Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3635 episodi

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

2 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Noticias 13.30h - Xoves, 9 de marzo de 2023 09.03.2023

Noticias 13.30h deste xoves 9 de marzo para contarlles a rolda de prensa conxunto dos concellos do sur da provincia polos danos das tormentas do Nadal. Tamén, os actos do 8M en Tui, as citas da fin de semana e a BTT da Eurocidade no deporte.

Noticias 13.30h - Mércores, 8 de marzo de 2023 08.03.2023

Noticias 13.30h deste 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, onde repasamos todos os actos de Tui e dos concellos da comarca. Tamén recollemos máis detalles sobre o Congreso de Educación e falamos das xornadas de defensa de proxectos no festival de cine Ventura no Teatro Municipal.

Noticias 13.30h - Martes, 7 de marzo de 2023 07.03.2023

Noticias 13.30h deste martes 7 de marzo de 2023 para contarlles o programa do 8M en Tui e nos concellos do Baixo Miño. Tamén, a visita do delegado territorial da Xunta, Luís López, ao Programa Integrado de Emprego de Tui e o programa do I Congreso de Educación da Eurocidade.

Noticias 13.30h - Luns, 6 de marzo de 2023 06.03.2023

Noticias 13.30h deste luns 6 de marzo para contarlles os actos previsto polo 8M na semana do Día Internacional da Muller. Tamén, a crónica política, citas culturais para estes días e os nomes propios do deporte da pasada fin de semana.

Noticias 13.30h - Venres, 3 de marzo de 2023 03.03.2023

Noticias 13.30h deste venres 3 de marzo para contarlles a sentenza que avala a actuación do concello de Tui nas obras da Pousa do Bispo. Tamén, a colocación da pasarela sobre o Louro, datos do paro, citas e deporte local da fin de semana.

Noticias 13.30h - Xoves, 2 de marzo de 2023 02.03.2023

Noticias 13.30h deste xoves 2 de marzo para contarlles a presentación da candidatura de Enrique Cabaleiro á alcaldía de Tui polo PSdeG-PSOE. Tamén, o remate das Xornadas Rosendo Salvado coa ponencia desta tarde e o resto de citas para estes días.

Noticias 13.30h - Mércores, 1 de marzo de 2023 01.03.2023

Noticias 13.30h deste mércores 1 de marzo para contarlles a nosa conversa co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a presentación do proxecto 'Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo' na cidade. Tamén, as citas do día e o deporte local.

Noticias 13.30 h - Martes, 28 de febreiro de 2023 28.02.2023

A actualidade de hoxe vén marcada pola visita da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ás obras de acceso ao Parque Empresarial de Areas. Damos conta ademais das Xornadas Rosendo Salvado, o Festival do Teatro Grecolatino, demais citas da xornada e deporte local.

Noticias 13.30 h - Luns 27 de febreiro de 2023 27.02.2023

O comezo hoxe das Xornadas Rosendo Salvado, as inscricións para o I Congreso Internacional de Educación e "Kaminos: de Sefarad al Nuevo Mundo", protagonizan a actualidade de hoxe, coas citas da xornada e o deporte local.

Noticias 13.30 h - Venres, 24 de febreiro de 2023 24.02.2023

A saída dende Tui esta mañá da segunda etapa de O Gran Camiño marca parte da actualidade deste venres. Amais damos conta do Congreso Internacional de Educación que se celebrará en marzo na Eurocidade, as citas da xornada e o deporte.

Noticias 13.30h - Xoves, 23 de febreiro de 2023 23.02.2023

En Noticias 13.30h deste xoves 23 de febreiro de 2023 damos conta dos cortes de tráfico pola saída da Volta Ciclista O Gran Camiño e polas obras na A55; as actividades polo Día de Rosalía; e o deporte local.

Noticias 13.30h - Mércores, 22 de febreiro de 2023 22.02.2023

En Noticias 13.30h deste mércores 22 de febreiro de 2023 damos conta da inauguración das obras realizadas en Ribadelouro. En clave política, falamos da actualidade de Tui co voceiro do Partido Popular, José Ángel Fernández, abrimos páxina de citas e tamén o deporte local.

Noticias 13.30h - Luns, 20 de febreiro de 2023 20.02.2023

Noticias 13.30h deste luns 20 de febreiro para dar conta do corte na A55 que se realizará esta semana, das citas de Entroido en Tui na comarca e dos resultados deportivos desta fin de semana.

Noticias 13.30h - Venres, 17 de febreiro de 2023 17.02.2023

Noticias 13.30h deste venres 17 de febreiro para contarlles a chegada da estructura da ponte que se instalará a próxima semana sobre o Louro. Tamén, citas da fin de semana destacando o Entroido de Tui e da comarca e todo o deporte local.

Noticias 13.30h - Xoves, 16 de febreiro de 2023 16.02.2023

Noticias 13.30h deste xoves 16 de febreiro para contarlles as citas do Entroido en Tui e no resto de concellos da comarca. Tamén, a inauguración da mostra de Hixinio Castillo e a reapertura da biblioteca do CRA Clara Torres.

Noticias 13.30h - Mércores, 15 de febreiro de 2023 15.02.2023

En Noticias 13.30h deste mércores 15 de febreiro contámoslles o balance da presenza de Tui na xornadas URBACT en Vic. Tamén, a incorporación de novos axentes para a Policía Local e a Biblioteca e Arquivo de Tui e a presentación da mostra pictórica de 'Cali' na Sala de Exposicións Municipal.

Noticias 13.30h - Martes, 14 de febreiro de 2023 14.02.2023

En Noticias 13.30h deste martes 14 de febreiro de 2023 contamos o accidente ocorrido esta mañá na A55. En clave política, falamos da actualidade de Tui previa ás eleccións coa voceira do BNG, Carmen Núñez, abrimos páxina de citas e tamén o deporte local.

Noticias 13.30h - Luns, 13 de febreiro de 2023 13.02.2023

En Noticias 13.30h deste luns 13 de febreiro de 2023 contamos a condena do concello de Tui das pintadas vandálicas no conxunto histórico. Tamén, o balance de actuacións no Baixo Miño da Deputación de Pontevedra, as citas e o deporte da fin de semana.

Noticias 13.30h - Venres, 10 de febreiro de 2023 10.02.2023

En Noticias 13.30h deste venres 10 de febreiro mantivemos unha entrevista co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e co presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira, sobre o undécimo aniversario da Eurocidade. Recollemos a presentación do calendario deportivo da Eurocidade e abordamos citas desta fin de semana.

Noticias 13.30h - Xoves, 9 de febreiro de 2023 09.02.2023

En Noticias 13.30h deste xoves 9 de febreiro damos conta da presenza do alcalde de Tui nas xornadas #InfodayES, a cesión ao concello do edificio da praza da Inmaculada, o concerto do aniversario da Eurocidade, citas e deporte local.

Noticias 13.30h - Mércores, 8 de febreiro de 2023 08.02.2023

En Noticias 13.30h deste mércores 8 de febreiro contámoslles os últimos datos de turismo de Tui e continuamos coas entrevistas a voceiros municipais con José Manuel Palacín de Converxencia 21. Tamén, a crónica de sucesos, citas e deporte.

Noticias 13.30h - Martes, 7 de febreiro de 2023 07.02.2023

En Noticias 13.30h deste martes 7 de febreiro damos conta do novo investimento do Plan Concellos que permitirá contratar a 17 persoas desempregadas. Tamén, o inicio da rolda de entrevistas a concelleiros con Laureano Alonso de En Marea. Abrimos páxina de citas e o deporte local.

Noticias 13.30h - Luns, 6 de febreiro de 2023 06.02.2023

En Noticias 13.30h deste luns 6 de febreiro damos conta da presenza esta semana de Tui nas xornadas URBACT#InfodayES sobre desenvolvemento sustentable en Vic. Tamén, a presentación da Campaña da fame de Manos Unidas en Tui e os resultados deportivos da fin de semana.

Noticias 13.30h - Venres, 3 de febreiro de 2023 03.02.2023

En Noticias 13.30h deste venres 3 de febreiro damos conta do accidente que tivo lugar esta mañá en Cabo Silleiro con 4 feridos; da concentración de onte en favor da sanidade pública de Tui; as citas da fin de semana e o deporte local.

Noticias 13.30h - Xoves, 2 de febreiro de 2023 02.02.2023

En Noticias 13.30h deste xoves 2 de febreiro damos conta da presenza en Lisboa do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na sinatura do REDCOT; os datos do paro do mes de xaneiro; e informamos da concentración desta tarde convocada pola Plataforma de Defensa da Sanidade Pública de Tui.

Ascolta il podcast Informativos su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici