - Luns, 20 de xuño de 2022 20.06.2022 30:44
A actualidade informativa deste luns, 20 de xuño de 2022, en Noticias 13.30 h. Entre as novas do día está a adxudicación das obras na estrada provincial en Ribadelouro, a enquisa en liña da Axenda Urbana, o Día Internacional das Persoas Refuxiadas, e os éxitos deportivos da fin de semana.
Noticias 13.30 h - Venres, 17 de xuño de 2022 17.06.2022 28:53
A actualidade informativa deste venres 17 de xuño en Noticias 13.30 h. Recollemos o investimento previsto, con fondos do Plan Concello, na piscina municipal de Tui, o resumo da entrevista co voceiro do PP, José Ángel Fernández, as citas da fin de semana e o deporte.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici