Deputación de Pontevedra

Aquí faltan páxinas

History GL ↓ 70 episodi

Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.

Autore

Deputación de Pontevedra

Categoria

History

Sito del podcast

www.depo.gal

Ultimo episodio

19 giu 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android 5 mln+ di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

AS MULLERES NO MUNDO DO VIÑO. Abrirse camiño reivindicando territorio e identidade 19.06.2026

O viño é parte fundamental da cultura galega e, na provincia de Pontevedra, as mulleres xogaron un papel constante pero historicamente invisibilizado. Tradicionalmente, foron as encargadas do coidado das viñas, da vendima, do pisado e da conservación, e transmitiron saberes vitivinícolas de xeración en xeración. Co paso do tempo, moitas delas asumiron tamén a xestión das adegas, especialmente cand...

AS MULLERES NO MUNDO DO VIÑO Abrirse camiño reivindicando territorio e identidade 17.06.2026

O viño é parte fundamental da cultura galega e, na provincia de Pontevedra, as mulleres xogaron un papel constante pero historicamente invisibilizado. Tradicionalmente, foron as encargadas do coidado das viñas, da vendima, do pisado e da conservación, e transmitiron saberes vitivinícolas de xeración en xeración. Co paso do tempo, moitas delas asumiron tamén a xestión das adegas, especialmente cand...

CORONA GONZÁLEZ SANTOS. Unha vida entregada á fotografía e ao mecenado 21.05.2026

Corona González Santos, nada a finais do século XIX e vencellada a Mos e ao Porriño, destacou polo seu compromiso social e por ser unha das primeiras fotógrafas afeccionadas en Galicia. Casada con Ramón González Fernández, empresario, banqueiro e filántropo de Ribadeo, formou con el un matrimonio moi implicado en causas benéficas e culturais: doazóns para bibliotecas, bolsas de estudo, melloras en...

Avance - CORONA GONZÁLEZ SANTOS. Unha vida entregada á fotografía e ao mecenado 07.05.2026

Corona González Santos, nada a finais do século XIX e vencellada a Mos e ao Porriño, destacou polo seu compromiso social e por ser unha das primeiras fotógrafas afeccionadas en Galicia. Casada con Ramón González Fernández, empresario, banqueiro e filántropo de Ribadeo, formou con el un matrimonio moi implicado en causas benéficas e culturais: doazóns para bibliotecas, bolsas de estudo, melloras en...

RITA FERNÁNDEZ QUEIMADELOS. A primeira muller que asinou proxectos de arquitectura en España 23.03.2026

Rita Eugenia Benedicta Fernández Queimadelos naceu na Cañiza, nun fogar de comerciantes, propietarios da mercería La Modernista, en Ourense. Interesouse na arquitectura posiblemente por influencia do seu avó materno, Eduardo Queimadelos Ribera, que exercía de agrimensor na Cañiza, e tamén polos traballos de carpintería que se levaban a cabo h...

Avance - RITA FERNÁNDEZ QUEIMADELOS. A primeira muller que asinou proxectos de arquitectura en España 23.03.2026

Rita Eugenia Benedicta Fernández Queimadelos naceu na Cañiza, nun fogar de comerciantes, propietarios da mercería La Modernista, en Ourense. Interesouse na arquitectura posiblemente por influencia do seu avó materno, Eduardo Queimadelos Ribera, que exercía de agrimensor na Cañiza, e tamén polos traballos de carpintería que se levaban a cabo h...

MATILDE VÁZQUEZ A soprano galega que conquistou Madrid 26.02.2026

Matilde Vázquez naceu en Cambados nos albores do século XX e mostrou desde nena unha grande afección pola música e unha voz con enormes calidades para o canto. Cando cumpriu os trece anos a súa familia tivo que trasladarse a Madrid, onde deu os seus primeiros pasos en compañías amadoras e comezou a recibir leccións de música e canto co...

Avance - MATILDE VÁZQUEZ. A soprano galega que conquistou Madrid 19.02.2026

Matilde Vázquez naceu en Cambados nos albores do século XX e mostrou desde nena unha grande afección pola música e unha voz con enormes calidades para o canto. Cando cumpriu os trece anos a súa familia tivo que trasladarse a Madrid, onde deu os seus primeiros pasos en compañías amadoras e comezou a recibir leccións de música e canto co...

Concepción Pérez Iglesias. Primeira alcaldesa de Galicia 04.02.2026

María de la Concepción Pérez Iglesias, coñecida como Dona Concha, naceu en Santiago de Compostela, onde se formou como mestra na Escola Normal. Chegou a Portas en 1907 para dirixir a escola feminina, un labor que exerceu con rigor e cariño ocupándose de cincuenta alumnas por aula. Alí casou con Amador Méndez Santamaría, un adiñe...

Avance - Concepción Pérez Iglesias. Primeira alcaldesa de Galicia 04.02.2026

María de la Concepción Pérez Iglesias, coñecida como Dona Concha, naceu en Santiago de Compostela, onde se formou como mestra na Escola Normal. Chegou a Portas en 1907 para dirixir a escola feminina, un labor que exerceu con rigor e cariño ocupándose de cincuenta alumnas por aula. Alí casou con Amador Méndez Santamaría, un adiñe...

Marisol Soengas. Na vangarda da investigación contra o cancro 15.01.2026

María Soledad (Marisol) Soengas González, nada en Agolada en 1968, é unha das científicas galegas máis recoñecidas de ámbito internacional no campo da oncoloxía. Licenciada en Bioloxía pola Universidade Autónoma de Madrid e doutora polo Centro de Bioloxía Molecular do CSIC, especializouse no estudo do melanoma, un dos cancros de pel máis agresivos. Tras traballar en centros punteiros dos Estados U...

Avance - Marisol Soengas. Na vangarda da investigación contra o cancro 14.01.2026

María Soledad (Marisol) Soengas González, nada en Agolada en 1968, é unha das científicas galegas máis recoñecidas de ámbito internacional no campo da oncoloxía. Licenciada en Bioloxía pola Universidade Autónoma de Madrid e doutora polo Centro de Bioloxía Molecular do CSIC, especializouse no estudo do melanoma, un dos can...

As Mulleres de Gargamala. Cantareiras, tocadoras e gardiás da nosa tradición 09.01.2026

Na pequena parroquia de Gargamala, no concello de Mondariz, as mulleres son as grandes depositarias da tradición oral e musical. Cantareiras, tocadoras e transmisoras de saberes, fixeron posible que romances, coplas e cantos de traballo sobrevivisen ao paso das xeracións. Reunidas en fiadas, seráns e festas, acompañaban os labores do campo e as celebracións con voces potentes e harmonías aprendida...

Avance - As Mulleres de Gargamala. Cantareiras, tocadoras e gardiás da nosa tradición 09.01.2026

Na pequena parroquia de Gargamala, no concello de Mondariz, as mulleres son as grandes depositarias da tradición oral e musical. Cantareiras, tocadoras e transmisoras de saberes, fixeron posible que romances, coplas e cantos de traballo sobrevivisen ao paso das xeracións. Reunidas en fiadas, seráns e festas, acompañaban os labores do campo e as celebracións con voces potentes e harmonías aprendida...

Nais contra a droga. Érguete: 40 anos loitando para transformar a sociedade 24.11.2025

A finais da década de 1970 e comezos da de 1980, as Rías Baixas sufriron unha vaga de narcotráfico que afectou gravemente a mocidade galega. A heroína apareceu en moitas casas galegas como un pesadelo invisible e as nais eran sinaladas como culpables de terlles consentido demasiado aos seus fillos, que se convertían en delincuentes e roubábanlles incluso ás súas propias familias. A droga apoderous...

Avance - Nais contra a droga. Érguete: 40 anos loitando para transformar a sociedade 24.11.2025

A finais da década de 1970 e comezos da de 1980, as Rías Baixas sufriron unha vaga de narcotráfico que afectou gravemente a mocidade galega. A heroína apareceu en moitas casas galegas como un pesadelo invisible e as nais eran sinaladas como culpables de terlles consentido demasiado aos seus fillos, que se convertían en delincuentes e roubábanlles incluso ás súas propias familias. A droga apoderous...

Juana de la Cruz Domínguez. Cen anos de paixón pola costura 20.11.2025

Juana de la Cruz Domínguez, coñecida no Porriño como  Juaniña , amosou desde moi nova un talento natural para a costura e unha gran paixón polo mundo da moda, en especial polos deseños de alta costura das grandes firmas. Comezou con este labor cando tiña só 9 anos e aos 13 inaugurou o seu primeiro taller na casa familiar. Alí formou decenas de mozas que seguiron o seu ronsel como modistas e confec...

Avance - Juana de la Cruz Domínguez. Cen anos de paixón pola costura 17.11.2025

Juana de la Cruz Domínguez, coñecida no Porriño como  Juaniña , amosou desde moi nova un talento natural para a costura e unha gran paixón polo mundo da moda, en especial polos deseños de alta costura das grandes firmas. Comezou con este labor cando tiña só 9 anos e aos 13 inaugurou o seu primeiro taller na casa familiar. Alí formou decenas de mozas que seguiron o seu ronsel como modistas e confec...

As alfombreiras. Unha tradición ancestral transmitida por mulleres 05.09.2025

A confección de alfombras de flores é unha manifestación cultural secular que en Galicia permanece viva grazas ao papel esencial das mulleres, transmisoras dos códigos simbólicos desta tradición, depositarias da sabedoría popular herdada xeración tras xeración e, como en moitas outras ocasións, organizadoras e facedoras dun traballo comunitario e interxeracional que se segue repetindo cada primave...

Avance - As alfombreiras. Unha tradición ancestral transmitida por mulleres 03.09.2025

A confección de alfombras de flores é unha manifestación cultural secular que en Galicia permanece viva grazas ao papel esencial das mulleres, transmisoras dos códigos simbólicos desta tradición, depositarias da sabedoría popular herdada xeración tras xeración e, como en moitas outras ocasións, organizadoras e facedoras dun traballo comunitario e interxeracional que se segue repetindo cada primave...

Prólogo 29.08.2025

A terceira colección de Aquí Faltan Páxinas amplía a nosa xenealoxía de mulleres extraordinarias, coa adición de novas voces e historias que, malia seren esenciais para entender quen somos, quedaron á marxe do relato que se recolle nos libros. Neste percorrido detémonos en logros colectivos e vidas singulares, en pioneiras audaces e en grupos de mulleres anónimas que loitaron, resistiron e transfo...

María Araújo. A guerrilleira que loitou contra as ditaduras de Franco e Batista 16.12.2024

Nada en Carril en 1904, con só dous anos emigrou cos seus pais a Cuba, onde estudou nun convento, e logo casaría con Sebastián Carcaño, natural de Mugardos. Xuntos iniciáronse nas loitas proletarias e vinculáronse ao entón nacente movemento comunista cubano. En 1927 volveron a Galicia con dous fillos. María empezou a traballar nunha fábrica de conservas de Vigo, onde tomou as rendas do Sindicato d...

Avance - María Araújo. A guerrilleira que loitou contra as ditaduras de Franco e Batista 10.12.2024

Nada en Carril en 1904, con só dous anos emigrou cos seus pais a Cuba, onde estudou nun convento, e logo casaría con Sebastián Carcaño, natural de Mugardos. Xuntos iniciáronse nas loitas proletarias e vinculáronse ao entón nacente movemento comunista cubano. En 1927 volveron a Galicia con dous fillos. María empezou a traballar nunha fábrica de conservas de Vigo, onde tomou as rendas do Sindicato d...

Urraca I de León, a Temeraria. A raíña batalladora 21.11.2024

Rebelde e apoderada, Urraca I de León foi a primeira monarca de Europa en exercer un reinado de pleno dereito. Filla e sucesora de Afonso VI e Constanza de Borgoña, en 1109 ascendeu ao trono do reino de León, que abarcaba tamén Galicia. Durante o seu mandato demostrou ser unha muller moi adiantada á súa época, que cambiou as regras que marcaban como debían comportarse as raíñas. A súa tía e homóni...

Urania Mella. Pianista, educadora e defensora da paz e dos dereitos das mulleres 19.11.2024

Foi unha muller exemplar adiantada ao seu tempo, defensora dos dereitos das mulleres, cun gran compromiso político pero tamén social e educativo. Urania ensinoulles a escribir ás súas veciñas analfabetas na Casa do Pobo, como fixo seu pai, Ricardo Mella, teórico do anarquismo condenado ao desterro e a quen Durruti lía na fronte. Combateu contra as tropas de Franco en Vigo no alzamento nacional do...

Ascolta il podcast Aquí faltan páxinas su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici