Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3683 epizód

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com

Szerző

Radio Municipal de Tui

Kategória

News

A podcast weboldala

www.ivoox.com

Legutóbbi epizód

2026. nov. 17.

Hol hallgathatod?

Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio Hamarosan

A podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz

Letöltés a Google Play-ről Telepítsd ingyen Android 10 M+ letöltés · 4,7+ értékelés iOS hamarosan

Epizódok

O concello da Guarda lanza “viveaguarda” con información cultural do concello a través de mensaxes a móbiles 12.07.2016

O concello da Guarda pon en marcha un novo servizo de alertas culturais a través de email, sms e WhatsApp co obxectivo de chegar ao maior número de veciños. A concelleira de cultura, Elena Baz, explica que a campaña "ViveAGuarda" busca achegarse á poboación abrindo novos xeitos de contacto.

#OPeche |Se vas de vacacións, ollo, non esquezas estes consellos 12.07.2016

Achegámonos a segunda fase da operación saída do verán e a Policía Nacional publica unha serie de medidas de prevención para os que deixen a súa casa durante uns merecidos días de descanso e non desexen volver cunha desagradable sorpresa ao fogar.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, visitou á comunidade de montes de Burgueira en Oia 11.07.2016

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou á comunidade de montes de Burgueira en Oia coma un referente no distrito forestal polo traballo de reforestación e pola prevención de incendios. Así o fixo na visita que realizou este mediodía a esta comunidade xunto coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa, o xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo, e do xefe d...

O Kaiak Tudense proclamouse subcampión de España de Verán 11.07.2016

O Club Kaiak Tudense proclamouse esta fin de semana subcampeón de España de verán con 1.525 puntos, por detrás do Náutico de Sevilla con 1.612 e seguido do Breogán do Grove no terceiro posto. Amais os de Tui foron segundos na clasificación xeral da Liga Nacional de Pista Hernando Calleja, venceu na Copa do Rei e foi terceiro na Copa da Raíña. Gabriel Campo Pavón foi un dos padeeiros destacados ao...

Noticias 13.30h - Luns, 11 de xullo de 2016 11.07.2016

A actualidade de Tui e do Baixo Miño en Noticias 13.30h

#OPeche |Que significa vivir como galegos? 11.07.2016

Os supermercados galegos Gadis puxeron de moda fai uns anos a fachenda galega. Ese carácter propio, esa forma de vela vida resumida nunha única palabra: maloserá! Con modestia, pero tamén con afouteza viven os galegos e galegas o día a día. Saímos a rúa e nos preguntamos Qué é vivir como galegos?

Ent. Jesús Mª Fernández Portela, alcalde do Rosal - XXIV Feira do Viño 08.07.2016

A Feira do Viño do Rosal cumpre 24 anos e faino coa declaración de Interese Turístico Galego. Foi presentada esta mañá no Lagar de Eiras onde se avanzou a programación a celebrar para todas as idades. Coma novidade instalarase unha carpa na Praza do Calvario. O alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, explicou os pormenores do evento para o que convidaron ao presidente da Xunta á inauguración...

Asinado o protocolo Deputación-Tomiño-Cerveira 08.07.2016

Asinado o protocolo entre o Concello de Tomiño, a Cámara de Vila Nova de Cerveira e a Deputación de Pontevedra para convocar un concurso internacional de ideas para construír unha ponte peonil entre Cerveira e Goián sobre o Miño. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, valorou este convenio e deu conta dos próximos pasos a seguir.

Noticias 13.30h - Venres, 8 de xullo de 2016 08.07.2016

A actualidade do venres 8 de xullo en Tui e na comarca do Baixo Miño na Radio Municipal de Tui

Apertura do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz 08.07.2016

Dende este domingo abre ao público o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz na Guarda que brindará información non só sobre este espazo senón tamén sobre o sistema defensivo de fortalezas do Miño tal e coma explicaba o concelleiro de Patrimonio da Guarda, Javier Crespo. Detallaba o edil como son as instalación do novo centro. O horario de apertura será, as fins de semana e os días festi...

Presentación do Campus de Baloncesto Joe Arlauckas 07.07.2016

Un campus de baloncesto singular e diferente é o que dende hai catro anos se celebra en Tui co nome de Joe Arlauckas, así o destacou hoxe na presentación do mesmo o exxogador, acompañado por Salva Arco que visita hoxe aos participantes no Campus, Sindo Bargiela da organización, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Estivo tamén presente no salón de sesións do concello Lucila Pascua, que tamén se...

Noticias 13.30h - Xoves, 7 de xullo de 2016 07.07.2016

A actualidade do xoves 7 de xullo en Tui e na comarca do Baixo Miño na Radio Municipal de Tui

Ent. Quintín Álvarez, profesor da USC - Charla en Diálogos en Educación 07.07.2016

Ás 20h no colexio dos Xesuítas na Pasaxe na Guarda o profesor Quintín Álvarez Núñez da USC falará de “Unha educación para o século XXI: A Pedagoxía sistémica” dentro dos "Diálogos en Educación" organizado polo Concello da Guarda. O profesor Quintín Álvarez fíxenos un avance da súa charla desta tarde aberta tamén ás intervencións do público.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión coa conselleira de Infraestruturas 07.07.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro entrevistouse onte á tarde coa conselleira de Infraestruturas , Ethel Vázquez. Sobre a mesa estiveron o acceso ao Parque Empresarial de Areas e as rotondas de Guillarei e Areas. Aínda que a conselleira manifestou o seu compromiso coa execución das rotondas o rexedor botou en falla prazos concretos. Tampouco hai datas para a construcción do enlace de Areas do que...

Noticias 13.30h - Mércores, 6 de xullo de 2016 06.07.2016

Cada día a actualidade de Tui e da comarca do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui.

Ent.Uxío Benítez, deputado - Concurso Internacional de Ideas Ponte Peonil Tomiño-Cerveira 06.07.2016

Este venres ás 12.30h no Espazo Fortaleza de Goián asinarase un protocolo entre a presidenta da Deputación, Carmela Silva; o presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira, João Fernando Brito; e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, para realizar o concurso de ideas que definirá a imaxe da nova ponte peonil sobre o río Miño entre Tomiño e Cerveira. O deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxí...

Noticias 13.30h - Martes, 5 de xullo de 2016 05.07.2016

A actualidade de Tui e da comarca do Baixo Miño cada mañá nos informativos da Radio Municipal de Tui.

Convenio Concello de Tui - Xefatura de Tráfico 05.07.2016

Realizar o cambio de domicilio no carné de conducir ou no permiso de circulación dun vehículo son dous trámite que os cidadáns de Tui poden realizar xa nas oficinas da Casa do Concello. Isto é así grazas ao convenio asinado entre o alcalde de Tui e a xefa de Tráfico, tras aprobarse en febreiro en pleno a adhesión ao convenio marco coa FEMP. Así o explicaba o concelleiro de Seguridade, José Ramón M...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Premio Couto Mixto e outros 04.07.2016

A Eurocidade Tui-Valença foi recoñecida o sábado coma xuíz honorario do Couto Mixto. Recolleron o galardón o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, Jorge Méndes. Deste premio e doutros temas municipais coma as novas dependencias para os Servizos Sociais ou a solicitude de colaboración á cidadanía para a limpeza de muros e fincas lindeiras coa vía pública deu conta...

70 xogadores participan dende hoxe no Campus Joe Arlauckas en Tui 04.07.2016

A primeira hora desta mañá comezou na cidade o Campus Joe Arlauckas no que participan este ano 70 xogadores. Sindo Bargiela membro da organización deu conta do traballo a desenvolver ao longo da semana con novidades con respecto a anteriores edicións. Fixo amais balance positivo do I Clinic para adestradores celebrado o sábado no que participou Obradovic.

Noticias 13.30h - Luns, 4 de xullo de 2016 04.07.2016

A actualidade de Tui e da comarca do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui.

Noticias 13.30h - Venres, 1 de xullo de 2016 01.07.2016

A actualidade de Tui e do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui.

Ent. Nieves Veiga, arqueóloga - Rematan escavacións na Igrexa de San Bartolomeu 01.07.2016

Este mediodía remataron as escavacións na contorna da igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns, e foi retirado o último individuo da necrópole. Esta tarde terán lugar as últimas visitas guiadas que contaron cunha boa acollida. Nieves Veiga, arqueóloga, e codirectora das I Xornadas de Arqueoloxía e Patrimonio do Concello de Tui deu conta dos últimos traballos e dos achádegos na segunda cata realizada...

Ent. Patxi Pérez, arqueólogo - Escavacións Igrexa de San Bartolomeu 30.06.2016

As escavacións na contorna da Igrexa de San Bartolomeu están centradas hoxe nunha segunda cata na que se atoparon dúas estruturas segundo nos explicou Patxi Pérez Ramallo, arqueólogo. Destacou amais a importancia do achádego de restos dentais nun dos individuos da necrópole polos datos que poden aportar tras o seu estudo.

Noticias 13.30h - Xoves, 30 de xuño de 2016 30.06.2016

A actualidade de Tui e da comarca do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui

Hallgasd a(z) Informativos podcastot a Replaióban

Rádió és podcastok egy alkalmazásban - ingyen és regisztráció nélkül. Telepítsd még ma, és ne maradj le a premierről

Letöltés a Google Play-ről

A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.