Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3651 episodi

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

16 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Feijoo anuncia na investidura o enlace de Areas e o edificio xudicial de Tui, o alcalde lémbralle débedas históricas 09.11.2016

Alberto Núñez Feijoo adiantou onte no seu discurso de investidura a construción do enlace de Areas da VAP Tui-A Guarda e o novo edificio xudicial en Tui. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valourou este anuncio coma significativo e lembrou débedas históricas da Xunta coa cidade coma o novo colexio de Pazos de Reis e as rotondas de Areas e Guillarei.

Tui acollerá do 17 ao 20 de novembro o concurso de Juventudes Musicales de España 08.11.2016

Tui acollerá a próxima semana do xoves 17 ao domingo 20 o concurso permanente de Juventudes Musicales de España en concreto nas probas de piano, clavicémbalo e órgano. Andrea González, directora do IKFEM e membro de Xuventudes Musicais de Tui, daba conta da celebración na cidade deste evento. Estas audicións, que se celebrarán no Teatro Municipal, na igrexa de San Telmo e na Catedral,serán abertas...

Os concellos do Baixo Miño, unidos pola accesibilidade 08.11.2016

O San Xerome Emiliani, en colaboración co Centro Juan María de Nigrán e cos concellos de Tui, Tomiño, A Guarda, Oia e O Rosal, lidera un proxecto baixo o título “un Baixo Miño para todos”. Busca facer partícipe e coñecedora á sociedade da realidade das persoas con discapacidade á vez que se favorece a interacción destas persoas coa súa contorna.

Aberto o prazo para renovar os postos no mercado semanal dos xoves en Tui ata o 10 de xaneiro 08.11.2016

Dende o pasado día 1 e ata o 10 de xaneiro está aberto o prazo para presentar as solicitudes de autorización de instalacións para postos no mercado semanal dos xoves para o ano 2017. As solicitudes presentaranse no modelo normalizado aprobado polo concello que se pode descargar da web municipal. O concelleiro do Mercado, José Ramón Magán, daba conta desta convocatoria solicitando aos vendedores qu...

Noticias 13.30h - Martes, 8 de novembro de 2016 08.11.2016

A actualidade de Tui e do Baixo Miño en Noticias 13.30h

Tui pon en marcha dúas iniciativas co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero 07.11.2016

O 25 deste mes celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero, motivo polo que dende o concello de Tui se poñen en marcha dúas iniciativas. Dunha banda convócase por noveno ano consecutivo Concurso Fotográfico/Literario Relación Home Muller 100% Positiva, e por outra o Concello súmase á campaña “En negro”.

Tui espera sumarse ao novo Plan Revitaliza da Deputación para potenciar a compostaxe 07.11.2016

O concelleiro de medio Ambiente de Tui, José Martínez Tato, vén de reunirse cos seus homólogos do resto de concellos da provincia co gallo de acordar o novo plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra que busca reducir drasticamente o lixo a través da reciclaxe en compost.

Noticias 13.30h - Luns, 7 de novembro de 2016 07.11.2016

A actualidade de Tui e Baixo Miño deste luns, 7 de novembro, en #Noticias1330. Estes son parte dos titulares de hoxe: - Tui espera sumarse ao novo Plan Revitaliza da Deputación Pontevedra para potenciar a compostaxe. - O Concello de Tui convoca o noveno Concurso Fotográfico/Literario Relación Home Muller 100% positiva - Unha persoa resulta ferida despois de saírse da vía e caer por un barranco en...

Noticias 13.30h - Venres, 4 de novembro de 2016 04.11.2016

A actualidade de Tui e do Baixo Miño en Noticias 13.30h

O paro subiu en 392 persoas en outubro no Baixo Miño 03.11.2016

Mal dato o do paro na comarca do Baixo Miño o pasado mes de outubro xa que o número de desempregados subiu en todos os concellos e sectores. Hai 392 parados máis, unha suba que obedece sobre todo ao incremento en Agricultura e Pesca e no Sector Servizos ao rematar os contratos estacionalizados refidos tanto á campaña de verán no sector servizos coma á colleita na agricultura.

Noticias 13.30h - Xoves, 3 de novembro de 2016 03.11.2016

A actualidade deste xoves, 3 de novembro nos informativos da Radio Municipal de Tui

Como temos que reciclar? Damos conta das dúbidas máis comúns 03.11.2016

Envases de plástico, envases metálicos e brics van ao amarelo. Envases de cartón e papel, ao azul, e vidro, botellas e tarros sen tapa, ao verde. Pero para os que teñan aínda dúbidas, a monitora debulla os nosos erros máis comúns.

Máis de 1.000 persoas escolleron Tui como punto de partida para facer o Camiño en outubro, o mellor dato dende 2010 03.11.2016

Tui viviu o mellor mes de outubro con respecto ao numero de peregrinos que saíron da cidade dos últimos 6 anos. En total, 1.022 persoas saíron da nosa cidade para realizar o Camiño de Santiago até Compostela. Xunto con Valença, que foi punto de partida de 572 camiñante, a Eurocidade situase como o cuarto punto de saída mais escollido polos peregrinos, por detrás de Porto, S. Jean P. Port e Sarria,...

Operativa de novo a zona azul en Tui 02.11.2016

As rúas Augusto González Besada, Foxo, Travesía Foxo, Rosa Bahamonde e Paseo de Calvo Sotelo contan dende hoxe con estacionamento gratuíto limitado no tempo. Os días laborais en horario de 9 a 13h e de 16 a 21h só se poderá estacionar un máximo de hora e media débese colocar o reloxo indicador da hora de chegada O Concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, explicaba as características deste sist...

Noticias 13.30h - Mércores, 2 de novembro de 2016 02.11.2016

En Noticias 13.30h contamos a actualidade de Tui e do Baixo Miño

Dende mañá volve funcionar a zonal azul en Tui 31.10.2016

Dende mañá 1 de novembro o estacionamento nas rúas Augusto González Besada, Foxo, Rosa Bahamonde, Travesía Foxo e Calvo Sotelo será limitado no tempo ao implantarse de novo a zona azul.

A peonalización do conxunto histórico comezarase a aplicar de forma gradual antes do remate do ano 31.10.2016

A peonalización do conxunto histórico de Tui podería ser realidade antes de que remate este ano. A súa implantación realizarase de forma gradual segundo avanzou a concelleira de Patrimonio Carmen Núñez.

Noticias 13:30 - Luns, 31 de outubro de 2016 31.10.2016

Estes son parte dos titulares de hoxe: - A peonalización do conxunto histórico de Tui comezarase a aplicar de forma gradual antes de que remate o ano - Dende mañá volve a funcionar en Tui a zona azul - O domingo celébrase o I Concurso de Pintura "Pinta Tui" - Deputación Pontevedra e Fomento pechan un preacordo que garanta o cumprimento do programa dos castros da provincia - O Rosal estrea nova sin...

A Deputación e Fomento pechan un preacordo que garanta o cumprimento do programa dos castros da provincia 31.10.2016

A Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento veñen de alcanzar un preacordo que permitirá o total desenvolvemento do programa de posta en valor dos castros da provincia e desbloquea a situación dos traballos que se están realizando nos xacementos da provincia. Na nosa comarca, os castros que se beneficiarían deste programa son o de Altos dos Cubos de Tui e A Cabeciña e Oia. A deputación vi...

O PEPCH de Tui podería estar aprobado antes de finalizar este ano 28.10.2016

O equipo redactor do Plan Especial do Conxunto Histórico fixo entrega onte no concello do documento definitivo do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico, que agora continuará a tramitación no concello. Precisamente o equipo redactor reuniuse onte co alcalde, a concelleira de Patrimonio, e técnicos municipais para dar explicar o documento entregado e as modificacións realizadas no mesmo,...

Fin de semana con música, magostos, samaín e teatro en Tui 28.10.2016

Son distintas as propostas que hai para esta fin de semana en Tui nas que haberá música, magostos, celebración do Samaín,e teatro.

Esta mañá inaugurouse a exposición Tui e a Brilat 28.10.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o xeneral xefe da Brilat, Luís Cebrián, e o presidente do Grupo Filátelico de Tui, José Manuel Troncoso, inauguraron esta mañá, na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, a exposición “Militaria II. Tui e a BRILAT, 50º Aniversario”. Trátase dunha mostra organizada polo Concello de Tui co gallo do 50 aniversario da Brigada de Infantería Lixeira Bril-B...

11 detidos dunha banda con base no Baixo Miño nunha operación contra o tráfico de drogas 28.10.2016

A Garda Civil procedeu ao desmantelamento dunha organización criminal que se dedicaba á distribución e venda de droga no sur de Pontevedra e que tiña como base de operacións o Baixo Miño. Os axentes da Garda Civil detiveron á totalidade dos integrantes da banda, 11 persoas, todas elas de nacionalidade española. Unha vez realizados os arrestos, rexistráronse once vivendas en Tomiño, Oia, Mos e Vigo...

Noticias 13:30 - Venres, 28 de outubro de 2016 28.10.2016

A actualidade de Tui e do Baixo Miño está nos informativos da Radio Municipal de Tui. Estes son parte dos titulares de hoxe: - Aprobada inicialmente a ordenanza que regulara as axudas de emerxencia social en Tui - Entregado no Concello de Tui o documento definitivo do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico. - Esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro González, xunto co xeneral xefe da Bril...

Noticias 13.30h - Venres, 27 de outubro de 2016 27.10.2016

O que acontece en Tui e no Baixo Miño recollémolo nos informativos da Radio Municipal de Tui

Ascolta il podcast Informativos su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici