Revista Morcego

A Gruta de Gizamaluke

Leisure GL ↓ 217 episodi

O teu podcast sobre videoxogos en galego. Un falangullo onde repasamos a actualidade da industria, conversamos sobre títulos, analizamos xogos e, en xeral, estamos de parola.

Autore

Revista Morcego

Categoria

Leisure

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

22 lug 2024

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

A Gruta de Gizamaluke - 5x23 02.03.2023

Xa estamos en marzo, preto da primavera, e van florecendo as novas e os videoxogos. É o ciclo natural da industria da que falamos e comentamos ao longo dest programa, como é lei. Novas da semana A que estamos a xogar? - Sons of the Forest O Discord Opina :: BSO favorita? Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke - 5x22 23.02.2023

Último programa do mes de xa... febreiro! Vai o ano fostiado! Avanzamos e falamos das últimas novidades da industria do videoxogo, comentamos as nosas aventuras e os nosos soños. Novas da semana A que estamos a xogar? :: Atomic Heart, Elden Ring O Discord Opina :: Que consola recomendarías? Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke- 5x21 16.02.2023

A cousa non para e seguimos avanzando neste 2023, camiñando entre novas e titulares, videoxogos e historias. Novas do día A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke - 5x20 09.02.2023

Seguimos camiñando e navegando polo mes de febreiro, traendo a actualidade máis importante dos últimos días. Ollo, que gravamos antes do Direct de Nintendo, se non hai referencias é porque somos viaxeiras do tempo, pero mal, que non somos quen de ir cara adiante. Novas da semana A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non

Podcast :: A Gruta de Gizamaluke (5x19) 02.02.2023

Outra semana máis, xa en febreiro, case un 10 % do ano completado e aquí seguimos, buscando o logro desbloqueado, o platino do 2023. Juan, Ana e Charlie are here. Novas da semana A que estamos a xogar? O Discord opina Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke - 5x18 26.01.2023

Volve o clásico, o man a man, Charlie vs. Ana, a parella de ouro, Oliver e Tom Baker, Rasca e Pica, inimigos íntimos, amigos descoñecidos. Repaso á actualidade máis inmediata, cousiñas varias e rematamos xaneiro como ten que ser. Novas da semana A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke - 5x17 19.01.2023

Estamos aí! Seguimos dando guerra. Ana, Juan e Charlie continúan descendendo pola Gruta até chegar a actualidade máis inmediata, que vai espertando neste inicio de ano Novas da semana A que estamos a xogar? O Discord Opina :: Prensa que pecha e di adeus Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke - 5x16 12.01.2023

Seguimos con algo de preguiza a idea esa de comezar o ano, pois a verdade os estudios aínda non aportan demasiadas novidades. Novas da semana A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke -5x15 05.01.2023

Volvemos logo dunha semana en silencio, pero comezando o ano, comezando o 2023 con forza. Iso si, este é un man a man entre Ana e Charlie, que teñen grandes plans para o ano Novas? (Resumo do ano pasado e previsións futuras) A que estamos a xogar? O DIscord Opina :: Pikachu vs Mario vs Avoas Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke -5x14 23.12.2022

Derradeiro episodio do ano, sen a presenza de Sara, pero nos nosos corazóns... Novas da semana A que estamos a xogar Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke - 5x13 15.12.2022

Seguimos avanzando polo mes de decembro, seguimos albiscando a luz ao final do ano, mais está a chover e vai frío, polo que non é mala quedar na casa para botarmos unhas partidas. Novas da semana A que estamos a xogar? O Discord Opina Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke - 4x12 08.12.2022

Comezamos o programa cun man a man, o hate team, a gruta do odio, Anita e Charlie fronte a fronte. Por sorte, Sara chega ao final para poñer algo de amor e agarimo ao programa. Novas do día A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke - 5x11 01.12.2022

De novo, logo dunha pequena semana de descanso, volvemos para falar das novas dos videoxogos e un chisco da vida. Novas da semana A que estamos a xogar? O Discord Opina Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke -5x10 17.11.2022

Imos aló, imos continuar descendendo polas galerías da Gruta até chegar ao fondo do asunto. Cal? Non o temos claro. Novas da semana A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke - 5x09 10.11.2022

Pois iso, que como non podía ser douotro xeito seguimos camiñando pola corda da vida, así que vai un novo capítulo coas súas novas, as súas parolas e os nosos vicios. Novas da semana A que estamos a xogar? O Discord Opina Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke - 5x08 03.11.2022

Xa estamos en novembro, o mes no que a 'nova xeración' cumpre dous anos no mercado, mais semella que foi onte, certo? Os anos e as tempadas pasan, pero seguimos aquí, para seguir parolando. Novas da semana A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke - 5x07 27.10.2022

Seguimos vivas, seguimos vivos e con gana de falar de videoxogo. Dixemos ao principio da tempada que iamos facer episodios máis curtos... mintimos. Sexa como for, aquí estamos para querervos e informarvos. Novas do día A que estamos a xogar? O Discord Opina :: Pokémon e lembranzas Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke - 5x06 20.10.2022

Pois nada, seguimos vivas e seguimos dándolle a lingua. Desta vez non traemos moitas novas, pero si que son desas das que dan de falar, reflexionar e parolar. O equipo ao completo, que non sempre podemos, pero cando sucede somos moi felices. Novas da semana A que estamos a xogar? (Scorn) Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke - 5x05 13.10.2022

A cousa avanza, a tempada tamén. Ana chega de San Diego, da Tiwtchcon, para facernos a súa crónica case ao vivo, con jet lag incluído. Abrimos orellas e abrimos as bocas, que hai que escoitar e hai que parolar, como vén sendo habitual. Novas da semana A que estamos a xogar? O Discord Opina Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke - 5x04 06.10.2022

Cuarto capítulo xa. Podemos dicir que estamos xa no proceso de mantemento de motores, que xa pasamos o inicio e o síndrome pos vacacional. Vivas e vivos. Estamos de volta ao cen por cen (pero sen Ana, que voa a San Diego) Novas da semana A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non

A Gruta de Gizamaluke - 5x03 29.09.2022

A nave saca as velas de novo, aínda que só temos dous tripulantes. Seremos quen de chegar a terra? Ou mellor... de entras até o fondo dela polas galerías da Gruta? Maloserá. Novas da semana A que estamos a xogar? O Discord Opina Polo si ou polo non Vémonos ou escoitámonos en sete días como sempre! Bicos e apertas!

A Gruta de Gizamaluke - 5x02 22.09.2022

Xa estamos quecendo a voz, xa estamos no segundo programa, no segundo capítulo e xa pensando no seguinte. Benvidas de novo á Gruta! Novas da semana A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non Lembrade que hai pregunta para vós no Discord!

A Gruta de Gizamaluke - 5x01 15.09.2022

Comezou a quinta tempada! Un lustro facendo falangullos, cinco anos ao carón do micro! Agardamos que sigades aí, coa mesma gana que nós, que xa tiñamos emoción por volver falar e escoitar. Novidades? Algunha. Pero a máis notable é que agora o programa estréase os xoves no Patreon e os sábados en aberto. Alén diso... somos as de sempre. - Novas e titulares - A que estamos a xogar? - Non sabemos de...

A Gruta de Gizamaluke - 4x41 15.07.2022

Derradeiro programa desta tempada. Finalizamos o asunto. A calor pode con nós e as vacacións están petando na porta. Volveremos, como sempre facemos. En setembro. Novas da semana O cuarto do Moguri :: Alquilas en liña, non compras A que estamos a xogar? Polo si ou polo non Graciñas por estar aí xente. Querémosvos.

A Gruta de Gizamaluke - 4x40 08.07.2022

Chegamos ao cambio de decena, corenta programas nesta tempada, nada máis e nada menos. Entramos na recta final con todo, pero sen todos... nesta ocasión só Charlie e Juan lograron chegar a tempo para coller os micros, pero manteñen a súa idea de contar o acontecido na industria do videoxogo. Novas da semana Éche o que hai, con Diego Pazos O cuarto do Moguri :: GTA, Red Dead Online e algún fracaso...

Ascolta il podcast A Gruta de Gizamaluke su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici