Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
1 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc 12.02.2025 3:20
Play Doc celebrará a súa vixésima primeira edición do 7 ao 11 de maio en Tui. O Festival vén de abrir a convocatoria, que pechará o vindeiro 7 de abril, dirixida a películas de todas as duracións e temáticas, tanto de ficción como de non ficción, de calquera nacionalidade, que desexen participan nesta cita internacional. Ángel Sánchez, codirector do festival, daba conta desta cita na nosa sintonía...
Noticias 13.30 h | Martes, 11 de febreiro de 2025 11.02.2025 28:13
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h -O alcalde de Tui reuniuse co director de Turismo de Galicia con motivo do 8º centenario da consagració da Catedral -Abrimos con José Palacín a rolda de conversas tras o pleno do pasado xoves en Tui -“Tui, meu amor” transformará esta fin de semana a praza da Inmaculada Play Doc abre a convocatoria para a súa 21ª edición que se celebrará...
Ent. José Palacín de c21 | Rolda pleno febreiro 11.02.2025 19:00
Hoxe martes abrimos con José Palacín, voceiro de Converxencia 21, unha nova rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación municipal de Tui, tras o pleno ordinario celebrado o pasado xoves.
Noticias 13.30 h | Luns, 10 de febreiro de 2025 10.02.2025 29:04
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - O conductor dunha moto tivo que ser evacuado o sábado en helicoptero tras un accidente en Ribadelouro, e por outra parte un coche e unha moto resultaron calcinados tras un incendio nunha garaxe en Randufe - A Eurocidade Tui-VAlença cumpre hoxe 13 anos. O sábado celebrará o seu aniversario cun concerto - A Cámara de Comercio de Tui hom...
Noticias 13.30 h | Venres, 7 de febreiro de 2025 07.02.2025 32:08
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Aprobadas as modificacións das ordenanzas do ICIO e da instalación de postos... nas festas no pleno de onte, mentres que non saiu adiante a desestimación das alegacións á ordenanza do control da zona azul mediante tráfico - Abel Losada, comprometeuse a trasladar a información do impacto labaza no Miño, ao Servizo de Patrimonio Natura...
Noticias 13.30 h | Xoves, 6 de febreiro de 2025 06.02.2025 26:10
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Ás 20 h a corporación municipal celebra pleno ordinario - O subdelegado do goberno, Abel Losada, coñeceu hoxe ‘in situ’ a problemática das especies exóticas e dos áridos no Miño - Monólogo con Federico Pérez mañá no Teatro Municipal de Tui - O Trail do Aloia abre este sábado o calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença - ...
Noticias 13.30 h | Mércores, 5 de febreiro de 2025 05.02.2025 28:01
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Ordenanzas fiscais e un expediente de modificación de créditos, entre os asuntos a tratar mañá no pleno da corporación municipal de Tui - Trece eventos conforman o calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença presentado esta mañá - Novos cursos comezan a próxima semana na aula da UNED de Tui - O luns comeza a X Semana da Educación...
Noticias 13.30 h | Martes, 4 de febreiro de 2025 04.02.2025 26:11
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno ordinario - O paro subiu en 63 persoas no Baixo Miño o pasado mes de xaneiro até as 2.675 persoas inscritas nas Oficinas de Emprego. - Hoxe, 4 de febreiro, conmemórase o Día Mundial contra o Cancro - Monólogo de Federico Pérez este venres no Teatro Municipal de Tui - ...
Noticias 13.30 h | Luns, 3 de febreiro de 2025 03.02.2025 32:22
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fai balance de 2024 e da conta dos retos para este 2025 pechando a rolda de conversas que iniciamos cos grupos políticos da corporación tudense - A tudense Raquel Areal primeira galega en formar parte da orquestra Filarmónica de Berlín - Daniel Rodríguez estreará en Tui o 21 deste mes o seu espectá...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Rolda pleno decembro, balance 2024 e retos 2025 03.02.2025 28:42
Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos hoxe a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal que iniciamos no mes de xaneiro. Con el abordamos a aprobación da modificación da ordenanza do lixo, o balance de 2024 e os retos que se plantexan para 2025.
Noticias 13.30 h | Venres, 31 de xaneiro de 2025 31.01.2025 35:48
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Aprobada a modificación puntual do PXOM que permitirá rehabilitar o edificio da antiga alfándega - Gran cita teatral hoxe en Tui co Teatro Nacional São João - Claudia Montes de Altitude, recibe o premio Responsabilidade Social de AJE - O remo galego cítase mañá en Tui - Unha trintena de piragüistas do Kaiak Tudense compiten mañá no Ga...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui|Aprobación da modificación urbanística para rehabilitar a antiga Aduana en Tui 31.01.2025 8:45
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valoraba a resolución da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta, publicada onte no Diario Oficial de Galicia, na que se aproba a modificación puntual número 3 do Plan Xeral de Ordenación, PXOM, de Tui. Destacou que coa aprobación deste trámite completouse o proceso para poder levar a cabo a rehabilitación da antiga alfándega tudense.
Noticias 13.30 h | Xoves, 30 de xaneiro de 2025 30.01.2025 28:15
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - O Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres ás 20 h a representación de “Fado Alexandrino” co Teatro Nacional São João - Dúas tudenses, Cristina Rodríguez de O Fuchique e Claudia Montes de Altitude, candidadas ao premio Iniciativa Empresarial de AJE que se entrega esta tarde - Preto de 250 deportistas participarán este sábado en Tui...
Noticias 13.30 h | Mércores, 29 de xaneiro de 2025 29.01.2025 26:03
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Día de loito oficial en Tui polo pasamento de Xosé Martínez Tato. Ás 18 h terá lugar o funeral na igrexa de San Francisco - O BNG presentará este venres no pleno provincial unha moción rexeitando os parques eólicos mariños de Pinzón e Roleira polas afeccións no sur da provincia - O Teatro Municipal acolle este venres ás 20 h “Fado Ale...
Noticias 13.30 h | Martes, 28 de xaneiro de 2025 28.01.2025 27:45
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Onte faleceu Xosé Martínez Tato, concelleiro do BNG de Tui, persoa implicada e comprometida en moi diversos ámbitos. - O Concello de Tui declara mañá un Día de Loito Oficial polo pasamento de Xosé Martínez Tato - Un home de 32 anos, veciño de Mos, foi detido pola Garda Civil de Tui como presunto autor de dous roubos en Tui - A tomiñes...
Ent. José Manuel Palacín, voceiro de Converxencia 21 | Pasamento de Xosé Martínez Tato 28.01.2025 2:05
"Era unha especie de pedáneo universal, con entrega, honestidade e imparcialidade no servizo público". Así lembra José Manuel Palacín, voceiro de Converxencia 21, ao recentemente falecido Xosé Martínez Tato.
Ent. Nico Montes, voceiro do Partido Popular | Pasamento de Xosé Martínez Tato 28.01.2025 1:39
O voceiro do Partido Popular, Nico Montes, destacou na nosa sintonía o "compromiso que sempre mantivo Xosé Martínez Tato coa nosa cidade. Era unha persoa boa, xusta e que defendía sempre os seus valores con pasión e respecto". Mañá mércores será Día de Loito Oficial no Concello de Tui.
Ent. Carmen Núñez do BNG | Pasamento de Xosé Martínez Tato 28.01.2025 2:19
“Unha persoa necesaria, comprometida, sempre disposto a traballar polo ben común”. Así definía Carmen Núñez, voceira do BNG, a Xosé Martínez Tato. O concelleiro do BNG falecía onte á tarde. Era membro da corporación municipal dende 2013. Destacou polo seu compromiso, traballo e implicación en moi diversos ámbitos.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Pasamento de Xosé Martínez Tato 28.01.2025 5:31
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, avanzaba na nosa sintonía á a declaración mañá mércores dun Día de Loito Oficial polo pasamento do concelleiro do BNG Xosé Martínez Tato. Destacaba Enrique Cabaleiro a dimensión humana de Tato, o seu compromiso, e a súa implicación no ámbito social da cidade.
Noticias 13.30 h | Luns, 27 de xaneiro de 2025 27.01.2025 29:09
Estes son os principais titulares de hoxe: - Balance da presenza de Tui en FITUR - Árbores caídas, contedores movidos e o levantamento dunha chapa no tellado da E.I. Galiña Azul, entre as incidencias rexistradas en Tui pola borrasca Herminia - O Concello de Tui conmemorou hoxe acendendo seis candeas o Día Internacional en memoria das vítimas do holocausto - Hoxe celebrouse no P.N. Monte Aloia a tr...
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Medio Rural | Incidencias pola borrasca Herminia 27.01.2025 1:44
Numerosas incidencias as deixadas esta fin de semana en Tui pol borrasca Herminia. Numerosas árbores caídas, contedores desprazados, anegamentos, e o levantamento dunha chapa do tellado da escola infantil Galiña Azul, foron parte desas incidencias. Así nolo contou o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Balance actividade en FITUR 24.01.2025 5:41
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo balance en Noticias 13.30 h, o venres 24 de xaneiro, da presenza de Tui en FITUR, onde mantiveron diversos encontros para a promoción da cidade e do 800 aniversario da Catedral. Destacou os encontro co CEO do grupo TUI, coa directora de Paradores, ou co presidente do Clúster de Turismo.
Noticias 13.30 h | Venres, 24 de xaneiro de 2025 24.01.2025 27:38
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Éxito en FITUR cun balance positivo por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro - Campaña “Para lembrar” do Xeodestino Galicia Suroeste - O Espazo Sociocultural de Tui acollerá mañá a entrega dos premios de arquitectura Gran de Area 2024, ás 19:00 horas - Unha unidade de Doazón de Sangue está estes días en Tui - Citas da fin de semana - E...
Noticias 13.30 h | Xoves, 23 de xaneiro de 2025 23.01.2025 28:49
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Tui, presente en FITUR - A conselleira María Martínez e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, visitaron as obras de acondicionamento que se están a executar nun treito da antiga N-551, en Tui - Seis espectáculos conforman a programación do primeiro trimestre no Teatro Municipal de Tui - Terceira edición...
Noticias 13.30 h | Mércores, 22 de xaneiro de 2025 22.01.2025 26:28
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Tui recuperará o 1,2 millóns de euros investidos no desentullo de Paramos ao fallar a favor do Concello a Audiencia Nacional - Con Nico Montes do PP continuamos as conversas cos grupos políticos da corporación - A presenza de especies exóticas un dos problemas que sofre o Miño na actualidade - Seis espectáculos conforman a programació...
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici