Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
16 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
A directora xeral de Turismo coñeceu in situ a nova sinalización do conxunto histórico de Tui 01.03.2017 4:03
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, aproveitou hoxe a visita a Tui da directora xeral de Turismo, Nava Castro, e do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, para demandar atención sobre o camiño de Santiago ao seu paso pola cidade e por Valença. Ao tempo que planxeou á administración autonómica estudar a fórmula para implicarse na restauración ou cando menos medidas mínimas de conservación pa...
Noticias 13.30h - Mércores, 1 de marzo de 2017 01.03.2017 28:22
A actualidade do día en Noticias 13.30h con Ángel Vila e Beti Rey
Esta tarde decidirase a data para o Certame de Carrozas de Tui 28.02.2017 2:36
Esta tarde reunirase a comisión encargada de decidir a data na que se celebrará o desfile, aínda que dende o Concello a proposición será o domingo 12 de marzo, aínda que a decisión aínda non está tomada.
Cancelados os desfiles de Castro Barreiro e A Feira (Salceda), da Guarda e do Porriño 28.02.2017 2:47
Os desfiles de entroido da Guarda e do Porriño foron hoxe cancelados por mor do tempo. Ademais, cancelouse tamén o enfrontamento entre A Feira e Castro Barreiro en Salceda.
Un mozo perde a vida nun accidente de tráfico no Rosal 28.02.2017 3:07
Tráxico suceso esta mañá no concello do Rosal. Un mozo perdeu hoxe a vida, outro atópase en estado moi grave e 2 resultaron feridas de distinto grao nun accidente de tráfico á altura do acceso cara Portocelo na estrada da Guarda a Baiona.
Noticias 13.30h - Martes, 28 de xaneiro de 2017 28.02.2017 24:46
A actualidade de Tui e do Baixo Miño no Noticias 13:30 da RMT.
O SUP denuncia que Interior non permite a inspección do Centro Aduaneiro de Tui 28.02.2017 2:42
Aínda que o pasado venres estaba prevista a inspección técnica do Centro de Cooperación Policial e Aduaneira de Tui, o Ministerio do Interior non permitiu que se levar a cabo. O SUP considera que esta falta de colaboración conformia que o "edificio non cumpre co establecido na ordenanza municipal" e se atopa con "graves deficiencias"
A VI BTT da Eurocidade celebrase o 12 de marzo con novidades no trazado 24.02.2017 5:08
Como en anos anteriores, a proba, que discorrerá por Tui e Valença, contará cun percorrido de 46 quilómetros e outro máis longo de 73. Como novidade, este ano a Corredoira contará cun percorrido de obstáculos e en zig-zag para facela máis atractiva para os espectadores que se acheguen en torno ás 10:00 horas da mañá.
#OPeche | 180 aniversario de Rosalía de Castro 24.02.2017 3:11
#OPeche | 180 aniversario de Rosalía de Castro, unha poetisa universal.
Resumo do pleno de febreiro en Tui 24.02.2017 5:44
Resumo do pleno de febreiro en Tui: moción sobre a ordenanza de contaminación acústica quedou sobre a mesa. Aprobáronse as mocións de instar a Xunta a por en marcha servizos sociosanitarios no Rebullón, instar ao Goberno a axilizar o traslado de persoas refuxiadas da guerra, promover o coñecemento de Rosalía de Castro e da súa obra, manifestar á Xunta, Fomento, Adif e Renfe a protesta polo peche d...
Noticias 13.30h - Venres, 24 de febreiro de 2017 24.02.2017 35:35
- O pleno de Tui non aproba a nova ordenanza de ruído, si se aprobou o requirimento á Xunta, Fomento, Adif e Renfe para que a estación de Guillarei - A Máis de 1.500 persoas participarán no entroido de Tui - A Asociación Cultural Randufe celebra dende hoxe o seu Entroido - O Liceo Casino acolle unha festa de entroido o sábado - Boa música e carnaval no Betún hoxe e mañá - O Venres de Foliada arran...
A candidatura Visit Río Miño será aceptada para ser avaliada corrixindo o erro formal que houbo na presentación 23.02.2017 2:53
A candidatura Visit Río Miño con proxectos transfronteirizo para 16 concellos galegos e de portugal por importe de 7,5 millóns de euros será admitida aos fondos POCTEP. Así llo confirmaron este mediodía en Madrid, no Ministerio ao Deputado Uxío Benítez. Lembramos que a semana pasada os rexedores destes 16 municipios, xunto ao deputado provincial e o presidente do CIM Alto Minho compareceran en rol...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración reunión con dtor. xeral de Infraestruturas 23.02.2017 3:45
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, entrevistouse este mediodía co director xeral de Infraestruturas da Xunta para facer un seguimento dos proxectos que a xunta ten comprometidos no municipio. O alcalde tudense valorando esta reunión indicaba que agardaba maior concreción de cara a execución dos proxectos, xa que hoxe lle confirmaron que está a redactarse o proxecto do parque empresarial de Areas...
Noticias 13.30h - Xoves, 23 de febreiro de 2017 23.02.2017 20:55
A actualidade do día en #Noticias1330h con Ángel Vila e Beti Rey.
A Sala Metrograph de Manhattan achega un ciclo de cinco documentais a Play-Doc 22.02.2017 3:03
Nun mes comeza o XIII Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc. Do 22 ao 26 de marzo volverá abrirse en Tui unha ventana ao mundo a través dos documentais. Na programación deste ano haberá un ciclo titulado "The Wrong Revolution" programado por Jake Perlin, director artístico da Sala Metrograph de Manhattan
Noticias 13.30h - Mércores, 22 de febreiro de 2017 22.02.2017 26:08
A actualidade deste luminoso mércores en Noticias 13.30h
Noticias 13.30h - Martes, 21 de febreiro de 2017 21.02.2017 26:48
A actualidade do día en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui
Con seis puntos na orde do día a corporación municipal de Tui celebra este xoves, ás 20h, pleno de carácter ordinario. 21.02.2017 3:34
A aprobación inicial da Ordenanza Municipal de Protección conta a contaminación acústica no Concello e manifestar ante a Xunta, Deputación, Ministerio de Fomento, RENFE e ADIF a protesta polo peche dos servizos ferroviarios na Estación de Guillarei son dous dos temas que tratará a corporación municipal de Tui este xoves en pleno. A sesión será retransmitida en directo pola nosa sintonía.
Noticias 13.30h - Luns, 20 de febreiro de 2017 20.02.2017 28:47
A actualidade do día en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui
Noticias 13.30h - Venres, 17 de febreiro de 2017 17.02.2017 31:36
A actualidade do día, as citas da fin de semana e os encontros deportivos nos informativos da RMT
Dous accidentes nas últimas horas na VAP Goián- Guarda pola presenza de cabalos na vía 17.02.2017 4:10
O alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, está a estudar qué medidas tomar para evitar que os cabalos salvaxes volvan acceder á VAP Tui- A Guarda, coma aconteceu nas últimas horas en dúas ocasións, e xa se ten producido anteriormente. O rexedor rosaleiro está en contacto con Xunta e Deputación para estudar o valado dun tramo de 200 metros e impedir que estes cabalos baixen de novo ata o v...
Play Doc dedicará este ano a súa retrospectiva ao realizador franco-canadense Dominic Gagnon. 17.02.2017 2:05
Do 22 ao 26 de marzo celebrarase en Tui Play-Doc. O festival dedicará este ano a súa retrospectiva ao realizador franco-canadense Dominic Gagnon. Os títulos que conforman esta retrospectiva céntranse exclusivamente no seu traballo de montaxe a partir de material atopado en internet.
Noticias 13.30h - Xoves, 16 de febreiro de 2017 16.02.2017 29:04
En Noticias 1330h recollemos a actualidade do día en Tui e no Baixo Miño.
Indignación en 26 concellos galegos e portugueses ao non ser aceptada a candidatura a fondos POCTEP 16.02.2017 3:14
O deputado de Mobilidade e Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, xunto cos alcaldes dos 16 concellos transfronteirizos do Sur da provincia, o presidente da CIM Alto Minho e os presidentes das cámaras do Norte de Portugal, compareceron en rolda de prensa para amosar a súa indignación despois de que a candidatura galego-portuguesa aos fondos POCTEP non fora aceptada por unha cuestión "formal".
Ent. José Ramón Magán, concelleiro, e Nieves Valverde e Luís Pereira - Zona Azul 16.02.2017 8:34
A Zona Azul de Tui, que abrangue un centenar de prazas de aparcamento en cinco rúas tudense, conta cunha nova sinalización acorde coa ordenanza reguladora deste espazo, aprobada en 2008, e recollendo os días e horario no que o aparcamento está limitado no tempo. Lembramos que é de luns a sábado de 9 a 14h e de 16 a 21h. Desta nova sinalización falamos co concelleiro de Seguridade José Ramón Magán....
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici