Mohawk

A GALIZA e o GALEGO

History GL ↓ 731 episodi

Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...

Autore

Mohawk

Categoria

History

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

13 gen 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android 5 mln+ di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

O escándalo da língua galega. A problemática do léxico galego - Carlos Garrido 13.01.2026

O galego "oficial" do ILG-RAG, concretamente o seu léxico, é um verdadeiro despropósito no vocabulario escolhido como "normativo". Explica-se aqui esta problemática, ao tempo que se dá outra alternativa mais sensata e coerente. Procede dumha palestra do professor Carlos Garrido na livraria Cartabón, em fevereiro do 2022, a propósito da apresentaçom do seu livro "O escándalo do léxico galego".

O Modelo Lexical galego 08.01.2026

A propósito da apresentaçom do livro "O Modelo Lexical Galego" de Carlos Garrido, presidente da Comissom Lingüistica da Associaçom de estudos Galegos na Livraria Cartabón de Vigo, no 2025. O Modelo Lexical Galego é umha interessantíssima proposta para revitalizar o idioma galego, de forma que o seu léxico fique coordenado co português sem perder a súa idiosincrasia própria.

Festas da historia - A Romaría Vikinga de Catoira - Manuel Gago 08.01.2026

O Museo Provincial de Lugo celebrou no 2025 as primeiras xornadas sobre "A invención da tradición", organizadas pola Sección de Historia da Real Academia Galega. Nesta ocasión, Manuel Gago imparte esta palestra sobre a Romaría vikinga das Torres do Oeste de Catoira.

Festas da historia - A Festa da Reconquista de Vigo - Luís Domínguez 08.01.2026

O Museo Provincial de Lugo celebrou no 2025 as primeiras xornadas sobre "A invención da tradición", organizadas pola Sección de Historia da Real Academia Galega. Nesta ocasión, impártase unha palestra sobre a festa da "Reconquista" de Vigo.

Festas da historia - A Festa da Istória de Ribadavia - Anselmo López Carreira 18.09.2025

O Museo Provincial de Lugo celebra no 2025 as primeiras xornadas sobre "A invención da tradición", organizadas pola Sección de Historia da Real Academia Galega. Nesta ocasión, Anselmo López Carreira imparte a palestra "A Festa da Istoria de Ribadavia".

Festas da historia - O Arde Lucus de Lugo - José Carlos Sánchez 18.09.2025

O Museo Provincial de Lugo acolle a primeira sesión das xornadas "A invención da tradición", organizadas pola Sección de Historia da Real Academia Galega. O 4 de xuño, José Carlos Sánchez Pardo imparte unha palestra sobre o "Arde Lucus: a vida romana vista nunha festa actual".

O reino medieval galego - Anselmo López Carreira 11.03.2025

Extrato editado da entrevista que lle fixeron a Anselmo López Carreira en "Orgullo Galego" no 2022, sobre o reino galego medieval.

Xogo de tronos no século XI - David Porrinas 11.03.2025

Entrevista ao historiador David Porrinas, na que fala do século XI e a chegada da dinastía navarra ao reino da Galiza, á corte de León, así como das "operacións especiais de comando" no que morrian reis e... mudaban destinos... Provén do capítulo "Juego de Reinos y Taifas. El Cid", no podcast "Bellumartis", onde se pode escuitar íntegramente.

Galiza no século XII. A independencia de Portugal - Anselmo López Carreira 11.03.2025

Entrevista radiofónica a Anselmo López Carreira sobre a Galiza medieval do século X, o núcleo cristián noroccidental da península ibérica. Provén do programa da Radio Galega "Polos camiños da historia" do 2018.

Galiza no século XI. A Era Compostelá - Anselmo López Carreira 11.03.2025

Entrevista radiofónica a Anselmo López Carreira sobre a Galiza medieval do século XI, na chamada "Era Compostelá". Provén do programa da Radio Galega "Polos camiños da historia" do 2018.

Galiza no século X - Anselmo López Carreira 11.03.2025

Entrevista radiofónica a Anselmo López Carreira sobre a Galiza medieval do século X, o núcleo cristián noroccidental da península ibérica. Provén do programa da Radio Galega "Polos camiños da historia" do 2018.

A poesia de um reino. O esplendor das cantigas galego-portuguesas - Leticia Erin 10.03.2025

Palestra editada da filóloga Leticia Erin sobre a literatura medieval trovadoresca galego-portuguesa. Provém das jornadas "A língua e o reino. Entre Compostela e Braga" do 2023

A plena normalidade linguística do galego medieval - Francisco Rodríguez 10.03.2025

Palestra editada de Francisco Rodríguez sobre o uso normalizado do galego medieval. Provém das jornadas "A língua e o reino. Entre Compostela e Braga" do 2023

O foro de Castro Caldelas NOM é o primeiro documento em galego - Antonio Souto Cabo 10.03.2025

Entrevista ao filólogo Antonio Souto Cabo no 2024 sobre os inícios do galego escrito. Provén do podcast "Descifrando a historia" onde está íntegro.

Os escravos galegos de cuba 21.01.2025

En 1854, uns 1.770 galegos saíron enganados hacia Cuba na procura dunha vida mellor, e acabaron escravizados nas plantacións de açucar. A operación, impulsada pola oligarquía crioula, apoiada pola Casa Real e dirixida polo, tamén galego, Urbano Feixó, rematou coa fuxida ou coa morte de centos de galegos desprazadas alí. Procede de Documentos de RNE.

O galego é xa minoritario. Emerxencia linguística. 28.10.2024

Conversa con Marcos Maceira e Elsa Quintas (Presidente e Vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística) na Asociación cultural Roxin Roxal despois dos alarmantes dados do IGE publicados pasado 11 de outubro do 2024. Por vez primeira en séculos, o galego xa é o idioma minoritario na Galiza!! E é que o Galego, malia a súa teórica oficialidade, sofre un continuo menosprezo e coaccións para po...

O galego. Entre un pasado brillante e un futuro incerto - Xosé Ramón Freixeiro Mato 26.10.2024

Palestra do filólogo Xosé Ramón Freixeiro Mato no 2024 sobre a historia da língua galega. Dun pasado brillante na Idade Media ao seu incerto futuro na actualidade. A propósito do libro do autor publicado pola Fundación Moncho Reboiras no 2023 "A estrela que nos guia. O galego entre un pasado brillante e un incerto futuro": "A lingua galega é o maior patrimonio que o conxunto da sociedade galega ac...

Que é o que está a acontecer co galego?... Encontros sobre a língua 02 25.10.2024

Organizado pola AGLP (a Academia Galega da Língua Portuguesa) no 2021, celebrou-se este II Encontro sobre a situaçom do galego na atualidade. Teresa Moure é a moderadora dum debate no que participam diversos escritores e sociolingüístas como Celso Álvarez Cáccamo, Miguel Anxo Fernán Vello, Pilar Garcia Negro, Olivia Penas e Elias Torres Feijó.

Que é o que está a acontecer co galego?... Encontros sobre a língua 01 24.10.2024

Encontro de distintos representantes do movimento associativo galego defensores da língua galega (Eliseu Mera pola AGAL, Marcos Maceira pola Mesa pola normalización, Santiago Quiroga pola Gentalha do Pichel, ou Antia Cortiças pola Fundaçom Cultural Artábria, etc...) sobre a situaçom do galego na atualidade, promovido pola AGLP (a Academia Galega da Língua Portuguesa). Aínda que este encontro acont...

O espírito revolucionário de Antolín Faraldo - Daniel Seixo 24.10.2024

Palestra de Daniel Seixo no 2022 sobre a figura de Antolín Faraldo e o seu espírito revolucionário, e a revoluçom galega de 1846.

A grande revolta Irmandiña e Xoán Branco 24.10.2024

Palestra de Fran Zabaleta no 2022 sobre o século XIV na Galiza, a Grande Revolta Irmandinha e Xoán Branco. É autor do libro "Xoán Branco e a gran revolta irmandiña" Xoán Branco, notario e escribán de Betanzos, foi un dos dirixentes máis representativos da grande revolta irmandiña de1467 - 1469, o único capitán xeneral, que se saiba, que non procedía do estamento nobiliario. Ergueuse contra os seus...

Rosalía de Castro. Detalles biográficos - Anxo Angueira 23.10.2024

Palestra de Anxo Angueira sobre Rosalía de Castro no 2022 , o primeiro ano no que se celebrou por vez primeira o verdadeiro día do seu nascimento (o 23 de febreiro)

Desvendando Rosalía De Castro e a súa obra - Francisco Rodríguez 21.10.2024

Palestra de Francisco Rodríguez Sánchez a propósito da apresentación do seu último libro sobre Rosalía De Castro "Desvendado Rosalía e a súa obra"

Liberdade para o galego. Abonda coa propia vontade persoal para falar galego? 16.10.2024

Palestra a propósito da apresentación do libro "Liberdade para o Galego", de Elsa Quintas e Marcos Maceira, membros da "Mesa pola normalización lingüística" e "Queremos Galego", na libraría Cartabón. Libro moi acaído, tras sabermos que, POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA, o galego é minoritario na Galiza. Os últimos datos del Instituto Galego de Estadística (IGE), publicados este 11 de outubro, revelan...

A nación galega. Tempo, historia e nación - Anselmo López Carreira 09.10.2024

Palestra editada de Anselmo López Carreira na Semana Galega da Filosofía do 2024 co título de "Tempo, historia, nación" referido á constitución da nacionalidade galega ao longo do tempo, no transcurso da súa historia. Desde cando nos recoñecemos como galegos?... Por qué o movimento nacionalista contemporáneo foi (e é) relativamente feble?... Galiza é unha nación, non hai dúbida. Cumpre con todos o...

Ascolta il podcast A GALIZA e o GALEGO su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici