Raquel Couto Antelo
Me cagho no demo de Anllóns
Diana traballa de asesora de empresas, ten un nivel económico aceptable, e, aínda así, gusta de aproveitar as cousas que atopa a carón dos colectores do lixo para decorar a súa casa. Un día atopa unha cadeira de brazos cun estampado que lle chama a atención pero que está desfondada. Xa na casa, comeza a desmontala para limpala e arranxala e descobre que, por debaixo, ten uns versos escritos. Os versos fanlle gracia e sóltaos a mínima ocasión que se lle presenta sen saber que o que está facendo, en realidade, é desconxurar, é dicir, liberar ó demo de Anllóns.
Szerző
Raquel Couto Antelo
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2024. jan. 21.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
Me cagho no demo de Anllóns (A historia completa) 21.01.2024 1:43:21
Diana traballa de asesora de empresas, ten un nivel económico aceptable, non tan bo como lle gustaría, pero aceptable; e, aínda así, gusta de aproveitar as cousas que atopa ó lado dos colectores do lixo para decorar a súa casa. Goza tanto do aforro como do proceso de restauración. Un día atopa unha cadeira de brazos cun estampado que lle chama a atención pero que está desfondada. Xa na casa, comez...
Capítulo 12 08.01.2024 12:23
Nas máxicas Fragas do Eume había unha aldea trasna igual que noutras moitas fragas. Pero os trasnos e trasnas máis vellas estaban caendo no aburrimento porque viven moitos anos e, ó final, todo acaba aburrindo. Un día Arume propón unha idea, ela era moito de ter ideas.
Capítulo 11 01.01.2024 9:49
A historia do demo xa non aparece na televisión e a xente deixa de interesarse polo tema, emporiso Diana comeza a sentir que a seguen. Un día, na Praza de Lugo, alguén a agarra polo brazo e tira dela cara un apartado.
Capítulo 10 25.12.2023 9:43
Diana e Begoña conxuran ó demo e sácano da casa do matrimonio que colliu a neveira. Nun primeiro momento quere darllo a Lois para os seus estudos, pero algo a fai cambiar de idea.
Capítulo 9 18.12.2023 8:53
O escándalo que monta o demo na casa do matrimonio que colliu a neveira de Diana fai que todo o vencindario vaia curiosear e que a historia acabe na televisión, e canda a historia, o profesor Igor Casas de Andrade.
Capítulo 8 11.12.2023 8:21
Diana e máis Lois conxuran ó demo dentro da neveira, déixana ó carón do colector e alguén se fai con ela pero iso, contra do que poida parecer, non implica que a tranquilidade volva á vida de Diana.
Capítulo 7 04.12.2023 8:15
Diana consigue falar co meigo que conxurou ó demo na cadeira de brazos e que, a cambio dunha módica cantidade, lle explique os pasos que a seguir para desfacerse do demo.
Capítulo 6 27.11.2023 7:59
Diana comproba que a mensaxe do Facebook non tivo o efecto esperado e chama a Lois desesperada. Lois dille que ten que buscar ó meigo que fixo o conxuro para que lle diga como desfacerse do demo.
Capítulo 5 20.11.2023 9:21
Lois dille a Xiana que o que ten na casa chámase Demo de Anllóns, cóntalle a historia da orixe desa denominación e dalle unha idea de como desfacerse del.
Capítulo 4 13.11.2023 7:39
Diante da porta, Diana, teme que as cousas volvesen á normalidade e quedar en ridículo diante de Lois, pero nada máis lonxe da realidade. Lois consigue identificar a "presencia" e que se faga máis presente, se cabe.
Capítulo 3 06.11.2023 6:55
O profesor universitario que lle recomendaron na tenda máxica de preto da estación do tren non quixo axudar a Diana, pero Lois ofreciuse voluntario, e a pagarlle unha cea se fose preciso, para ir á súa casa ver o que alí estaba pasando.
Capítulo 2 30.10.2023 7:32
Diana e a súa amiga Begoña volven ó seu piso para que esta comprobe cos seus propios ollos que o que lle di Diana é real. Aínda impresionada polo que está vendo, lembra que hai unha tenda máxica preto da estación do tren na que as poden axudar.
Capítulo 1 23.10.2023 7:29
Diana adoita coller mobiliario do lixo, nesta ocasión atopa unha cadeira de brazos que lle encanta e lévaa para a casa. Mentres a está limpando descobre que hai algo escrito na tea do fondo.
Anuncio 05.10.2023 2:19
O 23 de Outubro comeza o novo falangullo: Me cagho no demo de Anllons.
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.