Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3683 epizód

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com

Szerző

Radio Municipal de Tui

Kategória

News

A podcast weboldala

www.ivoox.com

Legutóbbi epizód

2026. nov. 17.

Hol hallgathatod?

Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio Hamarosan

A podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz

Letöltés a Google Play-ről Telepítsd ingyen Android 10 M+ letöltés · 4,7+ értékelés iOS hamarosan

Epizódok

O Kaiak Tudense proclamouse Campión de España de Inverno 2017 20.03.2017

O Club Kayak Tudense proclamouse esta fin de semana Campión de España de Inverno. Esta é unha das novas deportivas do día. Amais O Piragüismo \"O Penedo \" logrou 3 ouros, 1 prata e 1 bronce na Taça Ibérica de Slalom Olímpico, e segue ao fronte da Liga Galega. O seu equipo de Kaiak Polo feminino foi 3º no primeiro torneo da Liga Nacional. Tamén salientamos que Elsa Pena do Club Atletismo Tui procl...

Este mércores ás 20.30h comeza o XIII Play-Doc 20.03.2017

Esta mañá tivo lugar a presentación de Play-Doc que celebrará do 22 ao 26 de marzo a súa décimo terceira edición. Unha ampla e diversa programación é a que poderemos disfrutar e á que este año chegan colaboración externas que enriqueceron o festival, que non sería posible sen o esforzo colectivo en palabras dos seus directores Sara García e Ángel Sánchez

Noticias 13.30h - Luns, 20 de marzo de 2017 20.03.2017

Actualidade do día en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui

O Kaiak Tudense busca esta fin de semana en Sevilla revalidar do título de Campións de España 17.03.2017

Esta fin de semana celébrase en Sevilla o Campionato de España de Piragüismo, onde o Club Kaiak Tudense buscará revalidar o título nacional. Esta é unha das novas que hoxe demos en tempo de deportes, pero tamén falamos dos encontros de bádminton, fúbtol, balonmán baloncesto... que se disputan esta fin de semana.

Conferencias, feira multisectorial, concertos, ... na fin de semana en Tui 17.03.2017

Múltiples son as propostas que temos esta fin de semana en Tui. Dende a Feira de San Carnaval este domingo, a conferencias coma de Carme Adán esta tarde ou a presentación do documental "Postcard from Nepal" xunto á celebración do Día do Pai en Rebordáns e Ribadelouro. Non faltará tampouco a música co concerto esta tarde no conservatorio ou os previsto no Betún e no Peto das Ánimas. E mañá contacon...

Noticias 13.30h - Venres, 17 de marzo de 2017 17.03.2017

A actualidade deste venres, 17 de marzo, as citas da fin de semana e os encontros deportivos en Noticias 13.30h

Portugal investirá 82 millóns de euros na modernización da Linha do Minho entre Viana e Valença 17.03.2017

En 2019 estarán rematadas as obras de modernización da Linha do Minho do ferrocaril entre Viana e Valença. Segundo o ministro de Infraestruturas de Portugal a obra a acometer cun investimento de máis de 80 millóns de euros suporá un tren máis rápido, máis cómodos, máis seguro e máis competitivo. Avanzou amais o compromiso que ten do goberno español para realizar os traballos entre Guillarei e a fr...

Ent. Xoán Vázquez Mao, secretario Eixo Atlántico - Electrificación Linha do Minho 17.03.2017

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, valorou na nosa sintonía qué suporá a electrificación da Linha do Minho do ferrocarril entre Viana e Valença, que hoxe se presenta publicamente en Valença. No ano 2019 o tren poderá circular con estas novas prestacións dende Valença, falta na parte española a electrificación do tren dende Vigo.

Alumnos de francés solicitan que en Tui tamén se imparta o nivel avanzado na sección da EOI 16.03.2017

Alumnos de francés da sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas de Vigo solicitan ante a propia Escola de Idiomas e ante o Concello de Tui que na cidade tamén se imparta o ciclo avanzado deste idioma ao igual que acontece con inglés e portugués. Para iso remitirán sendos escritos ante a EOI de Vigo, e ao Concello de Tui solicitando o seu apoio. Amais están a recoller sinaturas en toda a comarca,...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - A Eurocidade na BTL 16.03.2017

O alcalde de Tui,Enrique Cabaleiro, está hoxe en Lisboa a onde acudiu xunto ao presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, para participar na BTL onde a Eurocidade se promociona turísticamente. Dende Lisboa falamos desta feira co rexedor tudense, e tamén do acto que mañá terá lugar en Valença de apertura do concurso para modernización da liña do Minho do tren

Play Doc ofrece aos subcriptores da súa canle en R a oportunidade de poder ver parte da programación deste ano 16.03.2017

O público que non se poida desprazar ata Tui poderá disfrutar tamén de parte da programación de Play-Doc a través da canle que o festival ten en R. O codirector de Play-Doc, Ángel Sánchez, explicaba que neste 2017 da a oportunidade aos subcriptores desta canle de poder ver tamén algúns dos documentais deste ano. Son catro as películas que o espectador de R poderá disfrutar da programación deste 20...

Noticias 13.30h - Xoves, 16 de marzo de 2017 16.03.2017

En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste xoves en Tui e no Baixo Miño

Noticias 13.30h - Mércores, 15 de marzo de 2017 15.03.2017

A actualidade deste mércores, 15 de marzo, en Noticias 13.30h.

Alumnas do CEIP de Guillarei subcampioas provinciais de campo a través 14.03.2017

Tatiana Muñoz, Alejandra Cabaleiro, Laura Ramírez, Saula Rocha, Kholoud Rouchdi e Nuria Silva, son alumnas do CEIP de Guillarei e amais subcampioas provinciais de campo a través e sétimas no campionato galego. Tras estes éxitos deportivos hoxe foron recibidas no Concello de Tui. Compañeirismo, esforzo, superación...son valores nos que tamén gañan.

Noticias 13.30h - Martes, 14 de marzo de 2017 14.03.2017

A actualidade deste martes, 14 de marzo de 2017, en Noticias 1330h na RMT

Noticias 13.30h - Luns, 13 de marzo de 2017 13.03.2017

A actualidade deste luns, e os resultados deportivos da fin de semana en Noticias 13.30h

O proxecto do acceso ao parque Empresarial de Areas poderá estar redactado en xuño 10.03.2017

Entre maio e xuño estará rematado a redacción do proxecto do enlace ao parque empresarial de AREAS dende a VAP e a A55. Así llo informou hoxe ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e aos empresarios de Areas, o xefe de infraestruturas da Xunta, con que se reuniron este mediodía. O proxecto está valorado en 18 millóns e dende o concello solicitarán á Xunta que sexa incluído xa nos orzamentos de 2018...

Noticias 13.30h - Venres, 10 de marzo de 2017 10.03.2017

A actualidade deste venres en #Noticias1330h coas citas da fin de semana e os encontros deportivos.

Noticias 13.30h - Xoves, 9 de marzo de 2017 09.03.2017

A actualidade deste soleado xoves en Noticias 13.30h

Cinco películas competirán na sección oficial de Play-Doc 08.03.2017

A catorce días para o comezo de Play Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, hoxe coñecemos os cinco documentais que competirán na sección oficial. Catro deles están dirixido por mulleres, hai tres óperas primas e unha estrea mundial. Dende Portugal chega en estrea en España Ama-San, de Cláudia Varejãou; dende Sicilia Libera Nos (Liberami), de Federica di Giacomo; dende Alemaña en est...

Noticias 13.30h - Mércores, 8 de marzo de 2017 08.03.2017

A actualidade deste #8M na Radio Municipal de Tui.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Servizos Sociais - Día Internacional da Muller 08.03.2017

Hoxe 8 de marzo o Concello de Tui e a Radio Municipal iniciamos unha campaña baixo o lema "Pola igualdade real" co gallo do Día Internacional da Muller. O concelleiro de Servizos Sociais, Laureano Alonso, explicou esta campaña en Noticias 9.30h.

O Survival Zombie duplica a súa presenza na comarca este ano 07.03.2017

Os zombies chegarán a Salceda de Caselas o sábado 20 de maio e a Tui o 15 de xullo. O evento, ao contrario que en Tui, non será medieval senón de temática zombie aínda por dar a coñecer.

O Concello de Tui remitiu o pasado venres o PEPCHA á Patrimonio para que emita o seu informe, paso previo a aprobación 07.03.2017

O documento do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico foi remitido o pasado venres, 3 de marzo, á Xunta de Galicia para que a Dirección Xeral de Patrimonio e a Consellería de Medio Ambiente emitan os seus informes. Logo de múltiples reunións mantidas no último ano e medio con Patrimonio o equipo redactor entregou a final do pasado ano o texto do PEPCHA no Concello, onde tras emitir os s...

Noticias 13.30h - Martes, 7 de marzo de 2017 07.03.2017

A actualidade deste martes, 7 de marzo, en #noticias1330h na RMT

Hallgasd a(z) Informativos podcastot a Replaióban

Rádió és podcastok egy alkalmazásban - ingyen és regisztráció nélkül. Telepítsd még ma, és ne maradj le a premierről

Letöltés a Google Play-ről

A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.