Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com
Szerző
Radio Municipal de Tui
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. nov. 17.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
Ent. Patxi Pérez, arqueólogo - Escavacións na necrópole e igrexa de San Bartolomeu 29.06.2016 3:33
Hoxe mércores é o terceiro día de escavacións na necrópole e contorna da igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns. Da necrópole foron retirados todos os individuos salvo un pola dificultade na súa situación. Así nolo contou hoxe o arqueólogo Patxi Pérez quen deu conta dos achádegos que están a atopar e da gran acollida das visitas guiadas onde están todas as prazas completas.
Noticias 13.30h - Mércores, 29 de xuño de 2016 29.06.2016 28:26
A actualidade de Tui e da comarca do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui
Presentación do Club de Fúbtol Guillarei 29.06.2016 2:09
A próxima temporada 2016/17 o Concello de Tui contará con 4 equipos de fútbol tras o regreso á competición do Club de Fubtol Guillarei tras tres anos de ausencia. Miitarán na 3ª rexional e terán como adestrador ao salcedense Pedro Pirelo. O obxectivo é que a maior parte da plantilla sexa da parroquia. Cara a próximas temporadas traballarán tamén nas categorías inferiores e en contar cun equipo fem...
Ent. Nieves Veiga, arqueóloga - Sondaxes na Igrexa de San Bartolomeu 28.06.2016 3:36
O achádego de restos dunha estrutura da antiga igrexa románica é o primeiro balance da primeira cata realizada no entorno da Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns dentro das I Xornadas Arqueolóxicas e do Patrimonio. Así nolo contou a arqueóloga e codirectora das xornadas Nieves Veiga.
Noticias 13.30h - Martes 28 de xuño de 2016 28.06.2016 25:01
A información de Tui e do Baixo Miño en Noticias ás 13.30h na Radio Municipal de Tui.
Ent. Patxi Pérez, codirector I Xornadas Arqueolóxicas e do Patrimonio do Concello de Tui 27.06.2016 4:04
Hoxe comezaron as escavacións na necrópole de San Bartolomeu de Rebordáns dentro das I Xornadas Arqueolóxicas e do Patrimonio. Patix Pérez codirector desta actividade daba conta do excepcional desta necrópole e da igrexa. Están a realizar as primeiras catas. Valoraba amais de exitoso o ciclo de conferencias realizado o pasado sábado cunha media de 50 persoas nas distintas ponencias.
Noticias 13.30h - Luns, 27 de xuño de 2016 27.06.2016 30:33
A actualidade de Tui e da comarca do Baixo Miño en Noticas ás 13.30h
Noticias 13.30h - Xoves 23 de xuño de 2016 23.06.2016 28:05
Noticias 13.30h - Xoves 23 de xuño de 2016 na Radio Municipal de Tui
Celebración da noite de San Xoán en Tui 23.06.2016 4:04
Hoxe é a noite máis máxica e máis curta do ano, é a noite de San Xoán. Diversas son as celebracións previstas tanto en Tui coma na contorna. As fogueiras son as grandes protagonista para purificar co seu lume a partir das doce da noite. Pero antes non faltarán as sardiñas e de seguro que moitos recollerán hoxe as herbas de San Xoán para deixar en remollo e lavar a cara mañá ao mencer. Repasamos os...
A concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, 23.06.2016 0:45
A concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, salientou como a divulgación do patrimonio tudense é un dos eixos das I Xornadas Arqueolóxicas e do Patrimonio que comezan este sábado dirixidas á poboación o en xeral. Nacen con vocación de continuidade.
O Peche - Este domingo celébranse eleccións xerais 23.06.2016 4:05
Este domingo, 26 de xuño, celébranse eleccións xerais en España. Están chamados a votar 36,5 millóns de españois, 200 mil máis que no mes de decembro. En Galicia hai 2,7 millóns de electores e en Tui teñen dereito a voto algo máis de 16.500 persoas. Coñecemos máis datos na reportaxe do noso compañeiro Ángel Vila.
#Peche - Homenaxe ao gaiteiro Joaquín González Martínez de 84 anos natural de Pexegueiro. 22.06.2016 4:26
Cando a música se leva dentro un crea os seus propios instrumentos. toca de oído, e é teimudo ata conseguir o seu propósito, ter a primeira gaita. A asociación San Telmo, no seu afán de recoñecer aos que teñen aportado o seu importante gran de area a nosa música tradicional, homenaxeou o pasado sábado a Joaquín González Martínez de 84 anos natural de Pexegueiro. De oído nunca mellor dito construía...
Mércores, 22 de xuño de 2016 - Noticias 13.30h 22.06.2016 26:24
A actualidade do día en Tui e na comarca do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui. Agora podes escoitar de novo Noticias ás 13.30h con Javier Martínez e Beti Rey.
A Emoción dos Viños celebrarase o 2 e 3 de xullo na Quinta de Santa Luzia en Valença 22.06.2016 1:23
Dende 2011 celébrase a Emoción dos Viños un evento singular entorno aos viños galegos e portugueses principalmente que ata o de agora tiña lugar no claustro da Catedral de Tui e que este ano cambiar de emprazamento cara a Quinta de Santa Lúzia en Valença. A cita será o sábado 2 e o domingo 3 de xullo coa participación de máis de 80 adegas e 300 viños. Así o explicaron Marina Cruces e Antonio Porte...
Do 25 ao 30 de xullo a Eurocidade Tui-Valença acollerá unha nova edición do IKFEM 22.06.2016 1:38
Do 25 ao 30 de xullo a Eurocidade Tui-Valença acollerá unha nova edición do IKFEM, o Festival Internacional de Instrumentos de Tecla. No mesmo destacados profesores nacionais e internacionais do panorama musical impartirán clases maxistrais de instrumentos de teclado. Tamén haberá novidades das que daba conta a directora do festival Andrea González. A matrícula está aberta ata o 10 de xullo. Máis...
Martes, 21 de xuño - Noticias ás 13.30h 21.06.2016 28:48
Informativo das 13.30 do martes, 21 de xuño, da Radio Municipal de Tui
O Peche | ...E o verán chegou con lúa chea por primeira vez en 68 anos 21.06.2016 1:44
Dende as 00:34 estamos xa, oficialmente no verán. Hoxe celebramos a xornada na que o sol brilla durante máis tempo no ceo e de aí, o San Xoán do próximo xoves cando xa as antigas tribos pagás tentaban darlle forza ao sol que, a partir de hoxe, irá perdendo a súa loita e reducindo o seu tempo de presenza. Amais, por primeira vez en 68 anos, o solsticio de verán coincide con lúa chea e, en Tui, con...
José Luís Bouza deixa a competición ao máximo nivel 21.06.2016 1:17
O padeeiro do Kaiak Tudense José Luís Bouza retírase da competición ao máximo nivel, pero non deixa o piragüismo, deporte ao que seguirá ligado agora coma adestrador logo de que as lesións non o respectaran. Dos 14 anos competindo a nivel nacional e internacional quédase sobre todo coas amizades. E amais salientaba a temporada de 2011 cos éxitos logrados tras operarse do hombreiro.
Luns, 20 de xuño de 2016 - Noticias 13.30h 20.06.2016 28:51
Informativo das 13.30 do luns 20 de xuño da Radio Municpal de Tui
O Peche | Hoxe rexístranse 24 refuxiados por minuto que foxen da guerra 20.06.2016 3:41
Hoxe celébrase o día do refuxiado, pero pouco ou nada hai que celebrar. Europa vive a peor crise migratoria por mor dun conflito bélico dende a Segunda Guerra Mundial cun drama que afecta a milleiros de persoas, particularmente procedentes de Siria, que foxen da guerra do seu país. cos refuxiados sirios foi con quen compartiu o seu camiño o fotógrafo vigués Adrian Irago quen durante os meses de se...
LOMCE | Oferta educativa no IES de Tomiño e IES A Sangriña da Guarda 20.06.2016 3:53
Continuamos o noso repaso polos institutos da comarca no que comprobamos cómo están a aplicar os cambios de oferta educativa coa aplicación da LOMCE en Bacharelato. Se no IES San Paio e no Indalecio Pérez Tizón restrinxiuse a oferta educativa, nomeadamente a materia de robótica, para evitar que o alumando virase na obriga de escoller obrigatoriamente relixión. Nos centros de Tomiño e A Sangriña da...
Mañá celebrarase en Tui o I Campionato Galego Integrador de Slalom no que 17.06.2016 1:56
Mañá celebrarase en Tui o I Campionato Galego Integrador de Slalom no que participan de forma conxunta persoas con e sen discapacidade. A proba, organizado polo Club Sen Amarras, en colaboración coa Federación de Motonáutica e o Concello de Tui, foi presentada esta mañá na casa do concello da man da presidenta da asociación, Susana María Costa, os vogais Marcos Casaleiro e Pedro Nunes, o president...
O Peche | O zunir, o zuar, o zumbar… e o bruar da man de Tino Baz 16.06.2016 2:48
O zunir, o zuar, o zumbar… e o bruar. Na Guarda coñecen ben o significado de cada unha destas verbas pois soamente os que viven no e do mar coñéceno en toda a sua xenerosidade e tamén na súa severidade. Inspirándose precisamente no son do mar cando zorrega coas rochas da costa, o cantautor guardés Tino Baz presentará na noite de mañá venres o concerto “Cantares do Brueiro”.
III Campionato Ibérico de Kung-Fu Eurocidade 15.06.2016 2:14
O novo pavillón de deportes de Tui acolle este domingo dende ás 10.30 h o III Campionato Ibérico de Kung-Fu Eurocidade. Será moi dinámico e espectacular nas modalidades de KugFu Tradicional e Moderno e cunha exhibición de Tai-Chi. Escoitamos a Carlos Alonso, presidente da Federación Galega de Kung-Fu, Aaron Blanco, responsable de Kung-Fu Moderno; Jose Antonio Parada, director do departamento de Ta...
II Campionato de Judo Eurocidade 15.06.2016 1:35
Este sábado dende ás 12.30h hora española celébrase o II Campionato de Judo Eurocidade no pavillón de deportes de Valença a presidenta do Judo Club Valença, Argentina Sousa, explicou que van participar 200 deportistas das categorías xuvenil e cadete. O adestrador do Judo Club Valença, Rui Ferreira, destacou a implantación que o judo está a ter.
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.